Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 566

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2015 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica.

Despois de obter a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros de 8 de marzo de 2013 (publicado no BOE do 23 de abril mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de abril), esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 15 de decembro de 2015

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO
Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario
en Enxeñaría Naval e Oceánica pola Universidade da Coruña

O título de máster universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica habilita para o exercicio da profesión regulada de enxeñeiro naval e oceánico, de acordo co disposto na Orde CIN/354/2009, do 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de enxeñeiro naval e oceánico (BOE do 20 de febreiro).

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB) ……..….……………...………

Optativas (OP) …………...………………………

Prácticas externas (PE) ….....…….……………

Traballo fin de máster (TFM) ………...…………

60

18

3

9

Créditos totais.……………………..…….

90

O plan de estudos deste título oferta 27 créditos optativos no módulo Fundamentos e 9 no módulo Optativas. O alumnado deberá cursar e superar 18 créditos optativos dos 36 ofertados en total para obter o título, que se distribuirán obrigatoriamente entre ambos os dous módulos como se indica a seguir:

Módulo Fundamentos: 13,5 créditos.

Módulo Optativas: 4,5 créditos.

O alumnado deberá ter en conta que os 13,5 créditos do módulo Fundamentos teñen que escollerse en función do título con que se acceda ao máster.

3. Contido do plan de estudos.

3.1. Contido do plan de estudos por módulo.

Módulo

Materia

Créditos ECTS

Carácter

Curso

Organización temporal

Tecnoloxía Naval

Ampliación de Proxecto de Buques

4

OB

1º cuadrimestre

Hidrodinámica Naval Avanzada

4

OB

2º cuadrimestre

Deseño e Optimización de Estruturas Navais

4

OB

2º cuadrimestre

Dinámica do Buque

4

OB

1º cuadrimestre

Deseño e Optimización de Plantas de Enerxía e Propulsión

4

OB

2º cuadrimestre

Proceso Integral de Construción de Buques

4

OB

1º cuadrimestre

Tecnoloxía Oceánica

Proxecto e Construción de Artefactos Oceánicos

4,5

OB

2º cuadrimestre

Oceanografía

4,5

OB

2º cuadrimestre

Dinámica de Artefactos Oceánicos

4,5

OB

2º cuadrimestre

Tecnoloxía Pesqueira e da Acuicultura

4,5

OB

2º cuadrimestre

Xestión e Explotación de Industrias Marítimas

Enxeñaría de Sistemas Navais e Oceánicos

4,5

OB

1º cuadrimestre

Transporte e Comercio Marítimo

4,5

OB

1º cuadrimestre

Xestión de Empresas Marítimas

4,5

OB

1º cuadrimestre

Apoio Loxístico Integrado

4,5

OB

1º cuadrimestre

Fundamentos

Sistemas de Propulsión

4,5

OP

1º cuadrimestre

Máquinas e Motores Térmicos Mariños

4,5

OP

1º cuadrimestre

Tecnoloxía Mecánica

4,5

OP

1º cuadrimestre

Tecnoloxía da Construción do Buque

4,5

OP

1º cuadrimestre

Ampliación de Hidrostática e Hidrodinámica

4,5

OP

1º cuadrimestre

Estruturas Navais

4,5

OP

1º cuadrimestre

Optativas

Ampliación de Matemáticas

4,5

OP

1º cuadrimestre

Métodos Numéricos Aplicados a Medios Continuos

4,5

OP

1º cuadrimestre

Prácticas externas

Prácticas externas

3

PE

1º cuadrimestre

Traballo fin de máster

Traballo fin de máster

9

TFM

1º cuadrimestre

3.2. Contido do plan de estudos por curso e cuadrimestre.

Módulo

Materia

Créditos ECTS

Carácter

Organización temporal

Curso

Tecnoloxía Naval

Ampliación de Proxecto de Buques

4

OB

1º cuadrimestre

Dinámica do Buque

4

OB

Proceso Integral de Construción de Buques

4

OB

Fundamentos

Sistemas de Propulsión

4,5

OP

Máquinas e Motores Térmicos Mariños

4,5

OP

Tecnoloxía Mecánica

4,5

OP

Tecnoloxía da Construción do Buque

4,5

OP

Ampliación de Hidrostática e Hidrodinámica

4,5

OP

Estruturas Navais

4,5

OP

Optativas

Ampliación de Matemáticas

4,5

OP

Métodos Numéricos Aplicados a Medios Continuos

4,5

OP

Tecnoloxía Naval

Hidrodinámica Naval Avanzada

4

OB

2º cuadrimestre

Deseño e Optimización de Estruturas Navais

4

OB

Deseño e Optimización de Plantas de Enerxía e Propulsión

4

OB

Tecnoloxía Oceánica

Proxecto e Construción de Artefactos Oceánicos

4,5

OB

Oceanografía

4,5

OB

Dinámica de Artefactos Oceánicos

4,5

OB

Tecnoloxía Pesqueira e da Acuicultura

4,5

OB

Xestión e Explotación de Industrias Marítimas

Enxeñaría de Sistemas Navais e Oceánicos

4,5

OB

1º cuadrimestre

Transporte e Comercio Marítimo

4,5

OB

Xestión de Empresas Marítimas

4,5

OB

Apoio Loxístico Integrado

4,5

OB

Prácticas externas

Prácticas externas

3

PE

Traballo fin de máster

Traballo fin de máster

9

TFM

4. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 90 créditos ECTS, distribuídos como se indica no número 2, para obter o título de máster universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica.