Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 216/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Chouciño Varela contra Panificadora Lucense, S.A., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse Resolución o 27.11.2015.
E para que sirva de notificación en legal forma a Panificadora Lucense, S.A., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 3 de decembro de 2015
O letrado da Administración de xustiza