Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o cambio de domicilio social da Asociación Galega de Empresas Musicais.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta secretaría xeral se presentou acta da asemblea xeral da Asociación Galega de Empresas Musicais, do 30 de xullo de 2015, onde se reflicte o acordo que consiste no cambio do domicilio social, que pasa a ser o Edificio Área Central, primeira planta, local 26 F, 15707 Santiago de Compostela.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ambito profesional: empresarios persoas físicas e/ou xurídicas cuxa actividade profesional sexa a representación artística, a de axente de contratación, a promoción e produción de eventos musicais ou a de edición de fonogramas, así como outras actividades directamente relacionadas co espectáculo e a xestión cultural.

– Asinantes: José Manuel Blanco Álvarez (presidente) e Joaquín Martínez Silva (secretario).

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2015

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego