Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46459

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se fai público o crédito destinado á concesión das axudas previstas para a anualidade 2015 do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais, aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo.

O 27 de febreiro de 2010 publícase no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo.

O 4 de outubro de 2011 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 20 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións ao abeiro do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo.

Posteriormente, mediante o Real decreto 1783/2011, do 16 de decembro, modificouse o Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, e estableceuse unha axuda adicional á prevista neste para os traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego citados, desempregados maiores de cincuenta e dous anos, para os exclusivos efectos de financiar a subscrición dun convenio especial coa Seguridade Social pola perda do nivel de cotización que puidesen sufrir tales traballadores como consecuencia da perda de emprego.

Polo tanto, para recoller o previsto no Real decreto 1783/2011, do 16 de outubro, modifícase a Orde do 20 de setembro de 2011, para os efectos de regular a dita axuda adicional, modificación realizada pola Orde do 31 de outubro de 2013.

O financiamento do custo da subvención especial e da contía adicional procede de transferencias de fondos do Servizo Público de Emprego Estatal, que se consigna no seu orzamento, tal e como establece o artigo 3.2 do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro.

Coa finalidade de proceder ao pagamento da subvención dos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo, correspondente ao exercicio 2015, procédese a publicar a presente resolución.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron concedidas,

RESOLVO:

Artigo 1. Publicidade do crédito para o exercicio 2015

1. O pagamento da subvención especial, así como da cantidade adicional devindicada no exercicio 2015 aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo, financiarase con cargo aos créditos xerados na aplicación 11.03.322A.480.2, código de proxecto 2013 00 544, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2015, por un importe total de 250.000 euros.

2. En canto ao procedemento de aprobación do gasto e pagamento das axudas establecidas nesta resolución observarase o disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Orde do 20 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións ao abeiro do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo de 2001, modificada pola Orde do 31 de outubro de 2013.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2015

José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral