Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 13 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido das ditas resolucións. Contra as referidas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Social no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á data desta publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o disposto nos artigos 59.5 e 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No mesmo prazo sinalado anteriormente, e de acordo co referido no artigo 61 da dita lei, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial de Política Social de Lugo (rolda da Muralla, 70), para coñeceren o texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

Lugo, 13 de novembro de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE/Pasaporte

Nº de expte.

Resolución

Concello

Ortiz Pérez, Martha Leonor

34281355-Q

27028/0227/15-R

Requirimento

Lugo

Ronda Citores, Salvador María

13116053-G

27035/0004/15-R

Arquivamento

Negueira de Muñiz