Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48184

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1254/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 1254/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Felipe García González contra Manzano Vega, S.C., Pablo Alberto Manzano Vega, Sara Manzano Vega, Pablo Manuel Manzano Fernández e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 549/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 1254/2014

Demandante: Felipe García González

Letrado: Sr. Nogueira Esmorís

Demandados: Manzano Vega, S.C.

Letrado:

Pablo Alberto Manzano Vega

Pablo Manuel Manzano Fernández

Letrado:

Sara Manzano Vega

Letrado: Sr. Míguez Campos

Fogasa

Letrado:

Sentenza 549/2015.

A Coruña, 1 de decembro de 2015.

Resolución.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Felipe García González contra a empresa Manzano Vega, S.C., Pablo Alberto Manzano Vega e Pablo Manuel Manzano Fernández e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a estes últimos a que readmitan inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberán aboar os sinalados no número anterior son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 1.516,16 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 42,41 euros/día.

3º. Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por Felipe García González fronte a Sara Manzano Vega e, en consecuencia, absólvoa de todas as peticións dirixidas contra ela.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Manzano Vega, S.C., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 1 de decembro de 2015

A secretaria xudicial