Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2015 pola que se anuncia a contratación do servizo de obradoiros itinerantes e excursións para o fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura nos campamentos xuvenís, centros escolares e actividades culturais (expediente 6/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura nos campamentos xuvenís, centros escolares e actividades culturais

c) División por lotes e número: si, 2 lotes.

– Lote 1: obradoiros itinerantes para o fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura nos campamentos xuvenís, centros escolares e actividades culturais.

– Lote 2: excursións para o fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura, entre a poboación infantil.

d) Prazo de execución: 24 meses.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 92000000, 79342200, 79970000.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: de xuízos de valor e de aplicación de fórmulas, recollidos na letra N do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 420.000 €; IVE (21.%): 88.200 € Importe total: 508.200 €.

Valor estimado: 840.000 €.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (eixe/medida 5.3.1) nun 75 %.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras J e K da carátula.

7. Garantía exixida: definitiva, por contía do 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 44 e 981 54 40 46 (consultas administrativas); 981 54 62 61 e 981 54 62 93 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Correo electrónico: licitacion.mar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23819

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que se debe presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781). Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación na páxina web do perfil de contratante indicada no anterior punto 8.g).

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2015

P.D. (Orde 30.3.2012, DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar