Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46005

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3215/2015).

Secretaría Sra. Freire Corzo//MDM

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 3215/2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxetivo individual 946/2014 Juzgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fogasa

Avogado/a: avogacía do Estado Fogasa, A Coruña

Recorrido: José Lorenzo Martis Santamaría

Graduada social: Matilde Mallo Nieves

Recorridos: Trabajos Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A., Limpiezas Secope, S.A. y Nem Ord

Casación en unificación de doctrina: 448/2015

Parte recorrente: Fondo de Garantía Salarial

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da Coruña, fai saber que no procedemento recurso suplicación 3215/2015 desta sección, seguido por instancia de Fondo de Garantía Salarial contra José Lorenzo Martis Santamaría, Trabajos Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A., Limpiezas Secope, S.A. e Nem Ord, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Dilixencia de ordenación de María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 16 de novembro de 2015.

Únese o anterior escrito, presentado polo Fondo de Garantía Salarial, con data do 10 de novembro de 2015, ao recurso correspondente.

Considérase preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala. Fáiselle saber que os autos se encontran ao seu dispor na oficina xudicial para a súa entrega ou exame, se o coida preciso, e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, a menos que xa o designase.

Considéranse efectuadas as manifestacións contidas no outrosí digo do escrito e expídense os testemuños das sentenzas sinaladas de contraste, que se unirán á peza do RCUD unha vez que se presente o escrito de interposición.

Así mesmo, comunícaselle á recorrente que non é preciso presentar o xustificante de ingreso das taxas xudiciais ao interpor o recurso, xa que o recurso de casación para unificación de doutrina non está suxeito ao seu pagamento, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (Consulta nº V3674-13).

Notifíquese ás partes, e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso sen prexuízo de que a parte impugnada se poida opor á admisión do recurso cando compareza ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Trabajos Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A., Limpiezas Secope, S.A. e Nem Ord, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza