Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 1040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015152AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 25 de novembro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2015152AL-LU, incoado a Cervecería Dominó, C.B., como titular do establecemento Cervecería Dominó.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Cervecería Dominó, C.B. o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle tamén que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 16 de decembro de 2015

Patricia Daporta Padín
Xefa Territorial de Lugo

ANEXO

Número de expediente: 2015152AL-LU.

Interesada: Cervecería Dominó, C.B., como titular do establecemento Cervecería Dominó.

CIF: E27467562.

Último enderezo coñecido: praza da Milagrosa, 14, 27003 Lugo.

Feitos imputados: infraccións da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigo 3; punto 10 do capítulo I, punto 1.a) do capítulo V, punto 1 do capítulo VIII, punto 2 do capítulo IX, punto 1 do capítulo XII do anexo II do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE núm. 139, do 30 de abril).

– Artigos 3.3, 3.6, 6.2 e 7.3 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE núm. 11, do 12 de xaneiro de 2001).

Tipificación provisional: dúas infraccións leves, tipificadas nos artigos 51.1 parágrafo 10 e 51.1 parágrafo 11 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

Sanción proposta: seiscentos euros (600,00 €), de acordo coa seguinte desagregación:

– Catrocentos euros (400,00 €) pola presunta infracción prevista no artigo 51.1 parágrafo 10 da Lei 17/2011, e

– Douscentos euros (200,00 €) pola presunta infracción prevista no artigo 51.1 parágrafo 11 da Lei 17/2011.