1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
c) Obtención da documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º
3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005
4º. Teléfono: 988 26 93 33.
5º. Fax: 988 22 14 94.
6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es
d) Número de expediente: 2015004857 (ref. 2327).
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: privado.
b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do arrendamento dun inmoble para a cesión do seu uso á Asociación de Veciños O Barrio.
c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.
d) Duración: catro anos
e) Admisión de prórroga: non.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:
Oferta económica: ata 70 puntos.
Características do local: ata 30 puntos:
– Superficie total: ata 15 puntos.
– Distribución e flexibilidade do espazo para admitir distribucións diversas: ata 8 puntos.
– Instalacións: ata 2 puntos.
– Acceso: ata 2 puntos.
– Situación: ata 3 puntos.
4. Orzamento base de licitación:
a) Valor estimado do contrato: 15.455,12 euros.
b) O tipo de licitación: 5,19 euros por metro cadrado útil (IVE incluído), sen que poida exceder a cantidade global de 4.675,17 euros (IVE incluído) por cada ano de contrato.
5. Garantías exixidas:
a) Definitiva: non se exixe.
6. Requisitos específicos do contratista: a que se sinala no artigo 14 de prego de condicións.
7. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.
b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral.
2º. Domicilio: praza Maior, número 1.
3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.
4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es
d) Prazo de vinculación da oferta: tres (3) meses contados desde a apertura de proposicións.
8. Apertura das ofertas:
a) Enderezo: Concello de Ourense. Praza Maior, número 1.
b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.
c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.
9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.
Ourense, 3 de decembro de 2015
Jesús Vázquez Abad
Alcalde