Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46007

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (995/2015).

Eu, Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente edicto, anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de Milka Mercedes Rosario Feliz fronte a Severino Moares Villaverde, en situación de rebeldía procesual, se ditou sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución:

Que estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Vidal Viñas, en nome e representación de Milka Mercedes Rosario Feliz, asistida da letrada Sra. Rey Manso, fronte a Severino Moares Villaverde, maior de idade, sinalado en autos, declarado en rebeldía procesual, e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os litigantes con data do 4.1.1994 en República Dominicana, inscrito no Rexistro Civil Central no tomo 17, páxina 195, libro 1342, p. 125, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio.

En canto sexa firme a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións no rexistro.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional 15ª da LOPX.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e do seu partido xudicial.

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna en audiencia pública o xuíz que a ditou, no día da data; dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Severino Moares Villaverde, expídese este edicto para que lle sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza