Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 45993

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 25 de novembro de 2015 pola que se dispón o cesamento de dous vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O cesamento de Rocío Llovo del Río e de Jesús Longa Sánchez como vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa en representación do Concello de Vilagarcía de Arousa, agradecéndolles os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar