Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46508

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1123/2014).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1123/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Anello Maseda contra Almacén y Distribución de Plásticos Vicman, S.L. e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de cantidade, foi interposta por Juan Carlos Anello Maseda contra a entidade Almacén y Distribución de Plásticos Vicman, S.L., en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Almacén y Distribución de Plásticos Vicman, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 8.466,30 euros brutos por salarios devindicados entre novembro de 2013 e marzo de 2014, ambas as dúas inclusive, así como as pagas extras de Nadal 2013 e beneficios 2014, e 2.727,84 euros brutos, por atrasos de convenio entre xaneiro de 2011 e outubro de 2013, incluíndo pagas extras, e 1.119,41 euros, por xuros de demora.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal».

E para que sirva de notificación en legal forma a Almacén y Distribución de Plásticos Vicman, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de novembro de 2015

A secretaria xudicial