1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.
2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.
3º. Localidade e código postal: Ferrol, 15405.
4º. Teléfono: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.
5º. Telefax: 981 33 45 51.
6º. Correo electrónico: contratación.subministracións.ferrol@sergas.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
8º. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día do prazo de presentación de ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.
d) Número de expediente: AB-ASF1-16-001.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: servizo de limpeza en varios centros de saúde e puntos de atención continuada dependentes de Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.
c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.
d) Lugar de execución/entrega: véxanse os pregos.
e) Prazo de execución/entrega: vinte e catro meses.
f) Admisión de prórroga: si.
g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.
h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.
i) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación, de ser o caso:
– Valoración técnica do proxecto: ata 50 puntos.
– Oferta económica: ata 40 puntos.
– Achega de melloras adicionais: ata 10 puntos.
4. Valor estimado do contrato: 3.802.500,00 €.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 1.300.000,00 €; IVE: 273.000,00 €; importe total: 1.573.000,00 €.
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non.
b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación, de ser o caso: véxanse os pregos.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.
c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.
d) Contratos reservados: non.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 14 de xaneiro de 2016.
b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.
2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.
3º. Localidade e código postal: Ferrol, 15405.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) A data, hora e lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (de ser o caso): 23 de novembro de 2015.
12. Outras informacións:
Ferrol, 23 de novembro de 2015
Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol