Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 4 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2014/0073-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselles saber aos interesados que poden formular recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 4 de novembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: RL 2014/0073-4.

Acta: I362014000021174.

Empresa: Milucho Obras y Construcciones, S.L.

DNI/NIF: B-36341048.

Enderezo: Sabarigo, 16, Cela, Bueu.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 17.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e o artigo 3 do Real decreto 773/1997, do 30 de maio, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de equipos de protección individual.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.f), 39.3 e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 25.9.2015.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción e proceder ao arquivamento do expediente.