Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49069

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2015 pola que se publica a data da posta en funcionamento da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.

O Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos (DOG nº 157, do 19 de agosto), establece na disposición adicional primeira, ordinal primeiro, parágrafo segundo, que a posta en funcionamento efectivo da Axencia terá lugar coa entrada en vigor dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia que inclúan as dotacións precisas para o normal funcionamento da Axencia como ente instrumental. Así mesmo, dispón que a data de posta en funcionamento da Axencia farase pública por resolución da súa presidencia mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Facer público que a data da posta en funcionamento da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde será o 1 de xaneiro de 2016.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade