Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 46957

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (379/2006).

Procedemento: división herencia 379/2006

De: María Jesús López Valladares, José Manuel López Valladares, María Jesús Valladares Souto

Procurador: Francisco Javier Fernández Somoza

Contra: Luis López García, comunidade hereditaria de José R. López García

Procuradores: Cayetana Marín Couceiro, Raquel Puente Fernández

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Decreto:

Secretario xudicial: Demetrio Mato Bartolomé.

A Estrada, quince de xullo de dous mil quince.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Nas presentes actuacións para a división da herdanza da finada Rosenda García Specht presentou a contadora Inés Barreiro Reboredo as operacións divisorias, para cuxo labor fose designado.

Segundo. En comparecencia efectuada ante este órgano xudicial en data 8.7.2015, as partes que compareceron debidamente asistidas e representadas manifestaron a súa conformidade coa corrección realizada pola contadora partidora que manifesta ter entregado a cada unha das partes copia do caderno particional coa modificación aritmética obxecto de corrección e que achega ademais copia da modificación que se encontra unida a estas actuacións.

Fundamentos de dereito:

Único. Establece o artigo 787.2 da Lei 1/2000 de axuizamento civil (LAC) que, pasado o prazo sinalado aos interesados para poder oporse ás operacións divisorias sen presentar a posición ou manifestando expresamente a súa conformidade a estas, o secretario xudicial ditará decreto en que aprobe as operacións divisorias mandando protocolizalas.

Parte dispositiva:

1. Apróbanse as operacións divisorias da herdanza da finada Rosenda García Specht realizadas pola contadora Inés Barreiro Reboredo, as cales se protocolizarán na notaría que por quenda corresponda.

2. Unha vez que sexa firme a presente, remítanselle as operacións divisorias e testemuño da presente resolución ao notario decano da Estrada, para a súa protocolización.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe interpor recurso de revisión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, mediante escrito no cal se deberá citar a infracción en que a resolución incorrese.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos sen que, en ningún caso, proceda actuar en sentido contrario ao que se tivese resolto (artigo 454.bis LAC).

Para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído un depósito de 25 euros na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, co número 3570 da entidade Banesto, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así o manda e acorda e asina.

O secretario xudicial.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Luis López García expídese o presente edicto para que lle sirva de cédula de notificación.

A Estrada, 16 de outubro de 2015

O secretario xudicial