Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2015 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, documentalmente simplificada, do servizo de vixilancia e seguridade en dependencias e bens mobles en Vilaxoán (Pontevedra) (expediente 8/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: a vixilancia e seguridade en dependencias e bens mobles adscritos á Consellería do Mar en Vilaxoán, Pontevedra.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Prazo de execución: o prazo de execución do contrato é de 12 meses.

e) Admisión de prórroga: si, con posibilidade de prórroga por 12 meses máis.

f) CPV: 79714000-2 e 79710000-4.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: avaliables de forma automática, recollidos na letra N do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 123.966,94 €, IVE (21 %): 26.033,06 €. Importe total: 150.000 €.

Valor estimado: 247.933,88 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, será posible acreditar a solvencia mediante a clasificación do empresario, segundo se indica na letra H da folla de especificacións.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras J e K do prego de cláusulas administrativas.

7. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano nº 5-2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas) e 981 54 40 70 (consultas técnicas).

d) Telefax: (981) 54 50 03.

e) Correo electrónico: licitacion.mar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ata as 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23821

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, non sendo que o último día for inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deben presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano s/n, Santiago de Compostela, CP 15781). Poderase enviar por correo a este rexistro único dentro do prazo de admisión sinalado. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: a data e hora que se indiquen na páxina web expresada no punto 8.g) deste anuncio.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Outras informacións.

a) Información relativa ás condicións de subrogación nos contratos de traballo (anexo I do prego de prescricións técnicas).

b) Obriga dos licitadores de atoparse inscritos no Rexistro de Empresas de Seguridade do Ministerio do Interior.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar