Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 503

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Decreto 152/2015, do 8 de outubro, polo que se declara ben de interese cultural a colección de arte da Fundación Galicia Obra Social (Afundación).

Advertidos erros na publicación do Decreto 152/2015, do 8 de outubro, polo que se declara ben de interese cultural a colección de arte da Fundación Galicia Obra Social (Afundación), publicado no Diario Oficial de Galicia número 207, do 29 de outubro de 2015, cómpre facer as oportunas correccións no sentido que se indica a seguir:

– Na páxina 41638, na obra número 545, do autor Criado Martín, Felipe, na columna denominada título, onde di: «Douro», debe dicir: «Dueto».

– Na páxina 41649, na obra número 849, do autor García de Buciños Vázquez, Manuel, na columna denominada título, onde di: «Un», debe dicir: «Nu».

– Na páxina 41689, na obra número 1955, da autora Puy Fraga, Teresa, na columna denominada título, onde di: «Cabalo vello», debe dicir: «Carballo vello».

– Na páxina 41836, no parágrafo cuarto, nas liñas primeira e segunda, onde di: «[...] toda pretensión de alleamento ou venda deberalle ser notificada á Consellería de Cultura [...]», debe dicir: «[...] toda pretensión de alleamento ou venda deberalle ser notificada á Dirección Xeral do Patrimonio [...]».