Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 1038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 16 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos de reintegro das subvencións concedidas ao expediente TR352B 2011/61-0 e tres máis regulados na Orde do 30 de decembro de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 17 de xaneiro).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás entidades relacionadas no anexo as resoluicións ditadas nos expedientes de reintegro das subvencións concedidas.

Os interesados poderán comparecer nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, 2º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da resolución e a constancia de tal coñecemento.

A resolución que se notifica esgota a vía administrativa. O interesado poderá interpor contra o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, poderá interporse recurso de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os mencionados prazos para presentar os recursos se contarán a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2015

José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral

ANEXO

1. Entidade: Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación (Fundefo).

Enderezo: praza de Recife, 5, 3º B, 15004 A Coruña

Número de expediente: TR352B 2011/61-0.

Acto que se notifica: resolución do expediente de reintegro.

Data do acto: 10 de setembro de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 8.2 da citada Orde do 30 de decembro de 2010 e artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 6.464,31 €.

2. Entidade: Asociación Mazaricana de Empresarios e Profesionais Autónomos.

Enderezo: rúa do Emigrante, 2 bis, A Picota, 15256 Mazaricos (A Coruña).

Número de expediente: TR352A 2011/137-0.

Acto que se notifica: resolución do expediente de reintegro.

Data do acto: 27 de marzo de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 8.2 da Orde do 30 de decembro de 2010 e artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 4.694,73 €.

3. Entidade: Asociación E-Integralia.

Enderezo: avenida Santiago, nº 21, oficina C, 32001 Ourense.

Número de expediente: TR352A 2011/383-0.

Acto que se notifica: resolución do expediente de reintegro.

Data do acto: 30 de marzo de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 8.2 da citada Orde do 30 de decembro de 2010 e artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 679,88 €.

4. Entidade: Asociación Mulleres de Bouzas.

Enderezo: Cánovas del Castillo, 12, 7º E, 36208 Vigo (Pontevedra).

Número de expediente: TR352A 2011/695-0.

Acto que se notifica: resolución do expediente de reintegro.

Data do acto: 10 de setembro de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 8.2 da citada Orde do 30 de decembro de 2010 e artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 1.324,51 €.