Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 46896

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 24 de novembro de 2015 pola que se modifica a autorización da Escola Familiar Agraria Fonteboa, do concello de Coristanco.

O representante da titularidade da Escola Familiar Agraria Fonteboa, do concello de Coristanco, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal e o CS Paisaxismo e Medio Rural.

Conforme a Orde do 21 de outubro de 2010 (DOG do 10 de novembro) o centro conta con autorización para impartir 4 unidades de educación secundaria obrigatoria, 1 ciclo formativo de grao medio (CM) Produción Agropecuaria e 1 ciclo formativo de grao superior (CS) Xestión e Organización de Empresas Agropecuarias.

O Real decreto 832/2014, do 3 de outubro (BOE do 25 de outubro), derroga, entre outros, o Real decreto 1255/1997, do 24 de xullo, que establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Xestión e Organización de Empresas Agropecuarias, polo que estas ensinanzas se extinguirán ao remate do curso académico 2015/16.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o CS Paisaxismo e Medio Rural e o CS Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal, no centro privado que se detalla:

Denominación: Escola Familiar Agraria Fonteboa.

Código: 15021974.

Domicilio: Feira Nova, s/n.

Localidade: San Paio.

Concello: Coristanco.

Provincia: A Coruña.

Titular: Federación de Escuelas Familiares Agrarias.

Composición resultante:

• 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

• 1 CM Produción Agropecuaria (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Paisaxismo e Medio Rural (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Segundo. De conformidade co anexo VII do Real decreto 832/2014, do 3 de outubro, que derroga o Real decreto 1255/1997, do 24 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Xestión e Organización de Empresas Agropecuarias, estas ensinanzas quedarán extinguidas o 31 de agosto de 2016.

Terceiro. Para a posta en funcionamento das novas ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Cuarto. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quinto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria