Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración de material diverso para a posta en marcha dos procesos de avaliación dos proxectos H2050 e Innova Saúde, cofinanciado nun 80 % por Fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 02, dentro do convenio establecido entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Economía e Competitividade (expediente AB-SER1-15-033).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-15-033.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de material diverso para a posta en marcha dos procesos de avaliación dos proxectos H2050 e Innova Saúde.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 30200000-1 e 48000000-8.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia núm. 141, do 28 de xullo de 2015.

Boletín Oficial del Estado núm. 172, do 20 de xullo de 2015.

Diario Oficial de la Unión Europea núm. 2015/S 135-249157, do 16 de xullo de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 636.840,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 636.840,00 euros. Importe total: 770.576,40 euros.

6. Formalización dos contratos.

a) Data de adxudicación: 16.10.2015.

b) Data de formalización: 5.11.2015.

c) Contratista: Telefónica Soluciones de Informática y Comunicaciones de España, S.A.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 518.845,77 euros. Importe total: 627.803,38 euros.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos