Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 16 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto das instalacións de recepción e tratamento de vehículos ao final da súa vida útil (VFU) no polígono industrial As Lagoas, no concello de Narón, promovido pola empresa Desguace Noroeste, S.L. (clave 2015/0144).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 11 de novembro de 2015, relativo as instalacións de recepción e tratamento de vehículos ao final da súa vida útil (VFU) no polígono industrial As Lagoas, no concello de Narón, promovido pola empresa Desguace Noroeste, S.L. (clave 2015/0144).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental