Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx. 53326

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Vigo (Sección Quinta)

EDICTO (77/2015).

Modelo: 919950

NIG: 36038 37 2 2015 0504088

Peza: RX apelación xuízo de faltas 77/2015 MS

Xulgado de procedencia: Xulgado de Instrución número 5 de Vigo

Procedemento de orixe: xuízo de faltas 1749/2014

Recorrente: Nicu Iosif

Recorridos: Ministerio Fiscal, Josefa Mateo Pereira

Eu, María Girón Vidal, secretaria xudicial da Sección 5 da Audiencia Provincial de Pontevedra, fago saber que nesta sección se segue a peza de apelación número 77/2015, dimanante do xuízo de faltas 1749/2014 por instancia de Nicu Iosif contra Josefa Mateo Pereira. Acordouse notificar a sentenza a Nicu Iosif, con paradoiro descoñecido, a sentenza ditada en data 12 de febreiro de 2015, ditada na peza de referencia e que contén unha decisión cuxo teor literal é o seguinte:

«Desestímase o recurso de apelación formulado por Nicu Iosif contra a sentenza do 2 de xuño de 2014, ditada nos autos de xuízo de faltas 1749/2014, seguidos ante o Xulgado de Instrución número 5 de Vigo, que se confirma con declaración de oficio das custas procesuais desta alzada.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes que compareceron de conformidade co establecido no artigo 248.4 da LOPX, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión á peza de sala e devólvanse os autos orixinais ao xulgado de procedencia con testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento, tomando as anotacións oportunas nos libros rexistro desta sección.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámalo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Nicu Iosif, que se encontra en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 7 de decembro de 2015

A secretaria xudicial