Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49068

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2015 pola que se publica a data da posta en funcionamento da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

O Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG nº 197, do 15 de outubro), establece na disposición adicional primeira, ordinal primeiro, que a constitución da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos se producirá coa realización da sesión constitutiva do seu Consello Reitor, que terá lugar no prazo de tres meses desde a entrada en vigor deste decreto. A partir da constitución da Axencia realizaranse todas as actuacións conducentes á súa adaptación organizativa e de funcionamento.

Sen prexuízo do anterior, a posta en funcionamento efectiva da Axencia terá lugar coa entrada en vigor dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia que inclúan as dotacións necesarias precisas para o normal funcionamento da Axencia como ente instrumental.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Facer público que a data da posta en funcionamento da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos será o 1 de xaneiro de 2016.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade