Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 47978

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 21 de decembro de 2015 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 28 de xullo de 2015, pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de xullo de 2015 ata o 30 de xuño de 2016, dentro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego.

A Orde do 28 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de xullo de 2015 ata o 30 de xuño de 2016, dentro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego (Diario Oficial de Galicia núm. 148, do 6 de agosto), establece no seu artigo 1.4, no cal se recollen os créditos que financian a orde, que estes importes poderán ser obxecto de modificacións, como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento de emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da devandita orde, coa finalidade de as facer chegar ao maior número de persoas ou entidades beneficiarias posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo 1

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro Orde do 28 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de xullo de 2015 ata o 30 de xuño de 2016, dentro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego (Diario Oficial de Galicia núm. 148, do 6 de agosto), na seguinte contía, aplicación orzamentaria e anualidade que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015:

Anualidade

Aplicación orzamentaria e código de proxecto

Importe

2015

11.02.322C.470.0 2014 00511

255.000 euros

11.02.322C.481.2 2014 00511

154.030,58 euros

Artigo 2

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economia, Emprego e Industria