Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46743

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola extinta Consellería do Medio Rural e do Mar no segundo cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola extinta Consellería do Medio Rural e do Mar, da área do mar, nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2015, e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola extinta Consellería do Medio Rural e do Mar nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2015

Convenio

Importe

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e a Fundación Expomar.

13.623,01 €

8.5.2015

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Universidade de Vigo para realizar prácticas académicas externas.

Sen custo económico

22.5.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e a Cooperativa de Armadores de Pesca de Vigo (Arvi).

40.155,06 €

22.5.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra.

50.300 €

4.6.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

61.021 €

4.6.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Coruña.

38.100 €

8.6.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo.

27.000 €

8.6.2015

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio rural e do Mar e o Consello Superior de Investigacións Científicas, a través do Instituto de Investigacións Mariñas, para a realización da acción de investigación: epidemioloxía da enfermidade causada por Marteillia cochillia nas poboacións de berberecho Cerastoderma edule de Galicia.

72.000 €

18.6.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación Gallega de Piscifactorías de Trucha-Atrugal.

50.146,75 €

18.6.2015

Terceira addenda ao convenio tipo de colaboración entre a extinta Consellería do Mar (actualmente Consellería do Medio Rural e do Mar) da Xunta de Galicia e o Grupo de Acción Costeira nº 1 A Mariña-Ortegal para a aplicación do Plan estratéxico zonal (PEZ) no marco do eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca 2007-2013.

128.101,30 €

8.7.2015

Terceira addenda ao convenio tipo de colaboración entre a extinta Consellería do Mar (actualmente Consellería do Medio Rural e do Mar) da Xunta de Galicia e o Grupo de Acción Costeira nº 2 Golfo Ártabro para a aplicación do Plan estratéxico zonal (PEZ) no marco do eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca 2007-2013.

128.101,30 €

8.7.2015

Terceira addenda ao convenio tipo de colaboración entre a extinta Consellería do Mar (actualmente Consellería do Medio Rural e do Mar) da Xunta de Galicia e o Grupo de Acción Costeira nº 3 Costa da Morte para a aplicación do Plan estratéxico zonal (PEZ) no marco do eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca 2007-2013.

320.253,25 €

8.7.2015

Terceira addenda ao convenio tipo de colaboración entre a extinta Consellería do Mar (actualmente Consellería do Medio Rural e do Mar) da Xunta de Galicia e o Grupo de Acción Costeira nº 4 SEO de Fisterra para a aplicación do Plan estratéxico zonal (PEZ) no marco do eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca 2007-2013.

253.157,52 €

8.7.2015

Terceira addenda ao convenio tipo de colaboración entre a extinta Consellería do Mar (actualmente Consellería do Medio Rural e do Mar) da Xunta de Galicia e o Grupo de Acción Costeira nº 5 Ría de Arousa para a aplicación do Plan estratéxico zonal (PEZ) no marco do eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca 2007-2013.

112.260,78 €

8.7.2015

Terceira addenda ao convenio tipo de colaboración entre a extinta Consellería do Mar (actualmente Consellería do Medio Rural e do Mar) da Xunta de Galicia e o Grupo de Acción Costeira nº 6 Ría de Pontevedra para a aplicación do Plan estratéxico zonal (PEZ) no marco do eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca 2007-2013.

128.101,30 €

8.7.2015

Terceira addenda ao convenio tipo de colaboración entre a extinta Consellería do Mar (actualmente Consellería do Medio Rural e do Mar) da Xunta de Galicia e o Grupo de Acción Costeira nº 7 Ría de Vigo-A Guarda para a aplicación do Plan estratéxico zonal (PEZ) no marco do eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca 2007-2013.

128.101,30 €

8.7.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Asemblea da Comunidade Autónoma de Galicia da Cruz Vermella Española.

50.000 €

10.7.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación Española de Mayoristas, Importadores, Exportadores y Transformadores de Productos de la Pesca y Acuicultura (Conxemar).

149.000 €

27.7.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo.

23.000 €

27.7.2015

Convenio de colaboración entre o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia e a Consellería do Medio Rural e do Mar para a xestión conxunta de recursos electrónicos de información científica ao Centro de Investigacións Mariñas.

41.843,69 €

30.7.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña.

34.000 €

7.8.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra.

43.000 €

7.8.2015