Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 26 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2011/0056-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia do auto de sobresemento ditado polo Xulgado de Instrución número 8 de Vigo, recaído nas dilixencias previas do procedemento abreviado número 8219/2010, polo accidente laboral do traballador Julio Alonso Rodríguez.

Os documentos que constan no expediente son:

▪ Acta de infracción.

▪ Xustificante da notificación (11.2.2011).

▪ Copia do auto xudicial.

A ausencia de alegacións dentro do prazo legal permite confirmar a acta, en aplicación da presunción de veracidade que lle recoñece o artigo 53.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Vigo, 26 de outubro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: RL 2011/0056-4.

Acta: I362011000006487.

Empresa: Maderas Rebordanes, C.B.

NIF: E-36513489.

Enderezo: polígono industrial Torneiros, fase 1, 18, 3º A, O Porriño.