Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48043

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (567/2009).

Eu, Pilar Sández González, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, certifico que no procedemento ordinario 567/2009 se ditou a sentenza do teor literal cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«Sentenza.

Vigo, 30 de xuño de 2015.

Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, os autos de xuízo ordinario 567/2009 promovidos por Unión de Operadores Reunidos, S.A., representada pola procuradora dos tribunais Gisela Álvarez Vázquez e asistida polo letrado Aquilino Pérez Puga, contra Jogusocio, S.L., Dolores Luis Loureiro, Gustavo Castro Alonso e Juan Mariño Pérez, todos eles en rebeldía procesual, e contra Rebeca González Conde, representada polo procurador dos tribunais Alberto Vidal Ruibal e asistida pola letrada Esther Bueno Rey, autos dos que resulta o seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Unión de Operadores Reunidos, S.A., representada pola procuradora dos tribunais Gisela Álvarez Vázquez, contra Jogusocio, S.L., Dolores Luis Loureiro, Gustavo Castro Alonso e Juan Mariño Pérez, todos eles en rebeldía procesual, e contra Rebeca González Conde, representada polo procurador dos tribunais Alberto Vidal Ruibal, e en consecuencia:

Declaro a resolución do contrato celebrado entre as partes o 29 de marzo de 2005.

Condeno os citados demandados, Jogusocio, S.L., Dolores Luis Loureiro, Gustavo Castro Alonso, Juan Mariño Pérez e Rebeca González Conde a aboarlle á demandante a suma de corenta e sete mil catrocentos corenta e oito euros con cincuenta céntimos (47.448,50 euros) máis os xuros legais e as custas procesuais.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Notifíqueselles esta resolución á partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor, no prazo de vinte días, recurso de apelación ante este xulgado, do cal coñecerá, de ser o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lles sirva de notificación en forma a Jogusocio, S.L. e a Juan Mariño Pérez, expido este edicto.

Vigo, 6 de setembro de 2015

A secretaria xudicial