Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx. 53325

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Vigo (Sección Quinta)

EDICTO (1226/2014).

Modelo: 919950

NIG:36038 37 2 2014 0504630

Peza: RX apelación xuízo de faltas 1226/2014 MS

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Redondela

Procedemento de orixe: xuízo de faltas 911/2013

Recorrente: María Belén Carral Gregores

Recorridos: Ministerio Fiscal, Iván Zurita Rodríguez

Eu, María Girón Vidal, secretaria xudicial da Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, fago saber que nesta sección se segue a peza de apelación número 1226/2014, dimanante do xuízo de faltas 911/2013, por instancia de María Belén Carral Gregores, contra Iván Zurita Rodríguez. Acordouse notificar a sentenza a María Belén Carral Gregores, con paradoiro descoñecido, a sentenza ditada en data 26 de xaneiro de 2015 ditada na peza de referencia e que contén unha decisión cuxo teor literal é o seguinte:

«Estimar o recurso de apelación formulado por María Belén Carral Gregores contra a sentenza de data 8 de xullo de 2014, ditada polo Xulgado de Instrución número 1 de Redondela, en xuízo de faltas 911/2013 (peza de apelación número RX 1226/2014), absolvendo por prescrición da falta a denunciada e sen facer expresa imposición de custas de ambas as dúas instancias.

Contra a presente resolución non cabe recurso ordinario ningún.

Remítaselle testemuño da presente ao xulgado de procedencia, xunto cos autos para o seu cumprimento e, unha vez que se reciba o seu xustificante, arquívese o presente, e tomarase nota previa no libro dos da súa clase.

Así por esta sentenza, acórdoo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a María Belén Carral Gregores, que se encontra en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 7 de decembro de 2015

A secretaria xudicial