Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 46955

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3457/2015 MDM).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3457/2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 694/2014 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fogasa

Avogado: avogacía do Estado Fogasa, A Coruña

Recorrido: María del Carmen González Crujeiras

Avogado: Gil Alfonso López Pérez

Recorridos: administración concursal Pescados Juan Fernández (Diego Comendador Alonso)

Recorrido: Pescados Juan Fernández, S.L.

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 3457/2015 desta sección, seguido por instancia do Fondo de Garantía Salarial contra María del Carmen González Crujeiras, Pescados Juan Fernández, S.L. (en situación de concurso de acredores, sendo o seu administrador concursal Diego Comendador Alonso), sobre despedimento disciplinario, se ditou sentenza de data 16 de novembro de 2015, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado habilitado da avogacía do Estado, en representación do Fondo de Garantía Salarial, contra a Sentenza de 28 de maio de 2015 do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, ditada en xuízo seguido por instancia de Carmen González Crujeiras contra a entidade mercantil Pescados Juan Fernández, S.L. (en situación de concurso de acredores, sendo o seu administrado concursal Diego Comendador Alonso), con intervención do Fondo de Garantía Salarial, a sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza