A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
DISPÓN:
1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.
2. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2015
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO I
– Cadernos Ramón Piñeiro XXXII. Epistolario Ramón Piñeiro-Xosé Neira Vilas. 9 €.
– Informe de Literatura 2014. 9,20 €.
– De Punta Balea a Cabo Morás: La caza moderna de la ballena en Galicia. 10 €.
– De Punta Balea a Cabo Morás: A caza moderna da balea en Galicia. 10 €.
– Boletín do Museo de Belas Artes da Coruña. 10 €.
– Oito espazos para sete miradas. 8 €.