Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de setembro de 2015, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00911-O-2015 e catro máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-00911-O-2015 e outros catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Coruña.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 17 de setembro de 2015

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-00911-O-2015

7320-FBH

Garda Civil 1504 Z27752V

Transportes Teolindo Dos A Coruña, S.L.

B27204726

Avenida da Praia, 143, polígono de Sabón

15142 Arteixo, A Coruña

Utilizar paneis, placas etiquetas, etiquetas, placas, marcas, letras, figuras ou símbolos cuxo tamaño non se axuste ao exixido.

14.11.2014; 16.30; AC-302; 2,0

Art. 142.7.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

XC-01365-O-2015

7264-GDC

Garda Civil 1504 H74822F

Trami Trucks World, S.L.

B70307293

Rúa Santa Lucía, 56, Piñeiro do Eixo

15893 Santiago de Compostela, A Coruña

Diminución do descanso diario, en condución en equipo, en máis de 1 hora (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

22.1.2015; 12.35; AP-9; 79,5

Art. 142.19 LOTT

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01369-O-2015

7264-GDC

Garda Civil 1504 H74822F

Trami Trucks World, S.L.

B70307293

Rúa Santa Lucía, 56, Piñeiro do Eixo

15893 Santiago de Compostela, A Coruña

Diminución do descanso diario, en condución en equipo, en máis de 1 hora (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.
22.1.2015; 12.46; AP-9; 79,5

Art. 142.19 LOTT

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01370-O-2015

7264-GDC

Garda Civil 1504 H74822F

Trami Trucks World, S.L.

B70307293

Rúa Santa Lucía, 56, Piñeiro do Eixo

15893 Santiago de Compostela, A Coruña

Diminución do descanso diario en condución en equipo (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

22.1.2015; 12.48; AP-9;79,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01371-O-2015

7264-GDC

Garda Civil 1504 H74822F

Trami Trucks World S.L.

B70307293

Rúa Santa Lucía, 56-Piñeiro do Eixo

15893 Santiago de Compostela, A Coruña

Diminución do descanso diario en condución en equipo (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

22.1.2015; 12.37; AP-9; 79,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros