De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e doutras medidas de reforma administrativa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto obxecto de notificación é a proposta de resolución e foi adoptado polo instrutor do procedemento.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da Xefatura Territorial é rolda da Muralla, nº 70, 2º (Lugo).
O prazo para realizar a comparecencia será de dez (10) días. Este prazo comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo de dez (10) días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao daquela publicación.
Lugo, 16 de novembro de 2015
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-PES 067/2015.
Interesado: Manuel Sánchez Soto.
Acto notificado: proposta de resolución.
Expediente: LU-PES 068/2015.
Interesado: Manuel Sánchez Rodríguez.
Acto notificado: proposta de resolución.