De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 11 de novembro de 2015 relativo á xestión de residuos non perigosos, procedentes das obras do acceso ao porto de Burela, no lugar das Rozas Vellas, no concello de Foz, promovido pola empresa S.A. de Obras y Servicios Copasa (clave 2015/0055).
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:
http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2015
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental