Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 46962

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de rectificación de sentenza (DSP 504/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 504/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Dolores Hurtado Ventoso contra a empresa Chen Jinxiao, Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é:

«Parte dispositiva:

Rectifico a sentenza ditada nos presentes autos de despedimento nº 504/2015 no 11 de novembro de 2015, no sentido seguinte:

1. O feito probado primeiro, parágrafo primeiro, quedará redactado como segue: “Queda probado e, así se declara, que María Dolores Hurtado Ventoso, con DNI 53487463C, traballou por conta de Chen Jinxiao (NIE 0X6991715Z) desde o día 24.7.2014 até o día 30.4.2015, coa categoría profesional de camareira, en virtude de contrato de traballo temporal a tempo parcial, eventual por circunstancias da produción”.

Permanecerá a sentenza incólume en todo o demais.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza a que se refire a presente rectificación.

Así o pronuncia, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe.

A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Chen Jinxiao, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2015

A secretaria xudicial