Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 46960

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 297/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 297/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isabel Teijido Galdo contra a empresa María Jacinta Sánchez Rodríguez, con intervención procesual do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

Sentenza:

A Coruña, vinte de novembro de dous mil quince.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 297/2013, sendo parte neste dun lado, como demandante, Isabel Teijido Galdo, asistida polo letrado Miguel Ángel Fernández López, e como demandada a empresa María Jacinta Sánchez Rodríguez, que non comparece, e con intervención do Fogasa, que non comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Decisión:

Que admitindo a demanda interposta pola demandante Isabel Teijido Galdo debo condenar e condeno a empresa María Jacinta Sánchez Rodríguez a que lle aboe á demandante a cantidade de 9.525 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa María Jacinta Sánchez Rodríguez, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de novembro de 2015

A secretaria xudicial