Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46774

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1998/2015).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1998/2015 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra Limpiezas Secope, S.A. e Manuel Tomé González, sobre despedimento disciplinario, se ditou con data do 19.11.2015 a seguinte resolución:

«O escrito subscrito polo avogado do Estado en nome e representación do Fogasa únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, e acheguen copias do dito escrito e designen un domicilio para notificacións na sede da dita sala. Deben acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Emprácese a Limpiezas Secope, S.A. por medio de edicto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese que comparece de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela que contra a resolución desta sala recorreuse en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes facéndoos saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asino. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza