Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 139/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Basteiro Carro e Alejandro Basteiro Carro contra Bastega Construcciones y Rehabilitaciones, S.L., o administrador concursal de Bastega Construcciones e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse resolución o 27.11.2015 contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.
E para que sirva de notificación en legal forma a Bastega Construcciones y Rehabilitaciones, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 3 de decembro de 2015
El letrado da Administración de xustiza