O Pleno desta Corporación, en sesión ordinaria realizada o 27 de outubro de 2015 e polo voto favorable da maioría absoluta, aprobou inicialmente o expediente de modificación puntual do PXOM de Poio, promovido polo Concello de Poio, para a delimitación do núcleo rural de Río Mouro Pequeno na parroquia de San Xoán redactado por AD Plan Arquitectura Diseño e Planeamento, S.L.P. e asinado polo arquitecto Alfredo Díaz Grande.
O que se somete a información pública polo prazo dun (1) mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de presentación de alegacións e reclamacións. Este anuncio publicarase simultaneamente en dous xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra.
Todo isto de conformidade co disposto no artigo 93.4 e disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación e protección da legalidade urbanística.
Poio, 20 de novembro de 2015
Luciano Sobral Fernández
Alcalde