Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Federación de Sanidade da Confederación Intersindical Galega (CIG-Saúde).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo da Secretaría Xeral de Emprego, presentouse certificación da acta do VI Congreso da Federación de Sanidade da Confederación Intersindical Galega (CIG-Saúde) celebrado o 5 e 6 de abril de 2014, onde se reflicte a modificación dos estatutos da dita organización.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: traballadores e traballadoras activos, en paro ou á procura do seu primeiro emprego, a mocidade e os pensionistas e xubilados e xubiladas, traballadores e traballadoras autónomos que non teñan empregados ao seu cargo para desenvolveren servizos relacionados coa súa actividade como autónomos, e quen preste o seu servizo baixo o control e a dirección doutra persoa, calquera que sexa a forma xurídica que adopte esta relación laboral.

Asinantes: Susana Méndez Rodríguez (secretaria de organización) e María Xosé Abuín Álvarez (secretaria nacional).

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2015

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego