Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx. 53324

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Vigo (Sección Quinta)

EDICTO (208/2015).

Modelo: 919950

NIG: 36038 37 2 2015 0504344

Peza: RX apelación xuízo de faltas 208/2015 E

Xulgado de procedencia: Xulgado de Instrución número 4 de Vigo

Procedemento de orixe: xuízo de faltas 3420/2013

Recorrentes: (…) Coman Vasile, Daniela Pircea Lacramiora

Eu, María Girón Vidal, secretaria xudicial da Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, fago saber que nesta sección se segue a peza de apelación número 208/2015, dimanante do xuízo de faltas 3420/2013, por instancia de Coman Vasile e Daniela Pircea Lacromiora contra Peregirna Couso Paredes e o Ministerio Fiscal. Acordouse notificar a sentenza a Daniela Pircea Lacramiora e Vasile Coma, con paradoiro descoñecido, a sentenza ditada en data 12 de xuño de 2015 na peza de referencia e que contén unha decisión cuxo teor literal é o seguinte:

«Que, desestimando o recurso de apelación formulado por Daniela Pircea Lacramiora, baixo a dirección da letrada Cristina Pérez Rodríguez e desestimando o recurso de apelación formulado por Vasele Coman, baixo a dirección da letrada Belén Pérez Rodríguez, contra a sentenza, en ambos os dous casos, 489/2014 do Xulgado de Instrución de Vigo número 4, ditada no xuízo de faltas 3420/2013, de data 29 de setembro 2014, confírmase a dita sentenza, e decláranse de oficio as custas desta alzada.

Contra a presente resolución non cabe recurso ordinario ningún.

Remítase testemuño da presente ao xulgado de procedencia, xunto cos autos para o seu cumprimento e, unha vez que se reciba o seu xustificante, arquívese o presente, e tómese logo nota no libro dos da súa clase.

Así, por esta a sentenza, acórdoo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Daniela Pircea Lacramiora e Vasile Coma, que se encontran en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 7 de decembro de 2015

A secretaria xudicial