Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o proceso de funcionarización do persoal laboral fixo da Universidade da Coruña, convocadas pola Resolución do 19 de xuño de 2015 (DOG do 1 de xullo).
Verificada a concorrencia nos aspirantes aprobados dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria, e de acordo co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril; no Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se modifica o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo; nos estatutos da Universidade da Coruña, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 16 de xaneiro de 2012, esta xerencia
RESOLVE:
Primeiro. Nomear funcionaria de carreira das distintas escalas da Universidade da Coruña a aspirante que superarou este proceso e que se relaciona no anexo.
Segundo. Para adquirir a condición de funcionario/a de carreira, a persoa que se relaciona deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo segundo o establecido no Decreto 166/2013 antes mencionado. O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que será o vindeiro 19 de xaneiro de 2016.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, dentro do prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 15 de decembro de 2015
Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña
ANEXO
Escala técnica superior (subgrupo A1)
DNI |
Apelidos e nome |
34898901N |
Seijas Ramos, Sonia María |