Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 666

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 187/2015, do 3 de decembro, polo que se establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes aos títulos de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que son de competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o número primeiro do artigo 81 daquela, o desenvolvan, das facultades que lle atribúe ao Estado o punto 30 do número 1 do artigo 149 da Constitución e da alta inspección precisa para o seu cumprimento e a súa garantía.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, configura no seu artigo 3 as ensinanzas deportivas como ensinanzas de carácter especial e regúlaas nos artigos 63 a 65. Segundo o artigo 63.4 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o currículo das ensinanzas deportivas axustarase ás exixencias derivadas do Sistema nacional de cualificacións e formación profesional e ao establecido no número 3 do artigo 6.bis da lei orgánica. E, de conformidade co artigo 64.5, o Goberno, logo de consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de ensinanzas deportivas, os aspectos básicos do currículo de cada unha delas e os requisitos mínimos dos centros en que se poderán impartir as ensinanzas respectivas.

Desenvolvendo as previsións da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en materia de ensinanzas deportivas aprobouse o Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, cuxo artigo 5 define a organización básica das ensinanzas deportivas tomando como base as modalidades deportivas e, de ser o caso, as súas especialidades, de conformidade co recoñecemento outorgado polo Consello Superior de Deportes de acordo co artigo 8.b) da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte. E o artigo 16.3 do citado real decreto dispón como as administracións competentes establecerán o currículo das modalidades e, de ser o caso, as especialidades deportivas, de acordo co previsto na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, tendo en conta a realidade do sistema deportivo no territorio da súa competencia coa finalidade de que as ensinanzas deportivas respondan ás súas necesidades de cualificación.

Neste sentido o Goberno da Nación aprobou o Real decreto 933/2010, do 23 de xullo, polo que se establecen os títulos de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo e técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre, e se fixan as súas ensinanzas mínimas e os requisitos de acceso. O capítulo III deste real decreto concreta o perfil profesional dos ciclos inicial e final de grao medio nas disciplinas hípicas citadas, que queda determinado pola súa competencia xeral, polas súas competencias profesionais, persoais e sociais, pola relación de cualificacións e, de ser o caso, polas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título e o ámbito profesional, laboral e deportivo.

Logo de que o Goberno fixase no Real decreto 933/2010, do 23 de xullo, o perfil profesional do ciclo inicial de grao medio en Hípica, do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre, as súas ensinanzas mínimas e os requisitos de acceso, e aqueloutros aspectos da ordenación académica que constitúen os aspectos básicos do currículo, procede determinar, no ámbito de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a ampliación e a contextualización dos contidos dos módulos de ensino deportivo incluídos nos ciclos inicial e final, respectando os seus perfís profesionais.

Por outra banda, os centros de ensinanzas deportivas desenvolverán os currículos establecidos neste decreto co obxecto de adaptar a programación e a metodoloxía do currículo ás características do alumnado e ás posibilidades formativas do seu contorno, empregando, de ser o caso, as medidas flexibilizadoras que, no marco da normativa vixente, posibiliten adecuacións particulares do currículo en cada centro de acordo cos recursos dispoñibles, sen que en ningún caso supoña a supresión de obxectivos que afecten o perfil profesional de cada ciclo.

As ensinanzas que regula este decreto configúranse para dotar o alumnado dos coñecementos suficientes para lle permitir o exercicio competente das funcións do seu perfil profesional. De acordo con este obxectivo xenérico, ponse o acento en conseguir unha formación completa, cun equilibrio entre o carácter teórico e o práctico, de maneira que o proceso de formación se vincule á realidade científico-técnica e social da hípica.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.5 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, logo do ditame do Consello Escolar de Galicia, de acordo co Consello Consultivo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de decembro de dous mil quince,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Obxecto

Artigo 1. Obxecto

Este decreto ten por obxecto establecer o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes aos títulos de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre, que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia.

CAPÍTULO II
Identificación do título e organización das ensinanzas

Artigo 2. Identificación dos títulos de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

1. O título de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo queda identificado polos seguintes elementos:

a) Denominación: disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo.

b) Nivel: ensinanzas deportivas de grao medio.

c) Duración: 1.450 horas.

d) Referente europeo: CINE-3 (Clasificación internacional normalizada de educación).

2. O título de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre queda identificado polos seguintes elementos:

a) Denominación: disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

b) Nivel: ensinanzas deportivas de grao medio.

c) Duración: 1.280 horas.

d) Referente europeo: CINE-3 (Clasificación internacional normalizada de educación).

Artigo 3. Organización das ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo

As ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo organízanse en dous ciclos:

a) Ciclo inicial de grao medio en Hípica, cunha duración de 620 horas.

b) Ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, cunha duración de 830 horas.

Artigo 4. Organización das ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

As ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre organízanse en dous ciclos:

a) Ciclo inicial de grao medio en Hípica, cunha duración de 620 horas.

b) Ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre, cunha duración de 660 horas.

Artigo 5. Especializacións dos títulos de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

1. O título de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo terá como especializacións:

a) Doma de traballo.

b) Enganches.

c) Adestramento paraecuestre.

d) Horseball.

e) Carreiras de cabalos.

f) Carreiras de trotóns.

2. O título de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre terá como especializacións:

a) Doma de traballo.

b) Enganches.

c) Actividades hípicas adaptadas.

d) Horseball.

e) Carreiras de cabalos.

f) Carreiras de trotóns.

CAPÍTULO III
Perfil profesional e ámbito profesional, persoal e laboral deportivo dos ciclos

Artigo 6. Perfil profesional dos ciclos de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e ciclos de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

O perfil profesional do ciclo inicial de grao medio en Hípica, do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre queda determinado pola súa competencia xeral, polas súas competencias profesionais, persoais e sociais, pola relación de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título, e polo ámbito profesional, laboral e deportivo.

Artigo 7. Competencia xeral do ciclo inicial de grao medio en Hípica

A competencia xeral do ciclo inicial de grao medio en Hípica consiste en dinamizar, instruír e concretar a iniciación deportiva da equitación; organizar, acompañar e tutelar os/as deportistas durante a súa participación en actividades, competicións e eventos propios deste nivel, e guiar os/as usuarios/as a cabalo por terreos variados, consonte as directrices establecidas na programación de referencia, en condicións de seguridade e respecto polo ambiente, e co nivel óptimo de calidade que permita a satisfacción dos/das deportistas na actividade.

Artigo 8. Competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo inicial de grao medio en Hípica

As competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo inicial de grao medio en Hípica son as que se relacionan a continuación:

a) Dominar as técnicas básicas da equitación con nivel suficiente para o desenvolvemento das tarefas propias da iniciación deportiva.

b) Atender o/a xinete informándoo/a das características da actividade, solicitándolle información sobre as súas motivacións e os seus intereses, e motivándoo/a cara á práctica da equitación.

c) Valorar as habilidades e as destrezas específicas dos/das xinetes, co obxecto de determinar o seu nivel, para propor a súa incorporación a un grupo e tomar as medidas de corrección axeitadas.

d) Concretar a sesión de ensino e aprendizaxe para a iniciación na equitación de acordo coa programación de referencia, adecuándose ao grupo e ás condicións materiais existentes, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable, así como o respecto e o coidado do cabalo e de si mesmo/a.

e) Dirixir a sesión de ensino e aprendizaxe de iniciación na equitación e solucionar as continxencias existentes, para conseguir unha participación e un rendemento conforme os obxectivos propostos, dentro das normas ambientais e das marxes de seguridade requiridas.

f) Acondicionar, preparar e transportar os medios necesarios para a práctica no nivel de iniciación á equitación, garantindo a súa dispoñibilidade e a súa seguridade, respectando a normativa ambiental.

g) Controlar a seguridade da actividade no nivel de iniciación á equitación, supervisando as instalacións, os medios e os cabalos utilizados, e intervindo mediante a axuda ou o rescate nas situacións de risco detectadas.

h) Asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

i) Seleccionar os/as xinetes e os cabalos en función do seu nivel e das súas características, e comprobar que se adapten ás exixencias da competición de nivel de iniciación á equitación, respectando os obxectivos propostos e consonte as marxes previstas de seguridade.

j) Acompañar os/as deportistas en competicións, itinerarios a cabalo e outras actividades do nivel de iniciación á equitación, para proporcionar unha experiencia motivadora e segura, dentro das normas ambientais e das marxes de seguridade requiridas.

k) Dirixir os/as deportistas en competicións de nivel de iniciación á equitación dentro dos valores éticos vinculados ao xogo limpo e ao respecto polas demais persoas, reforzando a súa responsabilidade e o seu esforzo persoal.

l) Colaborar e intervir na organización e na xestión de competicións e eventos propios da iniciación á hípica, co obxecto de captar, adherir e fidelizar o/a deportista na práctica da equitación.

m) Alimentar, manter fisicamente e realizar o manexo, os coidados básicos e os primeiros auxilios do cabalo, mantendo as condicións axeitadas para a realización das actividades de iniciación á equitación.

n) Valorar o desenvolvemento da sesión, recollendo e procesando a información necesaria para a elaboración de xuízos que permitan o axuste e a mellora permanentes do proceso de ensino e aprendizaxe, e das actividades propias da iniciación á equitación.

ñ) Transmitir a través do comportamento ético persoal valores vinculados ao xogo limpo, ao respecto polas demais persoas e ao respecto e coidado do cabalo e de si mesmo/a.

o) Manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no ámbito do seu labor como persoal técnico deportivo.

p) Manter a iniciativa e a autonomía dentro do traballo en equipo para o desempeño das súas funcións.

q) Seleccionar e preparar adecuadamente os cabalos de acordo co nivel técnico dos/das xinetes, para facilitar o desenvolvemento da sesión e os itinerarios a cabalo, e garantir a seguridade.

Artigo 9. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais do ciclo inicial de grao medio en Hípica

1. O ciclo inicial de grao medio en Hípica abrangue as seguintes unidades de competencia da cualificación de Iniciación deportiva en hípica ou ecuestre, DFA_510_2:

a) UA7027_2: concretar, dirixir e dinamizar sesións secuenciadas de iniciación hípica e ecuestre.

b) UA7028_2: dinamizar accións de promoción e tutela a xinetes en eventos e competicións de iniciación hípica e ecuestre.

2. O ciclo inicial de grao medio en Hípica abrangue as seguintes unidades de competencia da cualificación de Guía por itinerarios ecuestres no medio natural, AFD339_2:

a) UC1080_2: dominar as técnicas básicas de monta a cabalo.

b) UC0719_2: alimentar e realizar o manexo xeral e os primeiros auxilios ao gando equino.

c) UC1081_2: guiar e dinamizar persoas por itinerarios a cabalo.

d) UC0272_2: asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

3. O ciclo inicial de grao medio en Hípica abrangue a seguinte unidade de competencia da cualificación de Coidados e manexo do cabalo, AGA226_2:

UC0720_2: efectuar a hixiene, os coidados e o mantemento físico do gando equino.

Artigo 10. Ámbito profesional, laboral e deportivo do ciclo inicial de grao medio en Hípica

1. Este/a profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público (administracións xeral do Estado, autonómicas ou locais) como en entidades de carácter privado (grandes, medianas ou pequenas empresas, padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións e clubs deportivos e sociais, escolas de equitación e centros ecuestres, centros educativos, empresas de servizos de actividades extraescolares e casas de colonias), que ofrezan actividades deportivo-recreativas de descubrimento e iniciación da hípica.

2. Sitúase nos sectores do deporte, o lecer e tempo libre e o turismo.

3. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables para estes/as profesionais son as seguintes:

a) Monitor/a de iniciación á equitación.

b) Adestrador/a de iniciación á competición hípica.

c) Condutor/a por itinerarios a cabalo por terreos variados.

4. O desenvolvemento destas ocupacións e destes postos de traballo no ámbito público realizarase de acordo cos principios e cos requisitos de acceso ao emprego público previstos na normativa vixente.

Artigo 11. Competencia xeral do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo

A competencia xeral do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo consiste en adaptar, dirixir e dinamizar o adestramento básico e o perfeccionamento técnico dos/das xinetes e dos cabalos na etapa de tecnificación deportiva da equitación nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo; organizar, acompañar e tutelar os/as deportistas durante a súa participación en actividades, competicións e eventos propios deste nivel; xestionar os recursos materiais necesarios e coordinar as actividades do persoal técnico ao seu cargo; organizar actividades, competicións e eventos do nivel de iniciación deportiva; deseñar percorridos e circuítos do seu nivel; concretar, dirixir e adaptar as actividades de equitación para os/as xinetes con discapacidade; e colaborar no proceso de detección e selección de talentos deportivos (binomios de xinete e cabalo), consonte as directrices establecidas na programación de referencia, en condicións de seguridade e respecto polo ambiente e co nivel óptimo de calidade que permita a satisfacción dos/as deportistas participantes na actividade.

Artigo 12. Competencias profesionais, persoais e sociais propias do sistema deportivo do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo

As competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo son as que se relacionan:

a) Dominar as técnicas específicas da equitación co nivel suficiente para o desenvolvemento das tarefas propias da tecnificación deportiva nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo.

b) Valorar e seleccionar o/a deportista en función do seu nivel e das súas características, co fin de adaptar a programación de referencia de perfeccionamento técnico nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo.

c) Adaptar e concretar a sesión de adestramento básico do/da xinete nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, de acordo coa programación de referencia, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable, así como o respecto e o coidado do cabalo e de si mesmo/a.

d) Adaptar e concretar os programas específicos de iniciación e perfeccionamento técnico-táctico para a etapa de tecnificación deportiva nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, de acordo coa programación xeral.

e) Deseñar programas de ensino da equitación e iniciación deportiva acordes cos procesos de tecnificación deportiva, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable e o respecto polo cabalo e o seu coidado.

f) Colaborar no proceso de detección e selección de talentos deportivos (binomio xinete e cabalo) nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, consonte as directrices de referencia, para favorecer e facilitar a identificación de posibles valores deportivos.

g) Dirixir a sesión de adestramento básico do binomio xinete-cabalo na etapa de tecnificación deportiva nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, solucionando as continxencias existentes, para conseguir a participación e o rendemento, conforme os obxectivos propostos e dentro das normas ambientais e as marxes de seguridade requiridas.

h) Controlar a seguridade da práctica no nivel de tecnificación nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, supervisando as instalacións e os medios utilizados e intervindo mediante a axuda ou o rescate nas situacións de risco detectadas, e asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

i) Adaptar e dirixir a sesión de iniciación á equitación de acordo coas necesidades dos/das xinetes con discapacidade, e consonte a programación de referencia, para conseguir a participación de acordo cos obxectivos propostos nela e dentro das normas ambientais e das marxes de seguridade permitidas.

j) Acompañar e dirixir os/as deportistas en competicións de salto, doma e concurso completo realizando as orientacións técnico-tácticas e tomando as decisións máis adecuadas ao desenvolvemento da competición, co fin de garantir a participación do/da xinete e do cabalo nas mellores condicións, dentro dos valores éticos vinculados ao xogo limpo, ao respecto polas demais persoas, polo cabalo e polo propio corpo.

k) Organizar eventos propios da iniciación á hípica e colaborar e intervir na xestión de competicións e eventos propios da tecnificación das disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, co obxecto de captar, adherir e fidelizar o/a deportista na práctica da modalidade deportiva.

l) Realizar o manexo, a alimentación e os coidados específicos do cabalo, mantendo as condicións axeitadas para a realización das actividades de tecnificación das disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo.

m) Adaptar e executar o amestramento e o adestramento do cabalo na etapa de tecnificación nas disciplinas de Salto, Doma e Concurso Completo, de acordo coa programación de referencia, tendo en conta os valores de práctica saudable e o respecto polo animal e o seu coidado.

n) Coordinar outro persoal técnico encargado da iniciación á equitación, revisando a súa programación e organizando os recursos materiais e humanos, co fin de dinamizar e favorecer as relacións entre o devandito persoal técnico e o rendemento da actividade.

ñ) Avaliar o proceso de tecnificación deportiva nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, recoller a información necesaria para a elaboración de xuízos e axustar programas que permitan a mellora permanente do adestramento básico e o perfeccionamento das actividades propias do nivel de tecnificación.

o) Transmitir a través do comportamento ético-persoal valores vinculados ao xogo limpo, ao respecto e ao coidado do cabalo e do propio corpo.

p) Manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no ámbito do seu labor como persoal técnico deportivo.

q) Manter a iniciativa e a autonomía dentro do traballo en equipo para o desempeño das súas funcións.

r) Deseñar percorridos, reprises e circuítos de competición para a práctica das disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo no nivel de tecnificación, garantindo a súa dispoñibilidade e seguridade, e respectando a normativa ambiental.

Artigo 13. Ámbito profesional, laboral e deportivo do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo

1. Este/a profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público (administracións xeral do Estado, autonómicas ou locais), como en entidades de carácter privado (grandes, medianas ou pequenas empresas, padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións, centros de tecnificación, clubs deportivos e sociais, escolas de equitación e centros ecuestres, centros educativos e empresas de servizos de actividades extraescolares) que ofrezan actividades deportivo-recreativas e tecnificación da hípica.

2. Sitúase nos sectores do deporte, do lecer e do tempo libre.

3. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables para estes/as profesionais son os seguintes:

a) Adestrador/a de tecnificación en salto de obstáculos, doma e concurso completo.

b) Coordinador/a doutro persoal técnico de iniciación á hípica.

c) Xestor/a e organizador/a de eventos de hípica de promoción e iniciación.

d) Deseñador/a de percorridos e reprises de tecnificación.

4. O desenvolvemento destas ocupacións e destes postos de traballo no ámbito público realizarase de acordo cos principios e cos requisitos de acceso ao emprego público previstos na normativa vixente.

Artigo 14. Competencia xeral do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

A competencia xeral do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre consiste en adaptar, dirixir e dinamizar o adestramento básico e o perfeccionamento técnico dos/das xinetes e dos cabalos na etapa de tecnificación deportiva da equitación nas disciplinas hípicas de raid e trec; organizar, acompañar e tutelar os/as deportistas durante a súa participación en actividades, competicións e eventos propios deste nivel; xestionar os recursos materiais necesarios e coordinar as actividades do persoal técnico ao seu cargo; organizar actividades, competicións e eventos do nivel de iniciación deportiva; determinar e deseñar itinerarios e conducir deportistas e usuarios/as por rutas ecuestres no medio natural; concretar, dirixir e adaptar as actividades de equitación para os/as xinetes con discapacidade; e colaborar no proceso de detección e selección de talentos deportivos (binomio xinete-cabalo), consonte as directrices establecidas na programación de referencia, en condicións de seguridade e respecto polo ambiente, e co nivel óptimo de calidade que permita a satisfacción dos/das deportistas participantes na actividade.

Artigo 15. Competencias profesionais, persoais e sociais propias do sistema deportivo do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

As competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre son as que se relacionan:

a) Valorar e seleccionar o/a deportista en función do seu nivel e das súas características, co fin de adaptar a programación de referencia de perfeccionamento técnico na disciplina de raid e trec.

b) Adaptar e concretar a sesión de adestramento básico do/da xinete na disciplina hípica de raid e trec de acordo coa programación de referencia, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable e o respecto e o coidado do cabalo e de si mesmo.

c) Adaptar e concretar os programas específicos de iniciación e perfeccionamento técnico-táctico para a etapa de tecnificación deportiva nas disciplinas hípicas de raid e trec, de acordo coa programación xeral.

d) Deseñar programas de ensino da equitación e iniciación deportiva acordes cos procesos de tecnificación deportiva, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable e o respecto e o coidado do cabalo e de si mesmo.

e) Colaborar no proceso de detección e selección de talentos deportivos (binomio xinete-cabalo) nas disciplinas hípicas de raid e trec, consonte as directrices de referencia, para favorecer e facilitar a identificación de posibles valores deportivos.

f) Dirixir a sesión de adestramento básico do binomio na etapa de tecnificación deportiva nas disciplinas hípicas de raid e trec, e guiar e dinamizar persoas por itinerarios ecuestres, solucionando as continxencias existentes, para conseguir a participación e o rendemento, consonte os obxectivos propostos nela e dentro das normas ambientais e das marxes de seguridade requiridas.

g) Controlar a seguridade da práctica no nivel de tecnificación nas disciplinas hípicas de raid, trec e marchas e turismo ecuestre, supervisando as instalacións e os medios utilizados e intervindo mediante a axuda ou o rescate nas situacións de risco detectadas, e asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

h) Determinar, deseñar e organizar itinerarios a cabalo e actividades de condución de persoas no contorno natural cos medios necesarios, realizando a análise diagnóstica do contexto, respectando os protocolos de seguridade e a normativa ambiental.

i) Xestionar os medios e os recursos necesarios para a realización do servizo de marchas ecuestres no nivel de calidade demandado, os límites de custos e os obxectivos previstos.

j) Acompañar e dirixir os/as deportistas en competicións de raid e trec realizando as orientacións técnico-tácticas e tomando as decisións máis adecuadas ao desenvolvemento da competición, co fin de garantir a participación do/da xinete e do cabalo nas mellores condicións, dentro dos valores éticos vinculados ao xogo limpo e ao respecto polas demais persoas, polo cabalo e polo propio corpo.

k) Organizar eventos propios da iniciación deportiva, e colaborar e intervir na xestión de competicións e eventos propios da tecnificación nas disciplinas hípicas de raid e trec, co obxecto de captar, adherir e fidelizar o/a deportista para a práctica da modalidade deportiva.

l) Deseñar percorridos e circuítos de competición para a práctica das disciplinas hípicas de raid e trec, no nivel de tecnificación, garantindo a súa dispoñibilidade e seguridade, e respectando a normativa ambiental.

m) Realizar o manexo, a alimentación e os coidados específicos do cabalo, mantendo as condicións axeitadas para a realización das actividades de tecnificación das disciplinas hípicas de raid, trec e marchas e turismo ecuestre.

n) Adaptar e executar o amestramento e o adestramento do cabalo na etapa de tecnificación deportiva nas disciplinas hípicas de raid, trec e marchas e turismo ecuestre, de acordo coa programación de referencia tendo en conta os valores de práctica saudable, o respecto polo animal e o seu coidado.

ñ) Adaptar e dirixir a sesión de iniciación á equitación de acordo coas necesidades dos/das xinetes con discapacidade, e coa programación de referencia, para conseguir a participación consonte os obxectivos propostos nela e dentro das normas ambientais e das marxes de seguridade permitidas.

o) Coordinar outro persoal técnico encargado da iniciación á equitación revisando a súa programación e organizando os recursos materiais e humanos, co fin de dinamizar e favorecer as relacións entre o devandito persoal técnico e o rendemento da actividade.

p) Avaliar o proceso de tecnificación deportiva nas disciplinas hípicas de raid e trec, e o desenvolvemento das marchas de turismo ecuestre, recoller a información necesaria para a elaboración de xuízos e axustar programas que permitan a mellora permanente do adestramento básico e o perfeccionamento das actividades propias do nivel de tecnificación.

q) Manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no ámbito do seu labor como persoal técnico deportivo.

r) Manter a iniciativa e a autonomía dentro do traballo en equipo para o desempeño das súas funcións.

s) Transmitir a través do comportamento ético persoal valores vinculados ao xogo limpo, ao respecto e ao coidado do cabalo e do propio corpo.

Artigo 16. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

O ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre inclúe a cualificación completa de Guía por itinerarios ecuestres no medio natural, AFD339_2, que abrangue as seguintes unidades de competencia:

a) UC1079_2: determinar e organizar itinerarios a cabalo por terreos variados.

b) UC1080_2: dominar as técnicas básicas de monta a cabalo.

c) UC0719_2: alimentar e realizar o manexo xeral e os primeiros auxilios ao gando equino.

d) UC1081_2: guiar e dinamizar persoas por itinerarios a cabalo.

e) UC0272_2: asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

Artigo 17. Ámbito profesional, laboral e deportivo do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

1. Este/a profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público (nas administracións xeral do Estado, autonómicas ou locais), como en entidades de carácter privado (grandes, medianas ou pequenas empresas, padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións, centros de tecnificación, clubs deportivos e sociais, escolas de equitación e centros ecuestres, centros educativos e empresas de servizos de actividades extraescolares), que ofrezan actividades deportivo-recreativas e tecnificación da hípica.

2. Sitúase nos sectores do deporte, do lecer e do tempo libre.

3. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables para estes/as profesionais son os seguintes:

a) Adestrador/a de tecnificación en raid, trec e turismo ecuestre.

b) Instrutor/a guía de turismo ecuestre.

c) Coordinador/a doutro persoal técnico de iniciación á hípica.

d) Xestor/a e organizador/a de eventos de hípica de promoción e iniciación.

e) Deseñador/a de percorridos de carreiras de resistencia de tecnificación.

f) Deseñador/a de rutas ecuestres de longa distancia.

CAPÍTULO IV
Estrutura das ensinanzas de cada un dos ciclos de ensino deportivo
conducentes aos títulos de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

Artigo 18. Estrutura dos ciclos inicial de grao medio en Hípica, final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

1. Os ciclos desenvolvidos neste decreto estrutúranse en módulos, agrupados nun bloque común e nun bloque específico.

2. Os módulos de ensino deportivo do ciclo inicial de grao medio en Hípica son os que se relacionan:

a) Módulos do bloque común:

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

MED-C104. Organización deportiva.

b) Módulos do bloque específico:

MED-HIHI102. Transporte e mantemento físico do cabalo pé a terra.

MED-HIHI103. Hipoloxía.

MED-HIHI104. Metodoloxía do ensino da hípica.

MED-HIHI105. Acompañamento por itinerarios a cabalo.

MED-HIHI106. Eventos hípicos.

MED-HIHI107. Formación práctica.

3. Os módulos comúns de ensino deportivo dos ciclos finais de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre son os que se relacionan:

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

MED-C205. Xénero e deporte.

4. Os módulos específicos de ensino deportivo do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo son os que se relacionan:

MED-HIHI202. Ensino e tecnificación hípica.

MED-HIHI203. Bases do adestramento deportivo do cabalo.

MED-HIHI204. Preparación física do/da xinete.

MED-HIHI205. Paraecuestre.

MED-HIHI206. Organización de eventos hípicos.

MED-HISD207. Perfeccionamento técnico en salto.

MED-HISD208. Perfeccionamento técnico en doma.

MED-HISD209. Perfeccionamento técnico en concurso completo.

MED-HISD210. Formación práctica.

5. Os módulos específicos de ensino deportivo do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre son os que se relacionan:

MED-HIHI202. Ensino e tecnificación hípica.

MED-HIHI203. Bases do adestramento deportivo do cabalo.

MED-HIHI204. Preparación física do/da xinete.

MED-HIHI205. Paraecuestre.

MED-HIHI206. Organización de eventos hípicos.

MED-HITE211. Perfeccionamento técnico en raid.

MED-HITE212. Perfeccionamento técnico en trec.

MED-HITE213. Organización de itinerarios ecuestres.

MED-HITE214. Medio natural.

MED-HITE215. Formación práctica.

6. A distribución horaria dos ciclos desenvolvidos neste decreto establécese no anexo I.

7. Os obxectivos xerais e os módulos de ensino deportivo dos ciclos inicial de grao medio en Hípica, final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre quedan desenvolvidos nos anexos II, III e IV.

Artigo 19. Relación profesorado/alumnado

1. Para impartir os módulos do bloque común e os contidos relacionados cos resultados de aprendizaxe de carácter conceptual dos módulos do bloque específico dos ciclos inicial de grao medio en Hípica, final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre, a relación profesorado/alumnado será de 1/30.

2. Para impartir os contidos relacionados cos resultados de aprendizaxe de carácter procedemental dos módulos do bloque específico dos ciclos inicial de grao medio en Hípica, final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre, a relación profesorado/alumnado será a recollida no anexo V.

Artigo 20. Módulo de formación práctica

Para iniciar os módulos de formación práctica do ciclo inicial de grao medio en Hípica, final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre, cumprirá ter superados con anterioridade os módulos comúns e específicos de ensino deportivo que se establecen no anexo VI.

Artigo 21. Espazos e equipamentos deportivos

Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas dos ciclos inicial de grao medio en Hípica, final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre son os establecidos nos anexos VII-A, VII-B e VII-C.

CAPÍTULO V
Acceso a cada un dos ciclos

Artigo 22. Requisitos xerais de acceso aos ciclos inicial de grao medio en Hípica, final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

1. Para acceder ao ciclo inicial de grao medio en Hípica será necesario ter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria na opción de ensinanzas aplicadas ou na de ensinanzas académicas, ou equivalente para os efectos de acceso.

2. Para acceder aos ciclos finais de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre, será necesario acreditar ter superado o ciclo inicial de grao medio en Hípica.

Artigo 23. Requisitos de acceso ao ciclo inicial de grao medio en Hípica para persoas sen o título de graduado en educación secundaria obrigatoria

Poderase acceder ás ensinanzas do ciclo inicial de grao medio en Hípica, sen o título de graduado en educación secundaria obrigatoria, sempre que o/a aspirante cumpra os outros requisitos de carácter específico que se establezan no Real decreto 933/2010, do 23 de xullo, e ademais cumpra as condicións de idade e supere a proba correspondente consonte o artigo 31.1.a) do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial.

Artigo 24. Requisitos de acceso específicos ao ciclo inicial de grao medio en Hípica e ao ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo

1. Para acceder ao ciclo inicial de grao medio en Hípica cumprirá superar a proba de carácter específico que se establece no anexo VIII.

2. A proba de carácter específico do ciclo inicial acredita a competencia profesional de «dominar as técnicas básicas da equitación con nivel suficiente para o desenvolvemento das tarefas propias da iniciación deportiva», recollida no artigo 8, e á cal no título se lle asigna unha carga horaria de formación de 240 horas sobre a duración total do ciclo inicial de grao medio en Hípica.

3. Para acceder ao ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo será necesario superar a proba de carácter específico que se establece no anexo IX.

4. A proba de carácter específico do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo acredita a competencia profesional de «dominar as técnicas específicas da equitación co nivel suficiente para o desenvolvemento das tarefas propias da tecnificación deportiva nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo», recollida no artigo 12, e á cal no título se lle asigna unha carga horaria de formación de 180 horas sobre a duración total do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo.

5. Para a superación das probas de carácter específico cumprirá a avaliación positiva na totalidade dos criterios de avaliación descritos nelas.

Artigo 25. Efectos e vixencia das probas de acceso de carácter específico

1. A superación das probas de carácter específico que se establecen para o acceso ao ciclo inicial de grao medio en Hípica e ao ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo terá efectos en todo o territorio nacional.

2. A superación das probas de carácter específico que se establecen nos anexos VIII e IX terá unha vixencia de 18 meses, contados a partir da data da súa finalización.

Artigo 26. Exención da superación da proba de carácter específico a deportistas de alto nivel e alto rendemento

Estarán exentos/as de superar a proba de carácter específico que se establece para ter acceso ao ciclo inicial de grao medio en Hípica os/as deportistas que acrediten:

a) A condición de deportista de alto nivel nas condicións que establece o Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento, para a modalidade ou especialidade deportiva correspondente.

b) A cualificación de deportista de alto rendemento ou equivalente en Hípica, establecida polas comunidades autónomas de acordo coa súa normativa.

c) Ter sido seleccionado/a pola Real Federación Hípica Española para representar a España, dentro dos dous últimos anos, en polo menos unha competición oficial internacional de categoría absoluta ou categoría de xinete novo/a, na modalidade correspondente. Entenderase como competición oficial os campionatos de Europa ou do mundo nas disciplinas hípicas de Salto de Obstáculos, Doma e Concurso Completo.

d) Dispor do certificado expedido pola Real Federación Hípica Española, que acredite o galope de nivel 7 nas modalidades hípicas de saltos de obstáculos e doma, e o galope de nivel 5 na modalidade hípica de concurso completo, do Regulamento de titulacións de xinetes da referida federación.

Artigo 27. Requisitos de acceso de persoas que acrediten discapacidades

As persoas con discapacidade poderán acceder ás ensinanzas destes ciclos conforme a disposición adicional terceira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, e é obriga da consellería con competencias en materia de educación levar a cabo os axustes razoables para que este acceso non comporte restricións inxustificadas contrarias ao principio de igualdade de oportunidades.

Artigo 28. Composición e perfil do tribunal da proba de carácter específico

1. O tribunal da proba de carácter específico será nomeado pola dirección xeral competente en materia de educación e deberá estar formado por un mínimo de tres avaliadores/as.

2. Os/as avaliadores/as das probas de carácter específico deberán acreditar, polo menos, a titulación de técnico deportivo superior en Hípica.

3. No tribunal avaliador procurarase unha presenza equilibrada de homes e mulleres.

Artigo 29. Funcións do tribunal avaliador da proba de carácter específico

1. O tribunal da proba de carácter específico terá as seguintes funcións:

a) A organización da proba de carácter específico consonte o especificado nos anexos VIII e IX.

b) A garantía do correcto desenvolvemento das probas de carácter específico, comprobando que os obxectivos, os contidos e a avaliación dos exercicios que compoñen as probas se ateñen ao establecido na súa descrición.

c) Os/as avaliadores/as realizarán a valoración das actuacións das persoas aspirantes de conformidade co establecido nos criterios de avaliación dos resultados de aprendizaxe da proba de carácter específico.

d) A avaliación final das persoas aspirantes.

e) Calquera outra que sexa inherente ao desenvolvemento dos seus cometidos.

2. O tribunal, como órgano colexiado, rexerase polo establecido no título II, capítulo II, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, aplicable nos seus aspectos básicos, así como polo establecido na sección III, do capítulo I do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

3. No caso de que algunha das persoas aspirantes acredite algún tipo de discapacidade, o tribunal actuará de acordo co establecido na disposición adicional terceira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

CAPÍTULO VI
Profesorado

Artigo 30. Requisitos de titulación do profesorado en centros públicos

Os requisitos da titulación do profesorado en centros públicos determinaranse en función do bloque de ensino deportivo en que se impartirá a docencia:

a) A docencia dos módulos do bloque común que constitúen as ensinanzas deportivas dos ciclos desenvolvidos neste decreto correspóndelle ao profesorado do corpo de profesores/as de ensino secundario e do corpo de catedráticos/as de ensino secundario, segundo proceda, das especialidades establecidas no anexo X.

b) A docencia dos módulos do bloque específico que constitúen as ensinanzas deportivas dos ciclos desenvolvidos neste decreto está especificada no anexo XI-A, e corresponde a:

1º. Profesorado especialista que posúa, segundo corresponda, o título de técnico deportivo superior en Hípica, o título de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre, ou aquel non titulado que acredite a experiencia no ámbito laboral e deportivo, ou a experiencia docente, detalladas no anexo XI-B.

2º. Profesorado dos corpos de profesores/as de ensino secundario e catedráticos/as de ensino secundario coa especialidade en educación física e que posúa o título de técnico deportivo superior en Hípica ou o título de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre, segundo corresponda.

Artigo 31. Requisitos de titulación do profesorado en centros de titularidade privada ou de titularidade pública de administracións distintas á consellería con competencias en materia de educación

As titulacións requiridas para a impartición dos módulos tanto do bloque común como do bloque específico que forman os ciclos desenvolvidos neste decreto, para o profesorado dos centros de titularidade privada ou de titularidade pública de administracións distintas á consellería con competencias en materia de educación, concrétanse no anexo XII.

CAPÍTULO VII
Vinculación a outros estudos

Artigo 32. Acceso a outros estudos

Os títulos de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Saltos, Doma e Concurso Completo, e técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre permitirán o acceso directo a todas as modalidades de bacharelato.

Artigo 33. Validación das ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

1. En materia de validacións aplicarase ao disposto no artigo 34.1 do Real decreto 933/2010, do 23 de xullo.

2. A correspondencia dos módulos de ensino deportivo que forman os títulos de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre coas unidades de competencia para a súa acreditación queda determinada no anexo XIII-A.

3. A correspondencia das unidades de competencia cos módulos de ensino deportivo que forman os títulos de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre para a súa validación ou exención queda determinada no anexo XIII-B.

4. Serán obxecto de validación os módulos comúns e específicos de ensino deportivo coa mesma denominación e o mesmo código.

5. A superación da totalidade dos módulos do bloque común do primeiro ou segundo nivel, en calquera das modalidades ou especialidades deportivas dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, validarase pola totalidade dos módulos do bloque común do correspondente ciclo inicial de grao medio en Hípica, ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Saltos, Doma e Concurso Completo, ou ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre. A superación da totalidade dos módulos do bloque común dos ciclos inicial de grao medio en Hípica, ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Saltos, Doma e Concurso Completo, ou ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre validarase pola totalidade dos módulos do bloque común, do correspondente nivel, dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Artigo 34. Exención do módulo de formación práctica

Poderá ser obxecto de exención total ou parcial o módulo de formación práctica dos ciclos desenvolvidos neste decreto, en función da súa correspondencia coa experiencia nos ámbitos deportivo ou laboral, que se detalla no anexo XIV.

Artigo 35. Correspondencia formativa dos módulos de ensino deportivo coa experiencia docente

1. A correspondencia formativa entre os módulos de ensino deportivo dos ciclos desenvolvidos neste decreto e a experiencia docente acreditable das formacións anteriores de adestradores/as deportivos/as a que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, e as formacións de adestradores/as a que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, establécese no anexo XV.

2. A correspondencia formativa será aplicada polos centros seguindo o procedemento establecido pola consellería competente en materia de educación.

Artigo 36. Correspondencia formativa dos módulos de ensino deportivo coa experiencia deportiva

1. A correspondencia formativa entre os módulos de ensino deportivo dos ciclos desenvolvidos neste decreto e a experiencia deportiva acreditable nesta modalidade deportiva establécese no anexo XVI.

2. A correspondencia formativa será aplicada polos centros seguindo o procedemento establecido pola consellería competente en materia de educación.

Disposición adicional primeira. Oferta a distancia dos módulos de ensino deportivo dos títulos de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

Os módulos de ensino deportivo que se establecen no anexo XVII poderán ofrecerse a distancia, sempre que se garanta que o/a alumno/a poida conseguir os seus resultados de aprendizaxe, de acordo co disposto neste decreto. Para iso, a consellería competente en materia de educación, no ámbito das súas competencias, adoptará as medidas que considere necesarias e ditará as instrucións precisas.

Disposición adicional segunda. Clave identificativa dos certificados de superación do ciclo inicial

A clave identificativa dos certificados oficiais acreditativos da superación do ciclo inicial de grao medio en Hípica a que fai referencia o artigo 15.4 do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, é:

a) Certificación académica oficial: CA.

b) Díxito da comunidade autónoma: 11.

c) Díxitos de modalidade deportiva: HIHI.

Disposición adicional terceira. Medidas de apoio ao profesorado

A consellería competente en materia de educación preverá medidas de apoio ao profesorado, nomeadamente na formación permanente e na investigación e innovación nesta etapa educativa, para contribuír ao mellor desenvolvemento e aplicación do currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes aos títulos de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

Disposición adicional cuarta. Mobilidade do alumnado

De acordo coa previsión contida no artigo 35.3 do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, a ordenación académica dos ciclos das ensinanzas deportivas posibilitará a opción de matriculación en réxime presencial ou a distancia do alumnado que teña superado algún módulo deportivo noutra comunidade autónoma e non teña esgotado o número de convocatorias establecido, para o cal poderá realizar matrícula parcial nos módulos que teñan pendentes.

Disposición adicional quinta. Non regulación de profesión titulada

De conformidade co establecido no Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, os elementos recollidos neste decreto non constitúen unha regulación do exercicio de profesión titulada ningunha.

Disposición transitoria primeira. Prazo para solicitar a homologación, a validación e a equivalencia das formacións a que se refire a disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, na modalidade de Hípica

As solicitudes de homologación, validación e equivalencia para efectos profesionais, das formacións de adestradores/as a que se refire a disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, poderanas formular individualmente as persoas interesadas, para a modalidade de Hípica, dentro do prazo de 10 anos que empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado, dos criterios comúns da modalidade, segundo se establece no número 3 da disposición transitoria segunda do Real decreto 933/2010, do 23 de xullo.

Disposición transitoria segunda. Perfil dos/das avaliadores/as das probas de carácter específico

Ata o momento da publicación no Boletín Oficial del Estado dos criterios comúns das disciplinas hípicas, reguladas no Real decreto 933/2010, do 23 de xullo, para os efectos de homologación, validación e equivalencia profesional, segundo se establece no número 2 da disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, poderá ser avaliador/a das probas de carácter específico quen estea en disposición de homologar ou tramitar a equivalencia profesional a técnico deportivo superior en Hípica, desde formacións ás cales se refire a disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, e da disposición transitoria primeira dos reais decretos 1913/1997, do 19 de decembro, e 1363/2007, do 24 de outubro.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira primeira. Referencia dos títulos de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre ao Catálogo nacional de cualificacións profesionais

No momento da publicación no Boletín Oficial del Estado das correspondentes cualificacións profesionais das disciplinas hípicas incluídas nos títulos obxecto do Real decreto 933/2010, do 23 de xullo, será de aplicación, en relación coas cualificacións e, de ser o caso, coas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, o disposto nos artigos 6, 9, 16 e nos números 2 e 3 do artigo 33, sempre que as unidades de competencia manteñan o seu nivel.

Disposición derradeira segunda. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de educación, no relativo á organización e ás materias propias do seu departamento, para ditar cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento do decreto.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de decembro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Distribución horaria

Ciclo inicial de grao medio en Hípica

Carga horaria

RAE-HIHI101. Proba de carácter específico para o acceso ás ensinanzas de ciclo inicial de grao medio en Hípica.

240 h

Carga horaria

Bloque común

Teóricas

Prácticas

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

10 h

5 h

MED-C102. Primeiros auxilios.

20 h

10 h

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

10 h

--

MED-C104. Organización deportiva.

15 h

--

Total

70 h

Carga horaria

Bloque específico

Teóricas

Prácticas

MED-HIHI102. Transporte e mantemento físico do cabalo pé a terra.

10 h

--

MED-HIHI103. Hipoloxía.

20 h

--

MED-HIHI104. Metodoloxía do ensino da hípica.

40 h

--

MED-HIHI105. Acompañamento por itinerarios a cabalo.

20 h

--

MED-HIHI106. Eventos hípicos.

20 h

--

MED-HIHI107. Formación práctica.

--

200 h

Total

310 h

Total ciclo inicial (RAE-HIHI101 + BC + BE)

620 h

Ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo

Carga horaria

RAE-HISD201. Proba de carácter específico para o acceso ás ensinanzas de ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo.

180 h.

Carga horaria

Bloque común

Teóricas

Prácticas

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

25 h

10 h

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

40 h

10 h

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

10 h

5 h

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

15 h

--

MED-C205. Xénero e deporte.

10 h

--

Total

125 h.

Carga horaria

Bloque específico

Teóricas

Prácticas

MED-HIHI202. Ensinanza e tecnificación hípica.

60 h

--

MED-HIHI203. Bases do adestramento deportivo do cabalo.

40 h

--

MED-HIHI204. Preparación física do/da xinete.

15 h

--

MED-HIHI205. Paraecuestre.

15 h

--

MED-HIHI206. Organización de eventos hípicos.

5 h

--

MED-HISD207. Perfeccionamento técnico en salto.

20 h

60 h

MED-HISD208. Perfeccionamento técnico en doma.

20 h

60 h

MED-HISD209. Perfeccionamento técnico en concurso completo.

20 h

60 h

MED-HISD210. Formación práctica.

150 h

Total

525 h

Total ciclo final (RAE-HISD201 + BC + BE)

830 h

Total do título de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo

1.450 h

Ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

Carga horaria

Bloque común

Teóricas

Prácticas

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

25 h

10 h

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

40 h

10 h

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

10 h

5 h

MED-C204. Organización e lexislación.

15 h

--

MED-C205. Xénero e deporte.

10 h

--

Total

125 h

Carga horaria

Bloque específico

Teóricas

Prácticas

MED-HIHI202. Ensinanza e tecnificación hípica.

60 h

--

MED-HIHI203. Bases do adestramento deportivo do cabalo.

40 h

--

MED-HIHI204. Preparación física do/da xinete.

15 h

--

MED-HIHI205. Paraecuestre.

15 h

--

MED-HIHI206. Organización de eventos hípicos.

5 h

--

MED-HITE211. Perfeccionamento técnico en raid.

30 h

50 h

MED-HITE212. Perfeccionamento técnico en trec.

30 h

50 h

MED-HITE213. Organización de itinerarios ecuestres.

30 h

30 h

MED-HITE214. Medio natural.

15 h

15 h

MED-HITE215. Formación práctica.

150 h

Total

535 h

Total ciclo final (BC + BE)

660 h

Total do título de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

1.280 h

ANEXO II
Obxectivos xerais e módulos de ensino deportivo do ciclo inicial
de grao medio en Hípica

Obxectivos xerais:

a) Executar técnicas básicas de equitación propias deste nivel, coa seguridade suficiente e tomando conciencia do realizado, para servir de modelo no proceso de ensino e aprendizaxe da iniciación á equitación.

b) Establecer e transmitir a información sobre a actividade, e recoller a información sobre os/as xinetes, analizando as características da información e aplicando procedementos establecidos, para atender e motivar os/as xinetes.

c) Analizar a execución técnica no nivel de iniciación, utilizando procedementos establecidos e comparando a execución técnica cos estándares propios da iniciación á equitación, para valorar a execución dos/das xinetes, determinar o seu nivel e concretar o agrupamento.

d) Interpretar e adaptar a programación de referencia e a organización da sesión, utilizando criterios de elección e temporalización das tarefas, discriminando a información sobre as características do grupo e as condicións materiais existentes, para concretar a sesión de ensino e aprendizaxe da iniciación á equitación, todo iso dentro da transmisión de valores de práctica saudable e do respecto e do coidado do cabalo e de si mesmo/a.

e) Elixir e demostrar as técnicas de dirección e procedementos de control das continxencias, aplicando instrumentos de observación e control e resolvendo supostos, para dinamizar sesións de ensino e aprendizaxe de iniciación á equitación.

f) Seleccionar, comprobar e axustar os medios materiais e as instalacións da iniciación á equitación, aplicando os procedementos establecidos e operando cos instrumentos de reparación e mantemento, para facilitar a dispoñibilidade dos medios e a súa axeitada utilización, nas mellores condicións de seguridade e consonte a normativa ambiental.

g) Identificar as condicións de seguridade das instalacións e dos medios propios da iniciación deportiva á equitación, aplicando procedementos establecidos e a normativa, para controlar a seguridade na práctica da equitación.

h) Elixir e demostrar as técnicas de axuda e rescate, aplicando os procedementos establecidos, para intervir en situacións de risco.

i) Describir, preparar e executar os primeiros auxilios, identificando as características dos supostos e aplicando os protocolos establecidos, para asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

j) Identificar as características das competicións e os eventos hípicos propios da iniciación á equitación, analizando o regulamento e as bases de competición, para seleccionar os/as xinetes en función do seu nivel e das súas características.

k) Identificar e describir os procesos de inscrición e acompañamento de xinetes, así como os aspectos técnicos e tácticos da competición e eventos hípicos propios da iniciación á equitación, analizando supostos, aplicando os procedementos establecidos e tendo en conta a normativa e os protocolos, para acompañar e dirixir deportistas en competicións hípicas de nivel de iniciación.

l) Describir, elixir e demostrar as técnicas e as estratexias de acompañamento de persoas por itinerarios a cabalo, aplicando procedementos de observación, control e dinamización, e resolvendo supostos.

m) Identificar e describir as características organizativas das competicións e os eventos hípicos propios da iniciación á equitación, enumerando os medios e os recursos materiais e humanos necesarios, para colaborar e intervir na organización e na xestión deste tipo de eventos.

n) Identificar os procedementos, as técnicas básicas e os materiais necesarios, e describir os principios para alimentar, manter e realizar o manexo, os coidados básicos, a hixiene e os primeiros auxilios dos cabalos.

ñ) Identificar e describir as variables que interveñen no desenvolvemento da actividade, aplicando os procedementos establecidos e clasificando a información obtida, para valorar o desenvolvemento das actividades propias da iniciación á equitación.

o) Identificar e describir as características do proceso de adquisición de valores e actitudes, sendo consciente e argumentando os efectos que provocan nos/nas xinetes, para transmitir valores propios da actividade deportiva a través do comportamento ético persoal.

p) Recoñecer e promover os valores de compromiso, traballo ben feito e aprendizaxe constante, e describir as actitudes que reflicten estes valores, para manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no desempeño do seu labor como persoal técnico.

q) Identificar e describir os principios que fundamentan o traballo en equipo, con consciencia da importancia do liderado e a comunicación, para manter a iniciativa e a autonomía dentro do grupo de traballo.

r) Identificar o carácter e as aptitudes do cabalo de escola, e propor tarefas para a súa corrección, co fin de preparar os cabalos para a súa monta en actividades de iniciación, en condicións de seguridade.

Módulo común de ensino deportivo: Bases do comportamento deportivo

Código: MED-C101

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Identifica as características motrices, psicolóxicas, afectivas e sociais das persoas, en relación cos estadios madurativos da infancia.

a) Describíronse estadios madurativos da infancia e identificáronse as particularidades de cada un.

b) Aplicáronse técnicas elementais de recollida de información para a obtención de datos relevantes da persoa.

c) Identificáronse as motivacións e os intereses característicos das persoas na etapa da infancia.

d) Describíronse as características dos rapaces e das rapazas a nivel motor e psicolóxico na primeira etapa do proceso de aprendizaxe motora.

e) Demostrouse interese por respectar o desenvolvemento natural e saudable do/da deportista acorde co seu estado madurativo.

f) Valorouse a importancia de que a persoa conte con diversidade e variabilidade de experiencias físico-deportivas nestes estadios e de evitar unha especialización precoz.

2. Atende o/a deportista aplicando diferentes técnicas de comunicación e motivación, e describe estas técnicas.

a) Identificáronse as técnicas de comunicación verbal e non verbal que se poden utilizar, tendo en conta o contexto deportivo.

b) Elixíronse as técnicas de comunicación e a disposición espacial do material e do alumnado máis oportunas no intercambio de información.

c) Identificáronse formas de captar a información e de tomar unha decisión a partir desta.

d) Identificáronse as principais barreiras e interferencias que dificultan a comunicación.

e) Valorouse a importancia de contar con habilidades comunicativas e sociais nas relacións interpersoais.

f) Valorouse a importancia de utilizar unha linguaxe que respecte a equidade dos sexos.

g) Empregáronse técnicas e estratexias comunicativas na presentación das tarefas propostas, logrando unha maior participación e motivación.

h) Valorouse a importancia de manter a motivación e a satisfacción de todas as persoas como elemento clave para a súa fidelización coa práctica deportiva e a prevención do abandono en etapas posteriores.

i) Demostrouse interese por valorar o proceso de aprendizaxe por riba do resultado obtido.

j) Valorouse a autonomía, a espontaneidade e a creatividade dos/das rapaces/as deportistas na iniciación deportiva.

3. Conduce o grupo aplicando dinámicas de grupo e estratexias para a resolución de conflitos previamente seleccionadas, en función das características do contexto.

a) Describíronse as características fundamentais do grupo na iniciación deportiva, atendendo especialmente a factores de relación social e de sexo.

b) Describíronse as principais fontes de conflito na sesión, tanto individuais como de grupo.

c) Aplicáronse estratexias de recollida de información que permitan coñecer mellor o grupo.

d) Aplicáronse dinámicas de grupo baseadas na aprendizaxe cooperativa e no traballo en equipo.

e) Utilizáronse estratexias de resolución de conflitos no grupo promovendo e transmitindo valores de respecto, sinceridade, empatía, compromiso e igualdade de xénero.

f) Valorouse a importancia dunha actitude tolerante e de empatía para conseguir a confianza do grupo.

g) Demostrouse interese por respectar os intereses das persoas, evitando os prexuízos e valorando os elementos de diferenciación individuais (emocións, sentimentos, personalidade, sexo, características morfolóxicas, orixe cultural, clase social, etc.).

h) Describíronse os aspectos do ámbito familiar e do contexto social que exercen unha influencia positiva ou negativa na iniciación deportiva dos rapaces e as rapazas.

i) Aplicáronse estratexias e técnicas axeitadas para corrixir actitudes negativas do ámbito familiar ou do contexto social na iniciación deportiva.

j) Analizouse a importancia dos valores positivos da familia e do contexto social na práctica deportiva.

4. Transmite valores persoais e sociais aplicando as técnicas axeitadas e reflexionando sobre as propias actitudes e os propios comportamentos.

a) Describíronse os valores persoais e sociais que se poden transmitir a través do deporte.

b) Valorouse a importancia de ser un modelo ético de referencia nos/as deportistas durante a iniciación deportiva.

c) Reflexionouse sobre os propios prexuízos e estereotipos, incluídos os sexuais.

d) Demostrouse interese por educar eticamente e moralmente a través do deporte.

e) Identificáronse e describíronse estratexias de transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

f) Identificáronse estratexias de fomento da coeducación.

g) Valorouse a importancia do respecto polo xogo limpo, por si mesmo/a, polas demais persoas e polo contorno durante a práctica deportiva.

h) Valorouse a importancia de defender e manter o carácter lúdico da práctica deportiva.

Contidos básicos

1. Identifica as características motrices, psicolóxicas, afectivas e sociais das persoas, en relación cos estadios madurativos da infancia.

• Desenvolvemento persoal dos rapaces e das rapazas na iniciación deportiva.

– Crecemento, maduración e desenvolvemento.

– Patróns motores básicos na infancia.

– Características motrices, psicolóxicas, afectivas e sociais dos rapaces e das rapazas.

• Técnicas elementais de recollida de información a partir da teoría do procesamento da información.

• Actividade físico-deportiva nos estadios madurativos da infancia.

• Iniciación deportiva.

•Diversidade e variabilidade de experiencias deportivas na iniciación e os seus efectos positivos sobre o desenvolvemento motor.

• Respecto polos estados madurativos e as diferenzas interindividuais e intraindividuais.

2. Atende o/a deportista aplicando técnicas de comunicación e motivación, e describe estas técnicas.

• Motivacións e actitudes propias da infancia ante a práctica deportiva.

– Motivacións intrínsecas e extrínsecas.

– Teoría de metas de logro.

– Principais motivos de abandono nos/nas rapaces/as deportistas. Trascendentalización competitiva.

– Estratexias para fomentar a participación, a motivación e a satisfacción como elementos clave para a fidelización deportiva, atendendo ás diferenzas sexuais.

– Valoración do proceso de aprendizaxe por riba do resultado deportivo.

– Valoración da actitude do alumnado por riba da súa aptitude.

• Proceso de comunicación: elementos, tipos e dificultades.

– Técnicas de comunicación: verbal e non verbal.

– Valoración comunicativa do contexto: elementos facilitadores e obstáculos e inhibidores no proceso de comunicación.

– Disposición do espazo e do alumnado para a mellora da comunicación na sesión deportiva.

– Información inicial e retroalimentación na sesión deportiva.

– Habilidades comunicativas, persoais e sociais nas relacións interpersoais.

– Uso non sexista da linguaxe.

3. Conduce o grupo aplicando dinámicas de grupo e estratexias para a resolución de conflitos previamente seleccionadas, en función das características do contexto.

• Fontes de conflito no grupo deportivo.

– Falta de confianza mutua.

– Competitividade e liderado.

– Discriminación por razóns de sexo e de capacidade; actitudes xenófobas.

– Diverxencia de intereses individuais en rapaces e en rapazas.

• Dinámica de grupos na iniciación deportiva e a súa importancia.

– Condución de dinámicas orientadas á valoración sociolóxica do grupo: dinámicas de presentación e coñecemento do grupo; técnicas sociométricas.

• Condución de dinámicas de grupo orientadas ao traballo cooperativo e á resolución de conflitos.

– Dinámicas de autocoñecemento para a afirmación persoal e a autoconfianza.

– Dinámicas socioafectivas para crear confianza mutua.

– Dinámicas de traballo en equipo: de responsabilidade grupal, de toma de decisións por consenso e de eficiencia no traballo en grupo.

– Dinámicas de resolución de conflitos en pequenos grupos para a identificación e para a solución do problema.

• Modelos de intervención do persoal técnico nos grupos de iniciación deportiva: autoritario, permisivo e democrático.

• Actitudes e influencia do contexto familiar na iniciación deportiva.

– Contextos familiares que exercen unha influencia positiva na iniciación deportiva de rapaces e rapazas.

– Condutas e actitudes negativas máis frecuentes protagonizadas por familiares na iniciación deportiva:

- Excesiva presión competitiva sobre os/as fillos/as.

- Comportamentos e actitudes agresivas e violentas.

- Interferencias co persoal técnico deportivo.

• Estratexias de intervención no ámbito familiar durante a iniciación deportiva. Entrevista cos/coas responsables legais do/da deportista.

4. Transmite valores persoais e sociais aplicando as técnicas axeitadas e reflexionando sobre as propias actitudes e comportamentos.

• Deporte como transmisor de valores persoais e sociais positivos e negativos.

– Responsabilidade do persoal técnico deportivo na transmisión de valores éticos no deporte e na evitación dos contravalores.

– Superación da idea de bondade natural do deporte en canto á transmisión de valores éticos.

– Condutas inmorais máis frecuentes na práctica deportiva.

– Xogo limpo e deportividade (condutas éticas na práctica deportiva).

– Técnicas e estratexias para o desenvolvemento de valores no deporte: reflexión, establecemento de normas consensuadas, desenvolvemento do xuízo moral, autocontrol da conduta, análise, desenvolvemento da empatía e comprensión crítica de temas eticamente salientables e encontros de grupo.

– Autoavaliación e reflexión dos propios prexuízos e estereotipos persoais, incluídos os sexuais.

Módulo común de ensino deportivo: Primeiros auxilios

Código: MED-C102

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Realiza unha valoración inicial aplicando técnicas de valoración segundo protocolos establecidos, en relación cos principios de anatomía e fisioloxía.

a) Identificáronse e tomáronse as constantes vitais.

b) Identificáronse e describíronse os protocolos de valoración para seguir en cada caso.

c) Identificáronse e describíronse as lesións óseas e articulares, así como os síntomas e os mecanismos de produción.

d) Identificáronse e describíronse as lesións musculares e tendinosas, así como os síntomas e os mecanismos de produción.

e) Identificáronse e describíronse os tipos de traumatismos.

f) Describíronse as bases anatomofisiolóxicas dos primeiros auxilios.

g) Identificáronse e describíronse as lesións provocadas por outros axentes externos (frío, calor, e axentes químicos e biolóxicos), así como os síntomas e os mecanismos de produción.

h) Utilizouse a terminoloxía médico-sanitaria elemental relacionada cos primeiros auxilios.

i) Identificouse a secuencia de actuación segundo o protocolo establecido polo Comité de Coordinación Internacional sobre Resucitación (ILCOR).

2. Aplica as técnicas de primeiros auxilios tendo en conta a relación entre o tipo de lesión e o protocolo establecido en cada caso.

a) Aplicáronse técnicas de primeiros auxilios adecuadas a cada tipo de lesión.

b) Identificáronse e describíronse os protocolos de primeiros auxilios e inmobilización, segundo a lesión.

c) Identificáronse os medios materiais de aplicación de primeiros auxilios (caixa de primeiros auxilios, etc.).

d) Describíronse as repercusións dunha incorrecta aplicación das técnicas de primeiros auxilios e do traslado da persoa accidentada.

e) Aplicáronse técnicas de inmobilización para o traslado da persoa accidentada.

3. Aplica técnicas de soporte vital segundo o protocolo básico establecido, identifica a súa instrumentación e describe as súas fases.

a) Detallouse a instrumentación básica para o soporte vital recoñecendo as súas partes e mecanismos de funcionamento.

b) Describíronse os fundamentos de resucitación cardiopulmonar básica.

c) Aplicáronse técnicas de apertura de vía aérea.

d) Aplicáronse técnicas de soporte ventilatorio.

e) Aplicáronse técnicas de soporte circulatorio.

f) Realizouse desfibrilación externa semiautomática (DESA).

g) Aplicáronse medidas de posreanimación.

h) Recoñecéronse aquelas situacións en que se desaconsella a intervención e posterior evacuación, e detalláronse as súas características.

i) Valorouse a importancia de aplicar con precisión os protocolos establecidos.

4. Aplica técnicas de autocontrol e de apoio psicolóxico á persoa accidentada e a acompañantes, aplicando as estratexias de comunicación máis axeitadas, e describe esas estratexias.

a) Describíronse e aplicáronse técnicas básicas de apoio psicolóxico.

b) Describíronse e aplicáronse técnicas básicas de autocontrol.

c) Aplicáronse estratexias básicas de comunicación en situacións de prestación de primeiros auxilios.

d) Describíronse os posibles estados emocionais das persoas accidentadas.

e) Valorouse a importancia de autocontrolarse ante situacións de estrés.

f) Describíronse os factores que predispoñen para a ansiedade en situacións de accidente ou emerxencias.

g) Describíronse e aplicáronse técnicas para controlar situacións de tensión ambiental.

5. Aplica técnicas para o control do contorno, en relación cos protocolos establecidos e a organización do sistema de emerxencias.

a) Determináronse as técnicas que se poden utilizar cando o contorno xera determinados niveis de risco.

b) Describíronse os protocolos de actuación oportunos para establecer un contorno seguro e emocionalmente estable.

c) Determináronse as técnicas para utilizar en relación co risco do contorno.

d) Aplicáronse normas e protocolos de seguridade e de autoprotección persoal.

e) Definíronse os conceptos de urxencia, emerxencia e catástrofe.

f) Describiuse a organización dos sistemas de emerxencia.

Contidos básicos

1. Realiza unha valoración inicial aplicando técnicas de valoración segundo protocolos establecidos, en relación cos principios de anatomía e fisioloxía.

• Signos e síntomas de urxencia.

• Valoración do nivel de consciencia.

• Toma de constantes vitais.

• Protocolos de exploración elementais.

• Terminoloxía médico-sanitaria en primeiros auxilios.

• Protocolo de transmisión da información.

• Signos de compromiso vital en persoas adultas, nenos/as e lactantes.

• Métodos e materiais de protección da zona.

• Bases anatomofisiolóxicas relacionadas cos primeiros auxilios (ósos, articulacións e músculos): concepto, características, clasificación e localización a nivel básico ou elemental.

• Valoración básica en lesións por traumatismos e por axentes físicos, químicos e biolóxicos.

• Valoración básica ante unha patoloxía orgánica de urxencia.

2. Aplica as técnicas de primeiros auxilios tendo en conta a relación entre o tipo de lesión e o protocolo establecido en cada caso.

• Caixa de primeiros auxilios.

• Aplicación dos primeiros auxilios.

• Seguridade na aplicación das técnicas utilizadas.

• Aplicación de procedementos de inmobilización e mobilización.

3. Aplica técnicas de soporte vital, identifica a súa instrumentación e describe as súas fases, segundo o protocolo básico establecido.

• Control da permeabilidade das vías aéreas.

• Resucitación cardiopulmonar básica.

• Desfibrilación externa semiautomática (DESA).

• Valoración básica da persoa accidentada.

• Atención inicial en lesións por axentes físicos (traumatismos, calor ou frío, electricidade e radiacións).

• Atención inicial en lesións por axentes químicos e biolóxicos.

• Atención inicial en patoloxía orgánica de urxencia.

• Actuación limitada no marco das súas competencias.

4. Aplica técnicas de autocontrol e de apoio psicolóxico á persoa accidentada e a acompañantes, aplicando as estratexias de comunicación máis axeitadas, e describe estas estratexias.

• Apoio psicolóxico a pacientes.

• Primeiros auxilios psicolóxicos. Comportamento da poboación ante unha catástrofe.

• Estratexias básicas de comunicación.

• Valoración do papel do/da primeiro/a interveniente.

• Técnicas facilitadoras da comunicación interpersoal.

• Factores que predispoñen para a ansiedade en situacións de accidente ou emerxencia.

5. Aplica técnicas para o control do contorno en relación cos protocolos establecidos e a organización do sistema de emerxencias.

• Sistemas de emerxencias.

• Obxectivos e límites dos primeiros auxilios.

• Marco legal, responsabilidade e ética profesional.

• Normas e protocolos de seguridade e de autoprotección persoal.

• Técnicas de primeiros auxilios en relación ao risco do contorno.

• Protocolos de alerta.

Módulo común de ensino deportivo: Actividade física adaptada e discapacidade

Código: MED-C103

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Identifica as principais discapacidades describindo as características básicas destas e relacionándoas coa práctica deportiva.

a) Describíronse as principais causas da discapacidade física, intelectual e sensorial.

b) Determináronse os beneficios que xera a práctica de actividades físicas adaptadas nas persoas con discapacidade.

c) Recoñecéronse as limitacións na práctica e os condicionantes fundamentais segundo o tipo de discapacidade.

d) Valorouse a vivencia persoal do que supón a discapacidade en situacións simuladas, usando contornos restritivos a nivel perceptivo, decisional e motriz.

e) Describíronse as posibilidades das axudas técnicas básicas segundo a discapacidade.

f) Aplicáronse procedementos básicos de identificación e recoñecemento da discapacidade mediante a observación das características morfolóxicas e funcionais do/da deportista.

g) Valorouse a importancia do recoñecemento das capacidades do/da deportista, máis alá das limitacións que poida presentar pola súa discapacidade.

h) Identificáronse os principais programas de iniciación deportiva dirixidos ás persoas con discapacidade.

2. Informa as persoas con discapacidade sobre as prácticas deportivas, describindo as técnicas de comunicación específicas e identificando as limitacións que poden presentarse na súa iniciación.

a) Describiuse a terminoloxía máis actual en relación coas persoas con discapacidade.

b) Aplicáronse técnicas de recollida de información acerca dos intereses, capacidades, experiencias previas e motivacións das persoas con discapacidade cara á práctica deportiva.

c) Demostrouse interese por non prexulgar as persoas, respectando os seus elementos únicos e diferenciadores: emocións, sentimentos, personalidade, etc.

d) Determináronse e aplicáronse criterios de adaptación das técnicas de comunicación para as principais discapacidades.

e) Describíronse as principais posibilidades de práctica e deportes adaptados segundo o tipo de discapacidade.

f) Valorouse a importancia da participación activa das persoas con discapacidade en contornos/contextos deportivos normalizados.

Contidos básicos

1. Identifica as principais discapacidades e describe as súas características básicas, en relación coa práctica deportiva.

• Características básicas das principais discapacidades físicas, sensoriais e psíquicas.

• Recoñecemento da discapacidade mediante procedementos básicos de observación das características morfolóxicas e funcionais do/da deportista.

• Valoración das posibilidades individuais, máis alá das limitacións que se presenten, segundo a discapacidade.

• Condicionantes derivados dun tipo de discapacidade para a práctica físico-deportiva.

• Recoñecemento e uso fundamental do material deportivo específico e das axudas técnicas básicas.

• Beneficios da práctica deportiva para persoas con discapacidade.

• Programas de iniciación e difusión da práctica deportiva para persoas con discapacidade.

• Vivencia persoal en situacións de práctica restritivas, simulando a discapacidade.

2. Informa as persoas con discapacidade sobre as prácticas deportivas e describe as técnicas de comunicación específicas, identificando as limitacións que poden presentarse na súa iniciación.

• Toma de conciencia dos sentimentos e das actitudes cara a persoas con discapacidade.

• Terminoloxía básica con relación á saúde e á discapacidade.

• Aplicación de técnicas básicas de recollida de información con relación ás características dos/das deportistas con discapacidade.

• Recoñecemento e aplicación de técnicas de comunicación concretas segundo a discapacidade.

• Métodos de comunicación alternativa respecto de persoas con discapacidade.

• Aplicación de exemplos de inclusión deportiva de persoas con discapacidade en contornos normalizados.

• Principais deportes adaptados.

• Importancia da práctica deportiva para a autonomía persoal e integración social de persoas con discapacidade.

• Identificación dos propios prexuízos previos á práctica respecto de persoas con discapacidade.

Módulo común de ensino deportivo: Organización deportiva

Código: MED-C104

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Identifica a organización deportiva local e autonómica en relación coa estrutura administrativa e as súas competencias básicas.

a) Describíronse as formas de organización a nivel local e autonómico en referencia ao ámbito deportivo.

b) Describíronse as competencias e os programas principais das organizacións deportivas locais e autonómicas.

c) Utilizáronse as fontes de información dispoñibles que fan referencia á normativa xurídica deportiva.

d) Utilizouse unha terminoloxía básica adecuada ás estruturas das organizacións deportivas locais e autonómicas, así como da normativa deportiva.

2. Concreta a estrutura do asociacionismo deportivo e identifica os seus elementos e organización.

a) Describíronse as competencias, as funcións e as formas de organización das federacións deportivas autonómicas.

b) Describíronse as formas de asociacionismo deportivo a nivel local e autonómico.

c) Identificáronse as características do asociacionismo deportivo.

d) Describíronse as vías de apoio ao asociacionismo deportivo por parte da Administración local e autonómica.

e) Cubriuse a documentación básica para a procura de apoios ao asociacionismo deportivo e describíronse os procedementos que esa documentación debe seguir.

f) Valorouse a importancia do apoio institucional ao desenvolvemento do asociacionismo deportivo e a potenciación do asociacionismo feminino como medio de promoción da práctica da actividade físico-deportiva nas mulleres.

Contidos básicos

1. Identifica a organización deportiva local e autonómica en relación coa estrutura administrativa e as súas competencias básicas.

• Lexislación básica de ámbito estatal e autonómico.

– Marco competencial do deporte.

– Interpretación da lexislación deportiva básica: obxectivo e rango da norma.

• Estrutura administrativa e organizativa do deporte.

– Estrutura autonómica do deporte.

– Identificación das características esenciais das estruturas deportivas no ámbito local de servizos e padroados municipais, sociedades públicas, organismos de deputacións, clubs e asociacións, etc.

– Aceptación da organización deportiva autonómica e local.

• Fontes de información en normativa xurídica deportiva.

– Terminoloxía básica en normativa deportiva.

– Publicacións oficiais que reflicten a normativa xurídica deportiva.

2. Concreta a estrutura do asociacionismo deportivo e identifica os seus elementos e organización.

• Federacións deportivas autonómicas: competencias, funcións e estrutura organizativa.

• Clubs e asociacións deportivas: tipos; importancia no asociacionismo deportivo.

• Asociacionismo deportivo feminino. Presenza das mulleres na organización deportiva.

• Vías de apoio ao asociacionismo deportivo.

– Administración local e autonómica: tipos e formas de axuda.

– Procedementos para a xestión de apoios ao asociacionismo deportivo nas administracións local e autonómica.

Módulo específico de ensino deportivo: Transporte e mantemento físico do cabalo pé a terra

Código: MED-HIHI102

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Transporta os cabalos de xeito individual e en grupo, aplicando as técnicas adecuadas, e analiza os materiais e os medios de transporte, e as súas condicións de seguridade.

a) Aplicáronse as técnicas de embarque e desembarque dos cabalos nos medios de transporte.

b) Describíronse as principais técnicas de agrupamento e traslado de cabalos en grupo.

c) Identificáronse os medios de transporte de cabalos.

d) Describíronse as características mínimas que deben ter os medios de transporte para o gando equino.

e) Describíronse os requisitos legais para o transporte de cabalos e os períodos de descanso necesarios.

f) Describíronse as precaucións na alimentación antes do transporte do cabalo e durante este.

g) Enumeráronse os materiais e os equipamentos para o acondicionamento e a protección do gando equino durante o transporte.

h) Aplicáronse as técnicas de preparación dun cabalo para o transporte coas proteccións adecuadas ao medio de transporte que se utilice.

i) Describíronse os criterios para a elección do momento de transportar o gando equino en función da época, do clima, do estado dos animais e da duración do transporte, nun suposto práctico.

j) Describíronse os coidados do cabalo posteriores ao transporte.

k) Valorouse a importancia da seguridade no transporte dos cabalos para o seu benestar.

l) Xustificouse a importancia de garantir o benestar do cabalo durante o transporte.

2. Realiza o mantemento físico do cabalo, utilizando técnicas de traballo pé a terra, en relación cos materiais e cos equipamentos necesarios.

a) Describíronse a finalidade e os principios básicos do traballo do cabalo pé a terra.

b) Enumeráronse as formas de traballo do cabalo pé a terra.

c) Describíronse os criterios de adaptación do traballo pé a terra en función das características do cabalo.

d) Identificáronse as características particulares dos materiais e dos equipamentos que se utilizan para o traballo do cabalo pé a terra.

e) Colocáronse e axustáronse ao cabalo os equipamentos necesarios para os traballos pé a terra.

f) Aplicáronse as técnicas de traballo do cabalo á corda, utilizando os medios e os materiais necesarios de acordo cos obxectivos propostos.

g) Aplicáronse as técnicas de traballo con rendas longas, utilizando os medios e os materiais necesarios de acordo cos obxectivos propostos.

h) Aplicáronse as técnicas de traballos á man, utilizando os medios e os materiais necesarios de acordo cos obxectivos propostos.

i) Aplicáronse as técnicas axeitadas para o traballo do cabalo nun camiñador automático.

j) Argumentouse a importancia de manter o estado físico do cabalo.

Contidos básicos

1. Transporta os cabalos de xeito individual e en grupo, aplicando as técnicas axeitadas, e analiza os materiais e os medios de transporte, e as súas condicións de seguridade.

• Medios de transporte de cabalos.

• Normativa e requisitos legais para transporte de cabalos.

• Materiais e equipamentos de protección.

• Técnicas de embarque e desembarque.

• Técnicas de condución con cabalos e plan de viaxe.

• Alimentación antes do transporte e durante el.

• Coidados posteriores ao transporte.

• Medidas de seguridade durante o embarque, o desembarque e o traslado do cabalo.

• Benestar do cabalo durante o seu transporte.

2. Realiza o mantemento físico do cabalo, utilizando técnicas de traballo pé a terra, en relación cos materiais e cos equipamentos necesarios.

• Finalidade e principios do traballo pé a terra.

• Materiais axeitados para os traballos pé a terra.

• Técnicas de traballo pé a terra (en liberdade, á corda, á man, en rendas longas e no camiñador).

• Organización e adaptacións do traballo pé a terra.

• Beneficios do traballo pé a terra.

• Medidas de seguridade no traballo pé a terra.

• Equipamento do cabalo para o traballo pé a terra: colocación e axuste.

Módulo específico de ensino deportivo: Hipoloxía

Código: MED-HIHI103

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Alimenta o cabalo e describe os principios xerais da alimentación, en relación coas necesidades de nutrición do cabalo, aplicando os procedementos de alimentación establecidos.

a) Describíronse os principios xerais de alimentación.

b) Describíronse as características nutritivas dos ingredientes e dos complementos da dieta do cabalo.

c) Enumerouse a relación dos alimentos máis importantes na dieta do cabalo e as súas porcentaxes habituais.

d) Describíronse as necesidades hídricas do cabalo en función da actividade.

e) Calculouse e preparouse a ración conforme un suposto práctico de peso, actividade e idade do cabalo.

f) Identificáronse os métodos de distribución e os lugares de subministración das racións.

g) Describíronse os criterios de respecto polo ambiente na preparación e na distribución da alimentación do cabalo.

h) Preparouse e distribuíuse a ración respectando o ambiente.

i) Valorouse a importancia da alimentación e da rehidratación do cabalo na mellora da súa saúde e do seu rendemento.

j) Xustificouse a importancia do respecto ambiental na preparación e na distribución da alimentación.

2. Aplica os primeiros auxilios do cabalo, en relación cos síntomas de traumatismos, feridas, doenzas e parasitos máis comúns.

a) Enumeráronse as lesións no box, as coxeiras e as doenzas do casco, así como as súas causas máis comúns.

b) Describíronse os protocolos de actuación ante traumatismos e/ou síntomas de doenza nos animais que deben ser tratados de urxencia.

c) Recoñecéronse os produtos que se empregan no tratamento de traumatismos e feridas.

d) Describíronse e recoñecéronse os síntomas de cólico e os seus tipos.

e) Describíronse e recoñecéronse os síntomas das doenzas respiratorias máis comúns.

f) Describíronse e recoñecéronse os síntomas das doenzas transmitidas por picada de insectos (piroplasmose, anemia infecciosa equina, peste equina africana e encefalite equina).

g) Identificáronse os parasitos externos e internos propios do gando equino.

h) Realizouse unha cura de urxencia sobre un suposto de cabalo ferido nalgunha das situacións máis frecuentes (aplicación de vendaxes, corte de hemorraxias, tratamento de contusións e tratamento de estados de shock).

i) Enumeráronse os medios materiais básicos da caixa de primeiros auxilios.

j) Efectuáronse tomas das constantes vitais do cabalo.

k) Valorouse a importancia de aplicar con precisión os protocolos para asegurar o benestar do animal.

l) Valorouse a importancia de impedir a transmisión de doenzas infecciosas.

3. Realiza os coidados básicos ao gando equino, en relación cos principios de anatomía e fisioloxía do cabalo, aplicando as técnicas básicas.

a) Definiuse zooloxicamente o cabalo e describiuse a súa evolución, as súas orixes e a súa historia.

b) Identificáronse e describíronse as rexións externas do cabalo, os seus ósos, as articulacións, os tendóns e os músculos máis importantes.

c) Describiuse a dentición do cabalo, a súa relación coa idade e os principais problemas dentarios.

d) Describíronse os fundamentos dos sistemas nervioso, dixestivo, circulatorio, respiratorio, renal e reprodutor do cabalo.

e) Identificáronse os tipos morfolóxicos dos cabalos de deporte.

f) Enumeráronse as belezas e os defectos de diferentes rexións, a dereitura das extremidades e as taras duras e brandas que afectan a funcionalidade do cabalo de deporte.

g) Describíronse e interpretáronse as características da recensión.

h) Describíronse e recoñecéronse as características das capas do cabalo.

i) Describiuse a ferradura, as súas partes, os tipos e a súa finalidade, así como as ferramentas necesarias para a ferraxe.

j) Recoñecéronse, nun suposto práctico, os tipos de ferraxe dependendo do uso deportivo do cabalo, da dereitura das súas extremidades e das superficies de traballo.

k) Revisouse a ferraxe e aplicáronse as técnicas de axuste necesarias, nun suposto práctico.

l) Recoñecéronse alteracións no movemento natural dos animais que poidan estar asociadas a problemas de ferraxe.

m) Valorouse a importancia dos coidados básicos para manter un cabalo en adecuado estado de saúde.

n) Argumentouse a importancia da revisión periódica do cabalo como factor de prevención.

4. Colabora na aplicación dos tratamentos sanitarios básicos do gando equino e describe os protocolos de vacinación, desparasitación e desinfección establecidos.

a) Describíronse as técnicas utilizadas na toma de mostras ao cabalo.

b) Identificáronse e describíronse os protocolos de actuación na aplicación dos tratamentos sanitarios básicos na vacinación do gando equino.

c) Identificáronse e describíronse os protocolos de actuación na aplicación dos tratamentos sanitarios básicos de desparasitación do gando equino.

d) Identificáronse e describíronse os protocolos de actuación na aplicación dos tratamentos sanitarios básicos de desinfección do gando equino.

e) Recoñecéronse os produtos que se empregan neste tipo de tratamentos.

f) Analizáronse os modos de aplicación dos produtos máis habituais nos tratamentos sanitarios básicos do gando equino.

g) Xustificouse a responsabilidade exclusiva do/da veterinario/a na aplicación dos tratamentos sanitarios ao gando equino.

Contidos básicos

1. Alimenta o cabalo e describe os principios xerais da alimentación, en relación coas necesidades de nutrición do cabalo e aplicando os procedementos de alimentación establecidos.

• Principios xerais de alimentación.

• Obxectivos e necesidades da nutrición.

• Alimentos máis importantes da dieta do cabalo.

• Almacenaxe e conservación.

• Importancia da dieta na saúde e no rendemento deportivo.

• Preparación da ración: pesaxe e medición.

• Cabalos mal comedores.

• Distribución de racións e lugares de subministración segundo a instalación e a actividade.

• Respecto polo ambiente na preparación e na distribución.

2. Aplica os primeiros auxilios do cabalo, en relación cos síntomas de traumatismos, feridas, doenzas e parasitos máis comúns.

• Lesións máis comúns.

• Protocolos de actuación ante traumatismos e/ou síntomas de doenza.

• Doenzas máis comúns.

• Caixa de primeiros auxilios.

• Protocolos de actuación de primeiros auxilios.

• Protocolos de comunicación co/coa veterinario/a.

• Importancia do control de doenzas infecciosas.

3. Realiza os coidados básicos ao gando equino, en relación cos principios de anatomía e fisioloxía do cabalo, aplicando as técnicas básicas.

• Zooloxía do cabalo: evolución e razas.

• Morfoloxía do cabalo.

• Bases anatomofisiolóxicas do cabalo.

• Ferraxe do cabalo. Alteracións do cabalo debidas á ferraxe.

• Importancia dos coidados básicos do cabalo no mantemento da saúde.

• Importancia da revisión periódica do cabalo.

4. Colabora na aplicación dos tratamentos sanitarios básicos do gando equino e describe os protocolos de vacinación, desparasitación e desinfección establecidos.

• Tratamentos sanitarios básicos do cabalo.

• Produtos que se empregan para cada tratamento.

• Toma de mostras: protocolo de actuación.

• Funcións do/da veterinario/a.

• Protocolos de aplicación de tratamentos.

• Toma de conciencia sobre a importancia de seguir o tratamento designado polo/a facultativo/a.

• Protocolo de actuación ante as reaccións provocadas pola aplicación das vacinas.

• Desparasitación: protocolo de actuación.

Módulo específico de ensino deportivo: Metodoloxía do ensino da hípica

Código: MED-HIHI104

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Concreta sesións e actividades de iniciación á equitación, describe as características dunha programación de referencia e identifica as características dos materiais e dos cabalos máis axeitados para os obxectivos e as tarefas.

a) Identificáronse os obxectivos, os medios, os contidos, as orientacións metodolóxicas e as partes dunha sesión, a partir dun suposto dunha sesión programada de iniciación á hípica.

b) Concretáronse as sesións de iniciación á equitación de acordo cun programa de referencia.

c) Elixíronse os medios, os equipamentos e os cabalos necesarios de acordo cos obxectivos dun suposto de sesión de iniciación á equitación.

d) Describíronse as características e os trazos de comportamento que definen un cabalo utilizable en sesións e actividades de acompañamento na iniciación á hípica.

e) Adaptáronse os medios e os cabalos ás características dos/das alumnos/as, de acordo co seu potencial de motivación.

f) Describíronse procedementos de selección do material e gando en función dos diversos factores externos de programación de rutas, ambientais e climatolóxicos.

g) Describíronse as medidas de seguridade que se deben adoptar nunha sesión de iniciación á hípica.

h) Prevíronse respostas para afrontar as incidencias que se poidan presentar durante o desenvolvemento dun suposto de sesión de iniciación hípica.

i) Promoveuse a preparación previa da actividade de aprendizaxe ou acompañamento como factor de mellora da calidade.

j) Describíronse os criterios mínimos de calidade que debe ter unha actividade de aprendizaxe ou acompañamento na etapa de iniciación á hípica.

k) Elaborouse o guión dun informe sobre unha actividade de iniciación ou de acompañamento no nivel de iniciación que recolla os aspectos salientables (comportamento dos cabalos, incidencias do material, comportamento dos/das xinetes, etc.).

2. Valora a execución técnica dos/das xinetes nas actividades de iniciación á equitación e describe as etapas de adquisición da técnica en equitación, aplicando técnicas de observación e identificación dos erros tipo desta etapa, e tendo en conta a relación entre os erros e as tarefas de corrección máis usuais.

a) Describíronse os obxectivos técnicos de cada etapa de adquisición da técnica durante a fase de iniciación.

b) Describíronse os aspectos fundamentais das técnicas de equitación na etapa de iniciación, utilizando a terminoloxía axeitada.

c) Elaboráronse tarefas secuenciadas de iniciación á hípica, adaptadas ao obxectivo da sesión e ao nivel do/da xinete.

d) Describíronse os erros máis comúns na execución ocasionados pola conduta do/da xinete.

e) Describíronse os criterios de valoración da execución técnica do/da xinete en relación con condutas anómalas do cabalo.

f) Describíronse os erros máis habituais nas tarefas tipo de iniciación á equitación.

g) Aplicáronse os criterios de avaliación da técnica propios da iniciación á hípica, nun suposto práctico.

h) Elaborouse un protocolo de verificación da técnica de equitación no nivel de iniciación.

i) Enumeráronse as titulacións dos/das xinetes (galopes) con que se define o seu nivel técnico.

j) Describíronse as características de cada galope e os correspondentes criterios de avaliación.

k) Interiorizouse o labor do persoal técnico na corrección e na mellora técnica do binomio.

3. Dirixe xinetes en sesións de iniciación hípica, tendo en conta as relacións entre as disciplinas ecuestres e as técnicas de equitación, aplicando técnicas de control e organización da actividade, en situacións simuladas.

a) Utilizouse unha localización que permita unha correcta percepción e comprensión da información por parte dos/das alumnos/as, nun suposto práctico de actividade de iniciación.

b) Utilizouse unha localización que permita a dirección do grupo durante un suposto de sesión de iniciación á equitación.

c) Describíronse as situacións de aprendizaxe que fan necesaria a demostración da tarefa por parte do persoal técnico.

d) Xustificouse a importancia da demostración das tarefas por parte do persoal técnico como factor de motivación nas actividades de iniciación á equitación.

e) Describíronse as actitudes e as accións de motivación e de dirección máis axeitadas nas sesións de iniciación á equitación.

f) Demostráronse os xestos técnicos de corrección dos erros máis comúns na iniciación á equitación.

g) Describíronse e demostráronse as técnicas de equitación en relación coas súas correspondentes disciplinas ecuestres e sinaláronse os aspectos máis importantes para a súa aprendizaxe.

h) Utilizáronse técnicas para comprobar a comprensión da información por parte dos/das xinetes, nun suposto de actividades de iniciación á equitación ou acompañamento.

i) Argumentouse a importancia dunha atención constante e dunha intervención rápida sobre as incidencias que acontecen nas actividades de aprendizaxe na iniciación á equitación.

4. Observa e asesora o/a xinete durante a competición de iniciación á equitación, e analiza as características técnicas e ambientais das competicións deste nivel, aplicando as técnicas de observación e valoración da execución técnica do/da xinete.

a) Enumeráronse os beneficios da competición de iniciación.

b) Describíronse os instrumentos de observación, valoración e avaliación das competicións de iniciación hípica.

c) Describiuse unha sesión tipo para o quecemento de cabalos e xinetes, atendendo ás necesidades de cada binomio e do seu nivel técnico.

d) Analizáronse as características técnicas dun suposto de percorrido de salto de obstáculos propio da iniciación deportiva á equitación.

e) Analizáronse as características técnicas dun suposto de percorrido de cross propio da iniciación deportiva á equitación.

f) Analizáronse as características técnicas dun suposto de reprise de doma propio da iniciación deportiva á equitación.

g) Describíronse os aspectos para observar na execución técnica dos binomios nunha competición no nivel de iniciación das tres disciplinas olímpicas.

h) Identificáronse os erros na execución técnica e táctica dos binomios nunha competición no nivel de iniciación das tres disciplinas olímpicas.

i) Valorouse a importancia da competición como factor de motivación e de fidelización do/da xinete á práctica da equitación.

5. Dinamiza actividades lúdico-recreativas, describe as actividades máis usuais e explica as súas características e as adaptacións necesarias respecto da dirección das actividades de iniciación á equitación.

a) Describíronse as características da metodoloxía recreativa e as súas consecuencias na actuación do persoal técnico deportivo.

b) Clasificáronse os xogos e as actividades lúdico-recreativas en función das súas características e da súa posible utilización en actividades de iniciación ou acompañamento na iniciación á equitación.

c) Describíronse as características dos xogos e os criterios de modificación que se poden utilizar en función das características dos/das xinetes.

d) Elixíronse e organizáronse as instalacións, os medios e os materiais para un suposto práctico de xogo ou actividade lúdico-recreativa.

e) Informouse do desenvolvemento e das normas de xogo de xeito motivador, ordenado e claro, durante a realización dun suposto práctico.

f) Describíronse as incidencias máis usuais no desenvolvemento dos xogos e das actividades lúdicas, así como o comportamento do persoal técnico ante elas.

g) Establecéronse os procedementos para detectar e solucionar as incidencias presentadas durante o desenvolvemento do xogo.

h) Aplicáronse de forma xustificada as accións para estimular a participación dos/das xinetes nun suposto de actividades lúdico-recreativas, en función das características das persoas participantes.

i) Argumentouse a importancia da satisfacción na iniciación deportiva á equitación.

Contidos básicos

1. Concreta sesións e actividades de iniciación á equitación, describe as características dunha programación de referencia e identifica as características dos materiais e dos cabalos máis axeitados para os obxectivos e as tarefas.

• Programación de actividades de iniciación á actividade hípica.

– Estrutura dun programa de actividades de iniciación hípica e ecuestre.

– Elementos da programación de actividades de iniciación hípica e ecuestre.

– Concreción dos programas operativos a partir de programas de referencia.

• Obxectivos da iniciación hípica. Programa de titulación de xinetes (galopes).

• Estrutura das sesións de iniciación hípica. Medidas de seguridade.

• Desenvolvemento das primeiras sesións da iniciación hípica. Elaboración de fichas acordes coa sesión e obxectivos dos galopes.

• Elección de materiais e cabalos de acordo coa sesión. Características dos cabalos. Criterios de selección para as actividades (cabalos de rolda, doma, saltos, cross e excursións).

• Calidade nas actividades de iniciación á equitación: concepto e criterios (instalacións, servizo, etc.).

• Informe nas actividades de iniciación á equitación: formato e aspectos que debe recoller; importancia na mellora do servizo.

2. Valora a execución técnica dos/das xinetes nas actividades de iniciación á equitación e describe as etapas de adquisición da técnica en equitación, aplicando técnicas de observación e identificación dos erros tipo desta etapa, e tendo en conta a relación entre os erros e as tarefas de corrección máis usuais.

• Principios fundamentais da equitación.

• Etapas na adquisición da técnica de equitación. Primeiras sesións na iniciación hípica. Desenvolvemento de sesións de equitación básica.

• Exames de galopes: criterios de avaliación.

• Desenvolvemento de sesións de equitación: exercicios para a súa mellora e erros máis frecuentes.

– Asento a cabalo, axudas e acordo de axudas.

– Doma: asento de doma, transicións, paradas, círculos, voltas, cambios de man e movementos laterais (ceder á perna).

– Salto de obstáculos: asento en suspensión, equilibrio no salto, punto de batida, laboratorios e barras de tranqueo.

Cross: asento e equilibrio no campo, saltos costa arriba e costa abaixo, banquetas e salto á auga.

• Corrección como factor básico no proceso de ensino e aprendizaxe.

3. Dirixe xinetes en sesións de iniciación hípica, tendo en conta as relacións entre as disciplinas ecuestres e as técnicas de equitación, aplicando técnicas de control e organización da actividade, en situacións simuladas.

• Perfil do/da monitor/ora de equitación.

• Técnicas de control das sesións de iniciación hípica.

– Localización do/da monitor/ora segundo a sesión e os exercicios programados.

• Motivación nas sesións de iniciación hípica.

• Disciplinas ecuestres. Técnicas básicas: interiorización e execución.

• A importancia do persoal técnico para demostrar a técnica da equitación.

4. Observa e asesora o/a xinete durante a competición de iniciación á equitación, e analiza as características técnicas e ambientais das competicións deste nivel, aplicando as técnicas de observación e valoración da execución técnica do/da xinete.

• Competición de iniciación: factor de motivación e de fidelización para a práctica da equitación; beneficios para a formación de xinetes.

• Características de percorridos e reprises na iniciación deportiva á equitación.

• Análise das características técnicas da competición de iniciación á equitación.

• Tácticas de competición na iniciación deportiva á equitación.

• Quecemento antes da competición.

• Asesoramento a xinetes antes da proba, sobre o tipo de quecemento necesario e sobre a táctica que se debe seguir.

• Valoración da actuación de xinetes durante a competición: identificación dos erros técnicos cometidos polos binomios e das súas solucións.

5. Dinamiza actividades lúdico-recreativas, describe as actividades máis usuais e explica as súas características e as adaptacións necesarias respecto da dirección das actividades de iniciación á equitación.

• A equitación como deporte ao aire libre e contacto coa natureza: vantaxes.

• Características das clases de rolda.

• Características dos xogos con ponis e cabalos.

• Xogos para mellorar o equilibrio; asento e confianza dos/das alumnos/as.

• Disciplinas hípicas relacionadas cos xogos (horseball, trec, etc.).

• Metodoloxía no desenvolvemento dos xogos: información e motivación.

• O xogo como factor de motivación do/da xinete na etapa de iniciación á equitación.

Módulo específico de ensino deportivo: Acompañamento por itinerarios a cabalo

Código: MED-HIHI105

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Acompaña por itinerarios ecuestres, para o que analiza os criterios de adaptación do percorrido e aplica as técnicas de comprobación do equipamento e de condución de grupos.

a) Interpretouse a información dunha ruta ecuestre, logo de analizar as súas características técnicas e de seguridade.

b) Clasificáronse os elementos que poden ser causa de perigo ou emerxencia nun itinerario ecuestre.

c) Describíronse as normas básicas de condución viaria a cabalo.

d) Describíronse os criterios de elección dos cabalos en función das características da ruta e das persoas usuarias.

e) Describíronse e aplicáronse os procedementos de comprobación dos equipamentos na condución de grupos por itinerarios ecuestres.

f) Describíronse as técnicas de comunicación específicas para a condución por itinerarios ecuestres.

g) Analizouse a información que debe recibir a persoa usuaria en cada fase dun itinerario ecuestre.

h) Describíronse e aplicáronse os criterios de distribución, organización e control do grupo, ritmo de marcha e manobras de apoio durante a realización dos itinerarios ecuestres.

i) Relacionáronse as posibles continxencias durante a condución dun itinerario ecuestre coas accións de control e intervención do persoal técnico.

j) Describíronse as características dos puntos de reunión do grupo ante situacións de risco e o comportamento das persoas usuarias.

k) Describíronse os criterios de valoración dunha actividade de acompañamento por itinerarios ecuestres.

l) Realizáronse a análise crítica, a valoración e a proposta de mellora dun suposto de actividade realizada.

m) Valorouse a importancia dunha actitude asertiva e empática por parte do persoal técnico no acompañamento de deportistas por itinerarios ecuestres.

2. Orienta nas actividades de condución por itinerarios ecuestres, para o cal interpreta a información cartográfica, manexa sistemas de orientación e aplica técnicas de orientación.

a) Describíronse os procedementos para a orientación do mapa e o cálculo das distancias e os tempos sobre a base dos accidentes do terreo.

b) Describíronse as características e a sinalización de diferentes tipos de rutas (vías pecuarias, calzadas, grande e pequeno percorrido, etc.).

c) Identificáronse e recoñecéronse sobre o mapa os elementos naturais máis característicos.

d) Localizáronse nun mapa de referencia as zonas de abastecemento de auga para o cabalo.

e) Identificáronse os accidentes xeolóxicos e as estruturas construídas polas persoas que aparezan representadas no mapa, durante unha simulación de itinerario ecuestre.

f) Situáronse sobre o mapa e localizáronse sobre o terreo os puntos críticos ou as referencias que permitan confirmar que se está no percorrido establecido, durante unha simulación de itinerario ecuestre.

g) Describíronse as técnicas empregadas en orientación en condicións de mala visibilidade, utilizando mapa, compás altímetro e sistemas de posicionamento global (GPS).

h) Calculáronse rumbos e acimuts utilizando o mapa, o compás, o GPS e o altímetro, durante unha simulación de itinerario ecuestre.

i) Calculáronse as coordenadas de puntos de referencia do percorrido para as introducir no GPS, durante unha simulación de itinerario ecuestre.

j) Recuperouse o percorrido realizado desde o GPS, durante unha simulación de itinerario ecuestre.

k) Xustificouse a importancia de recoller información previa para garantir a calidade da actividade.

l) Valorouse positivamente a utilización dos medios de orientación como elementos que nos permiten interpretar o medio natural e realizar actividades con seguridade.

Contidos básicos

1. Acompaña por itinerarios ecuestres, para o cal analiza os criterios de adaptación do percorrido e aplica as técnicas de comprobación do equipamento e de condución de grupos.

• Ruta ecuestre: características técnicas e de seguridade.

• Prevención de riscos. Causas de perigo ou emerxencia.

• Normas de seguridade nos desprazamentos a cabalo. Sinais identificativos en marchas diúrnas e nocturnas. Normas de condución viaria a cabalo.

• Criterios de asignación de cabalos en función das súas aptitudes, do grao de doma e da idade.

• Equipamentos do cabalo idóneos para rutas ecuestres: complementos. Equipamento básico do/da guía. Normas de elección e colocación dos equipamentos.

• Técnicas de distribución, organización e control do grupo en función dos coñecementos prácticos en equitación, do carácter e dos tipos de cabalo.

• Normas de actuación do persoal técnico e actitude deste ante as continxencias que se poden producir durante a marcha. Manobras de apoio. Puntos de reunión.

• Medios e medidas de comunicación e transmisión de instrucións durante a marcha.

• Valoración da ruta: criterios; documentación básica.

2. Orienta nas actividades de condución por itinerarios ecuestres, para o cal interpreta a información cartográfica, manexa sistemas de orientación e aplica técnicas de orientación.

• Lectura e interpretación da cartografía: escala numérica e gráfica; lenda; referencias.

• Tipos de camiños (vías pecuarias, camiños veciñais, grandes e pequenos percorridos, calzadas romanas, canellas, etc.): sinalización.

• Topografía.

– Representación e interpretación do terreo: perfís, curvas de nivel, equidistancia e cota dun punto.

– Formas e accidentes do terreo: identificación sobre o plano. Distancia real ou topográfica, natural ou xeométrica, horizontal, reducida ou reducida ao horizonte. Determinación de distancias.

• Procedementos de orientación e orientación do plano.

– Determinación de puntos no terreo e no plano.

– Compás.

– Designación de puntos no plano por coordenadas.

– Meridianos e ángulos que determinan o cuadriculado dun plano.

– GPS: características e funcións.

– Técnicas de orientación en condicións de baixa visibilidade.

– Internet: obtención de información sobre rutas ecuestres.

Módulo específico de ensino deportivo: Eventos hípicos

Código: MED-HIHI106

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Acompaña xinetes ás competicións e rutas ecuestres, consonte a normativa e os protocolos de seguridade relacionados coa práctica da iniciación hípica e o transporte dos cabalos, os regulamentos aplicables ás competicións hípicas nos niveis de promoción e iniciación hípica.

a) Describíronse os requisitos das titulacións de xinetes (galopes) para a súa participación en competicións de iniciación hípica.

b) Enumeráronse os procedementos de localización da normativa de protección ambiental nas actividades de iniciación hípica.

c) Describíronse as condutas de obrigado cumprimento en zonas de iniciación deportiva hípica e ecuestre.

d) Describíronse os requisitos documentais necesarios para o transporte dos cabalos.

e) Describíronse os requisitos e os procedementos de obtención da documentación requirida para a participación de xinetes e cabalos en competicións oficiais de promoción e iniciación deportiva.

f) Describíronse os requisitos documentais necesarios para a práctica de xinetes e cabalos en rutas ecuestres.

g) Describiuse a regulamentación aplicable para a realización das actividades hípicas de iniciación e promoción deportiva, segundo a disciplina hípica.

h) Interpretáronse as instrucións e o regulamento de utilización da indumentaria e material de seguridade.

i) Describíronse os materiais de socorro mínimos que debe portar o/a guía en función do tipo de actividade, o lugar por onde discorra o itinerario, e o tipo e o número de persoas usuarias.

j) Describíronse o plan de emerxencia e os protocolos de actuación ante un suposto de accidente nas actividades de condución por itinerarios ecuestres.

k) Aplicáronse os modelos de comportamento do persoal técnico e dos/das alumnos/as, en situacións simuladas de perigo nas actividades de iniciación á equitación ou no acompañamento por itinerarios ecuestres.

l) Interiorizouse o respecto da regulamentación deportiva e de protección do medio natural na realización de actividades de iniciación á equitación.

m) Xustificouse a importancia de que o persoal técnico se actualice permanentemente en plans de emerxencia e formas de intervención en situacións de perigo.

n) Interpretouse o avance de programa dos eventos deportivos de promoción e iniciación hípica.

2. Colabora na organización de eventos hípicos de promoción e iniciación deportiva, analizando as características técnicas dos percorridos e os trazados, e aplicando procedementos específicos na preparación e no desenvolvemento do evento deportivo.

a) Describíronse as características dos tipos de eventos de promoción e iniciación hípica.

b) Describíronse os medios necesarios para a recepción, o control, a atención sanitaria, a veterinaria, a ferraxe, a seguridade, a estabulación de cabalos e a loxística en xeral durante competicións de iniciación deportiva nas principais especialidades hípicas e ecuestres.

c) Explicouse o significado de sinais utilizados na marcaxe de percorridos e pistas nunha competición deportiva hípica e ecuestre.

d) Realizáronse as funcións de distribución, situación e circulación dos binomios participantes e o público en xeral, nun suposto práctico de competición hípica.

e) Describíronse os procedementos de inscrición de binomios nun evento de iniciación hípica.

f) Interpretáronse os esbozos de percorridos e protocolos de reprises dun suposto práctico de competicións de iniciación hípica.

g) Describíronse as formas habituais de obtención e difusión dos resultados da competición.

h) Describiuse o protocolo básico de actuación para a cerimonia de entrega de trofeos.

i) Valorouse a importancia da colaboración e o traballo en equipo na organización de eventos e actividades de iniciación á hípica.

j) Interiorizouse a importancia da previsión e a anticipación ante calquera continxencia durante o desenvolvemento de eventos e actividades de iniciación á hípica.

3. Emprega aparellos de comunicación e demostra as súas características, aplica técnicas de preparación e mantemento destes e analiza os sistemas e os códigos de comunicación axeitados.

a) Identificáronse as zonas de cobertura telefónica existentes nun itinerario ecuestre ou na zona de localización dunha competición.

b) Identificáronse as características das bandas de emisión en onda curta ou outras.

c) Explicáronse e aplicáronse os procedementos de funcionamento e comprobación dos medios de comunicación (radioteléfono, teléfono móbil, sistemas de radiotransmisión, etc.).

d) Describíronse as características dos sistemas de comunicación en función da zona onde se desenvolva a actividade ecuestre.

e) Describíronse e executáronse os procedementos básicos de almacenamento, preparación para o transporte e mantemento preventivo dos medios de comunicación.

f) Elixíronse e preparáronse os medios de comunicación para un suposto de actividade.

g) Manifestouse curiosidade e interese polas innovacións tecnolóxicas.

h) Explicouse a forma de falar a través do radioteléfono.

i) Describiuse e utilizouse o alfabeto fonético internacional.

j) Interiorizouse a importancia da preparación e o mantemento dos medios de comunicación.

4. Colabora na recollida de información da actividade de iniciación á hípica utilizando procedementos durante o evento ecuestre ou competición e ao seu remate, e identifica as características dos instrumentos de recollida de datos.

a) Describíronse os sistemas de análise para as persoas participantes, onde obter datos sobre a eficacia e a calidade da organización en asuntos do seu interese.

b) Describíronse as características dos cuestionarios para recoller información sobre a atención das persoas participantes e sobre o desenvolvemento loxístico da organización.

c) Tratouse a información recollida nos cuestionarios tipo da Real Federación Hípica Española (RFHE) nun suposto de competición de iniciación deportiva en hípica.

d) Analizáronse as incidencias, nun suposto práctico de evento ou actividade de iniciación hípica, en comparación coas medidas tomadas e valoráronse os resultados desde o punto de vista da eficacia e a rapidez de resposta.

e) Interiorizouse a importancia da recollida de información sistemática como base dunha valoración construtiva, eficaz e obxectiva.

Contidos básicos

1. Acompaña xinetes ás competicións e rutas ecuestres, consonte a normativa e os protocolos de seguridade relacionados coa práctica da iniciación hípica e o transporte dos cabalos, os regulamentos aplicables ás competicións hípicas nos niveis de promoción e iniciación hípica.

• Asesoramento e tutela en competicións e eventos hípicos ou ecuestres.

– Normativa e regulamentos: regulamentos e normas editados pola RFHE.

– Documentación oficial sobre xinetes e cabalos: licenza federativa e seguro médico do ano en curso do/da xinete, licenza federativa e seguro de responsabilidade civil do cabalo, e libro de identificación cabalar.

– Avances de programa das competicións hípicas: interpretación.

– Documentación e permisos oficiais para o transporte de cabalos.

– Seguridade en actividades de iniciación e competicións.

– Requisitos de seguridade para a obtención de permisos na realización de eventos deportivos hípicos e ecuestres, e durante a súa execución.

– Respecto polos regulamentos e pola normativa de seguridade.

– Requisitos de titulacións de xinetes (galopes) para a súa participación nas competicións oficiais. Regulamento sobre titulacións de xinetes da RFHE.

• Plans de emerxencia no desenvolvemento das actividades ecuestres.

– Normativa natural.

– Protocolos de actuación: sucesos e continxencias máis frecuentes.

– Importancia dunha formación permanente e actualizada do persoal técnico na resolución de situacións de perigo.

2. Colabora na organización de eventos hípicos de promoción e iniciación deportiva, analizando as características técnicas dos percorridos e os trazados, e aplicando procedementos específicos na preparación e no desenvolvemento do evento deportivo.

• Técnicas de organización e control durante a execución de eventos hípicos ou ecuestres.

– Técnicas e recursos de publicidade en actividades ecuestres.

– Tipos de actividades e eventos hípicos ou ecuestres: normativa.

– Interpretación de percorridos e reprises.

– Protocolo e cerimonial deportivo.

– Documentación e difusión de actividades ecuestres: medios de comunicación.

– Labores e funcionamento da secretaría dunha competición.

– Traballo en equipo na organización de eventos: coordinación.

– Sinalización en instalacións hípicas e rutas ecuestres sobre a circulación de persoas, cabalos e vehículos.

• Técnicas de dirección de actividades hípicas ou ecuestres.

– Seguridade e prevención de riscos en hípica.

– Desenvolvemento da actividade hípica programada. Previsións ante posibles continxencias.

– Control na recepción do gando nunha competición ou nun evento hípico.

– Distribución e aloxamento do gando nunha competición ou nun evento hípico.

– Normativa sobre a inscrición de binomios nunha competición.

3. Emprega aparellos de comunicación e demostra as súas características, aplica técnicas de preparación e mantemento destes e analiza os sistemas e os códigos de comunicación axeitados.

• Normativa oficial sobre o uso de radioteléfonos e da gama de frecuencias.

• Identificación de espazos con cobertura radiotelefónica.

• Normas de uso dos radioteléfonos.

– Equipamentos de comunicación: tipos e modelos de radioteléfonos máis usuais.

– Funcionamento básico dos radiotransmisores.

– Mantemento dos equipamentos de comunicación.

– Limitacións funcionais en zonas urbanas e terreo variado.

• Normas de procedemento para a comunicación polo radioteléfono.

– Linguaxe radiofónica.

– Establecemento dunha malla radio.

– Sistemas de falar por radio.

– Alfabeto fonético internacional.

– Telefonía móbil: vantaxes e desvantaxes.

4. Colabora na recollida de información da actividade de iniciación á hípica utilizando procedementos durante o evento ecuestre ou a competición e ao seu remate, e identifica as características dos instrumentos de recollida de datos.

• Cuestionarios da RFHE, de xinetes, de xuíces/xuízas, de delegados/as federativos/as e xefes/as de pista, e de deseñadores/as de percorridos sobre o desenvolvemento da competición.

• Composición e funcionamento dun órgano de atención ao/á deportista durante o desenvolvemento da competición.

• Tipos e modelos de cuestionarios de avaliación.

• Procedementos de elaboración e formalización de cuestionarios.

– Cuestionarios tipo da RFHE sobre opinión de xinetes tras a competición hípica.

– Cuestionarios tipo da RFHE sobre informe do/da delegado/a federativo/a nunha competición hípica.

– Cuestionarios tipo da RFHE sobre o informe do/da presidente/a do xurado de campo nunha competición hípica.

– Cuestionarios tipo da RFHE dos/das xefes/as de pista e os/as deseñadores/as de percorrido.

• Importancia da información para a mellora das competicións.

Módulo específico de ensino deportivo: Formación práctica

Código: MED-HIHI107

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Identifica a estrutura organizativa e o funcionamento do club ou da entidade deportiva, en relación coa oferta de actividades de iniciación deportiva ou acompañamento de persoas usuarias en competicións e rutas ecuestres.

a) Identificouse a estrutura da organización deportiva local e autonómica, e as súas relacións co club ou coa entidade deportiva.

b) Identificáronse a estrutura organizativa e o funcionamento das áreas do club ou da entidade deportiva.

c) Recoñeceuse o tipo de asociación deportiva do club ou da entidade deportiva de prácticas.

d) Identificáronse as relacións xerárquicas dentro do club ou da entidade deportiva.

e) Identificouse a oferta de actividades vinculadas á iniciación deportiva ou ao acompañamento de xinetes.

f) Identificáronse as vías de apoio institucional (local e autonómico) utilizadas polo club ou a entidade deportiva.

g) Recoñecéronse os valores presentes nas actividades ecuestres do club ou da entidade deportiva.

2. Actúa con autonomía, iniciativa e responsabilidade no posto de traballo, demostrando comportamento ético, habilidades persoais de comunicación, traballo en equipo e respecto polo ambiente, e aplicando os procedementos establecidos pola empresa.

a) Identificáronse os requisitos actitudinais do posto de traballo.

b) Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas e responsabilizouse do traballo asignado.

c) Demostrouse compromiso co traballo ben feito e a calidade do servizo, así como respecto aos procedementos e os principios propios do club ou da entidade deportiva.

d) Demostrouse capacidade de traballo en equipo e respecto pola xerarquía establecida no club ou na entidade deportiva.

e) Establecéronse unha comunicación e unha relación eficaces co persoal técnico responsable da actividade e coas persoas integrantes do equipo, e mantívose un trato fluído e correcto.

f) Coordinouse co resto do equipo e informouse de calquera cambio, necesidade salientable ou imprevisto na actividade.

g) Mantívose unha actitude clara de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas.

h) Utilizáronse os equipamentos de prevención de riscos laborais propios da actividade que se vaia desenvolver (ensino, condución, etc.).

i) Aplicáronse os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais relacionados coas actividades, coas competicións e cos eventos da iniciación deportiva en hípica.

3. Colabora no desenvolvemento das actividades, das competicións e doutros eventos da iniciación deportiva en equitación, identificando e utilizando medios, interpretando programacións de referencia e executando procedementos de acordo coas normas establecidas e coas instrucións recibidas.

a) Identificáronse e interpretáronse as instrucións recibidas e/ou a documentación asociada á organización e á xestión de pequenas competicións e eventos propios da iniciación deportiva en equitación.

b) Interpretáronse e identificáronse as medidas de protección e de seguridade persoal do/da xinete durante a competición, tendo en conta as características da competición de iniciación en equitación.

c) Realizáronse xestións ou operacións de petición dos permisos necesarios para a realización da actividade, a competición ou o evento de iniciación deportiva en equitación.

d) Realizáronse accións de colaboración e intervención na organización e na xestión de pequenas competicións e eventos propios da iniciación deportiva en equitación.

e) Realizouse a recollida de documentación para a inscrición das persoas participantes nunha actividade ou nun evento de iniciación deportiva en equitación.

f) Aplicáronse criterios á revisión e á confidencialidade da documentación necesaria para a inscrición.

g) Elaborouse a información sobre a actividade ou a competición de hípica para os pais, as nais ou as persoas que teñan a titoría legal das persoas participantes.

h) Realizáronse accións de preparación e comprobación do material de comunicación utilizado nas actividades de equitación.

i) Aplicáronse os procedementos de almacenamento e mantemento do material de comunicación utilizado nas actividades de equitación.

j) Realizouse a comunicación a través dos medios existentes, aplicando as técnicas e os procedementos adecuados.

4. Concreta e dirixe sesións de iniciación deportiva en equitación, e dirixe o/a xinete en competicións, interpretando programacións de referencia, executando técnicas e procedementos relacionados co proceso de ensino e aprendizaxe, e transmitindo valores éticos vinculados ao respecto e o coidado polo propio corpo, o respecto polas demais persoas, o xogo limpo, a responsabilidade e o esforzo persoal.

a) Identificáronse e seleccionáronse os medios e os recursos necesarios para o desenvolvemento da actividade.

b) Identificáronse as condicións ambientais necesarias para o desenvolvemento da sesión, aplicando técnicas e procedementos, e respectando as normas de seguridade establecidas para as actividades de iniciación en equitación.

c) Recibiuse e despediuse o/a xinete seguindo o protocolo establecido, identificáronse as súas demandas e as súas necesidades e motivouse para a práctica continuada da equitación.

d) Demostrouse interese pola captación, a adherencia e a motivación para a práctica dos/das xinetes.

e) Valoráronse as habilidades e as destrezas específicas dos/das xinetes co obxecto de determinar o seu nivel, propúxose a súa incorporación a un grupo e tomáronse as medidas de corrección axeitadas.

f) Concretouse a sesión de ensino e aprendizaxe da iniciación en equitación seguindo a programación de referencia, e adecuouse ao grupo e ás condicións materiais existentes.

g) Tívose en conta o desenvolvemento natural do/da xinete e propuxéronse tarefas variadas que proporcionen variabilidade e diversidade nas experiencias motoras, tendo en conta as características do individuo.

h) Explicáronse os contidos da sesión, seguindo as técnicas e os protocolos establecidos, de xeito claro e motivador.

i) Exemplificáronse as tarefas propostas e executáronse as accións técnicas segundo os estándares da iniciación en equitación e os procedementos establecidos.

j) Establecéronse as condicións de seguridade necesarias na iniciación en equitación, interpretando as instrucións ou as normas e aplicando os procedementos establecidos.

k) Dirixiuse a sesión de ensino e aprendizaxe de iniciación en equitación e solucionáronse as continxencias existentes, para conseguir a participación e o rendemento consonte os seus obxectivos propostos, dentro das normas ambientais e das marxes de seguridade requiridas.

l) Aplicáronse estratexias de comunicación e control de continxencias, servíndose das dinámicas de grupo máis axeitadas en cada caso.

m) Valorouse o desenvolvemento da sesión, aplicando procedementos de recollida e procesamento da información necesaria para a elaboración de xuízos que permitan o axuste e a mellora permanentes do proceso de ensino e aprendizaxe e das actividades propias da iniciación á equitación.

n) Demostrouse interese pola transmisión de valores éticos, persoais e sociais a través da práctica deportiva (xogo limpo, e respecto polo contorno e pola saúde persoal e a das demais persoas).

5. Acompaña o/a deportista en competicións de iniciación deportiva en equitación, interpretando as normas e os regulamentos, e executa os procedementos e as técnicas de transmisión de valores.

a) Comprobouse o estado da inscrición do grupo ou do/da deportista na competición de iniciación deportiva en equitación, seguindo as instrucións e as normas establecidas.

b) Informouse o/a xinete das características da competición e interpretouse a documentación sobre esta.

c) Aplicáronse procedementos de reclamación nunha competición de iniciación hípica, aplicando as normas e os protocolos establecidos.

d) Aplicáronse criterios de valoración da execución técnico-táctica do binomio, utilizando técnicas e procedementos de observación adecuadas ao nivel de iniciación deportiva.

e) Trasladáronselle ao/á xinete as instrucións técnicas e tácticas para a competición de iniciación, tendo en conta as características da competición e do binomio.

f) Acompañáronse os/as xinetes nas competicións, aplicando os procedementos e seguindo as instrucións e as normas establecidas.

g) Velouse polo respecto aos valores do xogo limpo e á saúde persoal e das demais persoas durante a participación na competición de iniciación deportiva en equitación, aplicando os procedementos adecuados e respectando as súas normas.

6. Realiza operacións de preparación e mantemento das instalacións necesarias para as actividades de iniciación e do material de acompañamento en equitación, interpretando instrucións ou normas establecidas e executando técnicas e procedementos propios das operacións.

a) Interpretáronse as instrucións recibidas e identificouse a documentación asociada aos procesos de verificación e control do estado e do funcionamento do material necesario.

b) Recoñecéronse e determináronse as necesidades e os lugares idóneos para o almacenamento e a conservación dos materiais necesarios, tendo en conta os protocolos establecidos.

c) Realizáronse operacións de mantemento do material, tendo en conta os procedementos, as normas ou as instrucións establecidos, consonte a normativa ambiental.

d) Realizáronse operacións de reparación básica do material, tendo en conta os procedementos, as normas ou as instrucións establecidos, consonte a normativa ambiental.

e) Aplicáronse criterios de verificación do estado do material, para a súa baixa ou o seu mantemento, tendo en conta os procedementos, as normas e as instrucións establecidos.

7. Intervén na xestión do risco durante a práctica ou na realización de itinerarios a cabalo propios do nivel de iniciación en equitación, identificando e aplicando procedementos específicos de acordo coas instrucións ou as normas de aplicación.

a) Realizáronse operacións de preparación das zonas de práctica ou de paso polos itinerarios a cabalo para o apoio á seguridade das persoas participantes.

b) Efectuáronse operacións de revisión dos equipamentos individuais e de seguridade, seguindo as instrucións ou as normas establecidas.

c) Realizáronse operacións de rescate en situacións de iniciación ou acompañamento por itinerarios a cabalo, aplicando técnicas e procedementos específicos.

d) Controlouse o grupo durante as situacións de risco ou perigo, aplicando os protocolos de acordo coas instrucións e coas normas recibidas.

e) Efectuáronse os protocolos de comunicación da situación de risco ou perigo, de acordo coas normas e cos procedementos establecidos.

f) Mantívose unha actitude de tranquilidade e responsabilidade durante a intervención nas operacións de rescate.

g) Mostrouse un interese positivo cara á formación continua en técnicas e procedementos de rescate en situacións de risco ou perigo.

8. Realiza operacións de prestación de primeiros auxilios, interpretando as normas e os protocolos establecidos e aplicando técnicas e procedementos de acordo coas instrucións ou normas establecidas.

a) Desenvolvéronse operacións de valoración inicial á persoa accidentada, de acordo coas instrucións e os protocolos recibidos.

b) Estableceuse a secuencia de actuación de acordo co protocolo establecido polo Comité de Coordinación Internacional sobre a Resucitación (ILCOR).

c) Establecéronse medidas de seguridade e autoprotección persoal nas situacións de prestación dos primeiros auxilios, de acordo coa instrucións e cos protocolos recibidos.

d) Aplicáronse técnicas e procedementos de prestación de primeiros auxilios en lesións, segundo a normativa e os protocolos establecidos.

e) Aplicáronse técnicas de soporte vital, seguindo as instrucións e os protocolos establecidos.

f) Efectuáronse operacións de desfibrilación externa semiautomática, seguindo as instrucións e os protocolos establecidos.

g) Mantívose o autocontrol en situacións de prestación dos primeiros auxilios á persoa accidentada, tendo en conta as instrucións e os protocolos establecidos.

h) Aplicáronse técnicas de apoio psicolóxico á persoa accidentada e acompañante, tendo en conta as instrucións e os protocolos establecidos.

i) Utilizouse a terminoloxía médico-sanitaria elemental relacionada cos primeiros auxilios.

j) Demostrouse unha actitude positiva cara á reciclaxe e á actualización persoal en novos protocolos e instrumentos relacionados cos primeiros auxilios.

9. Realiza operacións de acompañamento ou condución de persoas usuarias ou grupos por itinerarios ecuestres, interpretando información relacionada coa actividade e executando técnicas e procedementos propios do acompañamento.

a) Identificáronse e seleccionáronse os medios e os recursos necesarios para o desenvolvemento da actividade de condución por itinerarios ecuestres.

b) Identificáronse as condicións ambientais necesarias para o desenvolvemento da sesión, aplicando técnicas e procedementos establecidos (interpretación de partes meteorolóxicos e predición da evolución do tempo), e respectando as normas de seguridade establecidas para as actividades de iniciación en acompañamento por itinerarios ecuestres.

c) Recibiuse e despediuse o/a xinete seguindo o protocolo establecido, identificáronse as súas demandas e as súas necesidades e informouse das características da actividade, motivándoo/a para a repetición da actividade de rutas ecuestres.

d) Aplicáronse técnicas e protocolos de valoración da persoa participante, o grao de consecución dos obxectivos propostos e os erros cometidos.

e) Establecéronse as condicións de seguridade necesarias no desenvolvemento da actividade de condución por itinerarios ecuestres, interpretando as instrucións ou as normas e aplicando os procedementos establecidos.

f) Interpretáronse e identificáronse as medidas de protección e seguridade persoal do/da xinete, tendo en conta as características dos itinerarios ecuestres e os protocolos establecidos.

g) Aplicáronse criterios de adaptación do material e da indumentaria dos/das xinetes, tendo en conta as características dos itinerarios ecuestres e os protocolos establecidos.

h) Efectuáronse operacións de orientación acordes coas condicións do contorno e co material existente, seguindo as instrucións e as normas establecidas.

i) Dirixiuse a condución dos/das xinetes por itinerarios ecuestres, aplicando as técnicas e os procedementos establecidos, e solucionáronse as continxencias existentes, dentro das normas ambientais e das marxes de seguridade requiridas.

j) Aplicáronse estratexias de dinamización, comunicación e control de continxencias, servíndose das dinámicas de grupo máis adecuadas en cada caso.

k) Aplicáronse técnicas e procedementos de recoñecemento do impacto ambiental da actividade de condución por itinerarios ecuestres, interpretando a información e as normas de aplicación.

l) Demostrouse interese pola transmisión de valores de respecto polo ambiente e polo contorno arqueolóxico.

m) Demostrouse interese pola actualización e a innovación dos sistemas de localización e navegación utilizables nas actividades de condución de xinetes por itinerarios ecuestres.

10. Realiza operacións de alimentación, mantemento físico, manexo, coidados básicos, transporte e primeiros auxilios dos cabalos, interpretando normas e procedementos establecidos, e aplicando técnicas e procedementos específicos daquelas.

a) Identificáronse os procedementos, as técnicas básicas e os materiais necesarios para o transporte, o mantemento, o coidado e o manexo dos cabalos.

b) Realizáronse operacións de transporte dos cabalos, aplicando as técnicas e os procedementos establecidos, así como a normativa.

c) Realizáronse operacións de alimentación dos cabalos, de acordo coas instrucións e as normas, e aplicando as técnicas e os procedementos establecidos.

d) Realizáronse operacións de mantemento físico dos cabalos, de acordo coas instrucións e as normas, e aplicando as técnicas e os procedementos establecidos.

e) Realizáronse operacións de manexo dos cabalos, de acordo coas instrucións e as normas, e aplicando as técnicas e os procedementos establecidos.

f) Realizáronse operacións de coidado básico dos cabalos, de acordo coas instrucións e as normas, e aplicando as técnicas e os procedementos establecidos.

g) Realizáronse operacións de prestación de primeiros auxilios dos cabalos, de acordo coas instrucións e as normas, e aplicando as técnicas e os procedementos establecidos.

ANEXO III
Obxectivos xerais e módulos de ensino deportivo do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo

Obxectivos xerais

a) Executar técnicas específicas de equitación propias deste nivel, coa seguridade suficiente e tomando conciencia do realizado, para servir de modelo no proceso de ensino e aprendizaxe da tecnificación deportiva nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo.

b) Identificar e detectar as características técnicas, físicas e psicolóxicas, aplicando procedementos establecidos, para valorar e seleccionar o/a xinete nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, con adaptación á programación de referencia de perfeccionamento técnico.

c) Analizar e interpretar a programación de referencia do adestramento básico do/da xinete nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, elixindo e deseñando tarefas e aplicando métodos establecidos, para adaptar e concretar a sesión de adestramento básico.

d) Analizar e interpretar a programación de referencia da iniciación e do perfeccionamento técnico das disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, elixindo e deseñando tarefas e aplicando métodos establecidos, para adaptar e concretar os programas específicos de tecnificación deportiva.

e) Estruturar, elaborar e describir os obxectivos e os contidos do ensino da equitación e das disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, aplicando metodoloxías específicas, tendo en conta os principios da aprendizaxe motora e da práctica saudable, para deseñar programas de iniciación á equitación.

f) Identificar e describir as características do proceso de detección e selección de talentos deportivos nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, aplicando procedementos de recollida e valoración da información, para colaborar neste proceso.

g) Describir, elixir e demostrar as técnicas e as estratexias de dirección de sesións das disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, aplicando procedementos de observación, control e dinamización, resolvendo supostos, para dirixir a sesión de adestramento e perfeccionamento na etapa de tecnificación deportiva.

h) Analizar as condicións de seguridade das instalacións e dos medios propios da tecnificación das disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, aplicando os procedementos establecidos e a normativa, para controlar a seguridade na práctica neste nivel.

i) Describir, elixir e demostrar as técnicas e as estratexias da dirección de sesións de equitación adaptada, identificando as características propias e individuais de calquera xinete con discapacidade, aplicando recursos que fomenten a súa participación nas actividades ecuestres, co fin de fomentar a igualdade de oportunidades, a participación e o rendemento marcado, dentro do marco da normativa legal.

j) Analizar os aspectos técnicos e tácticos propios da competición de tecnificación nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, aplicando procedementos establecidos e tendo en conta as características dos/das xinetes e dos cabalos, e a regulamentación oficial, para os dirixir nas competicións deste nivel.

k) Analizar e elaborar a estrutura organizativa das competicións e dos eventos propios do nivel de iniciación á hípica, e identificar as características organizativas de competicións de nivel de tecnificación nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, enumerando os requisitos administrativos e os medios materiais e humanos necesarios, e aplicando o marco legal que os regula, para organizar e colaborar na xestión de competicións e eventos.

l) Identificar os procedementos, as técnicas específicas e os materiais necesarios, e describir os principios para realizar o manexo, a alimentación e os coidados específicos do cabalo de nivel de tecnificación nas disciplinas de salto, doma e concurso completo.

m) Interpretar e analizar as programacións de referencia e executar as técnicas de amestramento e adestramento dos cabalos propias da etapa de tecnificación nas disciplinas de salto, doma e concurso completo, identificando as súas características e aplicando os procedementos establecidos.

n) Identificar e analizar as características organizativas e os medios materiais e humanos, aplicando procedementos establecidos de xestión e comunicación, para coordinar outro persoal técnico encargado da iniciación á equitación.

ñ) Identificar e analizar as variables que interveñen no proceso de tecnificación nas disciplinas de salto, doma e concurso completo, aplicando procedementos de recollida e valoración da información e axuste de programas, para avaliar o devandito proceso.

o) Identificar e describir as características do proceso de adquisición de valores e actitudes, sendo consciente e argumentando os efectos que provocan nos/nas xinetes, para transmitir valores propios da actividade hípica a través do comportamento ético persoal.

p) Recoñecer, promover e xustificar os valores de compromiso, traballo ben feito e aprendizaxe constante, e describir os aspectos observables da conduta que reflicten estes valores, para manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no desempeño do seu labor como persoal técnico.

q) Recoñecer e promover o traballo en equipo e a iniciativa persoal dentro dun marco de colaboración conxunta e doutrina común, para conseguir os obxectivos marcados.

r) Analizar e elaborar os percorridos de salto, reprises de doma e circuítos de cross das disciplinas hípicas de saltos, doma e concurso completo de equitación, identificando a normativa relacionada, as características da zona e da competición en situacións simuladas, e aplicando os protocolos establecidos, para o deseño dos trazados e os seus obstáculos.

Módulo común de ensino deportivo: Bases da aprendizaxe deportiva

Código: MED-C201

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Identifica as características do/da deportista de tecnificación deportiva (TD) en relación coa etapa da adolescencia, e analiza as variables psicolóxicas implicadas no rendemento deportivo.

a) Describíronse as características psicolóxicas propias da adolescencia.

b) Aplicáronse métodos de valoración das características psicolóxicas da etapa de TD.

c) Enumeráronse os trazos sociais máis frecuentes dos/das adolescentes.

d) Determináronse os elementos que forman parte do ámbito familiar, social e deportivo do/da deportista da etapa de TD.

e) Aplicáronse procedementos de avaliación dos trazos sociais máis frecuentes no/na adolescente.

f) Describíronse os factores psicolóxicos que facilitan a aprendizaxe na etapa de TD (motivación, concentración, control dos pensamentos e control das emocións).

g) Describíronse as características e os tipos de motivación no deporte.

h) Argumentouse a contribución da motivación no fomento da TD.

i) Analizáronse os procedementos do mantemento da motivación durante a etapa de TD.

j) Aplicáronse estratexias psicolóxicas para o mantemento da concentración e o control de pensamentos e emocións en adestramentos e competicións propios da etapa de TD.

k) Valorouse a necesidade de integrar os aspectos psicosociais na preparación deportiva na etapa de TD.

2. Valora o proceso de perfeccionamento técnico-táctico do/da deportista, analizando as características da aprendizaxe motora e os factores que interveñen.

a) Describíronse as teorías da aprendizaxe motora.

b) Analizouse o proceso de aprendizaxe con base nos mecanismos de percepción, decisión e execución de accións motoras, e os seus mecanismos de regulación.

c) Valorouse a importancia de estimular os mecanismos de percepción e decisión (aspectos tácticos e estratéxicos) como construtor previo aos mecanismos de execución (aspectos técnicos).

d) Comparáronse as fases do proceso de aprendizaxe na adquisición de habilidades motoras.

e) Analizouse a tarefa, identificando os factores que determinan a súa complexidade, a partir dos mecanismos de percepción, decisión e execución.

f) Analizáronse os factores que inflúen na aprendizaxe dependente do alumnado, da habilidade e/ou do proceso de ensino e aprendizaxe.

g) Identificouse a importancia da memoria nos procesos de aprendizaxe.

h) Identificouse a transferencia como elemento importante para ter en conta na aprendizaxe.

i) Aplicáronse os principios da aprendizaxe motora (exercicio, reforzo, retención e transferencia).

j) Definíronse o concepto, as características e os tipos de avaliación.

k) Elaboráronse procedementos e instrumentos de avaliación adecuados para a valoración do proceso de perfeccionamento técnico-táctico do/da deportista.

l) Valorouse a necesidade de adecuar as tarefas ao nivel de desenvolvemento técnico-táctico do/da deportista, garantindo a súa significatividade e a motivación do alumnado.

3. Aplica as técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico, analizando a metodoloxía e os procedementos de control e dinamización axeitados.

a) Definíronse as técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico.

b) Describíronse as estratexias metodolóxicas que se poden aplicar atendendo ás características do grupo.

c) Describíronse e aplicáronse os estilos de ensino en función das características do grupo e dos contidos que haxa que impartir.

d) Valorouse o tempo de práctica individual como criterio de calidade nas sesións de adestramento básico (AB) e perfeccionamento técnico (PT).

e) Valorouse a importancia da organización do espazo e do material como factor de mellora da participación do alumnado e de redución de condutas non desexadas en tarefas e sesións de AB e PT.

f) Detectáronse os efectos da posición e desprazamento do persoal técnico como factor de control e dinamización das tarefas.

g) Valorouse a importancia da actitude do persoal técnico como factor de motivación e activación nas tarefas e sesións de AB e PT.

h) Aplicáronse tipos de retroalimentación desde o punto de vista da eficacia desta (coñecemento de resultados e coñecemento do rendemento).

i) Identificáronse as variables para ter en conta na administración da retroalimentación (momento de aplicación, frecuencia na administración e cantidade).

j) Identificáronse e aplicáronse as formas de distribución da práctica como un dos factores que inflúen na aprendizaxe, ao longo do proceso de ensino e aprendizaxe.

k) Describíronse e argumentáronse as características e as posibles causas dos comportamentos non desexados nas tarefas e sesións de AB e PT.

l) Analizáronse e aplicáronse as medidas de intervención do persoal técnico ante posibles condutas non desexadas en tarefas e sesións de AB e PT.

4. Interpreta a programación do ensino deportivo, analizando os seus compoñentes, e deseña actividades en función da etapa de aprendizaxe do/da deportista.

a) Describíronse os tipos de programación de tecnificación deportiva, os seus principios e as súas fases.

b) Identificáronse os obxectivos, os contidos, os medios, os métodos e os instrumentos de avaliación dun programa de ensino deportivo.

c) Valorouse a importancia da programación como elemento de control da evolución das aprendizaxes deportivas.

d) Describíronse as consideracións básicas no deseño de programas de iniciación deportiva.

e) Analizáronse as características e a estrutura da sesión de aprendizaxe como unidade básica de programación deportiva.

f) Aplicáronse criterios de modificación de tarefas a partir da programación de referencia, segundo a etapa de aprendizaxe deportiva.

g) Identificáronse os elementos de complexidade da tarefa e o seu axuste en relación aos mecanismos de regulación desta.

h) Describíronse os conceptos de progresión, interferencia contextual e significatividade das tarefas na aprendizaxe deportiva.

i) Valorouse a importancia da progresión e a interferencia contextual no deseño e na modificación de tarefas como factor de mellora na aprendizaxe deportiva.

j) Destacouse a importancia da motivación do/da deportista cara á tarefa como elemento clave na súa mellora e a súa adherencia á práctica.

5. Coordina a intervención do persoal técnico ao seu cargo, aplicando técnicas de xestión de recursos humanos.

a) Diferenciáronse as funcións do persoal técnico coordinado polo/pola adestrador/ora.

b) Definíronse as técnicas de comunicación máis eficaces na coordinación do traballo do persoal técnico ao seu cargo.

c) Describíronse os estilos de condución do grupo, en función das situacións e das características do persoal técnico que se dirixa.

d) Elaboráronse dinámicas de grupo que potencien a capacidade de traballo en equipo e de escoita.

e) Valorouse a necesidade de cooperar para mellorar o rendemento do equipo de traballo.

6. Tutela os/as deportistas durante a súa participación en adestramentos e competicións, identificando e inculcando actitudes e valores persoais e sociais.

a) Identificáronse os principais problemas éticos propios da etapa de TD.

b) Valorouse a importancia de aplicar principios éticos durante a participación en competicións deportivas.

c) Identificáronse as principais formas de actuación do persoal técnico deportivo para inculcar actitudes e valores de respecto, xogo limpo e traballo en equipo, nas competicións deportivas.

d) Valorouse a importancia de desenvolver unha actitude responsable e asertiva que favoreza a transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

e) Aplicáronse procedementos para a resolución de problemas e conflitos éticos que poden xurdir durante a competición deportiva.

f) Identificáronse os principais elementos do contexto que inflúen nas condutas éticas e inmorais durante a práctica deportiva.

g) Describíronse os principios deontolóxicos profesionais do persoal técnico deportivo.

h) Describíronse e aplicáronse mecanismos de adaptación da competición para favorecer unha práctica inclusiva na etapa de tecnificación deportiva.

i) Valorouse a importancia de fomentar o desenvolvemento integral do/da deportista e non só o aspecto técnico-deportivo.

j) Describíronse e aplicáronse técnicas e instrumentos de avaliación e medida de actitudes e valores no deporte.

Contidos básicos

1. Identifica as características do/da deportista de tecnificación deportiva (TD) en relación coa etapa da adolescencia, e analiza as variables psicolóxicas implicadas no rendemento deportivo.

• Análise das características psicosociais dos/das deportistas na etapa de tecnificación deportiva.

– Características psicolóxicas da adolescencia.

– Trazos sociais dos/das adolescentes.

– Diferenzas entre rapaces e rapazas na adolescencia.

– Elementos dos ámbitos familiar, social e deportivo na TD.

– Aplicación de métodos para avaliar as características psicosociais dos/das deportistas na etapa de TD e dos seus ámbitos familiar, social e deportivo.

– Valoración da necesidade de integrar os aspectos psicosociais da adolescencia na preparación deportiva da etapa de TD.

• Identificación e control dos factores psicolóxicos máis salientables na etapa de tecnificación deportiva: motivación, concentración, e control de pensamentos e emocións.

– Motivación: características e tipos. Procedementos para o mantemento da motivación durante a etapa de TD. Valoración do papel destacado da motivación no fomento da TD.

– Concentración: características psicolóxicas. Aplicación de recursos para facilitar o mantemento da concentración en adestramentos e competicións.

– Control de pensamentos e emocións: características psicolóxicas. Medo ao fracaso e ansiedade precompetitiva. Síndrome da persoa queimada (burnout) en mozos/as deportistas. Aplicación de recursos para facilitar o control de pensamentos e emocións en adestramentos e competicións.

2. Valora o proceso de perfeccionamento técnico-táctico do/da deportista, analizando as características da aprendizaxe motora e os factores que interveñen.

• Análise das características da aprendizaxe motora e os factores que interveñen:

– Teorías da aprendizaxe motora.

– Mecanismos de aprendizaxe: percepción, decisión, execución e os seus mecanismos de regulación.

– Fases da aprendizaxe deportiva: cognitiva (iniciación), asociativa (perfeccionamento) e automática (dominio).

– Importancia da aprendizaxe con base nos mecanismos de percepción e decisión, sobre os aspectos de execución.

– Factores dos que depende a aprendizaxe: identificación dos factores que inflúen na aprendizaxe dependentes do alumnado (idade, sexo, coñecementos previos, coeficiente intelectual e motivación), da habilidade (atendendo ao mecanismo implicado e á complexidade da tarefa) e do proceso de ensino e aprendizaxe: transmisión de información, progresión, distribución da práctica. Valoración da importancia de adaptar as tarefas ás necesidades do alumnado.

– Principios da aprendizaxe motora (exercicio, reforzo, retención e transferencia): aplicación. Transferencia: tipos e aplicacións á aprendizaxe. Memoria. Importancia da transferencia do aprendido a outros contextos.

• Proceso de perfeccionamento técnico-táctico do/da deportista: identificación das características técnico-tácticas propias da etapa de perfeccionamento.

• Avaliación: características e tipos.

– Deseño e aplicación de procedementos e instrumentos de avaliación do proceso de perfeccionamento técnico-táctico do/da deportista: obxectivos e subxectivos; cualitativos e cuantitativos.

– Valoración da importancia da avaliación para valorar a adquisición de novas aprendizaxes e a estabilidade das xa aprendidas.

3. Aplica as técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico, analizando a metodoloxía e os procedementos de control e dinamización axeitados.

• Análise da metodoloxía e os procedementos de control e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico.

– Técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades.

– Estilos de adestrador/ora na dirección de grupos.

– Estratexias metodolóxicas e estilos de ensino en función das características do grupo e da actividade.

– Valoración do tempo de práctica do alumnado.

– Técnicas de xestión das actividades para aproveitar convenientemente os tempos de práctica e o control do grupo.

– Importancia da posición estratéxica do persoal técnico na actividade.

– Implicación activa do persoal técnico nas tarefas para involucrar e motivar o alumnado.

– Tipos de retroalimentación, desde o punto de vista da súa eficacia (coñecemento de resultados e coñecemento do rendemento).

– Identificación da práctica concentrada ou distribuída en función do tipo de actividade e as características do grupo.

– Condutas disruptivas e situacións de conflito nas actividades.

– Xestión de recursos fronte ás condutas non desexadas.

4. Interpreta a programación do ensino deportivo, analizando os seus compoñentes, e deseña actividades en función da etapa de aprendizaxe do/da deportista.

• Interpretación e deseño de programacións.

– Tipos, principios e fases da programación deportiva.

– Elementos da programación das aprendizaxes deportivas: obxectivos, contidos, medios, métodos e instrumentos de avaliación.

– Interpretación da programación do ensino deportivo.

– Elaboración e aplicación de programas de iniciación deportiva.

– Deseño de sesións de aprendizaxe na iniciación deportiva.

– Elaboración de secuencias de aprendizaxe: aplicación de criterios para a modificación de tarefas de aprendizaxe deportiva.

– Programación como elemento de avaliación das aprendizaxes deportivas.

• Elección e deseño de tarefas motoras.

– Tarefa motora: complexidade e dificultade; factores dos que depende.

– Progresión, significatividade e interferencia contextual nas tarefas durante as secuencias de aprendizaxe.

– Valoración da progresión das aprendizaxes como elemento fundamental no deseño e na modificación ou manipulación de tarefas.

– Valoración da importancia de adecuar as tarefas ás características e aos intereses dos/das deportistas.

5. Coordina a intervención do persoal técnico ao seu cargo, aplicando técnicas de xestión de recursos humanos.

• Dirección e coordinación de grupos de traballo.

– Dinámica e características de grupos de traballo non xerarquizados.

– Asignación de papeis: claridade, aceptación e cumprimento das funcións do persoal técnico.

– Valoración da necesidade de cooperar.

• Aplicación de técnicas de comunicación e condución de grupos.

– Técnicas de comunicación para a coordinación de grupos non xerarquizados.

– Adecuación dos estilos de condución ás necesidades da situación e das persoas.

– Dinámicas de grupo que potencian o traballo en equipo e a capacidade de escoita.

6. Tutela os/as deportistas durante a súa participación en adestramentos e competicións, identificando e inculcando actitudes e valores persoais e sociais.

• Identificación de actitudes e valores persoais e sociais en relación coa práctica deportiva e a competición.

– Principais problemas éticos na etapa de TD: abandono, exclusión da práctica e procura de resultados.

– Contexto da práctica deportiva (clubs, asociacións, organizadores deportivos, árbitros/as, medios de comunicación, etc.) na promoción e no desenvolvemento de valores no deporte.

– Avaliación e medida de actitudes e valores no deporte: técnicas e instrumentos de medida dos valores no deporte (diario de sesións, test sociométrico, cuestionarios, perfil de polaridade, etc.).

• Transmisión de actitudes e valores persoais e sociais en relación coa práctica deportiva e coa competición.

– Características do persoal técnico deportivo para favorecer a transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte: empatía, asertividade, sensibilidade moral, capacidade de liderado, fomento do traballo en equipo, etc.

– Necesidade de desenvolvemento da responsabilidade persoal e a asertividade na transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

– Estratexias para resolución de conflitos que poidan xurdir durante a participación en eventos deportivos e competicións (role-playing, banco de reflexión, dilemas morais, etc.).

– Principios deontolóxicos do persoal técnico deportivo.

– Adaptación das estruturas competitivas ao desenvolvemento de valores persoais e sociais (mantemento do carácter lúdico e de participación de todos/as, e cambios regulamentarios).

Módulo común de ensino deportivo: Bases do adestramento deportivo

Código: MED-C202

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Identifica as características físicas de homes e mulleres, analizando as funcións anatómico-fisiolóxicas do organismo en relación co exercicio físico.

a) Describíronse a estrutura e organización do organismo en función das súas unidades estruturais (células, tecidos e sistemas).

b) Diferenciáronse as posibilidades de movemento do corpo humano e usouse a terminoloxía correcta para a descrición de posicións e direccións, en función dos eixes e dos planos anatómicos.

c) Analizáronse e describíronse a estrutura e o funcionamento do aparello locomotor (ósos, articulacións e músculos).

d) Analizáronse e describíronse a estrutura e o funcionamento do sistema nervioso en relación ao exercicio, atendendo á estrutura e á función da neurona, e ao proceso de sinapse nerviosa.

e) Analizáronse e describíronse a estrutura e o funcionamento do aparello cardiocirculatorio en relación co exercicio, atendendo á estrutura e á dinámica do sangue, do corazón e dos vasos sanguíneos.

f) Analizáronse e describíronse a estrutura e o funcionamento do aparello respiratorio en relación co exercicio físico.

g) Analizáronse e describíronse a estrutura e o funcionamento do sistema endócrino, en relación coas hormonas e coas glándulas endócrinas determinantes no desenvolvemento e co exercicio físico.

h) Analizouse e describiuse o ciclo menstrual feminino en relación co adestramento deportivo.

i) Analizáronse e describíronse a estrutura e o funcionamento do sistema dixestivo.

j) Describíronse as fontes enerxéticas no organismo, en relación coa súa implicación no exercicio físico.

k) Describíronse as principais adaptacións do organismo ao exercicio físico.

l) Valorouse a importancia das funcións anatómico-fisiolóxicas como base do adestramento deportivo.

2. Promove prácticas deportivas saudables, identificando as pautas hixiénicas máis axeitadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva.

a) Analizáronse as repercusións positivas máis salientables da práctica deportiva sobre o organismo humano.

b) Analizáronse as consecuencias negativas que pode levar consigo unha práctica deportiva inadecuada.

c) Identificáronse as contraindicacións patolóxicas xerais máis importantes á práctica de exercicio físico.

d) Analizáronse os beneficios dunha axeitada hixiene deportiva.

e) Respectáronse unhas pautas básicas relativas ao equipamento e aos coidados hixiénico-corporais básicos na práctica deportiva.

f) Desenvolvéronse actividades de quecemento xeral e arrefriamento do/da deportista.

g) Aplicáronse os principios da hixiene postural na práctica de exercicios de acondicionamento físico xeral.

h) Identificáronse hábitos posturais axeitados na práctica de actividades cotiás.

i) Describíronse as bases para unha alimentación e unha hidratación adecuadas antes, durante e despois do exercicio.

j) Analizáronse hábitos insalubres contraproducentes para o desenvolvemento físico das persoas, e nomeadamente en relación cos/coas rapaces/zas deportistas.

k) Describíronse as consecuencias do adestramento deportivo sobre a saúde das deportistas.

l) Valorouse a importancia de prever as consecuencias negativas dunha mala práctica deportiva.

3. Valora a condición motriz xeral de homes e mulleres aplicando as técnicas e a metodoloxía de avaliación axeitada, e diferencia as capacidades físicas básicas.

a) Describiuse o concepto de capacidade motriz da persoa.

b) Identificáronse as capacidades coordinativas e condicionais como constitutivas da capacidade motriz da persoa.

c) Describíronse as características das capacidades condicionais da persoa.

d) Describíronse as características das capacidades coordinativas da persoa.

e) Clasificáronse os instrumentos e o medios máis importantes para a valoración das capacidades condicionais.

f) Clasificáronse os instrumentos e os medios máis importantes para a valoración das capacidades coordinativas.

g) Describiuse a evolución da capacidade motriz da persoa durante a adolescencia.

h) Valorouse a importancia da obxectividade, a fiabilidade e a validez dos métodos de medición das capacidades condicionais.

i) Valorouse a importancia da obxectividade, a fiabilidade e a validez dos métodos de medición das capacidades coordinativas.

4. Interpreta a programación e describe os principios e os elementos básicos do adestramento deportivo.

a) Describíronse e analizáronse os principais compoñentes das cargas de adestramento con relación a unha programación establecida.

b) Describíronse os principais conceptos de programación en adestramento deportivo.

c) Analizáronse, interpretáronse e comparáronse os elementos básicos da programación deportiva.

d) Analizáronse os mesociclos de toda programación deportiva.

e) Analizáronse os microciclos de toda programación deportiva.

f) Analizáronse os tipos e as características da sesión de adestramento.

g) Analizáronse e interpretáronse programacións deportivas na etapa de tecnificación deportiva.

h) Identificáronse e analizáronse os procedementos de rexistro de todas as programacións deportivas.

i) Analizáronse os principios do adestramento deportivo e a súa relación coa programación deportiva.

j) Analizáronse e interpretáronse as principais leis que rexen o adestramento deportivo.

k) Valorouse a importancia da programación no proceso de adestramento.

5. Desenvolve a condición motriz xeral de homes e mulleres, analizando os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades e os medios utilizados.

a) Analizáronse e aplicáronse os principios de incremento da carga de adestramento.

b) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da forza.

c) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da resistencia.

d) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da velocidade.

e) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da flexibilidade.

f) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades coordinativas.

g) Analizáronse os principais medios do adestramento da forza.

h) Analizáronse os principais medios do adestramento da resistencia.

i) Analizáronse os principais medios do adestramento da velocidade.

j) Analizáronse os principais medios do adestramento da flexibilidade.

k) Analizáronse os principais medios do adestramento das capacidades coordinativas.

l) Valorouse a importancia dos principios metodolóxicos e dos medios de adestramento das capacidades para o correcto desenvolvemento da condición motriz xeral das persoas.

Contidos básicos

1. Identifica as características físicas de homes e mulleres, analizando as funcións anatómico-fisiolóxicas do organismo en relación co exercicio físico.

• Células, tecidos e sistemas no organismo: estrutura e organización xeral.

• Descrición espacial do movemento: posición anatómica, eixes e planos anatómicos. Terminoloxía de posición e dirección.

• Aparello locomotor: principais ósos, articulacións e músculos. Estrutura e mobilidade das principais rexións anatómicas.

• Sistema nervioso: neurona, sinapse e transmisión do impulso nervioso.

• Aparello cardiocirculatorio: corazón; resposta circulatoria ao exercicio; conceptos relacionados. Frecuencia cardíaca e volume sistólico.

• Aparello respiratorio: estrutura anatómica; capacidades e volumes pulmonares. Resposta ventilatoria ao exercicio.

• Sistema endócrino: principais hormonas e glándulas endócrinas. Resposta hormonal ao exercicio.

• Ciclo menstrual: características; influencia na práctica da actividade físico-deportiva; menarquia; amenorrea primaria e secundaria.

• Sistema dixestivo: anatomía e fisioloxía básica.

• Metabolismo enerxético: ATP e principais vías metabólicas.

• Adaptacións dos sistemas implicados no exercicio físico.

2. Promove prácticas deportivas saudables e identifica as pautas hixiénicas máis axeitadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva.

• Deporte e saúde: relación con outros ámbitos deportivos.

• Beneficios da práctica físico-deportiva sobre o organismo: repercusións físicas, psicoemocionais e psicosociais.

• Riscos propios dunha práctica deportiva inadecuada: repercusións físicas, psicoemocionais e psicosociais.

• Contraindicacións xerais máis importantes á práctica de exercicio físico: contraindicacións absolutas e relativas. Precaucións.

• Hixiene deportiva: pautas xerais; hábitos e coidados hixiénico-corporais; equipamento deportivo.

• Efectos do adestramento deportivo na saúde específica das deportistas: beneficios (incremento capital óseo, etc.) e riscos dunha práctica inadecuada (triada, etc.).

• Hixiene postural na práctica de exercicios de acondicionamento físico: pautas básicas de corrección postural; exercicios desaconsellados.

• Hixiene postural na práctica de actividades cotiás.

• Quecemento e volta á calma na sesión deportiva.

• Alimentación e hidratación vinculadas ao exercicio (antes, durante e despois do exercicio físico).

• Hábitos insalubres contraproducentes para a práctica deportiva: alcohol, tabaco e outras drogas; comida-lixo; trastornos alimentarios.

3. Valora a condición motriz xeral de homes e mulleres aplicando as técnicas e a metodoloxía de avaliación axeitada, e diferenza as capacidades físicas básicas.

• Capacidades motrices, coordinativas e condicionais: xeneralidades.

• Resistencia.

• Velocidade.

• Forza.

• Amplitude de movementos (ADM).

• Axilidade.

• Coordinación.

• Equilibrio.

• Control do adestramento: instrumentos e valoración das capacidades condicionais e as capacidades coordinativas.

4. Interpreta a programación e describe os principios e os elementos básicos do adestramento deportivo.

• Adestramento deportivo: obxectivos e características. Elementos configurativos.

• Carga de adestramento: conceptos, características, elementos básicos, medios e métodos de aplicación. Control e incremento da carga: volume, intensidade, recuperación e densidade.

• Principios do adestramento deportivo.

• Leis básicas do adestramento deportivo: síndrome xeral de adaptación, sobrecompensación e recuperación.

• Factores de rendemento.

• Períodos e ciclos de adestramento.

• Programación do adestramento e a competición: obxectivos, contidos e periodización.

5. Desenvolve a condición motriz xeral de homes e mulleres, analizando os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades e os medios utilizados.

• Adestramento xeral e específico.

• Resistencia, velocidade, forza, ADM e capacidades coordinatrivas: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

Módulo común de ensino deportivo: Deporte adaptado e discapacidade

Código: MED-C203

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Organiza sesións de iniciación deportiva, analizando as necesidades das persoas con discapacidade.

a) Describíronse os principais tipos de discapacidade atendendo ao mecanismo funcional afectado e ás súas consecuencias a nivel perceptivo motor.

b) Recoñecéronse pautas de traballo específicas na iniciación deportiva segundo os tipos de discapacidade.

c) Aplicáronse procedementos básicos de recollida de información do comportamento motor da persoa con discapacidade, nomeadamente con relación ao transporte, ao control de obxectos e ás súas habilidades motrices básicas.

d) Determináronse medidas de seguridade específicas na iniciación deportiva segundo o tipo de discapacidade.

e) Determináronse as principais orientacións metodolóxicas en función do tipo de discapacidade, especialmente con relación á comunicación e á participación na tarefa.

f) Argumentouse a importancia de identificar, previamente á práctica, as características propias e individuais dunha persoa practicante con discapacidade.

2. Aplica recursos que fomentan a participación de persoas con discapacidade en actividades físico-deportivas, analizando as características da tarefa e identificando as limitacións para a práctica deportiva orixinadas polo contexto.

a) Valorouse a importancia de aumentar as oportunidades de participación das persoas con discapacidade nas tarefas, nos xogos e nos deportes.

b) Analizáronse as principais vías de incorporación á práctica deportiva de persoas con discapacidade.

c) Describíronse os mecanismos de adaptación de tarefas para as persoas con discapacidade que compensan os déficits que se presentan.

d) Aplicáronse procedementos de modificación das tarefas, os xogos e os deportes para favorecer a participación, a satisfacción e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica.

e) Valorouse a importancia do fomento da participación activa de persoas con discapacidade en situacións inclusivas de práctica.

f) Identificáronse as principais limitacións cara á práctica provocadas pola falta de accesibilidade nas instalacións e nos espazos deportivos.

g) Examináronse as limitacións orixinadas pola falta de acceso á información da oferta deportiva e a difusión da práctica.

h) Valorouse a importancia dunha actitude positiva cara á inclusión por parte dos/das compañeiros/as, do persoal técnico, das propias familias e das institucións cara á práctica deportiva de persoas con discapacidade.

i) Describíronse as posibilidades do material deportivo adaptado específico dos xogos e dos deportes adaptados.

j) Enunciáronse as posibilidades das axudas técnicas atendendo ao tipo de discapacidade e de práctica deportiva que realicen as persoas.

3. Organiza os/as deportistas con discapacidade, interpretando as principais clasificacións funcionais do deporte adaptado e as características dos deportes adaptados.

a) Describíronse a clasificación funcional deportiva e a discapacidade mínima.

b) Enunciáronse as clasificacións funcionais deportivas segundo o tipo da discapacidade.

c) Xustificouse a importancia das clasificacións funcionais para a homoxeneización dos procesos competitivos no deporte adaptado, e argumentáronse as diferenzas entre elas.

d) Aplicáronse criterios de adaptación da clasificación para fomentar a participación de mulleres con discapacidade, grandes discapacitados/as e, mesmo, persoas sen discapacidade.

e) Identificáronse os xogos e os deportes adaptados específicos para persoas con discapacidade, incluíndo as características dos que son específicos.

f) Recoñeceuse a importancia de experimentar algúns deportes adaptados practicados por persoas con discapacidade a través de situacións simuladas.

g) Seleccionouse o deporte adaptado máis axeitado atendendo ao tipo de mecanismo funcional afectado e á clasificación funcional deportiva.

h) Valorouse a importancia da participación de persoas con discapacidade no deporte como peza clave da súa integración social.

4. Orienta as persoas con discapacidade cara á práctica deportiva e recoñece a estrutura do deporte adaptado e as fontes de información dispoñibles.

a) Relacionouse a orixe do deporte para persoas con discapacidade coa estrutura actual do deporte adaptado.

b) Identificáronse os organismos reguladores do deporte adaptado a nivel internacional, estatal e autonómico.

c) Diferenciáronse as estruturas deportivas paralímpicas das que non o son.

d) Valorouse o papel das institucións (federacións deportivas, asociacións, clubs, etc.) na organización e no fomento da competición, da recreación e da práctica saudable.

e) Diferenciáronse as orixes da práctica deportiva dunha persoa con discapacidade (hospitalaria, asociativa, etc.) e as finalidades da práctica (rehabilitadora, terapéutica, recreativa, deportiva, etc.).

f) Describíronse os programas de deporte adaptado.

g) Describíronse os principais programas de difusión da práctica e desenvolvemento do deporte adaptado como exemplos de boa práctica.

h) Utilizáronse as fontes de información dispoñibles en deporte adaptado como recurso básico para orientar os/as deportistas con discapacidade.

i) Valorouse a importancia da promoción do deporte adaptado como xerador de valores persoais e sociais, e vehículo de integración social.

Contidos básicos

1. Organiza sesións de iniciación deportiva, analizando as necesidades das persoas con discapacidade.

• Descrición das discapacidades: sensorial (visual e auditiva), intelectual (atraso mental e síndrome de Down) e física (lesión medular, parálise cerebral e amputacións).

• Tipo de discapacidade e a súa relación co mecanismo perceptivo motor.

• Valoración inicial das características específicas das persoas con discapacidade.

• Uso de ferramentas básicas para a recollida de información da competencia motriz en persoas con discapacidade.

• Aplicación das orientacións metodolóxicas oportunas en función do tipo de discapacidade.

• Aplicación de restricións e condicións básicas de seguridade na práctica deportiva segundo a discapacidade.

• Importancia das adaptacións metodolóxicas e a seguridade na iniciación deportiva de persoas con discapacidade.

2. Aplica recursos que fomentan a participación de persoas con discapacidade en actividades físico-deportivas, analizando as características da tarefa e identificando as limitacións para a práctica deportiva orixinadas polo contexto.

• Xustificación da práctica deportiva das persoas con discapacidade como factor clave do seu benestar e da súa calidade de vida.

• Vías de incorporación á práctica de persoas con discapacidade.

• Identificación das principais restricións na participación cara á práctica deportiva provocadas polo contexto.

• Identificación das actitudes no contorno das persoas con discapacidade.

• Barreiras arquitectónicas nas instalacións deportivas.

• Integración e inclusión a través dos xogos e os deportes.

• Identificación e utilización dos mecanismos de adaptación de tarefas, xogos e deportes.

• Aplicación do xogo e as súas orientacións como elemento de atención á diversidade.

• Características do material deportivo adaptado.

• Axudas técnicas para a práctica deportiva.

• Valoración do papel da integración-inclusión das persoas con discapacidade en xogos e deportes.

• Experimentación de situacións de práctica inclusiva para o fomento da participación de persoas con discapacidade.

3. Organiza os/as deportistas con discapacidade, interpretando as principais clasificacións funcionais do deporte adaptado e as características dos deportes adaptados.

• Tipos de deporte adaptado en función do mecanismo funcional afectado.

• Principais clasificacións funcionais deportivas segundo o tipo de discapacidade. Mínima discapacidade.

• Clasificacións funcionais como proceso de homoxeneización para a participación.

• Análise da participación das persoas con discapacidade, en función da afectación e do sexo, para unha participación igualitaria.

• Práctica deportiva con persoas con discapacidade en condicións de igualdade, como factor de integración e participación.

• Características do deporte adaptado.

• Deportes adaptados específicos.

• Participación de persoas sen discapacidade na práctica de deportes adaptados (integración á inversa).

• Participación e experimentación dos principais deportes adaptados.

4. Orienta as persoas con discapacidade cara á práctica deportiva, e recoñece a estrutura do deporte adaptado e as fontes de información dispoñibles.

• Orixe e historia do deporte adaptado.

• Estrutura do deporte adaptado.

• Comité Paralímpico Internacional e Comité Paralímpico Español.

• Orixes da práctica deportiva dunha persoa con discapacidade e as súas finalidades.

• Programas de difusión e desenvolvemento do deporte adaptado.

• Papel do tecido asociativo de persoas con discapacidade na difusión da práctica deportiva.

• Principais fontes de información sobre o deporte adaptado.

• Deporte adaptado como promotor de valores e vehículo de integración social.

Módulo común de ensino deportivo: Organización e lexislación deportiva

Código: MED-C204

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Interpreta a normativa de competición en relación coa organización deportiva estatal e a súa estrutura administrativa e o réxime disciplinario deportivo.

a) Describíronse os organismos deportivos de ámbito estatal máis importantes e as súas funcións.

b) Relacionouse a lexislación deportiva de ámbito estatal coa súa estrutura administrativa.

c) Identificáronse as características do réxime disciplinario deportivo e as súas funcións.

d) Describiuse o réxime disciplinario deportivo aplicado á competición.

e) Expuxéronse as infraccións e sancións máis importantes relacionadas coa dopaxe, a violencia e a disciplina deportiva xeral.

f) Explicáronse os procedementos de comunicación das sancións deportivas.

g) Identificáronse as funcións dos diferentes órganos disciplinarios (clubs, federacións e Comité Español de Disciplina Deportiva).

h) Identificáronse os órganos responsables da aplicación da normativa sobre a dopaxe.

2. Selecciona e prepara recursos materiais e instalacións necesarias, consonte a normativa, logo de analizar as súas condicións de seguridade.

a) Describíronse as características das instalacións deportivas, a súa funcionalidade e a súa relación cos aspectos de seguridade e de protección do ambiente, e describíronse os criterios de seguridade que deben cumprir os equipamentos necesarios para a práctica deportiva.

b) Identificouse a normativa de aplicación en relación coa seguridade nas instalacións deportivas.

c) Analizáronse o significado e o alcance de distintos tipos de sinalización de seguridade nunha instalación deportiva.

d) Analizáronse os requisitos básicos de seguridade que deben cumprir as instalacións e o equipamento deportivo para as persoas usuarias e o persoal laboral, consonte a normativa.

e) Analizáronse, nun suposto práctico, as características dos plans de emerxencia e evacuación dunha instalación deportiva.

f) Describíronse as medidas de protección contra actos antisociais e de violencia no deporte, nunha instalación deportiva.

g) Valorouse a importancia de establecer os plans de emerxencia e evacuación nunha instalación deportiva.

3. Prepara o desprazamento da persoa ou grupo, aplicando os procedementos establecidos e a normativa.

a) Interpretáronse e cubríronse os permisos necesarios e a documentación para a xestión da viaxe.

b) Identificouse a normativa referente aos seguros de accidente e actividade.

c) Comparáronse tipos de seguros de accidente coas necesidades dun suposto de desprazamento.

d) Valorouse a responsabilidade do persoal técnico sobre o control do grupo nos desprazamentos.

e) Interpretouse a normativa referente á responsabilidade do persoal técnico no desprazamento dos grupos.

f) Deseñouse o plan de viaxe nun suposto práctico de desprazamento dun grupo de deportistas.

4. Dirixe e acompaña deportistas en competicións de nivel de iniciación e tecnificación deportiva, analizando as características de organización das competicións.

a) Cubriuse a documentación relativa á inscrición en competicións.

b) Valorouse a importancia da responsabilidade do persoal técnico durante a competición.

c) Identificáronse as fases na organización dunha competición de iniciación ou tecnificación deportiva.

d) Describíronse as funcións máis salientables na organización dunha competición deportiva.

e) Xustificouse a importancia da cobertura legal: licenza federativa e seguro deportivo, do/da deportista durante a competición.

5. Xestiona un club deportivo aplicando os procedementos axeitados para a súa constitución e a súa posta en marcha.

a) Identificouse a normativa que regula a constitución e o funcionamento dun club deportivo, en función do seu ámbito de actuación.

b) Identificáronse os trámites necesarios para a creación dun club deportivo, en función do seu ámbito de actuación.

c) Analizáronse as posibles vías de financiamento económico para a creación e a xestión dun club deportivo, segundo as súas características.

d) Describíronse as características organizativas básicas dun club deportivo en relación co obxecto da súa actividade.

e) Valorouse a importancia do club deportivo como elemento favorecedor da práctica deportiva.

f) Identificáronse os elementos necesarios no establecemento de convenios coas administracións públicas, así como outras asociacións de carácter privado.

Contidos básicos

1. Interpreta a normativa de competición en relación coa organización deportiva estatal e a súa estrutura administrativa e o réxime disciplinario deportivo.

• Lexislación deportiva estatal e normativa relacionada: obxecto, rango e ámbito de aplicación.

• Consello Superior de Deportes: estrutura básica e funcións.

• Entidades deportivas españolas (Comité Olímpico Español e Comité Paralímpico Español): estrutura básica e funcionamento.

• Entidades deportivas españolas (federacións deportivas): estrutura básica e funcionamento.

• Réxime disciplinario deportivo e procedementos sancionadores. Órganos disciplinarios (Axencia Estatal Antidopaxe, Comité Español de Disciplina Deportiva, e Comisión Nacional contra a Violencia nos Espectáculos Deportivos): natureza e competencias

2. Selecciona e prepara recursos materiais e instalacións necesarias, consonte a normativa, logo de analizar as súas condicións de seguridade.

• Instalacións deportivas: concepto e características funcionais.

• Medidas de protección ambiental nas instalacións deportivas: aforro e uso eficiente da auga e a enerxía. Afeccións no contorno físico. Redución de residuos e apoio á reciclaxe e á reutilización.

• Normativa sobre seguridade nas instalacións deportivas. Medidas de protección para usuarios/as e traballadores/as.

• Protección contra actos antisociais e violencia no deporte.

• Análise e aplicación dos plans de emerxencia e evacuación.

• Información sobre seguridade nas instalacións deportivas. Interpretación da sinalización de seguridade.

• Procedementos de revisión dos equipamentos deportivos.

3. Prepara o desprazamento da persoa ou do grupo de iniciación e tecnificación deportiva, aplicando os procedementos establecidos e a normativa.

• Organización do desprazamento dos grupos deportivos: características. Formalización e tipo de documentación e permisos de desprazamento dos/das deportistas. Normativa de aplicación.

• Elección dos seguros de accidentes e de actividade: tipos e características; normativa de aplicación.

• Responsabilidade civil do persoal técnico deportivo: características e normativa. Acompañamento ou tutela de menores durante o desprazamento.

• Asunción de normas e responsabilidades do persoal técnico deportivo nas viaxes dos grupos deportivos.

4. Dirixe e acompaña deportistas en competicións de nivel de iniciación e tecnificación deportiva, analizando as características de organización das competicións.

• Análise dos requisitos básicos para a participación en competicións de tecnificación deportiva. Proceso de inscrición: documentación e prazos. Tramitación e características da licenza federativa autonómica e estatal. Tramitación do seguro obrigatorio deportivo.

• Análise das funcións e das responsabilidades do persoal técnico deportivo durante a competición.

• Organización e estrutura básica das competicións deportivas: fases máis salientables. Funcións da organización.

5. Xestiona un club deportivo aplicando os procedementos axeitados para a súa constitución e a súa posta en marcha.

• Club deportivo: tipos, características e estrutura básica; normativa de constitución e funcionamento dun club deportivo; procedemento de constitución e inscrición.

• Vías de financiamento dos clubs deportivos. Ingresos propios, ingresos indirectos e subvencións de institucións públicas.

– Tipos e modalidades das axudas e subvencións aos clubs: procedemento de tramitación.

– Convenios de colaboración coa Administración: protocolos, cláusulas e anexos.

– Patrocinio deportivo: tipos; normativa relacionada.

Módulo común de ensino deportivo: Xénero e deporte

Código: MED-C205

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Identifica a realidade do deporte feminino e analiza os elementos sociais que o caracterizan.

a) Identificouse a terminoloxía específica na temática de xénero.

b) Valorouse a importancia da autoavaliación permanente sobre os prexuízos e os estereotipos persoais en relación co xénero.

c) Describíronse os prexuízos e os estereotipos persoais e sociais específicos, con relación ao xénero e á práctica da actividade físico-deportiva.

d) Identificouse a evolución do deporte feminino e os aspectos que resultaron determinantes na dita evolución.

e) Identificáronse e categorizáronse as diferenzas do deporte feminino en relación co masculino.

f) Describíronse os índices de práctica deportiva feminina en diferentes ámbitos (deporte escolar, deporte federado, etc.).

g) Describiuse e analizouse o abandono feminino, así como as súas causas.

h) Analizouse a situación das mulleres como persoal técnico, corpo arbitral e adestradoras, así como en diferentes ámbitos da xestión deportiva.

2. Promove a incorporación da muller ao ámbito deportivo e analiza as súas peculiaridades específicas e as do seu contexto, aplicando estratexias de intervención.

a) Describíronse os intereses e as motivacións particulares das mulleres ante a práctica deportiva.

b) Describíronse as principais barreiras que achan as mulleres no desenvolvemento da práctica deportiva.

c) Valorouse a importancia de potenciar unha imaxe corporal saudable para o benestar da muller deportista.

d) Valorouse a importancia de considerar as características biolóxicas específicas da muller deportista como parte da súa vivencia persoal.

e) Valorouse a importancia de ampliar as oportunidades de participación das mulleres na actividade físico-deportiva.

f) Analizáronse as principais vías de incorporación das mulleres á práctica deportiva.

g) Valorouse a importancia de desenvolver prácticas inclusivas no fomento da participación activa das mulleres no deporte.

h) Aplicáronse estratexias metodolóxicas para favorecer a participación e as posibilidades de éxito das deportistas.

i) Valorouse a importancia dunha actitude positiva dos compañeiros e das compañeiras, do persoal técnico, das familias e das institucións cara á práctica deportiva das mulleres.

j) Identificáronse os usos sexistas da linguaxe e as formas básicas para facer que esta faga visibles as mulleres deportistas.

3. Apoia a incorporación da muller ao deporte e identifica o papel das institucións e as liñas de apoio ao deporte feminino.

a) Identificáronse as institucións e os organismos vinculados co deporte feminino a nivel estatal, autonómico e local.

b) Valorouse a importancia da coordinación e a colaboración interinstitucional no fomento de hábitos de práctica físico-deportiva nas mulleres.

c) Valorouse o papel das institucións (federacións deportivas, asociacións, clubs, etc.) na organización e no fomento da competición, na recreación e na práctica da actividade física saudable das mulleres.

d) Describíronse as principais características dos programas de promoción da práctica físico-deportiva nas mulleres.

e) Valoráronse os principais programas de promoción e desenvolvemento da práctica deportiva feminina como exemplos de boas prácticas.

f) Valorouse a importancia da promoción do deporte feminino como xerador de valores persoais, sociais e como vehículo de integración social.

Contidos básicos

1. Identifica a realidade do deporte feminino e analiza os elementos sociais que o caracterizan.

• Terminoloxía específica: sexo e xénero; prexuízo e estereotipo de xénero; igualdade de acceso e igualdade de oportunidades; modelos androcéntricos; expectativas sociais.

• Prexuízos e estereotipos persoais e sociais en relación co xénero e coa práctica da actividade físico-deportiva.

• Evolución da práctica da actividade físico-deportiva das mulleres e factores determinantes.

• Modalidades deportivas con características diferenciais entre homes e mulleres.

• Índices de práctica físico-deportiva feminina nos ámbitos escolar, federado, universitario e recreativo.

• Índices de abandono nos ámbitos escolar, federado, universitario, recreativo, etc.

• Causas do abandono da práctica físico-deportiva feminina.

• Mulleres como persoal técnico, adestradoras, corpo arbitral e xestoras deportivas.

2. Promove a incorporación da muller ao ámbito deportivo e analiza as súas peculiaridades específicas e as do seu contexto, aplicando estratexias de intervención.

• Intereses e motivacións específicas da muller ante a práctica físico-deportiva.

• Barreiras para o desenvolvemento da práctica deportiva.

• Imaxe non sexista na muller deportista.

– Trazos característicos dunha imaxe corporal positiva non sexista e dunha imaxe corporal negativa non sexista.

– Estratexias para fomentar unha imaxe corporal positiva non sexista na muller deportista.

• Influencia das características biolóxicas femininas no desenvolvemento psicosocial da deportista (menarquia, amenorrea, ciclo menstrual e temporalidade da madureza física).

• Estratexias de intervención para a plena incorporación das mulleres á práctica físico-deportiva: oportunidades de participación; vías de incorporación; prácticas inclusivas; estratexias metodolóxicas. Fomento de actitudes positivas en diferentes axentes sociais (compañeiros/as, persoal técnico, familias, etc.).

• Linguaxe: uso non sexista da linguaxe; linguaxe inclusiva. Estratexias básicas.

3. Apoia a incorporación da muller ao deporte e identifica o papel das institucións e as liñas de apoio ao deporte feminino.

• Órganos responsables do deporte feminino dentro das institucións e os organismos de carácter estatal, autonómico e local.

• Coordinación e colaboración institucional no fomento de hábitos de práctica físico-deportiva nas mulleres.

• Programas de promoción e desenvolvemento do deporte feminino: características principais; exemplos de boas prácticas.

• Actividade físico-deportiva como xeradora de valores na poboación feminina: valores persoais e sociais.

Módulo específico de ensino deportivo: Ensinanza e tecnificación hípica

Código: MED-HIHI202

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Elabora programas de ensino da equitación na etapa de iniciación deportiva, analizando a programación de referencia, o programa de formación de xinetes, programas de galopes e as súas posibles adaptacións.

a) Describíronse as características do programa de formación de xinetes (programa de galopes), establecendo os criterios de aprendizaxe.

b) Analizáronse as características e a complexidade das habilidades que constitúen o programa de formación de xinetes (programa de galopes do 1 ao 4).

c) Analizáronse secuencias de aprendizaxe das habilidades que constitúen o programa de galopes do 1 ao 4, e identificáronse as variables modificadas, así como as vantaxes e os inconvenientes que provocan.

d) Elaboráronse secuencias de aprendizaxe das habilidades que constitúen o programa de galopes do 1 ao 4 e as súas adaptacións.

e) Analizáronse os métodos específicos de ensino das habilidades que constitúen o programa de galopes do 1 ao 4.

f) Determináronse os recursos materiais necesarios e as súas posibles utilizacións, para o ensino das habilidades que constitúen o programa de galopes do 1 ao 4.

g) Identificáronse as posibles adaptacións do programa de ensino das habilidades que constitúen o programa de galopes do 1 ao 4 ás características específicas dos grupos de idade (temporalización, presentación das tarefas, etc.).

h) Valorouse a importancia de introducir no proceso de ensino das habilidades que constitúen o programa de galopes do 1 ao 4 a adquisición de valores vinculados ao código de conduta do/da xinete respecto do benestar do cabalo.

i) Elaborouse un programa de ensino das habilidades que constitúen o programa de galopes do 1 ao 4, nun suposto práctico.

2. Colabora no proceso de detección e selección de talentos deportivos de binomio xinete-cabalo, en diferentes disciplinas hípicas, analizando as características dos sistemas e dos programas de detección e selección, e aplicando técnicas específicas.

a) Identificáronse as características técnicas, tácticas, físicas e psicolóxicas que describen en hípica o talento deportivo e o binomio.

b) Describíronse os criterios utilizados en hípica para a detección e a selección de talentos e os binomios.

c) Describíronse os principios dos programas de detección e selección de talentos deportivos e binomios en hípica.

d) Describíronse as funcións e o protocolo de actuación do persoal técnico deportivo nos programas de detección e selección de talentos e binomios.

e) Analizáronse as condicións materiais e os recursos humanos que se necesitan en hípica ante un suposto práctico de programa de detección e selección de talentos e de binomios.

f) Valorouse a importancia dunha detección precoz do talento deportivo e do binomio na consecución do alto rendemento.

g) Xustificouse a necesidade de respectar o desenvolvemento do individuo, o benestar do cabalo e os valores propios do deporte ecuestre no proceso de detección e selección de talentos deportivos.

3. Dirixe e coordina unha escola hípica identificando as características organizativas e a necesidade de medios materiais, de recursos humanos e de cabalos, aplicando procedementos establecidos de dirección e de comunicación.

a) Describíronse os obxectivos para conseguir na dirección técnica dunha escola de hípica.

b) Analizáronse propostas de estrutura organizativa e docente dunha escola de hípica, en función das actividades que organiza.

c) Identificáronse os recursos humanos e materiais, e os cabalos necesarios nunha escola de hípica, en función das actividades organizadas.

d) Describíronse os criterios utilizados na coordinación das actividades da escola deportiva con outras actividades do centro ecuestre.

e) Describíronse procedementos organizativos da escola hípica e de comunicación coas federacións de hípica dos ámbitos territorial, autonómico e estatal.

f) Describíronse os procedementos organizativos e de comunicación básicos no funcionamento dunha escola hípica.

g) Xustificouse a importancia de incorporar os valores da hípica ao ideario e ao funcionamento da escola de hípica.

4. Revisa a aplicación dos requisitos que ten que cumprir unha escola hípica, analizando as exixencias establecidas pola normativa de aplicación.

a) Describíronse os requisitos básicos que ten que cumprir unha escola hípica segundo a lexislación e a norma establecida polos órganos competentes.

b) Identificouse a importancia de cada factor que intervén no programa de homologación de clubs deportivos da Real Federación Hípica Española (RFHE).

c) Analizáronse consonte a normativa as características referentes a seguridade, adaptación e calidade que ten que cumprir unha escola hípica, en relación coa súa situación, coas infraestruturas e coas normas de superación de barreiras arquitectónicas.

d) Examináronse, consonte a normativa, as características referentes á seguridade, adaptación e calidade que ten que cumprir unha escola hípica, en relación coa calidade da recepción, co acollemento e coa atención das persoas usuarias.

e) Analizáronse, consonte a normativa, as características referentes á seguridade, adaptación e calidade que ten que cumprir unha escola hípica, en relación cos cabalos e coa gornicionaría utilizada.

f) Analizáronse, consonte a normativa, as características referentes á seguridade, adaptación e calidade que ten que cumprir unha escola hípica, en relación coas actividades desenvolvidas.

g) Identificáronse os aspectos para mellorar nunha escola hípica, en función dos criterios de homologación da RFHE.

h) Valorouse a importancia do cumprimento da normativa referente á seguridade, adaptación e calidade, co fin de mellorar a atención das persoas usuarias dunha escola hípica.

Contidos básicos

1. Elabora programas de ensino da equitación na etapa de iniciación deportiva, analizando a programación de referencia, o programa de formación de xinetes, programas de galopes e as súas posibles adaptacións.

• Programa de formación de xinetes.

– Etapas do programa de formación de xinetes da RFHE: características específicas e habilidades.

– Aprendizaxe das habilidades para a formación de xinetes segundo o programa de formación de galopes do 1 ao 4.

– Criterios de avaliación de referencia para cada etapa de formación.

• Adaptación do ensino na etapa de iniciación hípica.

• Metodoloxía do ensino da equitación na etapa de iniciación deportiva.

• Recursos pedagóxicos para o ensino da equitación.

• Benestar do cabalo e código de conduta do/da xinete.

2. Colabora no proceso de detección e selección de talentos deportivos de binomio xinete-cabalo, en diferentes disciplinas hípicas, analizando as características dos sistemas e dos programas de detección e selección, e aplicando técnicas específicas.

• Talento deportivo en hípica.

• Características técnicas, tácticas, físicas e psicolóxicas dun talento deportivo en hípica.

• Criterios de selección de talentos deportivos en cada disciplina hípica.

• Programas de detección e selección de talentos deportivos en hípica.

– Actuacións do persoal técnico deportivo.

– Condicións materiais e recursos humanos.

– Detección precoz.

– Respecto pola integridade do individuo.

3. Dirixe e coordina unha escola hípica identificando as características organizativas e a necesidade de medios materiais, de recursos humanos e de cabalos, aplicando procedementos establecidos de dirección e de comunicación.

• Dirección e coordinación dunha escola hípica.

• Obxectivos dunha escola hípica.

• Estrutura organizativa dunha escola hípica: recursos humanos e materiais; recursos de cabalos (número, características físicas e amestramento).

• Dirección técnica e coordinación dunha escola hípica: estrutura organizativa interna e relación coa normativa federativa dos ámbitos territorial, autonómico e estatal.

• Respecto polos valores da hípica no funcionamento dunha escola hípica.

4. Revisa a aplicación dos requisitos que ten que cumprir unha escola hípica, analizando as exixencias establecidas pola normativa de aplicación.

• Requisitos básicos referentes á seguridade, adaptación e calidade que debe cumprir unha escola hípica, consonte a normativa.

– Situación, infraestrutura e normas de superación de barreiras arquitectónicas.

– Recepción, acollemento e atención de persoas usuarias.

– Cabalos e gornicionaría utilizada.

– Actividades desenvolvidas.

• Criterios de homologación de centros hípicos da Real Federación Hípica Española.

• Importancia do cumprimento da norma para o benestar do/da usuario/a dunha escola hípica.

Módulo específico de ensino deportivo: Bases do adestramento deportivo do cabalo

Código: MED-HIHI203

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Identifica as características físicas do cabalo, analizando as funcións anatómico-fisiolóxicas do seu organismo en relación co exercicio físico.

a) Describíronse a estrutura e a organización do organismo do cabalo en función das súas unidades estruturais (células, tecidos e sistemas).

b) Diferenciáronse as posibilidades de movemento do corpo do cabalo, cun uso correcto da terminoloxía para a descrición de posicións e direccións, en función dos eixes e planos anatómicos.

c) Analizáronse e describíronse a estrutura e o funcionamento do aparello locomotor do cabalo (ósos, articulacións e músculos).

d) Analizáronse e describíronse a estrutura e o funcionamento do sistema nervioso do cabalo atendendo á estrutura e á función da neurona e ao proceso de sinapse nerviosa.

e) Analizáronse e describíronse a estrutura e o funcionamento do aparello cardiocirculatorio do cabalo.

f) Analizáronse e describíronse a estrutura e o funcionamento do aparello respiratorio do cabalo.

2. Valora a condición motriz xeral do cabalo aplicando as técnicas e a metodoloxía de avaliación adecuada, diferenciando as capacidades físicas básicas.

a) Describiuse o concepto de capacidade motriz do cabalo.

b) Identificáronse as capacidades coordinativas e condicionais como constitutivas da capacidade motriz do cabalo.

c) Describíronse as características das capacidades condicionais do cabalo.

d) Describíronse as características das capacidades coordinativas do cabalo.

e) Clasificáronse os instrumentos e os medios máis importantes utilizados na valoración das capacidades condicionais do cabalo.

f) Clasificáronse os instrumentos e os medios máis importantes utilizados na valoración das capacidades coordinativas do cabalo.

g) Describiuse a evolución da capacidade motriz do cabalo novo.

h) Valorouse a importancia da obxectividade, a fiabilidade e a validez dos métodos de medición das capacidades condicionais.

3. Desenvolve a condición motriz xeral do cabalo, adaptando os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades e analizando os medios utilizados.

a) Adaptáronse os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades condicionais ao desenvolvemento da condición motriz do cabalo.

b) Analizáronse os principais medios do adestramento da forza do cabalo.

c) Analizáronse os principais medios do adestramento da resistencia do cabalo.

d) Analizáronse os principais medios do adestramento da velocidade do cabalo.

e) Analizáronse os principais medios do adestramento da flexibilidade do cabalo.

f) Adaptáronse os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades coordinativas ao desenvolvemento da condición motriz do cabalo.

g) Analizáronse os principais medios do adestramento das capacidades coordinativas no cabalo.

h) Valorouse a importancia da adaptación dos principios metodolóxicos e dos medios de adestramento xerais ao adestramento do cabalo, para o correcto desenvolvemento da súa condición motriz.

4. Valora as pautas hixiénicas máis adecuadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva do cabalo, analizando as medidas de prevención, control e seguimento utilizadas.

a) Analizáronse as repercusións positivas máis salientables da práctica deportiva sobre o organismo do cabalo.

b) Analizáronse as consecuencias negativas que pode levar consigo unha práctica deportiva inadecuada no cabalo.

c) Identificáronse as patoloxías xerais máis importantes asociadas ao adestramento do cabalo.

d) Desenvolvéronse actividades de quecemento xeral e arrefriamento do cabalo.

e) Analizáronse hábitos insalubres contraproducentes para o desenvolvemento do cabalo, nomeadamente en relación cos cabalos novos.

f) Valorouse a importancia de prever as consecuencias negativas do sedentarismo do cabalo.

g) Valoráronse os efectos nocivos da dopaxe sobre o organismo do cabalo.

h) Analizouse a postura do persoal técnico deportivo ante a dopaxe e a súa incidencia negativa no normal desenvolvemento do traballo técnico-táctico e físico do binomio na etapa de tecnificación.

Contidos básicos

1. Identifica as características físicas do cabalo, analizando as funcións anatómico-fisiolóxicas do seu organismo en relación co exercicio físico.

• Estrutura anatómica, fisiolóxica e funcional dos órganos e dos sistemas do cabalo: aparello locomotor (movementos, eixes, planos e sistemas de referencia), e sistemas nervioso, cardiocirculatorio e respiratorio.

2. Valora a condición motriz xeral do cabalo aplicando as técnicas e a metodoloxía de avaliación adecuada, diferenciando as capacidades físicas básicas.

• Capacidade motriz do cabalo.

• Capacidades condicionais (resistencia, velocidade, forza e flexibilidade): características; instrumentos e medios para a súa valoración.

• Capacidades coordinativas (axilidade, coordinación, equilibrio, etc.): características; instrumentos e medios para a súa valoración.

• Evolución da capacidade motriz do cabalo novo.

3. Desenvolve a condición motriz xeral do cabalo, adaptando os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades e analizando os medios utilizados.

• Adestramento xeral do cabalo.

• Resistencia, velocidade, forza, flexibilidade e capacidades coordinativas: medios de adestramento.

4. Valora as pautas hixiénicas máis adecuadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva do cabalo, analizando as medidas de prevención, control e seguimento utilizadas.

• Beneficios da práctica físico-deportiva sobre o organismo do cabalo: repercusións físicas e psicolóxicas.

• Riscos propios dunha práctica deportiva inadecuada: repercusións físicas e psicolóxicas.

• Contraindicacións xerais máis importantes ao adestramento do cabalo: absolutas e relativas. Precaucións.

• Quecemento e volta á calma na sesión deportiva.

• Hábitos insalubres contraproducentes para a práctica deportiva: estabulación. Trastornos alimentarios. Trastornos de conduta.

• Dopaxe: definición e efectos sobre a saúde física e psíquica dos cabalos.

Módulo específico de ensino deportivo: Preparación física do/da xinete

Código: MED-HIHI204

Resultado de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Valora a condición física do/da xinete identificando as capacidades das que depende o seu rendemento, aplicando probas e test de campo, e analiza os seus resultados.

a) Identificáronse as capacidades condicionais de que depende a condición física específica do/da xinete.

b) Describíronse as características das capacidades condicionais de que depende a condición física específica do/da xinete.

c) Describíronse as características dos test e das probas específicas de valoración das capacidades condicionais de que depende a condición física específica do/da xinete.

d) Aplicáronse tests ou probas específicas de valoración das capacidades condicionais de que depende a condición física específica do/da xinete.

e) Describíronse as normas de seguridade que se deben cumprir durante a realización de test ou probas específicas de valoración das capacidades condicionais de que depende a condición física específica do/da xinete.

f) Identificáronse signos indicadores de risco antes e durante a execución das probas ou os test específicos de valoración das capacidades condicionais de que depende a condición física específica do/da xinete.

g) Valoráronse, nun suposto práctico de secuencia de medición da condición física específica do/da xinete, os cambios observados nos rexistros, e establecéronse as posibles relacións causa-efecto.

h) Elaboráronse instrumentos para a recollida da información sobre a condición física específica do/da xinete durante a práctica deportiva, o adestramento e a competición.

i) Describíronse os conceptos estatísticos básicos necesarios para o tratamento da información obtida na valoración da condición física.

j) Aplicáronse as técnicas de tratamento e procesamento estatístico básico da información obtida.

k) Seleccionáronse as técnicas de tratamento estatístico adecuadas ao tipo de información obtida e á finalidade da valoración.

l) Interiorizouse a necesidade de transmitir a información sobre a valoración dos/das xinetes de forma eficaz e discreta, e reforzando a súa autoestima.

2. Adapta e concreta ciclos e sesións de adestramento da condición física do/da xinete, para o cal analiza a programación de referencia, a metodoloxía e os medios específicos de preparación, aplicando procedementos.

a) Describíronse os obxectivos de desenvolvemento da condición física do/da xinete nas programacións de referencia da etapa de tecnificación deportiva nas disciplinas de tipo técnico, como salto e doma.

b) Describíronse os obxectivos de desenvolvemento da condición física do/da xinete nas programacións de referencia da etapa de tecnificación deportiva nas disciplinas tipo de resistencia, como concurso completo e raid.

c) Identificáronse as funcións dos instrumentos e dos medios de control da condición física do/da xinete dentro da programación de referencia.

d) Relacionáronse os medios específicos de mellora da condición física do/da xinete cos obxectivos da programación de referencia nas disciplinas de tipo técnico.

e) Relacionáronse os medios específicos de mellora da condición física do/da xinete cos obxectivos da programación de referencia nas disciplinas tipo de resistencia.

f) Explicáronse as características dos métodos específicos de desenvolvemento das capacidades condicionais de que depende a condición física específica do/da xinete nas disciplinas técnicas e de resistencia.

g) Seleccionáronse os sistemas de cuantificación da carga de traballo nos métodos específicos.

h) Definíronse os factores que modifican a carga nos métodos específicos de desenvolvemento da condición física do/da xinete.

i) Seleccionáronse as características específicas dunha sesión de desenvolvemento da condición física do/da xinete nas disciplinas técnicas e de resistencia.

j) Identificáronse os tipos de disciplinas ecuestres e a súa relación coas capacidades condicionais do/da xinete.

k) Definíronse os exercicios cos parámetros de carga adaptados ás necesidades do/da xinete.

l) Analizáronse as características específicas dos ciclos de preparación física do/da xinete en función da súa situación dentro da programación de referencia e os obxectivos desta.

m) Elaborouse un ciclo de preparación física completa, a partir dunha programación de referencia, concretando obxectivos, medios, métodos, instrumentos de control e dinámica da carga.

n) Relacionouse a evolución do/da xinete cos obxectivos previamente establecidos nos dous tipos de modalidades, e verificouse que o programa de adestramento se axuste a aqueles.

ñ) Asumiuse a programación como factor de eficacia e calidade na planificación do adestramento da condición física do/da xinete.

3. Dirixe sesións de desenvolvemento da condición física do/da xinete aplicando técnicas de dirección, seguindo unha programación de referencia e aplicando técnicas de autoavaliación.

a) Analizáronse as técnicas específicas de organización das sesións de desenvolvemento da condición física do/da xinete con especial atención á disposición do persoal técnico en función do material, o aproveitamento óptimo do espazo e do material, e o mantemento do nivel de práctica programado.

b) Describíronse as características que debe cumprir a información, cando se utilizan métodos de desenvolvemento da condición física do/da xinete.

c) Dirixiuse unha sesión simulada de desenvolvemento da condición física do/da xinete, de acordo co previsto na programación para cada tipo de modalidade.

d) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de desenvolvemento da condición física do/da xinete, en relación coas causas e as posibles medidas para a súa solución.

e) Analizáronse as actitudes e as accións de motivación máis adecuadas nas sesións de desenvolvemento da condición física do/da xinete.

f) Identificáronse os criterios de calidade na organización e na dirección de sesións de desenvolvemento da condición física do/da xinete.

g) Adaptáronse instrumentos para a recollida de información sobre o desempeño persoal do persoal técnico deportivo durante a dirección de sesións de desenvolvemento da condición física do/da xinete.

h) Analizouse o comportamento do persoal técnico deportivo na dirección de sesións de preparación física do/da xinete, utilizando diferentes medios de rexistro da información, identificáronse os erros e propuxéronse alternativas.

4. Promove prácticas deportivas saudables, para o cal analiza os xestos deportivos predominantes e identifica as pautas hixiénicas máis adecuadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva, para a prevención de lesións e patoloxías propias da hípica.

a) Detectáronse os aspectos negativos e as contraindicacións dos xestos predominantes no nivel de tecnificación de hípica.

b) Describíronse as medidas preventivas e de defensa fronte ás condicións da práctica deportiva no nivel de tecnificación de hípica.

c) Analizáronse e puxéronse en práctica actividades de quecemento e arrefriamento específicos do/da xinete.

d) Analizáronse as características das rutinas e dos programas de preparación física, para a prevención das lesións máis comúns durante a etapa de iniciación e tecnificación.

e) Analizáronse as particularidades dos programas de preparación física orientados ao control e á variación do peso do/da xinete nas disciplinas técnicas e de resistencia.

f) Describíronse pautas para unha alimentación e unha hidratación axeitadas antes, durante e despois da práctica da hípica, e adaptáronse ao contorno e ás particularidades do deporte.

g) Xustificouse a importancia do quecemento e as medidas preventivas na prolongación da vida deportiva do/da xinete.

Contidos básicos

1. Valora a condición física do/da xinete identificando as capacidades de que depende o seu rendemento, aplicando probas e test de campo, e analiza os seus resultados.

• Factores condicionais que inciden na condición física e deportiva do/da xinete.

• Características das capacidades condicionais en hípica.

• Elaboración de instrumentos de recollida de información (probas de nivel, test, cuestionarios e observación): características e aplicación.

• Normas de seguridade. Prevención de riscos na elaboración e aplicación dos test.

• Interpretación de resultados.

• Estatística básica: estatísticas, análise e interpretación de datos.

• Evolución da forma deportiva.

• Información ao/á xinete.

2. Adapta e concreta ciclos e sesións de adestramento da condición física do/da xinete, para o cal analiza a programación de referencia, a metodoloxía e os medios específicos de preparación, aplicando procedementos.

• Obxectivos do desenvolvemento da condición física do/da xinete.

• Medios específicos de adestramento nas disciplinas de tipo técnico.

• Medios específicos de adestramento nas disciplinas de resistencia.

• Métodos específicos do adestramento do/da xinete.

• Periodización da preparación física do/da xinete.

• Sesión de adestramento.

• Carga de traballo no adestramento en hípica: cuantificación; factores que a modifican; parámetros de carga de cada exercicio.

• Adaptacións ao/á xinete.

• Ciclos de preparación física en hípica: características; elaboración a partir dunha programación de referencia.

3. Dirixe sesións de desenvolvemento da condición física do/da xinete aplicando técnicas de dirección, seguindo unha programación de referencia e aplicando técnicas de autoavaliación.

• Técnicas de organización de sesións de preparación física.

• Información ao/á xinete no desenvolvemento da sesión.

• Sesión de adestramento da preparación física: incidencias e solucións.

• Actitudes e accións motivadoras na sesión de adestramento en hípica.

• Criterios de calidade na organización e na dirección das sesións de adestramento en hípica.

• Papel do persoal técnico no desenvolvemento da sesión de condición física: autoavaliación.

4. Promove prácticas deportivas saudables, para o cal analiza os xestos deportivos predominantes e identifica as pautas hixiénicas máis adecuadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva, para a prevención de lesións e patoloxías propias da hípica.

• Aspectos negativos, contraindicacións e consecuencias na práctica da hípica.

• Medidas preventivas.

• Quecemento e volta á calma específicos.

• Características das rutinas e dos programas para a prevención de lesións.

• Métodos de adestramento orientados á variación e ao control do peso corporal.

• Pautas de alimentación e hidratación adaptadas á práctica da hípica.

Módulo específico de ensino deportivo: Paraecuestre

Código: MED-HIHI205

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Organiza sesións de iniciación ás disciplinas paraecuestres analizando as necesidades específicas das persoas con discapacidade.

a) Describíronse as necesidades propias de cada discapacidade atendendo ao mecanismo funcional afectado, e as súas consecuencias a nivel perceptivo-motor na práctica das disciplinas paraecuestres.

b) Describíronse as pautas de traballo específicas na iniciación ás disciplinas paraecuestres, en función do tipo de discapacidade.

c) Aplicáronse os procedementos específicos de recollida de información do comportamento motor da persoa con discapacidade, nomeadamente en relación co transporte, coa autonomía no centro ecuestre, subir e baixar do cabalo e coas súas habilidades motrices específicas para a práctica das disciplinas paraecuestres.

d) Determináronse medidas de seguridade específicas na iniciación ás disciplinas paraecuestres segundo os tipos de discapacidade.

e) Aplicáronse as adaptacións metodolóxicas específicas para empregar segundo o tipo de discapacidade na sesión de equitación adaptada.

2. Aplica recursos que fomentan a participación de persoas con discapacidade nas disciplinas paraecuestres, analizando as características da tarefa, do cabalo e dos materiais, e identificando as limitacións para a práctica de disciplinas paraecuestres orixinadas polo contexto.

a) Analizáronse as principais vías de incorporación á práctica da equitación de persoas con discapacidade.

b) Describíronse os mecanismos de adaptación de tarefas para a práctica da equitación dirixida a persoas con discapacidade que compensan o déficit que presentan.

c) Aplicáronse procedementos de modificación das tarefas, dos xogos e das actividades para favorecer a participación, a satisfacción e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica da equitación.

d) Valorouse a importancia do fomento da participación activa de persoas con discapacidade en situacións inclusivas de práctica ecuestre.

e) Identificáronse as principais limitacións cara á práctica das disciplinas paraecuestres provocada pola falta de accesibilidade nas instalacións ecuestres e nos espazos sociais.

f) Valorouse a importancia dunha actitude positiva cara á inclusión das persoas con discapacidade por parte de compañeiros/as, persoal técnico, familias e institucións cara á práctica da equitación.

g) Describíronse as posibilidades do material ecuestre adaptado específico dos xogos e das actividades ecuestres.

h) Enunciáronse as posibilidades das axudas técnicas específicas atendendo ao tipo de discapacidade e á disciplina ecuestre que realicen os suxeitos.

i) Analizáronse as características fundamentais do carácter e do comportamento, a conformación e o nivel de amestramento do cabalo utilizable nas disciplinas paraecuestres, en relación co tipo de discapacidade.

j) Realizouse a adaptación do material e a elección do cabalo, nun suposto práctico, tendo en conta as características específicas.

3. Organiza os/as deportistas con discapacidade, interpretando as principais clasificacións funcionais e as características das disciplinas paraecuestres.

a) Describiuse o concepto de clasificación funcional do/da xinete e o concepto de discapacidade mínima nas disciplinas paraecuestres.

b) Enunciáronse as clasificacións funcionais dos/das xinetes segundo o tipo de discapacidade.

c) Xustificouse a importancia das clasificacións funcionais para a homoxeneización dos procesos competitivos no deporte ecuestre, e argumentáronse as diferenzas entre elas.

d) Aplicáronse criterios de adaptación da clasificación paraecuestre para fomentar a participación de diferentes discapacidades dentro dunha mesma categoría funcional.

e) Identificáronse os xogos e os deportes ecuestres adaptados específicos para persoas con discapacidade, incluíndo as características dos que son específicos.

f) Identificáronse as características das disciplinas paraecuestres e os seus determinantes regulamentarios e normativos.

g) Comparáronse as disciplinas paraecuestres coas disciplinas ecuestres.

h) Recoñeceuse a importancia de experimentar algunhas actividades ecuestres practicadas por persoas con discapacidade a través de situacións simuladas.

i) Seleccionouse a disciplina ecuestre máis adecuada atendendo ao tipo de mecanismo funcional afectado e a clasificación funcional do/da xinete.

4. Orienta as persoas con discapacidade cara á práctica da equitación recoñecendo a estrutura do deporte paraecuestre e as fontes de información dispoñibles.

a) Relacionouse a orixe do deporte paraecuestre coa estrutura actual do deporte adaptado.

b) Identificáronse os organismos reguladores de disciplinas paraecuestres nos ámbitos internacional, estatal e autonómico.

c) Valorouse o papel das institucións (federacións hípicas, asociacións, clubs, etc.) na organización e no fomento da competición, a recreación e a práctica saudable das disciplinas paraecuestres.

d) Describíronse os programas de deporte ecuestre para as persoas con discapacidade.

e) Describíronse as características dos principais programas de difusión e de desenvolvemento paraecuestre e do deporte ecuestre adaptado.

f) Utilizáronse as fontes de información dispoñibles como recurso básico para orientar os/as xinetes con discapacidade.

g) Valorouse a importancia da promoción das disciplinas paraecuestres.

Contidos básicos

1. Organiza sesións de iniciación paraecuestre analizando as necesidades específicas das persoas con discapacidade.

• Descrición das necesidades propias de cada discapacidade para a práctica das disciplinas paraecuestres: características específicas; contraindicacións e precaucións.

• Tipo de discapacidade e a súa relación co mecanismo perceptivo motor. Dificultades para a práctica das disciplinas paraecuestres.

• Valoración inicial das características específicas das persoas con discapacidade para a práctica das disciplinas paraecuestres.

• Uso de ferramentas básicas para a recollida de información da competencia motriz en persoas con discapacidade aplicables á práctica das disciplinas paraecuestres.

• Adaptacións metodolóxicas na sesión de equitación en función do tipo de discapacidade.

• Aplicación de restricións e condicións básicas de seguridade na práctica da equitación segundo a discapacidade.

• Importancia das adaptacións metodolóxicas e da seguridade na iniciación ás disciplinas paraecuestres.

2. Aplica recursos que fomentan a participación de persoas con discapacidade nas disciplinas paraecuestres, analizando as características da tarefa, do cabalo e dos materiais, e identificando as limitacións para a práctica de disciplinas paraecuestres orixinadas polo contexto.

• Xustificación da práctica paraecuestre por persoas con discapacidade como factor clave do seu benestar e da súa calidade de vida.

• Vías específicas de incorporación á práctica ecuestre de persoas con discapacidade.

• Identificación das actitudes no ámbito das persoas con discapacidade cara á práctica paraecuestre.

• Barreiras arquitectónicas nas instalacións ecuestres e nos espazos sociais.

• Integración e inclusión a través de xogos, tarefas e actividades ecuestres.

• Identificación e utilización dos mecanismos de adaptación das tarefas, xogos e actividades ecuestres ao tipo de discapacidade.

• Experimentación de situacións de práctica inclusiva para o fomento da participación de persoas con discapacidade nas actividades ecuestres.

• Características do material ecuestre adaptado.

• Axudas técnicas para a práctica paraecuestre.

• Valoración do papel da integración-inclusión das persoas con discapacidade en xogos e actividades ecuestres.

• Características do cabalo en función das discapacidades e do nivel técnico do/da xinete.

3. Organiza os/as deportistas con discapacidade, interpretando as principais clasificacións funcionais e as características das disciplinas paraecuestres.

• Principais clasificacións funcionais en paraecuestre do/da xinete segundo o tipo de discapacidade. Mínima discapacidade.

• Clasificacións funcionais de paraecuestre como proceso de homoxeneización para a participación nas competicións ecuestres.

• Práctica deportiva con persoas con discapacidade en condicións de igualdade como factor de integración e participación.

• Principais disciplinas ecuestres e paraecuestres.

• Adaptacións das disciplinas paraecuestres fronte ás disciplinas ecuestres equivalentes (regulamento, normativa e aspectos técnicos).

• Xogos ecuestres adaptados.

• Experimentación das principais disciplinas paraecuestres.

4. Orienta as persoas con discapacidade cara á práctica da equitación recoñecendo a estrutura do deporte paraecuestre e as fontes de información dispoñibles.

• Orixe e historia da equitación dirixida a persoas con discapacidade.

• Estrutura do deporte ecuestre adaptado dentro da organización nacional e internacional do deporte ecuestre.

• Relación entre a Federación Ecuestre Internacional, o Comité Paralímpico Internacional, o Comité Paralímpico Español e a Real Federación Hípica Española.

• Xogos ecuestres adaptados: Special Olimpics e outras organizacións.

• Programas de difusión e desenvolvemento de actividades ecuestres dirixidas a persoas con discapacidade a través de federacións territoriais de hípica.

• Papel do tecido asociativo de persoas con discapacidade na difusión da práctica da equitación.

• Principais fontes de información sobre as actividades ecuestres dirixidas a persoas con discapacidade.

• Integración a través das escolas de equitación.

Módulo específico de ensino deportivo: Organización de eventos hípicos

Código: MED-HIHI206

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Selecciona o momento da realización dun evento hípico, logo de analizar as características das asociacións deportivas hípicas e a oportunidade no programa de adestramento, e comparar as características dos eventos hípicos.

a) Aplicáronse criterios técnicos e organizativos na análise do calendario de competicións da RFHE e das federacións hípicas autonómicas (FHA), e na identificación do momento máis axeitado para a organización de eventos deportivos nun club hípico, de acordo coa súa programación formativa.

b) Describíronse os requisitos dos clubs de hípica para a súa vinculación a unha FHA e á RFHE.

c) Analizáronse a organización e os medios básicos de que debe dispoñer un club de hípica para o desenvolvemento dun evento hípico nas disciplinas hípicas.

d) Identificáronse as condicións que establecen os regulamentos da RFHE para a implantación dunha modalidade hípica nun club deportivo.

e) Analizáronse os instrumentos de promoción da hípica que poden utilizar os clubs deportivos.

f) Analizáronse e identificáronse os efectos e os beneficios que lles achega aos clubs deportivos a organización de eventos hípicos de nivel de promoción nas disciplinas hípicas.

g) Valorouse a importancia da promoción das disciplinas hípicas dentro dos obxectivos dun club de hípica.

2. Xestiona e organiza eventos hípicos de promoción e iniciación deportiva, para o cal analiza as características e os requisitos materiais e humanos dos eventos, de acordo coa disciplina e coas características técnicas dos percorridos.

a) Elaborouse un orzamento que valore os custos dun suposto de evento deportivo de promoción e iniciación hípica ou actividade de condución por itinerarios ecuestres.

b) Analizouse a viabilidade do proxecto do evento deportivo de promoción e iniciación hípica ou actividade de condución por itinerarios ecuestres en relación ao orzamento.

c) Identificouse e concretouse a xestión de patrocinios e publicidade como fontes de financiamento dun evento de promoción ou iniciación hípica ou actividade de condución por itinerarios ecuestres.

d) Determináronse as necesidades de persoal, material e loxística, así como os procedementos de xestión dos espazos, medios materiais e humanos necesarios na organización de actividades ou competicións de iniciación deportiva.

e) Describiuse o procedemento de confección do avance de programa do evento deportivo de promoción e iniciación hípica.

f) Analizáronse as funcións de distribución, situación, aloxamento e circulación dos binomios participantes e do público en xeral, nun suposto práctico de organización do evento deportivo de promoción e iniciación hípica.

g) Determináronse os custos de inscrición e aloxamento de cabalos na competición hípica de promoción e iniciación en función da normativa en vigor.

h) Utilizáronse os sistemas e programas específicos de obtención e soporte dos resultados da competición.

i) Describíronse os criterios para definir as funcións do persoal na cerimonia de entrega de trofeos dun evento deportivo de promoción e iniciación hípica.

j) Describíronse as necesidades de medios de comunicación (tipo e contía) necesarios para a organización e o desenvolvemento do evento deportivo de promoción e iniciación hípica, e estableceuse a súa distribución, os indicativos e as frecuencias.

k) Describíronse as misións da secretaría durante a planificación e o desenvolvemento dun evento hípico, que xustifiquen a súa necesidade.

l) Describíronse os criterios de elaboración dos horarios de participación dos/das xinetes nun suposto de competición hípica.

m) Describíronse as medidas de seguridade necesarias para a realización dun evento hípico ou de rutas a cabalo.

3. Colabora na xestión, na organización e no desenvolvemento de eventos hípicos de tecnificación, para o cal analiza as condicións de organización e de seguridade dos eventos, e a normativa ambiental.

a) Identificáronse os recursos humanos e materiais necesarios para a realización dun evento hípico de nivel de tecnificación.

b) Describíronse os labores e o funcionamento da secretaría dunha competición de tecnificación.

c) Describíronse as necesidades de aloxamento de cabalos e apoios materiais a estes antes dunha competición de nivel de tecnificación e durante esta.

d) Identificáronse as colaboracións na xestión de aloxamento e loxística necesarias para os/as xinetes, as persoas participantes e o público en xeral, asistentes a unha competición de nivel de tecnificación.

e) Describíronse as características e os procedementos para o desenvolvemento do plan de seguridade ante situacións de emerxencia no transcurso da celebración dunha competición hípica de tecnificación, e identificáronse os medios necesarios.

f) Describíronse as características das instalacións deportivas hípicas, a súa funcionalidade e a súa relación cos aspectos de seguridade e de protección ambiental.

g) Describíronse os criterios de seguridade que deben cumprir os equipamentos necesarios para a práctica deportiva de hípica.

h) Identificouse a normativa de aplicación en relación coa seguridade nas instalacións deportivas hípicas.

i) Analizouse o significado e o alcance de distintos tipos de sinalización de seguridade nunha instalación deportiva de hípica.

j) Analizáronse os requisitos básicos de seguridade que deben cumprir as instalacións e o equipamento deportivo para as persoas usuarias e os/as traballadores/as, consonte a normativa.

k) Describíronse as medidas de protección contra actos antisociais e de violencia no deporte, nunha instalación deportiva de hípica.

l) Valorouse a importancia de establecer os plans de emerxencia e evacuación nunha instalación deportiva de hípica.

4. Recolle a información durante o evento deportivo de promoción e iniciación hípica e ao seu remate, para o cal analiza os sistemas de recollida de datos e a documentación utilizable, con aplicación de técnicas para o seu procesamento.

a) Analizáronse os cuestionarios elaborados polo comité organizador e pola RFHE para a análise e o control das competicións hípicas.

b) Analizouse a información sobre o desenvolvemento técnico e loxístico dos eventos e das competicións de hípica, aplicando as técnicas de cálculo e tratamento estatístico axeitadas.

c) Examináronse os criterios de análise da información sobre o desenvolvemento técnico e loxístico dos eventos hípicos.

d) Clasificáronse as posibles incidencias que poidan xurdir durante o desenvolvemento dos eventos hípicos, en relación coas decisións que haxa que tomar e as súas consecuencias.

e) Describíronse os criterios de recollida de información que aseguren a súa representatividade e veracidade.

f) Xustificouse a recollida e a análise da información como base da mellora continua na organización de eventos e competicións hípicas.

Contidos básicos

1. Selecciona o momento da realización dun evento hípico, logo de analizar as características das asociacións deportivas hípicas e a oportunidade no programa de adestramento, e comparar as características dos eventos hípicos.

• Calendario deportivo anual das disciplinas de salto, doma e concurso completo.

• Calendario deportivo anual das disciplinas de raid e trec.

• Información turística da zona. Viabilidade de realización de rutas a cabalo. Topografía. Permisos.

• Normativa sobre a homologación dos centros e clubs hípicos polas FHA e a RFHE. Actividades que desenvolven os centros e os clubs.

• Club hípico federado: diferenzas respecto do club homologado; organización; normativa para a súa inscrición.

• Identificación dos medios necesarios para a realización de eventos hípicos segundo a disciplina hípica que se desenvolva e o nivel da competición.

• Vantaxes e inconvenientes da organización de eventos hípicos polos clubs.

• Actividades e instrumentos de promoción do deporte hípico: efectos e beneficios nos clubs deportivos.

• Análise do programa formativo e de adestramento dun centro hípico con vistas á organización de eventos deportivos complementarios da formación.

2. Xestiona e organiza eventos hípicos de promoción e iniciación deportiva, para o cal analiza as características e os requisitos materiais e humanos dos eventos, de acordo coa disciplina e coas características técnicas dos percorridos.

• Viabilidade económica dos eventos deportivos de nivel de promoción nas disciplinas hípicas e no medio natural.

• Documentación e permisos oficiais para a realización de eventos hípicos.

• Xestión de permisos e licenzas para actividades relacionadas coa hípica no medio natural.

• Confección dun avance de programa dunha competición nas súas disciplinas hípicas. Determinación de custos de inscrición e aloxamento de cabalos.

• Estudo das necesidades de recursos humanos e materiais para o desenvolvemento dun evento hípico nas súas disciplinas hípicas.

• Sistemas de xestión e contratación dos recursos humanos necesarios para o desenvolvemento dun evento hípico nas súas modalidades.

• Determinación e designación de tarefas para a recepción dos cabalos e do persoal asistente a un evento hípico.

• Desenvolvemento dun plan de telecomunicacións a través de radioteléfonos necesarios para o desenvolvemento dun evento hípico. Establecemento da rede radio: indicativos e frecuencias.

• Xestión de patrocinios e publicidade.

• Normativa sobre seguridade para a realización de eventos deportivos. Plan de seguridade nun evento hípico e en rutas ecuestres.

• Secretaría do comité organizador: estrutura, composición, misións e medios humanos e materiais.

3. Colabora na xestión, na organización e no desenvolvemento de eventos hípicos de tecnificación, para o cal analiza as condicións de organización e de seguridade dos eventos, e a normativa ambiental.

• Determinación de necesidades materiais e humanas, e xestión de recursos no evento de tecnificación.

• Estrutura, organización e misións dunha secretaría para un evento de tecnificación.

• Avances de programa dunha competición de tecnificación.

• Normativa sobre aloxamento de cabalos nun evento de nivel de tecnificación.

• Loxística e infraestrutura necesaria para operarios/as, xinetes e público en xeral nun evento de tecnificación.

• Plans de seguridade e emerxencia nun evento de tecnificación deportiva en hípica.

• Medidas de protección do ambiente nas instalacións deportivas hípicas.

• Normativa sobre sinalización para a circulación de persoas, cabalos e medios de transporte de rodas no recinto da competición.

• Normativa sobre seguridade nas instalacións deportivas hípicas. Medidas de protección para usuarios/as e traballadores/as.

• Lexislación sobre violencia en espectáculos deportivos. Plans de prevención.

• Elaboración de plans de emerxencia e evacuación.

4. Recolle a información durante o evento deportivo de promoción e iniciación hípica e ao seu remate, para o cal analiza os sistemas de recollida de datos e a documentación utilizable, con aplicación de técnicas para o seu procesamento.

• Análise dos cuestionarios e dos informes da RFHE de xinetes, xuíces/xuízas, delegados/as federativos/as e xefes/as de pista e deseñadores/as de percorridos sobre o desenvolvemento da competición.

• Criterios e técnicas para a confección dos cuestionarios informativos.

• Documentación para a obtención de información sobre o desenvolvemento do evento por parte do persoal técnico, xinetes e público asistente.

• Análise e interpretación dos cuestionarios informativos.

• Cuestionarios de avaliación das incidencias e decisións tomadas.

• Posibles incidencias nun suposto de realización de evento hípico e procedementos de resolución.

Módulo específico de ensino deportivo: Perfeccionamento técnico en salto

Código: MED-HISD207

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Valora o rendemento do cabalo e do binomio xinete e cabalo no adestramento e durante a competición (proba ata 1,20 m) na etapa de tecnificación deportiva, analizando os estándares técnicos e as situacións tácticas, elaborando secuencias de aprendizaxe, e relacionando os erros de execución coas súas causas.

a) Explicáronse os factores técnicos e tácticos de que depende o rendemento deportivo do binomio na modalidade de salto durante a etapa de tecnificación deportiva.

b) Explicáronse os factores físicos, técnicos e do comportamento do cabalo que afectan o seu rendemento deportivo durante o adestramento e a competición de salto.

c) Analizáronse os estándares técnicos e tácticos do binomio propios da modalidade de salto durante esta etapa.

d) Analizáronse os estándares técnicos e de rendemento físico do cabalo e a súa evolución durante a etapa de tecnificación na modalidade de salto.

e) Identificáronse os elementos que definen a complexidade dos estándares técnicos do cabalo e do binomio, propios desta etapa na modalidade de salto.

f) Identificáronse os elementos que definen a complexidade dos esquemas tácticos utilizados nas competicións desta etapa.

g) Analizáronse os criterios para a modificación da complexidade das secuencias de traballo para o cabalo e para o binomio, de acordo cos conceptos de progresión, interferencia contextual e significatividade.

h) Elaboráronse secuencias de amestramento do cabalo e de aprendizaxe do binomio, de acordo cos obxectivos pretendidos na modalidade de salto.

i) Describíronse os criterios de análise do comportamento técnico-táctico do cabalo e do binomio no adestramento e na competición da modalidade de salto.

j) Elaboráronse e aplicáronse instrumentos de recollida de información e análise do comportamento técnico-táctico do cabalo e do binomio durante o adestramento e a competición na modalidade de salto.

k) Describíronse e relacionáronse coas posibles causas e as tarefas os erros tipo no comportamento técnico-táctico do cabalo e do binomio durante o adestramento e a competición na modalidade de salto.

l) Analizouse a execución do cabalo e do binomio, e identificáronse as súas características técnico-tácticas.

m) Xustificouse a importancia da valoración e a análise do comportamento técnico-táctico do cabalo e do binomio, dentro das funcións do persoal técnico deportivo.

2. Adapta e concreta os ciclos e as sesións no adestramento do binomio e no amestramento do cabalo, para o cal analiza as programacións de referencia, a metodoloxía e os medios específicos de preparación, aplicando procedementos.

a) Describíronse os obxectivos técnicos e tácticos do binomio nas programacións de referencia da etapa de tecnificación deportiva, e identificáronse os elementos que definen a complexidade dos estándares técnicos e tácticos propios desta etapa.

b) Analizouse un suposto de calendario de competicións de saltos, e clasificáronse estas competicións de acordo coa súa función dentro do programa de adestramento de referencia.

c) Analizáronse os criterios de selección das competicións de saltos en función dos obxectivos, do programa de adestramento e das características da competición.

d) Seleccionáronse, dentro da programación de referencia e dos seus obxectivos, as fases ou os ciclos de preparación dun cabalo e do binomio na modalidade de salto, concretáronse medios específicos de amestramento e perfeccionamento técnico, e definíronse as sesións de adestramento necesarias no seu desenvolvemento.

e) Explicáronse as características dos métodos específicos do amestramento do cabalo e o perfeccionamento técnico-táctico do binomio, na modalidade de salto.

f) Relacionáronse os sistemas específicos de preparación do cabalo e do adestramento técnico-táctico do binomio cos obxectivos da programación de referencia, e determináronse os sistemas de cuantificación da carga utilizables en cada caso.

g) Analizáronse os criterios de combinación do traballo técnico-táctico e físico do binomio, e concretouse unha sesión da modalidade de salto.

h) Concretouse o programa de amestramento do poldro de catro e cinco anos e do cabalo adulto, en función dunhas programacións de referencia.

3. Dirixe sesións de adestramento do binomio xinete e cabalo e de amestramento do cabalo, demostrando as técnicas propias deste nivel, para o cal analiza e aplica as técnicas de dirección, de organización e de autoavaliación.

a) Identificáronse as situacións de aprendizaxe na modalidade de saltos que fan necesaria a demostración da tarefa por parte do persoal técnico deportivo.

b) Demostráronse as técnicas da modalidade de salto propias do nivel de tecnificación, e sinaláronse os aspectos máis importantes para a súa aprendizaxe.

c) Analizáronse as técnicas específicas de organización das sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo na modalidade de salto, con especial atención á disposición en función do material, ao óptimo aproveitamento do espazo e do material, e o mantemento do nivel de práctica programado.

d) Dirixiuse unha sesión simulada de preparación técnica do binomio e amestramento do cabalo adulto e/ou poldro de catro ou cinco anos, de acordo co previsto na programación.

e) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo na modalidade de salto, en relación coas causas e as posibles medidas para a súa solución.

f) Analizáronse as adaptacións específicas da modalidade de saltos, dos recursos didácticos facilitadores da aprendizaxe a través da motivación, a concentración, e o control de pensamento e de emocións.

g) Analizáronse as actitudes e as accións de motivación máis axeitadas nas sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo, na modalidade de salto.

h) Identificáronse os criterios de calidade na organización e na dirección de sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo na modalidade de saltos.

i) Adaptáronse instrumentos de recollida de información sobre o desempeño persoal do persoal técnico deportivo durante a dirección de sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo, na modalidade de salto.

j) Analizouse o comportamento do persoal técnico deportivo na dirección de sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo na modalidade de salto, utilizando medios de rexistro da información, e identificáronse os erros e propuxéronse alternativas.

k) Valorouse a importancia de manter a motivación do binomio a través da participación activa do persoal técnico.

4. Dirixe o binomio en competicións, para o cal analiza os factores que condicionan o rendemento e selecciona as estratexias de intervención e os coidados ao cabalo.

a) Describíronse as funcións do persoal técnico deportivo nas competicións de tecnificación deportiva da modalidade de salto.

b) Analizouse o regulamento de competición da modalidade de saltos, e identificáronse as súas limitacións técnico-tácticas.

c) Describíronse as características e as exixencias básicas das competicións da modalidade de salto neste nivel.

d) Concretáronse os criterios de análise de percorridos das competicións na modalidade de salto, no nivel de tecnificación deportiva.

e) Analizouse un suposto de competición e identificáronse as demandas técnicas, tácticas, físicas e de conduta do cabalo e do binomio.

f) Describíronse os criterios de selección e formación de equipos, a realización de substitucións e os cambios nas competicións da modalidade de saltos.

g) Analizáronse os criterios de formación de binomios, de acordo coas exixencias da competición na modalidade de salto.

h) Definíronse os modelos tácticos posibles en función das características da competición, do cabalo e do binomio na modalidade de salto.

i) Relacionáronse as recomendacións técnicas ao/á xinete coas características da competición de salto e as condicións do/da xinete.

j) Examináronse as características dos materiais específicos que utiliza o binomio nas competicións da modalidade de salto.

k) Seleccionáronse e concretáronse as adaptacións dos materiais persoais e colectivos ás condicións dun suposto de competición.

l) Relacionáronse os coidados do cabalo nunha competición da modalidade de salto coas exixencias deste tipo de competicións.

m) Executáronse os coidados ao cabalo e adaptáronse ás características dun suposto de competición na modalidade de salto.

n) Valorouse a importancia do quecemento previo do binomio nunha proba de salto.

5. Elabora o deseño técnico da competición (percorrido), para o cal analiza o regulamento da proba e as características dos percorridos, aplicando procedementos establecidos.

a) Interpretáronse e seleccionáronse as directrices de deseño de percorridos de salto que establece a RFHE no seu regulamento.

b) Describíronse as características dos percorridos de saltos nos niveis de dificultade que existen dentro da tecnificación deportiva.

c) Analizouse a relación entre os compoñentes dos percorridos de salto que determinan o seu nivel e a súa dificultade.

d) Elaboráronse percorridos de salto, seguindo os protocolos establecidos, adaptados ao nivel de tecnificación e ás características da pista.

e) Aplicáronse procedementos de localización dos riscos e dos perigos nun percorrido de salto.

f) Analizáronse os criterios do deseño técnico de obstáculos dun percorrido de salto.

g) Valorouse o nivel de dificultade dun percorrido de salto en función do nivel de amestramento do cabalo.

h) Xustificouse a importancia de adaptar o percorrido de salto ao nivel da competición.

6. Dirixe o adestramento do cabalo na modalidade de salto, para o cal analiza os medios e os métodos de adestramento do cabalo, aplicando técnicas específicas.

a) Identificáronse os factores que determinan o rendemento físico do cabalo na etapa de tecnificación na modalidade de salto.

b) Describíronse os medios de traballo específicos do adestramento físico do cabalo adulto e do poldro na modalidade de salto.

c) Describíronse as características das capacidades específicas dos cabalos na disciplina de salto.

d) Analizáronse os métodos de traballo e de adestramento específicos das capacidades físicas condicionais nos cabalos da modalidade de salto.

e) Analizáronse os métodos de traballo e de adestramento específicos das capacidades físicas coordinativas nos cabalos da modalidade de salto.

f) Identificáronse os niveis de volume, intensidade e carga de traballo en cada capacidade específica, nas etapas do adestramento do cabalo adulto e do poldro de catro e cinco anos.

g) Elaborouse unha sesión de preparación física dun cabalo de salto en que se establezan os obxectivos, os medios e os métodos de traballo, as tarefas para realizar e a carga das tarefas propostas.

h) Valorouse a importancia de respectar a saúde e o benestar do cabalo durante o seu adestramento.

Contidos básicos

1. Valora o rendemento do cabalo e do binomio xinete e cabalo no adestramento e durante a competición (proba ata 1,20 m) na etapa de tecnificación deportiva, analizando os estándares técnicos e as situacións tácticas, elaborando secuencias de aprendizaxe e relacionando os erros de execución coas súas causas.

• Rendemento deportivo na tecnificación de salto: factores de que depende.

• Estándares técnicos do cabalo de salto na etapa de tecnificación, ata nivel medio (probas de 1,35 m).

• Estándares técnicos do cabalo de salto na etapa de tecnificación: criterios de valoración dos estándares técnicos do cabalo.

• Estándares técnicos e tácticos do binomio de salto na etapa de tecnificación. Complexidade dos estándares técnicos do cabalo e do binomio de salto: factores de que depende. Criterios e recursos para a modificación da complexidade.

• Observación da execución técnica e o comportamento técnico-táctico no adestramento e na competición de salto na etapa de tecnificación: instrumentos. Aspectos que determinan a observación: criterios de análise; erros tácticos e técnicos, as súas causas e as tarefas de corrección.

• Secuencias de aprendizaxe técnica e táctica. Aplicación dos principios de progresión, interferencia contextual e significatividade.

2. Adapta e concreta os ciclos e as sesións no adestramento do binomio e no amestramento do cabalo, para o cal analiza as programacións de referencia, a metodoloxía e os medios específicos de preparación, aplicando procedementos.

• Programa de adestramento e amestramento deportivo na modalidade de salto ata o nivel medio: determinación de ciclos e fases; obxectivos xerais técnicos e tácticos; motivación.

• Competicións de salto: análise do calendario e a súa inclusión dentro do ciclo de adestramento.

• Deseño de sesións de adestramento, combinando as variables de técnica e esforzo.

• Medios e métodos de amestramento técnico do cabalo.

• Medios e métodos de adestramento técnico e táctico do binomio: sistemas de adestramento de mellora do xesto técnico no salto do obstáculo.

• Escala de adestramento do cabalo novo. Aplicación ao sistema de tecnificación do salto.

3. Dirixe sesións de adestramento do binomio xinete e cabalo e de amestramento do cabalo, demostrando as técnicas propias deste nivel, para o cal analiza e aplica as técnicas de dirección, de organización e de autoavaliación.

• Organización dunha sesión de amestramento e técnica: material necesario e a súa adaptación; espazo e práctica programada.

• Aprendizaxe e demostración dos estándares técnicos e tácticos.

– Manexo das distancias na aproximación ao salto.

– Manexo das distancias relativas entre obstáculos.

– Sentido do ritmo, impulsión e equilibrio.

– Batida, salto e recepción.

– Asento e posición do/da xinete.

– Actitude do cabalo.

• Recursos didácticos específicos no adestramento do salto.

• Motivación: factores específicos.

• Rexistro de información: análise do resultado da sesión; autoavaliación.

• Erros e incidencias na dirección de sesións: causas e medidas de corrección.

4. Dirixe o binomio en competicións, para o cal analiza os factores que condicionan o rendemento e selecciona as estratexias de intervención e os coidados ao cabalo.

• Funcións e labores do persoal técnico durante o acompañamento aos/ás xinetes na competición ata nivel medio.

• Regulamentación da competición: características e análise das probas. Limitacións técnico-tácticas en función das idades e das categorías dos/das xinetes, e das idades dos cabalos.

• Criterios para a selección e a formación de binomios e equipos, e para a realización de substitucións e cambios nas competicións de saltos.

• Modelos tácticos posibles para empregar na competición de saltos, de acordo coas características da competición, do cabalo e do binomio xinete e cabalo.

• Preparación e coidados do cabalo de salto na competición e adaptación dos materiais e equipamento. Quecemento correcto antes da proba.

5. Elabora o deseño técnico da competición (percorrido), para o cal analiza o regulamento da proba e as características dos percorridos, aplicando procedementos establecidos.

• Regulamento de salto de obstáculos da RFHE, que se refire ao deseño dos percorridos de saltos, atendendo ao tipo e ao baremo da proba e ao nivel da competición.

• Probas: características e penalizacións.

• Traballos de preparación para a montaxe dun percorrido.

• Elaboración de percorridos de salto. Consideracións técnicas sobre as distancias e sobre o trazado dos percorridos.

• Trazados nos percorridos de salto segundo os niveis de dificultade dentro da tecnificación deportiva: criterios de elaboración e análise da complexidade.

• Riscos e perigos derivados do deseño e da construción dun percorrido de salto.

• Análise da dificultade dun percorrido de salto en función do nivel de esixencia ao binomio: valoración.

6. Dirixe o adestramento do cabalo na modalidade de salto, para o cal analiza os medios e os métodos de adestramento do cabalo, aplicando técnicas específicas.

• Factores que determinan o rendemento físico do cabalo da etapa de tecnificación na modalidade de salto.

• Capacidades físicas e de conduta do cabalo de salto: características funcionais.

• Exercicios específicos para a mellora das capacidades físicas condicionais nos cabalos da modalidade de salto.

• Medios e métodos de adestramento e a súa aplicación para a mellora das capacidades físicas condicionais nos cabalos da modalidade de salto.

• Exercicios específicos para a mellora das capacidades físicas coordinativas nos cabalos da modalidade de salto.

• Medios e métodos de adestramento e a súa aplicación para a mellora das capacidades físicas coordinativas nos cabalos da modalidade de salto.

• Sesión de adestramento físico do cabalo de salto: fases e características específicas.

• Sistemas de adestramento de salto do cabalo novo.

• Saúde e benestar do cabalo durante o adestramento.

Módulo específico de ensino deportivo: Perfeccionamento técnico en doma

Código: MED-HISD208

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Valora o rendemento do cabalo e do binomio xinete e cabalo no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, para o cal analiza os estándares técnicos e as situacións tácticas e elabora secuencias de aprendizaxe, tendo en conta a relación entre os erros de execución e as súas causas.

a) Explicáronse os factores técnicos e tácticos de que depende o rendemento deportivo do binomio na modalidade de doma durante a etapa de tecnificación deportiva.

b) Explicáronse os factores físicos, técnicos e do comportamento do cabalo que afectan o seu rendemento deportivo durante o adestramento e a competición.

c) Analizáronse os estándares técnicos e tácticos do binomio propios da modalidade de doma durante esta etapa.

d) Analizáronse os estándares técnicos do cabalo e a súa evolución durante a etapa de tecnificación na modalidade de doma.

e) Describíronse os criterios de análise do comportamento técnico-táctico do cabalo e do binomio no adestramento e na competición da modalidade de doma.

f) Elaboráronse e aplicáronse instrumentos para a recollida de información sobre o comportamento técnico-táctico do cabalo e do binomio durante o adestramento e a competición na modalidade de doma.

g) Analizáronse os criterios de modificación da complexidade das secuencias de traballo do cabalo e do binomio, de acordo cos conceptos de progresión, interferencia contextual e significatividade.

h) Elaboráronse secuencias de amestramento do cabalo e de aprendizaxe para o binomio, de acordo cos obxectivos pretendidos na modalidade de doma.

i) Describíronse os erros tipo no comportamento técnico-táctico do cabalo e do binomio durante o adestramento e a competición na modalidade de doma.

j) Relacionáronse os erros no comportamento técnico-táctico do cabalo e do binomio durante o adestramento e a competición na modalidade de doma, coas posibles causas e coas tarefas para os solucionar.

k) Analizouse a execución do cabalo e do binomio da modalidade de doma, e identificáronse as súas características técnicas/tácticas.

l) Xustificouse a importancia da valoración e da análise do comportamento técnico-táctico do cabalo e do binomio, dentro das funcións do persoal técnico deportivo.

2. Adapta e concreta os ciclos e as sesións no adestramento do binomio e o amestramento do cabalo, para o cal analiza as programacións de referencia, a metodoloxía e os medios específicos de preparación, aplicando procedementos.

a) Describíronse os obxectivos técnicos e tácticos do binomio de doma nas programacións de referencia da etapa de tecnificación deportiva, e identificáronse os elementos que definen a complexidade dos estándares técnicos e tácticos propios desta etapa.

b) Analizáronse os criterios de selección das competicións en función dos obxectivos, do programa de adestramento e das características da competición.

c) Seleccionáronse os obxectivos da programación de referencia, as fases ou os ciclos de preparación dun cabalo e do binomio na modalidade de doma, concretáronse os medios específicos de amestramento e perfeccionamento técnico, e definíronse as sesións de adestramento necesarias para o seu desenvolvemento.

d) Relacionáronse os medios específicos de preparación do cabalo e do adestramento técnico-táctico do binomio cos obxectivos da programación de referencia, e determináronse os sistemas de cuantificación da carga utilizables en cada caso.

e) Analizáronse os criterios de combinación do traballo técnico-táctico e físico do binomio, e concretouse unha sesión da modalidade de doma.

f) Concretouse o programa de amestramento do cabalo novo de doma de catro, cinco e seis anos en función dunha programación de referencia.

g) Concretouse o programa de amestramento do cabalo adulto de doma en función dunha programación de referencia.

h) Valorouse a programación anticipada como factor de calidade dun programa de amestramento do cabalo e de adestramento do binomio.

3. Dirixe sesións de adestramento do binomio e de amestramento do cabalo, demostrando as técnicas propias deste nivel, analizando e aplicando as técnicas de dirección e organización, e aplicando técnicas de autoavaliación.

a) Identificáronse as situacións de aprendizaxe na modalidade de doma que fan necesaria a demostración da tarefa por parte do persoal técnico deportivo.

b) Demostráronse as técnicas da modalidade de doma propias do nivel de tecnificación, e sinaláronse os aspectos máis importantes para a súa aprendizaxe.

c) Analizáronse as técnicas específicas de organización das sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo na modalidade de doma, con especial atención á disposición en función do material, ao óptimo aproveitamento do espazo e do material, e ao mantemento do nivel de práctica programado.

d) Dirixiuse unha sesión simulada de preparación técnica do binomio e amestramento do cabalo adulto e/ou novo, de acordo co previsto na programación.

e) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo na modalidade de doma, en relación coas causas e as posibles medidas para a súa solución.

f) Analizáronse as adaptacións específicas para a modalidade de doma dos recursos didácticos facilitadores da aprendizaxe, a través da motivación, a concentración e o control do pensamento e das emocións.

g) Analizáronse as actitudes e accións de motivación máis axeitadas nas sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo na modalidade de doma.

h) Identificáronse os criterios de calidade na organización e dirección de sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo na modalidade de doma.

i) Adaptáronse instrumentos de recollida da información sobre o desempeño persoal do persoal técnico deportivo durante a dirección de sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo na modalidade de doma.

j) Analizouse o comportamento do persoal técnico deportivo na dirección de sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo na modalidade de doma, utilizando medios de rexistro da información, e identificáronse os erros e propuxéronse alternativas.

k) Valorouse a importancia de manter a motivación do binomio a través da participación activa do persoal técnico.

4. Dirixe o binomio xinete e cabalo en competicións, analizando os factores que condicionan o rendemento e seleccionando as estratexias de intervención e os coidados ao cabalo.

a) Describíronse as funcións do persoal técnico deportivo nas competicións de tecnificación deportiva da modalidade de doma.

b) Analizouse o regulamento de competición da modalidade de doma e identificáronse as súas limitacións técnico-tácticas.

c) Describíronse as características e as exixencias básicas das competicións da modalidade de doma neste nivel.

d) Analizouse un suposto de competición e identificáronse as demandas técnicas, tácticas, físicas e psicolóxicas para o cabalo e o binomio.

e) Describíronse os criterios para a selección e a formación de equipos, e para a realización de substitucións e cambios nas competicións da modalidade de doma.

f) Analizáronse os criterios para a formación de binomios, de acordo coas exixencias da competición na modalidade de doma.

g) Definíronse os modelos tácticos posibles en función das características da competición, do cabalo e do binomio na modalidade de doma.

h) Relacionáronse as recomendacións técnicas ao/á xinete coas características da competición de doma e coas condicións do/da xinete.

i) Examináronse as características dos materiais específicos que utiliza o binomio nas competicións da modalidade de doma.

j) Seleccionáronse e concretáronse as adaptacións dos materiais persoais e colectivos ás condicións dun suposto de competición.

k) Relacionáronse os coidados do cabalo nunha competición da modalidade de doma coas exixencias deste tipo de competicións.

l) Executáronse os coidados ao cabalo e adaptáronse ás características dun suposto de competición na modalidade de doma.

m) Valorouse a importancia do quecemento previo do binomio nunha proba de doma.

5. Analiza o deseño técnico (reprises) das competicións, de acordo co regulamento da proba e as características das reprises, e elabora os deseños das reprises libres (kür), aplicando procedementos establecidos.

a) Interpretáronse e seleccionáronse as limitacións que para o deseño de reprises establece o regulamento de doma da RFHE.

b) Describíronse as características das reprises en diferentes niveis de dificultade, e determináronse as figuras por separado para planificar a súa preparación e o adestramento.

c) Analizouse a relación entre os compoñentes do trazado que determinan o nivel e a dificultade da reprise.

d) Valorouse o nivel de dificultade dunha reprise atendendo a cada figura, os seus aires, as súas transicións e a súa frecuencia, e o nivel de exixencia para o cabalo.

e) Definíronse as pautas para disfrazar fallos durante a execución da proba.

f) Analizáronse as reprises kür, nos niveis 3 ou básico, 4 ou medio, e nivel San Xurxo ou medio-avanzado, e determinouse o grao de exixencia e dificultade.

g) Concretáronse as directrices de elaboración dunha reprise kür nos niveis 3 ou básico, 4 ou medio, e nivel San Xurxo ou medio-avanzado, tendo en conta o tempo concedido, a composición artística e técnica, a coreografía, a adaptación musical e as capacidades técnicas do binomio.

h) Identificáronse os movementos que aumentarían a nota do concepto «grao de dificultade» e os movementos prohibidos, e aqueloutros que sufrirían penalizacións nas reprises libres kür.

i) Valorouse a importancia de axustar o deseño das reprises ao nivel da competición.

6. Dirixe o adestramento do cabalo na modalidade de doma, analizando os medios e métodos de traballo, aplicando técnicas específicas.

a) Identificáronse os factores que determinan o rendemento físico do cabalo na etapa de tecnificación na modalidade de doma.

b) Describíronse os medios de traballo específicos para o adestramento físico do cabalo adulto e novo na modalidade de doma.

c) Describíronse as características das capacidades específicas dos cabalos na disciplina de doma.

d) Analizáronse os métodos de adestramento específicos das capacidades físicas condicionais de resistencia, forza, velocidade e flexibilidade nos cabalos da modalidade de doma.

e) Analizáronse os métodos de adestramento específicos das capacidades físicas coordinativas de equilibrio e coordinación dinámica xeral nos cabalos da modalidade de doma.

f) Identificáronse os niveis de volume, intensidade e carga de traballo en cada capacidade específica, nas etapas do adestramento do cabalo novo e adulto.

g) Elaborouse unha sesión de preparación física dun cabalo de doma, onde se establezan os obxectivos, os medios e métodos de traballo, as tarefas para realizar e a carga das tarefas propostas.

h) Valorouse a importancia de respectar a saúde e o benestar do cabalo durante o seu adestramento.

Contidos básicos

1. Valora o rendemento do cabalo e do binomio xinete-cabalo no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, para o cal analiza os estándares técnicos e as situacións tácticas e elabora secuencias de aprendizaxe, tendo en conta a relación entre os erros de execución e as súas causas.

• Rendemento deportivo na tecnificación de doma: factores de que depende.

• Estándares técnicos do cabalo de doma na etapa de tecnificación, ata o nivel medio-avanzado: criterios de valoración.

• Estándares técnicos e tácticos do binomio de doma na etapa de tecnificación: características. Complexidade dos estándares técnicos do cabalo e do binomio. Factores de que depende. Criterios e recursos para a modificación da complexidade.

• Observación da execución técnica e do comportamento técnico-táctico no adestramento e na competición de doma na etapa de tecnificación: instrumentos. Aspectos que determinan a observación: criterios de análise; erros tácticos e técnicos, as súas causas e tarefas de corrección.

• Secuencias de aprendizaxe técnica e táctica. Aplicación dos principios de progresión, interferencia contextual e significatividade.

2. Adapta e concreta os ciclos e as sesións no adestramento do binomio e o amestramento do cabalo, para o cal analiza as programacións de referencia, a metodoloxía e os medios específicos de preparación, aplicando procedementos.

• Programa de adestramento e amestramento deportivo en doma ata o nivel medio-avanzado: determinación dos ciclos e as fases de adestramento; obxectivos xerais técnicos e tácticos; motivación.

• Competicións de doma: tipos e características; análise do calendario e a súa inclusión dentro do ciclo de adestramento.

• Deseño de sesións de adestramento, combinando as variables de técnica e esforzo.

• Medios, métodos e sistemas de adestramento e amestramento ata o nivel medio-avanzado: técnico do cabalo e técnico-táctico do binomio.

• Escala de adestramento do cabalo novo de doma. Aplicación ao sistema de tecnificación da doma.

3. Dirixe sesións de adestramento do binomio e de amestramento do cabalo, demostrando as técnicas propias deste nivel, analizando e aplicando as técnicas de dirección e organización, e aplicando técnicas de autoavaliación.

• Organización e dirección dunha sesión de amestramento e técnica: criterios de calidade; material necesario e a súa adaptación. Espazo e práctica programada.

• Aprendizaxe e demostración dos estándares técnicos e tácticos: técnicas do adestramento do cabalo novo e de execución de cada exercicio técnico do binomio exixido ata o nivel medio-avanzado da doma.

• Recursos didácticos específicos no adestramento dos exercicios de doma.

• Motivación: factores específicos.

• Rexistro de información: análise do resultado da sesión; autoavaliación.

• Erros e incidencias na dirección de sesións: causas e medidas de corrección.

4. Dirixe o binomio xinete e cabalo en competicións, analizando os factores que condicionan o rendemento e seleccionando as estratexias de intervención e os coidados ao cabalo.

• Funcións e labores do persoal técnico durante o acompañamento a xinetes de doma na competición, ata o nivel de galope 7.

• Regulamentación da competición: características e análise das probas. Limitacións técnico-tácticas en función das idades e das categorías dos/das xinetes, e das idades dos cabalos.

• Criterios para a selección e a formación de binomios e equipos, para realización de substitucións e para os cambios nas competicións de doma.

• Modelos tácticos posibles para empregar na competición de doma, de acordo coas características da competición, do cabalo e do binomio.

• Preparación e coidados do cabalo de doma na competición: adaptación dos materiais e do equipamento. Quecemento correcto antes da proba.

5. Analiza o deseño técnico (reprises) das competicións, de acordo co regulamento da proba e coas características das reprises, e elabora os deseños das reprises libres (kür), aplicando procedementos establecidos.

Reprises editadas pola RFHE e a FEI no nivel de tecnificación.

Reprises de doma segundo os niveis de dificultade dentro da tecnificación deportiva: análise.

Reprise como base para a programación do método de adestramento técnico: análise.

• Composición e elaboración de reprises adaptadas ao nivel de adestramento.

• Directrices para disfrazar os fallos técnicos durante a execución de reprises.

Reprise libre kür: definición, características e criterios de elaboración; directivas kür da RFHE.

– Criterios de valoración do grao de dificultade nas reprises libres kür.

– Criterios de valoración dos/das xuíces/xuízas nas reprises libres kür con música.

– Actitude do/da xinete ante os posibles desaxustes durante a execución dunha reprise libre kür.

– Procedementos para compor unha reprise libre kür e a súa adaptación máis idónea ao nivel técnico do binomio.

• Valoración do nivel de dificultade dunha reprise en función do nivel de exixencia para o cabalo.

6. Dirixe o adestramento do cabalo na modalidade de doma, analizando os medios e métodos de traballo, aplicando técnicas específicas.

• Factores que determinan o rendemento físico do cabalo de doma na etapa de tecnificación.

• Características morfolóxicas, condutuais e funcionais do cabalo de doma.

• Exercicios específicos para a mellora das capacidades físicas condicionais nos cabalos da modalidade de doma.

• Medios e métodos de adestramento para a mellora das capacidades físicas condicionais nos cabalos da modalidade de doma e a súa aplicación.

• Exercicios específicos para a mellora das capacidades físicas coordinativas nos cabalos da modalidade de doma.

• Medios e métodos de adestramento para a mellora das capacidades físicas coordinativas nos cabalos da modalidade de doma e a súa aplicación.

• Sesión de adestramento físico do cabalo de doma: fases e características específicas.

• Sistemas de adestramento do cabalo novo de doma.

• Saúde e benestar do cabalo durante o adestramento.

Módulo específico de ensino deportivo: Perfeccionamento técnico en concurso completo

Código: MED-HISD209

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Valora o rendemento do cabalo e do binomio xinete e cabalo no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva na proba de fondo do concurso completo de equitación (CCE), analizando os estándares técnicos e as situacións tácticas, elaborando secuencias de aprendizaxe, e relacionando os erros de execución coas súas causas.

a) Explicáronse os factores técnicos e tácticos de que depende o rendemento deportivo do binomio na proba de fondo do concurso completo de equitación durante a etapa de tecnificación deportiva.

b) Explicáronse os factores físicos, técnicos e do comportamento do cabalo que afectan o seu rendemento deportivo durante o adestramento e a competición da proba de fondo do concurso completo de equitación.

c) Analizáronse os estándares técnicos e tácticos do binomio propios da proba de fondo do concurso completo de equitación durante esta etapa.

d) Analizáronse os estándares técnicos e de rendemento físico do cabalo e a súa evolución durante a etapa de tecnificación na proba de fondo do concurso completo de equitación.

e) Identificáronse os elementos que definen a complexidade dos esquemas tácticos utilizados nas competicións desta etapa.

f) Elaboráronse secuencias de amestramento para o cabalo e de aprendizaxe para o binomio, de acordo cos obxectivos pretendidos na proba de fondo do concurso completo de equitación.

g) Describíronse os criterios de análise do comportamento técnico do cabalo e técnico-táctico do binomio no adestramento e na competición da proba de fondo do concurso completo de equitación.

h) Elaboráronse e aplicáronse instrumentos de recollida de información sobre o comportamento técnico do cabalo e técnico-táctico do binomio durante o adestramento e a competición na proba de fondo do concurso completo de equitación.

i) Describíronse os erros tipo no comportamento técnico do cabalo e técnico-táctico do binomio durante o adestramento e a competición na proba de fondo do concurso completo de equitación.

j) Relacionáronse coas posibles causas e coas tarefas os erros no comportamento técnico do cabalo e técnico-táctico do binomio durante o adestramento e a competición na proba de fondo do concurso completo de equitación.

k) Analizouse a execución do cabalo e do binomio da proba de fondo do concurso completo de equitación, e identificáronse as súas características técnico-tácticas.

l) Tomouse conciencia da importancia da valoración e a análise do comportamento técnico do cabalo e técnico-táctico do binomio, como unha das funcións do persoal técnico deportivo.

2. Adapta e concreta os ciclos e as sesións de adestramento do binomio e o amestramento do cabalo, examinando as dependencias e interrelacións que existen entre as tres probas que conforman o concurso completo, para o cal analiza as programacións de referencia, a metodoloxía e os medios específicos de preparación da proba de fondo do concurso completo de equitación, aplicando procedementos.

a) Describíronse os obxectivos técnicos e tácticos do binomio nas programacións de referencia da etapa de tecnificación deportiva.

b) Analizáronse as relacións que se establecen entre as probas que compoñen as competicións de concurso completo.

c) Analizouse un suposto de calendario de competicións de concurso completo de equitación e clasificáronse estas de acordo coa súa función dentro do programa de adestramento de referencia.

d) Analizáronse os criterios de selección das competicións de concurso completo de equitación en función dos obxectivos, o momento da tempada e as características da competición.

e) Identificáronse as funcións dos instrumentos e dos medios de control do rendemento da proba de fondo do concurso completo, dentro da programación de referencia.

f) Seleccionáronse as características específicas das fases ou os ciclos de preparación dun cabalo e do binomio, da proba de fondo do concurso completo de equitación, en función da súa situación dentro da programación de referencia e os seus obxectivos.

g) Explicáronse as características dos métodos específicos de amestramento do cabalo e o perfeccionamento técnico-táctico do binomio, da proba de fondo do concurso completo de equitación.

h) Seleccionáronse os sistemas de cuantificación da carga de traballo nos métodos específicos da proba de fondo do concurso completo.

i) Relacionáronse os medios específicos de adestramento técnico-táctico do binomio e os de preparación do cabalo, da proba de fondo do concurso completo, cos obxectivos da programación de referencia.

j) Analizouse a influencia entre o traballo físico do cabalo e o técnico-táctico do binomio no adestramento da proba de fondo do concurso completo de equitación.

k) Concretouse unha sesión de traballo do cabalo e do binomio, na proba de fondo do concurso completo de equitación, de acordo cos obxectivos do momento da programación en que se ache.

l) Elaborouse un ciclo ou unha etapa de preparación sobre as tres disciplinas que compoñen o concurso completo, a partir dunha programación de referencia, e concretáronse obxectivos, medios, métodos, instrumentos de control e dinámica da carga.

m) Valorouse a importancia das relacións entre as probas que compoñen o concurso completo, no desenvolvemento e no axuste continuo da programación de referencia.

3. Dirixe sesións de adestramento do binomio xinete e cabalo e de amestramento do cabalo para a proba de fondo do concurso completo de equitación, demostrando as técnicas propias deste nivel, analizando e aplicando as técnicas de dirección e organización, e aplicando técnicas de autoavaliación.

a) Identificáronse as situacións de aprendizaxe na proba de fondo do concurso completo de equitación que fan necesaria a demostración da tarefa por parte do persoal técnico deportivo.

b) Demostráronse as técnicas da proba de fondo do concurso completo de equitación propias do nivel de tecnificación, e sinaláronse os aspectos máis salientables na súa aprendizaxe.

c) Analizáronse as técnicas específicas de organización das sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo para a proba de fondo do concurso completo de equitación, con especial atención á disposición en función do material, ao óptimo aproveitamento do espazo e do material e ao mantemento do nivel de práctica programado.

d) Dirixiuse unha sesión simulada de preparación técnica do binomio e amestramento do cabalo para a proba de fondo do concurso completo, de acordo co previsto na programación.

e) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo para a proba de fondo do concurso completo de equitación, en relación coas causas e as posibles medidas correctivas.

f) Analizáronse as adaptacións específicas para a proba de fondo do concurso completo de equitación, dos recursos didácticos facilitadores da aprendizaxe a través da motivación, a concentración e o control do pensamento e das emocións.

g) Analizáronse as actitudes e as accións de motivación máis axeitadas nas sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo para a proba de fondo do concurso completo de equitación.

h) Identificáronse os criterios de calidade na organización e na dirección de sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo para a proba de fondo do concurso completo de equitación.

i) Adaptáronse instrumentos de recollida de información sobre o desempeño do persoal técnico deportivo durante a dirección de sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo para a proba de fondo do concurso completo de equitación.

j) Analizouse o comportamento do persoal técnico deportivo na dirección de sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo para a proba de fondo do concurso completo de equitación, utilizando medios de rexistro da información, e identificáronse os erros e propuxéronse alternativas.

4. Dirixe o binomio en competicións, analizando os factores que condicionan o rendemento, e selecciona as estratexias de intervención e os coidados ao cabalo.

a) Describíronse as funcións do persoal técnico deportivo nas competicións de tecnificación deportiva da modalidade de concurso completo de equitación.

b) Analizouse o regulamento de competición da modalidade de concurso completo de equitación e identificáronse as súas limitacións técnico-tácticas.

c) Describíronse as características e as exixencias básicas das competicións da modalidade de concurso completo de equitación neste nivel.

d) Describíronse os criterios de análise da proba de fondo do concurso completo de equitación no nivel de tecnificación deportiva.

e) Analizouse un suposto de competición e identificáronse as demandas técnicas, tácticas, físicas e de conduta para o cabalo e o binomio.

f) Describíronse os criterios de selección e formación de equipos, e a realización de substitucións e cambios nas competicións da modalidade de concurso completo de equitación.

g) Analizáronse os criterios de formación de binomios, de acordo coas exixencias da competición na modalidade de concurso completo de equitación.

h) Definíronse os modelos tácticos posibles en función das características da competición, do cabalo e do binomio na modalidade de concurso completo de equitación.

i) Relacionáronse as recomendacións técnicas ao/á xinete coas características da competición de concurso completo de equitación e as condicións do/da xinete.

j) Examináronse as características dos materiais específicos que utiliza o binomio nas competicións da modalidade de concurso completo de equitación.

k) Seleccionáronse e concretáronse as adaptacións dos materiais persoais e colectivos ás condicións dun suposto de competición.

l) Relacionáronse os coidados do cabalo nunha competición da modalidade de concurso completo de equitación coas exixencias deste tipo de competicións.

m) Adaptáronse e executáronse as asistencias ao cabalo ás características dun suposto de competición na modalidade de concurso completo de equitación.

n) Valorouse a importancia do quecemento previo do binomio en competición nas competicións na modalidade de concurso completo de equitación.

5. Elabora o deseño técnico das competicións (percorridos e trazados ou reprises), para o cal analiza o regulamento da proba e as características dos percorridos e trazados ou reprises, aplicando procedementos establecidos.

a) Interpretáronse e seleccionáronse as limitacións que establece a RFHE no seu regulamento para o deseño de percorridos na proba de fondo de concurso completo de equitación.

b) Describíronse as características dos trazados das reprises de doma de CCE e dos percorridos de cross e de saltos de CCE en diferentes niveis de dificultade dentro da tecnificación deportiva.

c) Analizouse a relación entre os compoñentes das reprises de doma e dos percorridos de cross e de saltos, que determinan o nivel e a dificultade da proba.

d) Elaboráronse percorridos na proba de fondo de concurso completo de equitación, seguindo os protocolos establecidos, adaptados ao nivel de referencia establecido e ás características do terreo proposto.

e) Aplicáronse procedementos de localización dos riscos e os perigos nun percorrido na proba de fondo de concurso completo de equitación.

f) Analizáronse os criterios de deseño de obstáculos da proba de fondo de concurso completo de equitación.

g) Valorouse o nivel de dificultade dun percorrido da proba de fondo de concurso completo de equitación en función do nivel de exixencia ao cabalo.

h) Valorouse a importancia de axustar o deseño das competicións de concurso completo ao nivel da competición.

6. Dirixe o adestramento do cabalo para a proba de fondo do concurso completo de equitación, analizando os medios e métodos de adestramento físico do cabalo e aplicando técnicas específicas.

a) Identificáronse os factores que determinan o rendemento físico do cabalo na proba de fondo do concurso completo durante a etapa de tecnificación en equitación.

b) Describíronse os medios de traballo específicos do adestramento físico do cabalo adulto e do poldro na proba de fondo do concurso completo de equitación.

c) Describíronse as características das capacidades específicas dos cabalos na proba de fondo do concurso completo de equitación.

d) Analizáronse os métodos de traballo específicos das capacidades físicas condicionais dos cabalos na proba de fondo do concurso completo de equitación.

e) Analizáronse os métodos de adestramento específicos das capacidades físicas coordinativas dos cabalos da proba de fondo do concurso completo de equitación.

f) Analizáronse os criterios de realización da posta a punto dun cabalo para a proba de fondo do concurso completo de equitación nunha competición, dentro da programación de referencia.

g) Identificáronse os niveis de carga de traballo, en cada capacidade específica, nas etapas do adestramento do cabalo adulto e dos primeiros anos de adestramento dun cabalo novo (de catro a cinco anos).

h) Elaborouse unha sesión de preparación física dun cabalo para a proba de fondo do concurso completo de equitación, onde se establezan os obxectivos, os medios e os métodos de traballo, as tarefas para realizar e a carga das tarefas propostas.

i) Valorouse a importancia de respectar a saúde e o benestar do cabalo durante o seu adestramento.

Contidos básicos

1. Valora o rendemento do cabalo e do binomio xinete e cabalo no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva na proba de fondo do concurso completo de equitación (CCE), analizando os estándares técnicos e as situacións tácticas, e elabora secuencias de aprendizaxe, tendo en conta a relación entre os erros de execución e as súas causas.

• Rendemento deportivo na tecnificación da proba de fondo de concurso completo de equitación: factores de que depende.

• Estándares técnicos do cabalo de concurso completo na etapa de tecnificación: características.

• Estándares técnicos do cabalo e técnico-tácticos do binomio de concurso completo durante a proba de fondo na etapa de tecnificación: características.

• Esquemas tácticos e estándares técnicos do cabalo e do binomio: factores de que depende; criterios e recursos para a modificación da complexidade.

• Observación da execución técnica e do comportamento técnico-táctico no adestramento e na competición de saltos na etapa de tecnificación: instrumentos. Aspectos que determinan a observación: criterios de análise; erros tácticos e técnicos, as súas causas e as tarefas de corrección.

• Secuencias de aprendizaxe técnica e táctica. Aplicación dos principios de progresión, interferencia contextual e significatividade.

2. Adapta e concreta os ciclos e as sesións de adestramento do binomio e o amestramento do cabalo para a proba de fondo do concurso completo, para o cal analiza as programacións de referencia, a metodoloxía e os medios específicos de preparación, aplicando procedementos.

• Obxectivos técnicos e tácticos dos binomios na etapa de tecnificación deportiva.

• Ciclos de preparación: características.

• Funcións e características das probas que compoñen a competición de concurso completo de equitación, e interaccións entre elas.

• Calendario de competicións: clasificación e selección das probas dentro do programa de adestramento en función dos obxectivos e do momento da tempada.

• Métodos específicos para o amestramento do cabalo e o perfeccionamento técnico-táctico do binomio, para a proba de fondo do concurso completo.

• Métodos de adestramento técnico do cabalo e técnico-táctico do binomio para competir na modalidade de concurso completo.

• Obxectivos, medios, métodos, instrumentos de control e dinámica da carga dun ciclo ou unha etapa de preparación completa para a proba de fondo do concurso completo na disciplina de concurso completo de equitación.

• Sistemas de cuantificación da carga de traballo nos métodos específicos de preparación do cabalo para a proba de fondo do concurso completo.

• Características específicas dunha sesión de adestramento do cabalo e do binomio, para a proba de fondo do concurso completo.

• Sesión de traballo do cabalo e do binomio, para a proba de fondo do concurso completo de equitación.

• Influencia entre o traballo técnico-táctico do binomio e o físico do cabalo.

3. Dirixe sesións de adestramento do binomio xinete e cabalo e de amestramento do cabalo para a proba de fondo do concurso completo de equitación, demostrando as técnicas propias deste nivel, analizando e aplicando as técnicas de dirección e organización, e aplicando técnicas de autoavaliación.

• Demostración dos estándares técnicos e tácticos na proba de fondo do concurso completo de equitación. Técnicas ata o galope 7 da disciplina.

• Sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo na proba de fondo do concurso completo de equitación. Organización.

– Adaptación do material e aproveitamento óptimo do espazo e do nivel de práctica programado.

– Incidencias nas sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo para a proba de fondo do concurso completo de equitación. Causas e solucións.

• Recursos didácticos nas sesións de traballo da proba de fondo do concurso completo de equitación.

• Actitudes e accións de motivación nas sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo para a proba de fondo do concurso completo de equitación.

• Rexistro de información. Análise do resultado da sesión. Autoavaliación.

• Erros e incidencias na dirección de sesións: causas e medidas para a súa corrección.

4. Dirixe o binomio en competicións, analizando os factores que condicionan o rendemento, e selecciona as estratexias de intervención e os coidados ao cabalo.

• Funcións do persoal técnico deportivo nas competicións de tecnificación deportiva da modalidade de concurso completo de equitación.

• Regulamento de concurso completo de equitación e as súas limitacións técnico-tácticas.

• Características e exixencias básicas das competicións da modalidade de concurso completo de equitación.

• Criterios de análise dos trazados do cross na proba de fondo do concurso completo no nivel de tecnificación deportiva.

• Demandas técnicas, tácticas, físicas e psicolóxicas para o cabalo e o binomio da modalidade de concurso completo de equitación.

• Selección e formación de equipos, e realización de substitucións e cambios nas competicións da modalidade de concurso completo de equitación.

• Formación de binomios, de acordo coas exixencias da competición na modalidade de concurso completo de equitación.

• Modelos tácticos posibles en función das características da competición, do cabalo e do binomio na modalidade de concurso completo de equitación.

• Materiais específicos que utiliza o binomio nas competicións durante a proba de fondo do concurso completo de equitación.

• Coidados do cabalo durante a competición da modalidade de concurso completo de equitación.

5. Elabora o deseño técnico das competicións (percorridos e trazados ou reprises), para o cal analiza o regulamento da proba e as características dos percorridos e trazados ou reprises, aplicando procedementos establecidos.

• Regulamento de concurso completo de equitación.

• Percorrido da proba de fondo de concurso completo de equitación: deseño.

• Trazados das reprises de doma de CCE e dos percorridos de cross e de saltos en diferentes niveis de dificultade dentro da tecnificación deportiva na modalidade de concurso completo de equitación.

Reprises de doma de CCE e dos percorridos de cross e de saltos, que determinan o nivel e a dificultade do percorrido: análise.

• Procedementos para a localización dos riscos e dos perigos nun percorrido na proba de fondo de concurso completo de equitación.

• Obstáculos da proba de fondo de concurso completo de equitación: deseño e construción.

• Valoración do nivel de dificultade dun percorrido da proba de fondo de concurso completo de equitación en función do nivel de esixencia ao cabalo.

6. Dirixe o adestramento do cabalo para a proba de fondo do concurso completo de equitación, analizando os medios e métodos de adestramento físico do cabalo e aplicando técnicas específicas.

• Factores que determinan o rendemento físico do cabalo durante a proba de fondo do concurso completo de equitación na etapa de tecnificación.

• Capacidades físicas e de conduta do cabalo de concurso completo: características.

• Exercicios específicos de mellora das capacidades físicas condicionais nos cabalos durante a proba de fondo do concurso completo de equitación.

• Medios e métodos de adestramento e a súa aplicación, para a mellora das capacidades físicas condicionais nos cabalos durante a proba de fondo do concurso completo de equitación.

• Exercicios específicos de mellora das capacidades físicas coordinativas nos cabalos na proba de fondo do concurso completo de equitación.

• Medios e métodos de adestramento e a súa aplicación, para a mellora das capacidades físicas coordinativas nos cabalos para a proba de fondo do concurso completo de equitación.

• Medios e métodos específicos de adestramento do cabalo novo de concurso completo.

• Sesión de adestramento físico do cabalo de concurso completo de equitación: fases e características específicas da proba de fondo.

• Sistemas de adestramento do cabalo novo de salto.

• Saúde e benestar do cabalo durante o adestramento.

Módulo específico de ensino deportivo: Formación práctica

Código: MED-HISD210

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Identifica a estrutura organizativa e o funcionamento do centro hípico de prácticas (club, federación, escola, empresa, etc.), en relación coa súa oferta de actividades de especialización, tecnificación hípica e perfeccionamento técnico nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, así como as actividades de xestión daquel, aplicando os procedementos e os protocolos de seguridade na práctica.

a) Identificáronse as relacións do centro hípico de prácticas coa federación hípica territorial e a Real Federación Hípica Española.

b) Identificáronse a estrutura organizativa e o funcionamento das áreas do centro hípico de prácticas.

c) Identificáronse as relacións xerárquicas dentro do centro hípico de prácticas.

d) Identificouse a oferta de actividades vinculadas á tecnificación hípica, ao perfeccionamento técnico e á guía de persoas usuarias por rutas e itinerarios ecuestres.

e) Identificáronse as vías de financiamento económico utilizadas polo centro hípico de prácticas.

f) Mantívose unha actitude clara de respecto polo ambiente nas actividades hípicas desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas.

2. Actúa con autonomía, iniciativa e responsabilidade no posto de persoal técnico deportivo en disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, demostrando comportamento ético, habilidades persoais de comunicación, traballo en equipo e respecto polo ambiente, aplicando os procedementos establecidos polo centro hípico de prácticas.

a) Identificáronse os requirimentos actitudinais do persoal técnico deportivo en disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo.

b) Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas, e demostrouse responsabilidade no cumprimento do traballo asignado.

c) Demostrouse compromiso co traballo ben feito e coa calidade do servizo, así como respecto aos procedementos e aos principios propios do centro hípico.

d) Demostrouse capacidade de traballo en equipo e respecto pola xerarquía establecida no centro hípico.

e) Establecéronse unha comunicación e unha relación eficaces co persoal técnico responsable da actividade e coas persoas integrantes do equipo, e mantívose un trato fluído e correcto.

f) Coordinouse co resto do equipo e informouse de calquera cambio ou necesidade salientable ou imprevista durante o desenvolvemento das actividades hípicas.

3. Controla a seguridade na práctica de tecnificación nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, supervisando as instalacións e os medios utilizados, interpretando a normativa e aplicando os procedementos e os protocolos de acordo coa normativa e coas instrucións establecidas.

a) Identificáronse os aspectos básicos de seguridade, plans de emerxencia e evacuación das instalacións deportivas do centro hípico de prácticas, e a súa adecuación á súa normativa de aplicación.

b) Identificáronse as normas de aplicación á seguridade das instalacións deportivas do centro hípico de prácticas.

c) Aplicáronse medidas de sinalización de seguridade, de protección contra actos antisociais e de violencia do deporte, así como os plans de emerxencia e evacuación da instalación hípica, seguindo as instrucións e normas establecidas.

d) Actuouse atendendo á seguridade persoal, a do equipo de traballo e a das persoas usuarias, consonte a normativa e os protocolos establecidos no centro hípico de prácticas.

e) Aplicáronse os equipamentos de prevención de riscos laborais propios da tecnificación nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e na condución de binomios.

f) Aplicáronse os aspectos fundamentais da Lei de prevención de ricos laborais relacionados coas actividades, coas competicións e cos eventos da iniciación deportiva nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo.

g) Identificáronse e aplicáronse as medidas de protección ambiental da instalación hípica das disciplinas de salto, doma e concurso completo, e a súa adecuación á normativa.

h) Mantívose unha actitude clara de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas, e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas.

i) Identificáronse e aplicáronse os aspectos de control de seguridade respecto á utilización do material ecuestre propio das disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e a súa adecuación á normativa.

4. Organiza, acompaña e dirixe os binomios xinete e cabalo na súa participación en actividades, competicións e outros eventos de tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo, transmitindo actitudes e valores persoais e sociais propios da ética do deporte hípico (respecto polas demais persoas, polo cabalo, polo contorno e polo propio corpo, xogo limpo e traballo en equipo).

a) Realizouse a inscrición do binomio ou grupo de xinetes e cabalos nunha competición de tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo, consonte as normas e os protocolos establecidos.

b) Realizáronse as operacións de xestión do seguro de accidente e actividade dun grupo de binomios que participan nunha competición hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo, de acordo coas instrucións e coas normas recibidas.

c) Recoñeceuse e xustificouse a responsabilidade do persoal técnico deportivo en disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo nos desprazamentos dos binomios para asistir a unha competición hípica.

d) Elaborouse o plan de viaxe dun binomio ou grupo de binomios que participa nunha competición de tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo, aplicando as instrucións e os procedementos establecidos.

e) Comprobouse a cobertura legal do binomio durante a súa participación na competición, de acordo coa normativa establecida.

f) Informouse o/a xinete acerca das características da competición, interpretando a documentación sobre esta.

g) Aplicáronse procedementos de reclamación nunha competición de tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo, aplicando as normas e os protocolos establecidos.

h) Aplicáronse criterios de valoración da execución técnico-táctica do binomio, utilizando técnicas e procedementos de observación adecuados ao nivel de tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo.

i) Comunicáronselle ao/á xinete as instrucións técnicas e tácticas durante a competición de tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo, tendo en conta as características da competición e do/da xinete.

j) Acompañáronse os/as deportistas nas competicións, aplicando os procedementos e seguindo as instrucións e as normas establecidas.

k) Velouse polo respecto aos valores do xogo limpo e da saúde persoal, dos cabalos e das demais persoas durante a participación na competición de tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo, aplicando os procedementos axeitados e respectando as súas normas.

5. Adapta e concreta os programas, e dirixe as sesións de adestramento básico e perfeccionamento técnico nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, interpretando a información recibida, aplicando as técnicas e os procedementos de acordo coas instrucións e as normas establecidas, e colaborando na aplicación de técnicas de detección de talentos.

a) Identificáronse e seleccionáronse os medios e os recursos necesarios para o desenvolvemento da actividade hípica de adestramento básico e perfeccionamento técnico nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo.

b) Recibiuse o/a xinete seguindo o protocolo establecido e identificáronse as súas demandas e as súas necesidades.

c) Aplicáronse técnicas e protocolos de valoración técnica e da condición motriz propios do/da xinete do nivel de tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo, valorando o seu estado inicial, o grao de consecución dos obxectivos propostos e os erros cometidos.

d) Identificáronse e seleccionáronse os obxectivos técnicos e de preparación da condición motriz do/da xinete a partir da programación de referencia do centro hípico de prácticas.

e) Aplicáronse protocolos de control e cuantificación da carga de adestramento dun binomio ou grupo de binomios xinete e cabalo nas sesións de adestramento básico e perfeccionamento técnico nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo.

f) Colaborouse na aplicación de técnicas de detección de talentos propias das disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo.

g) Establecéronse as condicións de seguridade necesarias na tecnificación hípica das disciplinas de salto, doma e concurso completo, para o cal se interpretaron as instrucións ou as normas, aplicando os procedementos establecidos.

h) Elaborouse un ciclo de preparación completa dun binomio ou grupo de binomios a partir da programación de referencia do centro hípico, que concrete os obxectivos de preparación e/ou competición, os medios de adestramento, os instrumentos de control, a carga de traballo e a súa dinámica durante o ciclo, e os métodos e as sesións de adestramento, adecuándose ás características do binomio ou grupo de binomios e aos medios de adestramento existentes.

i) Explicáronse os contidos da sesión de adestramento básico e perfeccionamento técnico nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, seguindo os protocolos e técnicas establecidas de xeito claro e motivador.

j) Dirixiuse a sesión de adestramento básico e perfeccionamento técnico, solucionando as continxencias existentes e aplicando técnicas de dinámica de grupos e de motivación adecuadas ao/á xinete e ao grupo de xinetes.

6. Organiza sesións de iniciación á equitación para persoas con discapacidade, aplicando recursos que fomenten a súa participación en función das súas limitacións.

a) Valorouse a importancia de atender as características únicas da persoa con discapacidade, previamente á realización da práctica da equitación.

b) Orientáronse as persoas con discapacidade cara ás prácticas das disciplinas hípicas máis axeitadas en cada caso.

c) Determináronse as axudas técnicas e as medidas de seguridade específicas segundo os tipos de discapacidade e as características da práctica ecuestre.

d) Establecéronse as principais orientacións metodolóxicas con relación á comunicación e á participación na tarefa das persoas con discapacidade.

e) Aplicáronse procedementos de adaptación ou modificación das tarefas e dos xogos para favorecer a participación, a satisfacción e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica da equitación.

f) Identificáronse as principais limitacións cara á práctica provocadas pola falta de accesibilidade en instalacións e espazos deportivos no centro hípico de prácticas.

g) Examináronse as limitacións orixinadas pola falta de acceso á información da oferta deportiva de hípica e a difusión da práctica no centro hípico de prácticas.

h) Propiciouse unha actitude positiva cara á inclusión por parte de compañeiros/as, persoal técnico, familias e institucións cara á práctica deportiva da hípica con persoas con discapacidade.

7. Coordina o proceso de iniciación deportiva en hípica e elabora as programacións de referencia, para o cal analiza a estrutura da escola de iniciación deportiva en hípica, aplicando as técnicas e os procedementos axeitados.

a) Identificáronse a estrutura e as funcións da escola de iniciación deportiva en hípica no centro hípico de prácticas.

b) Realizáronse funcións e aplicáronse protocolos de coordinación do persoal técnico de iniciación deportiva en hípica no centro hípico de prácticas.

c) Identificáronse as necesidades materiais e humanas da escola de iniciación deportiva en hípica do centro hípico de prácticas.

d) Identificáronse os estándares técnicos do programa de iniciación deportiva en hípica do centro hípico de prácticas.

e) Elaborouse un programa de iniciación deportiva en hípica de acordo coas características do grupo e do contorno, e coa programación do centro hípico de prácticas.

8. Amestra e realiza o adestramento do cabalo na etapa de tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo, para o cal interpreta a programación de referencia, aplicando as técnicas e os procedementos específicos.

a) Identificáronse os procedementos, as técnicas básicas e os materiais necesarios para o mantemento, o coidado e o manexo de animais.

b) Identificáronse e seleccionáronse os medios e os recursos necesarios para o amestramento básico e o adestramento do cabalo para as disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo.

c) Aplicáronse técnicas e protocolos de valoración da conformación e da condición física, motriz e técnica do cabalo correspondentes co nivel de tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo, valorando o seu estado inicial, o grao de consecución dos obxectivos propostos e os erros cometidos.

d) Identificáronse e seleccionáronse os obxectivos técnicos e de adestramento dos cabalos a partir da programación de referencia do centro hípico de prácticas.

e) Colaborouse na aplicación de técnicas de detección de cabalos de deporte para as disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo.

f) Aplicáronse os procedementos de amestramento básico e adestramento dos cabalos propios ás disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, tendo en conta os valores da práctica saudable, o respecto e o coidado do animal.

9. Deseña percorridos de salto de obstáculos, cross e reprises de doma correspondentes á etapa de tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo, e dirixe os/as xinetes na realización de percorridos e reprises de doma, identificando as condicións e os medios necesarios, aplicando os procedementos e as técnicas específicas, e respectando os protocolos de seguridade e a normativa ambiental.

a) Identificáronse as características dos percorridos de salto de obstáculos, cross e reprises de doma correspondentes á etapa de tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo que se utilizan no centro hípico de prácticas, recoñecendo o nivel de dificultade, o nivel das persoas usuarias, os medios necesarios, os itinerarios alternativos e as posibles zonas de reunión.

b) Determinouse a dificultade técnica dun percorrido de salto de obstáculos, cross e reprises de doma correspondente á etapa de tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo, e as técnicas necesarias de superación.

c) Determináronse os riscos dun percorrido de salto de obstáculos, cross e reprises de doma correspondente á etapa de tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo, así como as técnicas necesarias para a súa axeitada xestión.

d) Identificáronse as características ambientais e a normativa de protección que deben cumprir os percorridos de salto de obstáculos, cross e reprises de doma correspondentes á etapa de tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo utilizados polo centro hípico de prácticas.

e) Analizáronse e elaboráronse os percorridos de salto de obstáculos, cross e reprises de doma correspondentes á etapa de tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo, en función das características da zona, do terreo e das instalacións dispoñibles, e dos obxectivos do centro hípico de prácticas.

f) Aplicáronse protocolos e técnicas de revisión dos percorridos de salto de obstáculos, cross e reprises de doma correspondentes á etapa de tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo utilizados polo centro hípico de prácticas.

g) Dirixiuse un grupo de binomios nun percorrido de salto de obstáculos, cross e reprises de doma correspondente á etapa de tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo, aplicando as técnicas específicas e respectando as normas e os procedementos de seguridade establecidos polo centro hípico de prácticas.

h) Dirixíronse as actividades de animación dun percorrido de salto de obstáculos, cross e reprises de doma correspondentes á etapa de tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo, aplicando as técnicas específicas e de acordo cos protocolos establecidos polo centro hípico de prácticas.

10. Colabora na organización de actividades e competicións de tecnificación deportiva nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, interpretando instrucións e normas relacionadas, identificando e preparando os medios necesarios e aplicando os procedementos establecidos.

a) Identificouse o calendario de actividades, eventos e competicións de iniciación ou tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo do centro hípico de prácticas.

b) Seleccionouse a información necesaria na organización dun evento ou unha competición de iniciación ou tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo do centro hípico de prácticas.

c) Realizáronse operacións de xestión e organización dos espazos, os materiais e os recursos humanos dun evento ou unha competición de iniciación ou tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo do centro hípico de prácticas.

d) Aplicáronse técnicas de recollida de información sobre os aspectos organizativos e loxísticos dun evento ou dunha competición de iniciación ou tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo do centro hípico de prácticas.

e) Realizáronse operacións de distribución, situación, aloxamento e circulación das persoas participantes e do público asistente a un evento ou unha competición de iniciación ou tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo do centro hípico de prácticas.

f) Realizáronse operacións de apoio administrativo á organización dun evento ou dunha competición de iniciación ou tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo do centro hípico de prácticas.

g) Elaboráronse os documentos informativos dun evento ou unha competición de iniciación ou tecnificación hípica nas disciplinas de salto, doma e concurso completo do centro hípico de prácticas.

ANEXO IV
Obxectivos xerais e módulos de ensino deportivo do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

Obxectivos xerais

a) Identificar e detectar as características técnicas, físicas e psicolóxicas, aplicando procedementos establecidos, para valorar e seleccionar o/a xinete nas disciplinas hípicas de raid, trec, marchas e turismo ecuestre.

b) Analizar e interpretar a programación de referencia do adestramento básico do/da xinete nas disciplinas hípicas de raid, trec e marchas e turismo ecuestre, elixindo e deseñando tarefas e aplicando métodos establecidos, para adaptar e concretar a sesión de adestramento básico, adaptándoo á programación de referencia de perfeccionamento técnico.

c) Analizar e interpretar a programación de referencia da iniciación e do perfeccionamento técnico das disciplinas hípicas de raid e trec, elixindo e deseñando tarefas e aplicando métodos establecidos para adaptar e concretar os programas específicos de tecnificación deportiva.

d) Estruturar, elaborar e describir os obxectivos e os contidos do ensino da equitación e das disciplinas hípicas de raid e trec aplicando metodoloxías específicas, tendo en conta os principios da aprendizaxe motora e da práctica saudable, para deseñar programas de iniciación á equitación.

e) Identificar e describir as características do proceso de detección e selección de talentos deportivos nas disciplinas hípicas de raid e trec aplicando procedementos de recollida e valoración da información, para colaborar neste proceso.

f) Describir, elixir e demostrar as técnicas e estratexias de dirección de sesións das disciplinas hípicas de raid, trec e marchas e turismo ecuestre, aplicando procedementos de observación, control e dinamización, e resolver supostos para dirixir a sesión de adestramento e perfeccionamento na etapa de tecnificación deportiva.

g) Analizar as condicións de seguridade das instalacións e dos medios propios da tecnificación das disciplinas hípicas de raid, trec e marchas e turismo ecuestre, aplicando os procedementos establecidos e a normativa, para controlar a seguridade na práctica neste nivel.

h) Elixir e executar os procedementos de axuda e rescate propios da tecnificación das disciplinas hípicas de raid, trec e a condución de xinetes en marchas e turismo ecuestre, aplicando os procedementos establecidos en situacións simuladas, para intervir e rescatar en situacións de risco.

i) Analizar e elaborar a estrutura organizativa e o deseño das rutas ecuestres no contorno natural, analizando os factores psicosociais e as necesidades das persoas usuarias, enumerando os medios necesarios, as medidas de seguridade e a normativa ambiental para determinar os itinerarios máis idóneos ao fin proposto.

j) Enumerar os requisitos administrativos, os medios materiais e humanos necesarios e os custos, tendo en conta o marco legal que os regula, para realizar servizos de marchas ecuestres.

k) Analizar os aspectos técnicos e tácticos propios da competición de tecnificación nas disciplinas hípicas de raid e trec, aplicando procedementos establecidos e tendo en conta as características dos/das xinetes e dos cabalos, consonte a regulamentación oficial, para os/as dirixir nas competicións deste nivel.

l) Analizar e elaborar a estrutura organizativa das competicións e dos eventos propios do nivel de iniciación á hípica, e identificar as características organizativas de competicións de nivel de tecnificación nas disciplinas hípicas de raid e trec, enumerando os requisitos administrativos e os medios materiais e humanos necesarios, consonte o marco legal que os regula, para organizar e colaborar na xestión de competicións e eventos.

m) Analizar e elaborar os percorridos e os circuítos das disciplinas hípicas de raid e trec identificando a normativa relacionada e as características da zona e da competición, en situacións simuladas, aplicando os protocolos establecidos, para o deseño de percorridos e circuítos de competición.

n) Identificar os procedementos, as técnicas específicas e materiais necesarios, e describir os principios para realizar o manexo, a alimentación e os coidados específicos do cabalo de nivel de tecnificación nas disciplinas de raid, trec e marchas e turismo ecuestre.

ñ) Interpretar e analizar as programacións de referencia e executar as técnicas de amestramento e adestramento dos cabalos propias da etapa de tecnificación nas disciplinas de raid, trec e marchas e turismo ecuestre, identificando as súas características e aplicando os procedementos establecidos.

o) Describir, elixir e demostrar as técnicas e as estratexias da dirección de sesións de equitación adaptada, identificando as características propias e individuais de calquera xinete con discapacidade, aplicando recursos que fomenten a súa participación nas actividades ecuestres, co fin de fomentar a igualdade de oportunidades, a participación e o rendemento marcado, dentro do marco da normativa legal.

p) Identificar e analizar as características organizativas e os medios materiais e humanos, aplicando procedementos establecidos de xestión e comunicación, para coordinar outro persoal técnico encargado da iniciación á equitación.

q) Identificar e analizar as variables que interveñen no proceso de tecnificación nas disciplinas de raid, trec e marchas e turismo ecuestre, aplicando procedementos de recollida e valoración da información e axuste de programas, para avaliar o devandito proceso.

r) Identificar e describir as características do proceso de adquisición de valores e actitudes, argumentando os efectos que provocan nos/nas xinetes, para transmitir valores propios da actividade hípica a través do comportamento ético persoal.

s) Recoñecer, promover e xustificar os valores de compromiso, traballo ben feito e aprendizaxe constante, e describir os aspectos observables da conduta que reflicten estes valores, para manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no desempeño do seu labor como persoal técnico.

t) Recoñecer e promover o traballo en equipo e a iniciativa persoal dentro dun marco de colaboración conxunta e doutrina común, para conseguir os obxectivos marcados.

Os módulos citados a continuación, tanto os comúns como os específicos, compártense entre o ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e o ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre, e están desenvolvidos, na súa totalidade, dentro do anexo III.

• Módulo común de ensino deportivo: Bases da aprendizaxe deportiva. Código MED-C201.

• Módulo común de ensino deportivo: Bases do adestramento deportivo. Código MED-C202.

• Módulo común de ensino deportivo: Deporte adaptado e discapacidade. Código MED-C203.

• Módulo común de ensino deportivo: Organización e lexislación deportiva. Código MED-C204.

• Módulo común de ensino deportivo: Xénero e deporte. Código MED-C205.

• Módulo específico de ensino deportivo: Ensino e tecnificación hípica. Código MED-HIHI202.

• Módulo específico de ensino deportivo: Bases do adestramento deportivo do cabalo. Código MED-HIHI203.

• Módulo específico de ensino deportivo: Preparación física do/da xinete. Código MED-HIHI204.

• Módulo específico de ensino deportivo: Paraecuestre. Código MED-HIHI205.

• Módulo específico de ensino deportivo: Organización de eventos hípicos. Código MED-HIHI206.

Módulo específico de ensino deportivo: Perfeccionamento técnico en raid

Código: MED-HITE211

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Valora o rendemento do cabalo e do binomio xinete-cabalo no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, analizando os estándares físicos, técnicos e as situacións tácticas, tendo en conta a relación entre os erros de execución e as súas causas.

a) Explicáronse os factores físicos, técnicos e tácticos de que depende o rendemento deportivo do binomio na modalidade de raid durante a etapa de tecnificación deportiva.

b) Explicáronse os factores físicos, técnicos e de comportamento do cabalo que afectan o seu rendemento deportivo durante o adestramento e a competición.

c) Analizáronse os estándares físicos, técnicos e tácticos do binomio nas carreiras de resistencia, e identificáronse os elementos que os definen durante a etapa de tecnificación.

d) Analizáronse os estándares físicos, técnicos e de comportamento do cabalo de resistencia, e identificáronse os elementos que os definen durante a etapa de tecnificación.

e) Describíronse os criterios para a análise do rendemento do cabalo e do binomio no adestramento e na competición da modalidade de raid.

f) Elaboráronse instrumentos para a recollida de información sobre o comportamento físico, técnico e táctico do binomio durante o adestramento e a competición na modalidade de raid.

g) Describíronse os erros tipo no comportamento físico e técnico-táctico do binomio durante o adestramento e a competición na modalidade de raid.

h) Relacionáronse os erros no comportamento físico, técnico e táctico do binomio durante o adestramento e a competición na modalidade de raid, coas posibles causas e coas tarefas para as solucionar.

i) Analizouse a execución en competición do cabalo e do binomio da modalidade de raid, e identificáronse as súas características técnicas e tácticas.

j) Xustificouse a importancia da valoración e a análise do comportamento técnico-táctico do cabalo e do binomio, dentro das funcións do persoal técnico deportivo.

2. Adapta e concreta os ciclos, as sesións e as secuencias de aprendizaxe no adestramento do binomio e no amestramento do cabalo, analizando as programacións de referencia, a metodoloxía e os medios específicos de preparación, e aplicando procedementos.

a) Describíronse os obxectivos técnicos e tácticos do binomio nas programacións de referencia da etapa de tecnificación deportiva, e identificáronse os elementos que definen a complexidade dos estándares técnicos e tácticos desta etapa.

b) Identificáronse os tipos de competicións de raid, as súas funcións e as súas características.

c) Analizáronse os criterios para a selección dun calendario de competicións de raid, e clasificáronse en función dos obxectivos, do programa de adestramento e das características da competición.

d) Seleccionáronse, dentro da programación de referencia e dos obxectivos desta, as fases ou os ciclos de preparación do cabalo e do binomio na modalidade de raid, concretáronse medios específicos de amestramento e perfeccionamento técnico, e definíronse as sesións de adestramento necesarias para o seu desenvolvemento.

e) Relacionáronse os medios específicos de preparación do cabalo e do adestramento técnico-táctico do binomio cos obxectivos da programación de referencia, e determináronse os sistemas de cuantificación da carga utilizables en cada caso.

f) Analizáronse os criterios de combinación do traballo técnico-táctico e físico do binomio, e concretouse unha sesión na modalidade de raid.

g) Analizáronse os criterios para a modificación e a adaptación das secuencias de traballo do cabalo e do binomio de acordo co seu progreso e coa súa evolución na etapa de tecnificación e perfeccionamento técnico e táctico.

h) Elaboráronse secuencias de amestramento do cabalo e de aprendizaxe para o binomio, de acordo cos obxectivos pretendidos na modalidade.

i) Concretáronse programas diferenciados de amestramento do cabalo novo de resistencia de catro, cinco e seis anos, e do cabalo adulto, sobre a base dunha programación de referencia.

j) Valorouse a programación anticipada como factor de calidade dun programa de amestramento do cabalo e de adestramento do binomio.

3. Dirixe sesións de adestramento do binomio xinete e cabalo e de amestramento do cabalo, demostrando as técnicas propias deste nivel, analizando e aplicando as técnicas de dirección e organización, e aplicando técnicas de autoavaliación.

a) Identificáronse as situacións de aprendizaxe na modalidade de raid que fan necesaria a demostración da tarefa por parte do persoal técnico deportivo.

b) Demostráronse as técnicas da modalidade de raid propias do nivel de tecnificación, e sinaláronse os aspectos máis importantes para a súa aprendizaxe.

c) Analizáronse as técnicas específicas de organización das sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo na modalidade de raid, con especial atención á disposición en función do material, o aproveitamento óptimo do espazo e do material, e o mantemento do nivel de práctica programado.

d) Dirixiuse unha sesión simulada de preparación técnica do binomio e amestramento do cabalo, de acordo co previsto na programación.

e) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo de raid, en relación coas causas e coas posibles medidas para a súa solución.

f) Analizáronse as adaptacións específicas para a modalidade de raid dos recursos didácticos facilitadores da aprendizaxe a través da motivación, da concentración e do control do pensamento e das emocións.

g) Analizáronse as actitudes e as accións de motivación máis axeitadas nas sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo de raid.

h) Identificáronse os criterios de calidade na organización e dirección de sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo de raid.

i) Adaptáronse instrumentos para a recollida de información sobre o desempeño persoal do persoal técnico deportivo durante a dirección de sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo de raid.

j) Analizouse o comportamento do persoal técnico deportivo na dirección de sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo de raid, utilizando medios de rexistro da información, identificáronse os erros e propuxéronse alternativas.

k) Valorouse a importancia de manter a motivación do binomio a través da participación activa do persoal técnico.

4. Dirixe o binomio xinete e cabalo en competicións, analizando os factores que condicionan o rendemento, e seleccionando as estratexias de intervención e os coidados ao cabalo.

a) Describíronse as funcións do persoal técnico deportivo nas competicións de tecnificación deportiva da modalidade de raid.

b) Analizouse o regulamento de competición da modalidade e identificáronse as súas limitacións técnico-tácticas nas carreiras de resistencia no nivel de tecnificación.

c) Describíronse as características e as exixencias básicas das competicións da modalidade de raid neste nivel.

d) Identificáronse, nun suposto de competición da modalidade de raid no nivel de tecnificación deportiva, os criterios para a súa análise (trazados dos percorridos, puntos de asistencia, cruzamentos de estradas, etc.).

e) Analizouse un suposto de competición e identificáronse as demandas técnicas, tácticas, físicas e psicolóxicas para o binomio.

f) Describíronse os criterios para a selección e a formación de equipos, e para a realización de substitucións e cambios nas competicións da modalidade.

g) Definíronse os modelos tácticos posibles en función das características da competición, do cabalo e do binomio nas carreiras de raid.

h) Relacionáronse as recomendacións técnicas ao/á xinete coas características da carreira e coas características e as condicións do binomio.

i) Examináronse as características dos materiais específicos que utiliza o binomio nas competicións de resistencia.

j) Seleccionáronse e concretáronse as adaptacións dos materiais persoais e colectivos ás condicións dun suposto de competición.

k) Relacionáronse os coidados do cabalo nunha competición de raid coas exixencias deste tipo de competicións.

l) Adaptáronse e executáronse as asistencias ao cabalo en función das características dun suposto de carreira na modalidade de raid.

5. Analiza os trazados ou percorridos de raid para o adestramento e a competición, con identificación das exixencias do regulamento das probas, a normativa viaria e ambiental, e deseña trazados do nivel de tecnificación, aplicando os procedementos establecidos.

a) Interpretáronse e seleccionáronse as limitacións que, para a análise e o deseño de percorridos de raid, establecen as normas de circulación en estradas e vías pecuarias, a normativa ambiental e os regulamentos deportivos.

b) Describíronse as características dos trazados das carreiras, nos niveis de dificultade da tecnificación deportiva, para planificar a súa preparación e o seu adestramento.

c) Analizouse a relación entre os compoñentes que determinan o nivel e a dificultade do trazado nunha carreira de raid, e valoráronse os trazados en función do seu nivel e da súa dificultade.

d) Analizáronse as directrices para a elaboración de percorridos ou trazados das carreiras de raid.

e) Elaboráronse trazados da modalidade seguindo os protocolos establecidos, adaptados ao nivel de referencia e ás características do terreo proposto.

f) Elaborouse o rutómetro e outros planos do percorrido de competición.

g) Aplicáronse procedementos para a localización dos riscos e dos perigos nun trazado dunha carreira de raid.

h) Analizáronse os criterios para a superación de eventuais obstáculos orixinados por diversas causas (cambios climáticos, desprendementos, cortes de estradas, etc.).

6. Dirixe o adestramento do cabalo na modalidade de raid analizando os medios e os métodos de adestramento do cabalo, con aplicación de técnicas específicas.

a) Identificáronse os factores que determinan o rendemento físico do cabalo de resistencia na etapa de tecnificación deportiva.

b) Describíronse os medios de traballo específicos para o adestramento físico do cabalo de resistencia nesta etapa.

c) Describíronse as capacidades específicas dos cabalos de resistencia na etapa de tecnificación da disciplina de raid.

d) Analizáronse os métodos de adestramento específico das capacidades físicas condicionais nos cabalos de resistencia.

e) Analizáronse os métodos de adestramento específico das capacidades físicas coordinativas nos cabalos de resistencia.

f) Identificáronse os niveis de volume, intensidade e carga de traballo en cada capacidade específica, nas etapas do adestramento do cabalo novo e adulto.

g) Elaborouse unha sesión de preparación física dun cabalo de resistencia, onde se establezan os obxectivos, os medios e os métodos de traballo, as tarefas para realizar e a carga das tarefas propostas.

h) Valorouse a importancia de respectar a saúde do cabalo durante o seu adestramento.

Contidos básicos

1. Valora o rendemento do cabalo e do binomio xinete e cabalo no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, analizando os estándares físicos, técnicos e as situacións tácticas, tendo en conta a relación entre os erros de execución e as súas causas.

• Factores físicos, técnicos e de comportamento do cabalo, e técnico-tácticos do binomio que determinan o rendemento deportivo na etapa de tecnificación da modalidade de raid.

• Características e adaptacións biolóxicas e mecánicas do cabalo de resistencia na etapa de tecnificación.

• Características e adaptacións da técnica de monta do/da xinete de raid. Erros de execución técnica máis comúns e a súa incidencia no adestramento e na competición.

• Estratexia e planificación xeral das carreiras de resistencia. Tácticas de carreira adaptadas ás características do trazado, da proba, do comportamento do cabalo e dos resultados parciais nos controis veterinarios. Erros tácticos máis comúns e a súa incidencia na competición.

• Medios audiovisuais para a gravación e a análise do comportamento técnico e táctico nas carreiras de resistencia. Tipo de medios, manexo e criterios de utilización.

2. Adapta e concreta os ciclos, as sesións e as secuencias de aprendizaxe no adestramento do binomio e no amestramento do cabalo, analizando as programacións de referencia, a metodoloxía e os medios específicos de preparación, e aplicando procedementos.

• Estrutura e obxectivos dos programas de adestramento do binomio e de amestramento do cabalo de resistencia na etapa de tecnificación en raid.

• Características e adaptacións dos ciclos, das sesións e das secuencias de aprendizaxe de acordo cos obxectivos do programa de adestramento na etapa de tecnificación en raid.

• Métodos e medios específicos para o amestramento do cabalo e o perfeccionamento técnico-táctico do binomio na etapa de tecnificación. Procedementos para a cuantificación da carga de traballo nos métodos específicos. Velocidade, distancia e tipo de terreo.

• Procedementos para a elaboración das secuencias de amestramento do cabalo de resistencia e de aprendizaxe do binomio.

• Criterios que determinan a modificación das secuencias de traballo para o cabalo e para o binomio de acordo coa progresión na aprendizaxe, o contexto das actividades e os obxectivos propostos.

• Combinación do traballo técnico-táctico e físico nunha sesión de adestramento. Adecuación aos obxectivos da programación. Inclusión da competición e a súa función no programa de adestramento do binomio.

• Proposta dun ciclo ou unha etapa de preparación completa a partir dunha programación de referencia: obxectivos, medios, métodos, instrumentos de control e dinámica da carga.

3. Dirixe sesións de adestramento do binomio xinete e cabalo e de amestramento do cabalo, demostrando as técnicas propias deste nivel, analizando e aplicando as técnicas de dirección e organización, e aplicando técnicas de autoavaliación.

• Estrutura e organización dunha sesión de amestramento do cabalo de resistencia. Sesións específicas e combinadas de adestramento do binomio.

• Preparación do cabalo e do equipamento. Instalacións e medios para a sesión de amestramento ou de adestramento do binomio.

• Contidos das sesións de adestramento na modalidade de raid. Aprendizaxe e demostración dos estándares técnicos e tácticos.

• Recursos didácticos específicos do adestramento na modalidade de raid.

• Motivación: factores específicos.

• Instrumentos e métodos para a observación técnica no adestramento.

• Métodos e procedementos para os rexistros do desenvolvemento das sesións. Análise do resultado das sesións. Autoavaliación.

• Erros e incidencias na dirección de sesións: causas e medidas de corrección.

4. Dirixe o binomio xinete-cabalo en competicións, analizando os factores que condicionan o rendemento, e seleccionando as estratexias de intervención e os coidados ao cabalo.

• Funcións e labores do persoal técnico durante o acompañamento dos/das xinetes de raid nas competicións do nivel de tecnificación deportiva.

• Características das carreiras na disciplina hípica do raid. Exixencias e limitacións regulamentarias da competición na etapa de tecnificación deportiva: lonxitude, velocidade, orografía e peso.

• Tipos de carreiras: en liña e en margarida. Análise dos elementos que definen unha carreira (trazados, puntos de asistencia, cruzamentos de estradas e camiños, travesías urbanas, etc.). Rutómetro.

• Modelos de planificación das carreiras en función do tipo, da dificultade e das características técnicas, tácticas e psicolóxicas do binomio, e físicas do cabalo.

• Criterios para a selección de binomios e formación de equipos nas competicións de raid. Instrucións técnico-tácticas aos/ás xinetes.

• Características dos materiais específicos que utiliza o binomio nas competicións de resistencia. Selección e adaptación nun suposto de carreira. Utilización do GPS.

• Características e obxectivo da asistencia ao cabalo e ao/á xinete durante a competición. Métodos, medios e tipo de asistencia e control adaptados ao cabalo e á situación de carreira. Pulsímetros.

5. Analiza os trazados ou percorridos de raid para o adestramento e a competición, con identificación das exixencias do regulamento das probas, a normativa viaria e ambiental, e deseña trazados do nivel de tecnificación, aplicando os procedementos establecidos.

• Estrutura dos percorridos das carreiras de resistencia en función do tipo e dos niveis de dificultade.

• Directrices de carácter técnico, regulamentario e orográfico para o deseño do trazado dos percorridos nas carreiras de raid, e a súa adecuación aos niveis de dificultade.

• Directrices de seguridade. Normativa de circulación e paso de estradas e camiños. Normativa ambiental xeral e local. Servidume de paso. Medición e sinalización dos percorridos.

• Levantamento de planos e rutómetros.

• Procedementos para a localización dos riscos e dos perigos no trazado dunha carreira de raid.

• Criterios para a superación de eventuais obstáculos orixinados por diversas causas (cambios climáticos, desprendementos, cortes de estradas, etc.).

6. Dirixe o adestramento do cabalo na modalidade de raid analizando os medios e os métodos de adestramento do cabalo, con aplicación de técnicas específicas.

• Factores morfofuncionais e de comportamento que determinan o rendemento físico do cabalo de resistencia na etapa de tecnificación.

• Métodos e medios de adestramento das capacidades físicas condicionais nos cabalos de raid.

• Medios e métodos específicos de adestramento para a mellora das capacidades físicas coordinativas nos cabalos da modalidade de raid.

• Niveis de volume e intensidade da carga de traballo, en cada capacidade específica, nas etapas do adestramento do cabalo novo e adulto.

• Elementos para a elaboración dunha sesión de adestramento física dun cabalo de resistencia, con especificación dos obxectivos, dos medios e dos métodos de traballo, das tarefas para realizar e do nivel da carga das tarefas propostas.

• Suposto práctico de desenvolvemento dunha sesión de adestramento físico do cabalo.

Módulo específico de ensino deportivo: Perfeccionamento técnico en trec

Código: MED-HITE212

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Valora o rendemento do cabalo e do binomio xinete-cabalo no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, analizando os estándares técnicos e as situacións tácticas, e elabora secuencias de aprendizaxe, tendo en conta a relación entre os erros de execución e as súas causas.

a) Explicáronse os factores técnicos e tácticos de que depende o rendemento deportivo do binomio e os factores técnicos e do comportamento do cabalo durante o adestramento e a competición na modalidade de trec na etapa de tecnificación deportiva.

b) Analizáronse os estándares técnicos e tácticos do binomio e os estándares técnicos e de rendemento físico do cabalo e a súa evolución, propios desta etapa na modalidade de trec.

c) Identificáronse os elementos que definen a complexidade dos estándares técnicos do cabalo e do binomio, propios desta etapa na modalidade de trec.

d) Identificáronse os elementos que definen a complexidade dos esquemas tácticos utilizados nas competicións desta etapa.

e) Analizáronse os criterios para a modificación da complexidade das secuencias de traballo para o cabalo e para o binomio, de acordo cos conceptos de progresión, interferencia contextual e significatividade.

f) Elaboráronse secuencias de amestramento para o cabalo e de aprendizaxe para o binomio, de acordo cos obxectivos pretendidos na modalidade de trec.

g) Describíronse os criterios de análise do comportamento técnico-táctico do cabalo e do binomio no adestramento e na competición da modalidade de trec.

h) Elaboráronse, preparáronse e aplicáronse instrumentos para a recollida de información sobre o comportamento técnico-táctico do cabalo e do binomio, durante o adestramento e a competición na modalidade de trec.

i) Describíronse os erros tipo e relacionáronse coas súas causas e as súas correccións, no comportamento técnico-táctico do cabalo e do binomio durante o adestramento e a competición na modalidade de trec.

j) Analizouse no adestramento e na competición a execución do cabalo e do binomio da modalidade de trec, e identificáronse as súas características técnico-tácticas.

k) Xustificouse a importancia da valoración e da análise do comportamento técnico-táctico do cabalo e do binomio, dentro das funcións do persoal técnico deportivo.

2. Adapta e concreta os ciclos, sesións e secuencias de aprendizaxe no adestramento do binomio e o amestramento do cabalo, analizando as programacións de referencia, a metodoloxía e os medios específicos de preparación, aplicando os procedementos axeitados.

a) Describíronse os obxectivos técnicos e tácticos do binomio nas programacións de referencia da etapa de tecnificación deportiva, e identificáronse os elementos que definen a complexidade dos estándares técnicos e tácticos propios desta etapa.

b) Analizouse un suposto de calendario de competicións de trec e clasificáronse estas competicións de acordo coa súa función dentro do programa de adestramento de referencia.

c) Analizáronse os criterios de selección das competicións de trec en función dos obxectivos, do programa de adestramento e das características da competición.

d) Seleccionáronse, dentro da programación de referencia e dos seus obxectivos, as fases ou os ciclos de preparación dun cabalo e do binomio na modalidade de trec, concretáronse os medios específicos de amestramento e de perfeccionamento técnico, e definíronse as sesións de adestramento necesarias para o seu desenvolvemento.

e) Explicáronse as características dos métodos específicos para o amestramento do cabalo e o perfeccionamento técnico-táctico do binomio na modalidade de trec.

f) Relacionáronse os sistemas específicos de preparación do cabalo e do adestramento técnico-táctico do binomio cos obxectivos da programación de referencia, e determináronse os sistemas de cuantificación da carga utilizables en cada caso.

g) Seleccionáronse as características específicas dunha sesión de adestramento e concretouse unha sesión de traballo do cabalo e do binomio na modalidade de trec, de acordo cos obxectivos do momento da programación en que se ache.

h) Analizáronse os criterios de combinación do traballo técnico-táctico e físico do binomio, e concretouse unha sesión da modalidade de trec.

i) Valorouse a programación anticipada como factor de calidade dun programa de amestramento do cabalo e adestramento do binomio.

3. Dirixe sesións de adestramento do binomio e de amestramento do cabalo, demostrando as técnicas propias deste nivel, e analiza e aplica as técnicas de dirección e organización, aplicando técnicas de autoavaliación.

a) Identificáronse as situacións de aprendizaxe na modalidade de trec que fan necesaria a demostración da tarefa por parte do persoal técnico deportivo.

b) Demostráronse as técnicas da modalidade de trec propias do nivel de tecnificación, e sinaláronse os aspectos máis salientables para a súa aprendizaxe.

c) Analizáronse as técnicas específicas de organización das sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo na modalidade de trec, con especial atención á disposición en función do material, ao aproveitamento óptimo do espazo e do material e ao mantemento do nivel de práctica programado.

d) Dirixiuse unha sesión simulada de preparación técnica do binomio e amestramento do cabalo, de acordo co previsto na programación.

e) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo na modalidade de trec, en relación coas causas e as posibles medidas para a súa solución.

f) Analizáronse as adaptacións específicas para a modalidade de trec dos recursos didácticos facilitadores da aprendizaxe a través da motivación, da concentración e do control dos pensamentos e das emocións.

g) Analizáronse as actitudes e as accións de motivación máis axeitadas nas sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo na modalidade de trec.

h) Identificáronse os criterios de calidade na organización e na dirección de sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo na modalidade de trec.

i) Adaptáronse instrumentos para a recollida de información sobre o desempeño persoal do persoal técnico deportivo durante a dirección de sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo na modalidade de trec.

j) Analizouse o comportamento do persoal técnico deportivo na dirección de sesións de preparación técnica do binomio e de amestramento do cabalo na modalidade de trec, utilizando medios de rexistro da información, e identificáronse os erros e propuxéronse alternativas.

k) Valorouse a importancia de manter a motivación do binomio a través da participación activa do persoal técnico.

4. Dirixe o binomio en competicións, analizando os factores que condicionan o rendemento, e selecciona as estratexias de intervención e os coidados ao cabalo.

a) Describíronse as funcións do persoal técnico deportivo nas competicións de tecnificación deportiva da modalidade de trec.

b) Analizouse o regulamento de competición da modalidade de trec e identificáronse as súas limitacións técnico-tácticas.

c) Describíronse as características e as exixencias básicas das competicións da modalidade de trec neste nivel.

d) Concretáronse os criterios de análise de percorridos das competicións na modalidade de trec no nivel de tecnificación deportiva.

e) Analizouse un suposto de competición identificando as demandas técnicas, tácticas, físicas e psicolóxicas para o cabalo e o binomio.

f) Describíronse os criterios para a selección e a formación de equipos, a para a realización de substitucións e cambios nas competicións da modalidade de trec.

g) Analizáronse os criterios para a formación de binomios, de acordo coas exixencias da competición na modalidade de trec.

h) Definíronse os modelos tácticos posibles en función das características da competición, do cabalo e do binomio na modalidade de trec.

i) Relacionáronse as recomendacións técnicas ao/á xinete coas características da competición na modalidade de trec e coas condicións do/da xinete.

j) Examináronse as características dos materiais específicos que utiliza o binomio nas competicións da modalidade de trec.

k) Seleccionáronse e concretáronse as adaptacións dos materiais persoais e colectivos ás condicións dun suposto de competición.

l) Relacionáronse, adaptáronse e executáronse os coidados do cabalo nunha competición da modalidade de trec coas exixencias deste tipo de competicións.

m) Valorouse a importancia do quecemento previo do binomio nunha proba de trec.

5. Elabora o deseño técnico das competición (percorridos e trazados) analizando o regulamento da proba e as características dos percorridos ou trazados, aplicando procedementos establecidos.

a) Interpretáronse e seleccionáronse as directrices e as limitacións que, para o deseño de percorridos e trazados das probas de orientación (POR), a proba de mestría en aires (PAR) e a proba de terreo variado (PTV), establecen no seu regulamento a RFHE e a Federación Internacional de Turismo Ecuestre (FITE).

b) Describíronse as características dos percorridos e dos trazados das probas nos niveis de dificultade da tecnificación deportiva.

c) Analizouse a relación entre os compoñentes do percorrido que determinan o seu nivel e a súa dificultade.

d) Elaboráronse percorridos e trazados das probas de trec seguindo os protocolos establecidos, adaptados ao nivel de tecnificación e ás características do terreo.

e) Aplicáronse procedementos para a localización dos riscos e dos perigos nun trazado e percorrido da POR e PTV, respectivamente.

f) Analizáronse os criterios para o deseño de obstáculos da PTV.

g) Valorouse o nivel de dificultade dun trazado da POR e percorrido da PTV en función do nivel de exixencia e de amestramento do cabalo.

h) Analizáronse os criterios de selección e alternancia de obstáculos ou dificultades entre os grupos de precisión, calma e salto, tendo en conta o aire ou franqueo.

i) Valorouse a importancia de adaptar e axustar os percorridos ao nivel da competición na modalidade de trec.

6. Dirixe o adestramento do cabalo na modalidade de trec, analizando os medios e os métodos de adestramento do cabalo, aplicando técnicas específicas.

a) Identificáronse os factores que determinan o rendemento físico do cabalo na etapa de tecnificación na modalidade de trec.

b) Describíronse os medios de traballo específicos para o adestramento físico do cabalo na modalidade de trec.

c) Describíronse as características das capacidades específicas dos cabalos na disciplina de trec.

d) Analizáronse os métodos de traballo e de adestramento específicos das capacidades físicas condicionais nos cabalos da modalidade de trec.

e) Analizáronse os métodos de traballo e de adestramento específicos das capacidades físicas coordinativas nos cabalos da modalidade de trec.

f) Identificáronse os niveis de carga de traballo, en cada capacidade específica, nas etapas do adestramento e dos primeiros anos de adestramento dun cabalo novo, na modalidade de trec.

g) Elaborouse unha sesión de preparación física dun cabalo de trec en que se establezan os obxectivos, os medios e os métodos de traballo, as tarefas para realizar e a carga das tarefas propostas.

h) Valorouse a importancia de respectar a saúde do cabalo durante o seu adestramento.

Contidos básicos

1. Valora o rendemento do cabalo e do binomio xinete-cabalo no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, analizando os estándares técnicos e as situacións tácticas, e elabora secuencias de aprendizaxe, tendo en conta a relación entre os erros de execución e as súas causas.

• Factores que determinan o rendemento deportivo na etapa de tecnificación na modalidade de trec: físicos, técnicos e de comportamento do cabalo; e físicos, técnicos e tácticos do/da xinete.

• Estándares técnicos do cabalo de trec na etapa de tecnificación, ata o nivel de tres estrelas e campionatos.

• Criterios de valoración dos estándares físicos e técnicos do cabalo.

• Morfoloxía e carácter, capacidade de resistencia, capacidade para franquear obstáculos variados en campo aberto, submisión e obediencia. Nivel de posta en man e doma en xeral. Evolución.

• Estándares tácticos nas probas de trec: estratexia e planificación da POR, da PAR e da PTV. Factores que cómpre ter en conta.

• Actitude do/da xinete ante os posibles desaxustes durante a execución dun obstáculo na PTV ou un trazado de orientación na POR.

• Observación da execución técnica nos exercicios da PAR e da PTV. Aspectos que determinan a execución técnica. Erros técnicos: causas e tarefas de corrección. Instrumentos de recollida de información.

• Comportamento técnico-táctico no adestramento e na competición das probas de trec na etapa de tecnificación.

– Observación da táctica: criterios de análise.

– Erros tácticos e técnicos: causas e tarefas de corrección.

• Secuencias de aprendizaxe para a execución técnica dos exercicios e formulacións tácticas. Aplicación dos principios metodolóxicos.

2. Adapta e concreta os ciclos, sesións e secuencias de aprendizaxe no adestramento do binomio e o amestramento do cabalo, analizando as programacións de referencia, a metodoloxía e os medios específicos de preparación, aplicando os procedementos axeitados.

• Programa de adestramento e amestramento deportivo na modalidade de trec ata o nivel de competición de tecnificación.

– Obxectivos xerais técnicos e tácticos: motivación.

– Ciclos de preparación: características.

• Competicións de trec: análise do calendario e a súa inclusión dentro do ciclo de adestramento.

• Medios e métodos de amestramento técnico do cabalo de trec.

• Medios e métodos de adestramento técnico e táctico do binomio.

• Cuantificación da carga de traballo nos métodos específicos.

• Características específicas dunha sesión de adestramento do cabalo e do binomio.

• Combinación do traballo técnico-táctico e físico do binomio nunha sesión de adestramento. Traballo en campo, amestramento en pista e traballo á man. Adecuación da sesión aos obxectivos do momento da programación en que se ache.

3. Dirixe sesións de adestramento do binomio e de amestramento do cabalo, demostrando as técnicas propias deste nivel, e analiza e aplica as técnicas de dirección e organización, aplicando técnicas de autoavaliación.

• Estrutura e organización dunha sesión de amestramento do cabalo de trec.

• Preparación do cabalo para a sesión de amestramento en función do tipo de proba e obxectivo.

• Elección do lugar para a realización da sesión.

• Medios e materiais necesarios.

• Quecemento.

• Realización do traballo de acordo coa práctica programada.

• Volta á calma.

• Contidos dunha sesión de amestramento do cabalo de trec. Demostración dos estándares técnicos relativos aos requisitos das tres probas.

– Manexo do cabalo montado cunha soa man.

– Condución e evolucións co cabalo do/da destro/a.

– Técnica do paso longo e o galope reunido.

– Procedementos técnicos do paso dos diversos obstáculos que compoñen a PTV.

– Técnica de franqueo de obstáculos encadeados, combinados ou asociados.

• Recursos didácticos específicos no amestramento do cabalo de trec, para a proba de manexo de aires e de terreo variado nos exercicios.

• Motivación: factores específicos.

• Rexistro de información. Análise do resultado da sesión. A autoavaliación.

• Erros e incidencias na dirección de sesións: causas e medidas de corrección.

4. Dirixe o binomio en competicións, analizando os factores que condicionan o rendemento, e selecciona as estratexias de intervención e os coidados ao cabalo.

• Funcións e labores do persoal técnico durante o acompañamento a xinetes de trec na competición.

• Regulamentación da competición. Características e análise das probas. Limitacións técnico-tácticas en función das idades, das categorías dos/das xinetes, das idades dos cabalos e do nivel da competición.

• Criterios para a selección e a formación de binomios e equipos, e para a realización de substitucións e cambios nas competicións de trec.

• Modelos tácticos posibles para empregar na competición de trec, de acordo coas características das probas e o seu nivel de exixencia, das características do cabalo, da súa capacidade e da propia do binomio.

• Factores físicos, psíquicos, técnicos e tácticos que inflúen no rendemento da competición.

• Preparación e coidados do cabalo de trec na competición: adaptación dos materiais e do equipamento; quecemento correcto antes da proba.

5. Elabora o deseño técnico das competición (percorridos e trazados) analizando o regulamento da proba e as características dos percorridos ou trazados, aplicando procedementos establecidos.

• Regulamento estatal de técnicas de rutas ecuestres de competición, editadas pola RFHE e a FITE. Procedementos para a construción de percorridos e trazados.

• Planeamento, elaboración e deseño dun trazado de itinerario da POR.

• Planeamento, elaboración e deseño dun trazado da PAR.

• Planeamento, elaboración e deseño dun percorrido da PAR.

• Criterios de elaboración e análise da complexidade no deseño de trazados e percorridos.

6. Dirixe o adestramento do cabalo na modalidade de trec, analizando os medios e os métodos de adestramento do cabalo, aplicando técnicas específicas.

• Factores que determinan o rendemento físico do cabalo da etapa de tecnificación na modalidade de trec.

• Capacidades físicas e psíquicas do cabalo de trec: características funcionais.

• Exercicios específicos para a mellora das capacidades físicas condicionais nos cabalos da modalidade de trec.

• Medios e métodos de adestramento e a súa aplicación para a mellora das capacidades físicas condicionais nos cabalos da modalidade de trec.

• Exercicios específicos para a mellora das capacidades físicas coordinativas nos cabalos da modalidade de trec.

• Medios e métodos de adestramento e a súa aplicación, para a mellora das capacidades físicas coordinativas nos cabalos da modalidade de trec.

• Sistemas de adestramento do cabalo novo de saltos para a disciplina de trec.

Módulo específico de ensino deportivo: Organización de itinerarios ecuestres

Código: MED-HITE213

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Elabora e organiza itinerarios ecuestres adaptados ás características das persoas usuarias, tendo en conta as súas características e os posibles elementos de dificultade e perigo.

a) Describíronse os tipos e as características dos itinerarios ecuestres, e as partes en que se divide, en función do nivel e das características dos/das posibles usuarios/as.

b) Describíronse os criterios e os símbolos de sinalización dunha ruta ecuestre e a súa homologación como ruta deportiva segundo o manual para a homologación de rutas ecuestres da RFHE.

c) Describíronse os elementos que determinan a dificultade e a perigosidade dun percorrido ecuestre.

d) Relacionáronse os elementos de perigosidade dun percorrido ecuestre co dominio técnico necesario para superalo.

e) Describíronse as características dos puntos de avituallamento nun itinerario ecuestre.

f) Analizouse un suposto de itinerario ecuestre, identificando os puntos de descanso e de avituallamento en función da dificultade e das características dos cabalos e das persoas usuarias.

g) Describíronse as características dos itinerarios ou plans alternativos, relacionándoos cos diferentes tipos de continxencias que os orixinan.

h) Valorouse a importancia da previsión de continxencias na elaboración e deseño dun itinerario ecuestre.

i) Adaptouse un traxecto ás características dun suposto itinerario no que se describen as características dos/das clientes/as-usuarios/as e os medios dispoñibles, establecendo:

1º. Comezo e final dos tramos con dificultade.

2º. Comezo e final dos tramos con perigos obxectivos.

3º. Posibles itinerarios ou plans alternativos en función das continxencias máis habituais.

4º. Posibles zonas de reunión do grupo, avituallamento ou estadía nocturna.

5º. Plans alternativos ante posibles continxencias durante o percorrido.

6º. Puntos de referencia máis significativos na orientación e cotas de altura por onde se desenvolve o percorrido ecuestre.

2. Dirixe a estadía nocturna en exterior de grupos en itinerarios ecuestres analizando as características e o acondicionamento dos lugares de acampada e a zona de estadía nocturna de cabalos, aplicando as técnicas de bivaque.

a) Describíronse as características dunha zona natural de acampada ou bivaque, indicando as diferentes zonas de comida, limpeza e cabalos.

b) Describíronse as características que debe cumprir unha tenda ou material de bivaque durante un percorrido por itinerarios ecuestres.

c) Enumeráronse os pasos na montaxe dunha tenda.

d) Realizouse a montaxe das tendas e o acondicionamento da zona de acampada durante un suposto práctico.

e) Identificáronse os perigos obxectivos das zonas de comida e limpeza dos cabalos nun suposto práctico de preparación da zona de acampada.

f) Empregáronse técnicas e protocolos na distribución e orientación das tendas nun suposto práctico de preparación da zona de estadía nocturna.

g) Describíronse as medidas de acondicionamento dos cabalos para o seu descanso. Habilitación de paddock.

h) Aplicáronse técnicas de aseguramento das zonas de acampada e de estadía nocturna dos cabalos tendo en conta as posibles inclemencias do tempo e valorando os accidentes do terreo da zona escollida, nun caso práctico de preparación da zona de acampada.

i) Describíronse, seleccionáronse e aplicáronse os sistemas de suxeición do cabalo, valorando o rendemento e características do tipo de cordame elixido.

j) Analizáronse as características e os elementos disuasorios da posible fuxida dos cabalos.

k) Valorouse a importancia da previsión no acondicionamento das zonas de estadía nocturna dos cabalos.

l) Describíronse as normas que rexen sobre a acampada e actividades de ocio e recreo en terreos forestais e áreas de conservación do medio natural.

m) Identificáronse os permisos e as autorizacións de acampada segundo as diferentes modalidades.

3. Interpreta a información meteorolóxica caracterizando os signos naturais e describindo os procedementos de medición.

a) Describíronse os principios básicos da meteoroloxía: presión, temperatura, nubes, meteoros, vento, etc.

b) Describiuse o comportamento xeral da atmosfera desde o punto de vista meteorolóxico.

c) Interpretouse a información dun parte meteorolóxico, identificando as posibles consecuencias para a realización dunha actividade de acompañamento por un itinerario ecuestre.

d) Identificouse a información achegada por un mapa meteorolóxico: zonas de baixas presións, zonas de ventos fortes, xiro de borrascas e anticiclóns, entre outros, e a posible evolución do tempo.

e) Describiuse o fenómeno de inversión térmica, as situacións típicas en que se produce e os fenómenos meteorolóxicos que provoca.

f) Explicouse a variación da sensación térmica polo efecto do vento e da humidade ambiental.

g) Interiorizouse a necesidade de prever as situacións meteorolóxicas como elemento de seguridade na práctica deportiva no medio natural.

h) Describíronse as características dos signos naturais que, mediante a observación, permiten prever un cambio meteorolóxico.

i) Interpretouse a información que nos dan os aparellos de medición de parámetros atmosféricos (termómetro, barómetro e higrómetro), indicando a evolución do tempo.

j) Describiuse a formación de situacións meteorolóxicas adversas ou que poden comportar perigo para a actividade, describindo os signos para detectalas ou prevelas.

k) Xustificouse a importancia de prever as situacións meteorolóxicas como elemento de seguridade na práctica de itinerarios ecuestres.

4. Xestiona actividades de condución por itinerarios ecuestres, seleccionando os recursos materiais e humanos necesarios, aplicando os procedementos de obtención, tratamento e arquivo da información, e aplicando técnicas básicas de control orzamentario.

a) Explicouse o concepto de fonte primaria, secundaria, directa e indirecta e definíronse os procedementos para obter información destas.

b) Seleccionouse e elaborouse a información necesaria para definir unha oferta de organización de itinerarios ecuestres.

c) Analizáronse recursos humanos e materiais necesarios nun suposto de actividade de condución por itinerarios ecuestres.

d) Describíronse os criterios que permiten determinar a calidade do servizo prestado no desenvolvemento de actividades de condución por itinerarios ecuestres.

e) Describíronse os elementos que condicionan o orzamento dun proxecto de actividade de condución por itinerarios ecuestres.

f) Identificáronse as fontes de información utilizables para recoller os datos sobre aloxamento, manutención e medios de transporte necesarios nun proxecto de actividade de condución por itinerarios ecuestres.

g) Analizouse a viabilidade dun proxecto de actividade de condución por itinerarios ecuestres en relación co seu orzamento.

h) Describíronse os procedementos de arquivo da información e as normas de confidencialidade que se deben cumprir coa información almacenada.

i) Valorouse a importancia dunha organización eficaz e eficiente na organización das actividades de condución por itinerarios ecuestres.

5. Resolve situacións de emerxencia en actividades de condución por itinerarios ecuestres, describindo e analizando as medidas preventivas, executando procedementos de axuda e rescate.

a) Describíronse as funcións preventivas do persoal técnico nas actividades de condución por itinerarios ecuestres.

b) Describíronse as medidas preventivas que se deben tomar nunha actividade de condución por itinerarios ecuestres.

c) Relacionáronse os datos que se deben comunicar aos servizos de socorro da zona con anterioridade ao desenvolvemento da actividade.

d) Describíronse as normas de comportamento e de utilización dos equipamentos e do material de seguridade en diferentes situacións de perigo na condución ecuestre.

e) Describiuse o protocolo de actuación ante un suposto de accidente.

f) Describiuse a información que se debe transmitir ás persoas usuarias precisando o seu comportamento en situación de emerxencia, ruptura e/ou perda do material.

g) Elaborouse un plan de evacuación ou rescate que permita a resolución dun suposto práctico de situación de emerxencia.

h) Seleccionáronse os materiais de primeiros auxilios mínimos que debe portar o/a guía en función do tipo de actividade, lugar por onde discorre o itinerario, tipo e número de persoas usuarias.

i) Valorouse a importancia dun comportamento sereno e de respecto polo cumprimento dos protocolos durante as situacións de emerxencia.

Contidos básicos

1. Elabora e organiza itinerarios ecuestres adaptados ás características das persoas usuarias, tendo en conta as súas características e os posibles elementos de dificultade e perigo.

• Deseño de itinerarios. Factores que cómpre ter en conta no deseño de itinerarios a cabalo, tipos de itinerarios, fases do itinerario e estimación temporal. Plans alternativos.

• Manual de homologación de rutas ecuestres da RFHE.

• Zonas de descanso e avituallamento: continxencias.

• Valoración técnica do itinerario: dificultade e perigosidade. Verificación de itinerarios.

• Representación gráfica de itinerarios. Elaboración de informes, fichas e cadernos de ruta de itinerarios. Simboloxía internacional de sinalización de sendeiros.

• Puntos de referencia; base da axuda á orientación, nun itinerario ecuestre.

2. Dirixe a estadía nocturna en exterior de grupos en itinerarios ecuestres, analizando as características e o acondicionamento dos lugares de acampada e a zona de estadía nocturna de cabalos, aplicando as técnicas de bivaque.

• Estadía nocturna no medio rural. Acampada libre: criterios de selección e adecuación do lugar; orientación das tendas; características e montaxe; reforzos das tendas ante situacións climatolóxicas adversas.

• Zona de estadía nocturna dos cabalos: criterios de selección e procedemento de habilitación dos paddocks; orientación e distribución na suxeición dos cabalos; valoración da querenza; características e elementos da espantada; procedementos para asegurar a zona.

• Bivaque: elementos para a súa realización; criterios de selección e adaptación do lugar; elementos de fortuna para realizar un bivaque de urxencia; marcaxe da posición do bivaque.

• Sistemas de suxeición: tipos de nós, tipos de cordame e nós específicos. Rendemento e selección dos nós.

• Normativa que regula a acampada e as actividades de lecer e recreo en terreos forestais e áreas de conservación do medio natural.

• Procedementos de xestión de permisos e autorizacións de diferentes tipos de acampadas.

3. Interpreta a información meteorolóxica caracterizando os signos naturais e describindo os procedementos de medición.

• Atmosfera: dinámica xeral e local. Circulación xeral da atmosfera. Efecto topográfico sobre o vento. Brisas de val e montaña. Fluxos anómalos do leste. Presión atmosférica: medición por medio de barómetro.

• Previsión do tempo.

– Análise e predición do tempo atmosférico a partir de indicios naturais.

– Signos naturais que permiten realizar predicións meteorolóxicas.

– Determinación da evolución do tempo atmosférico utilizando un barómetro e realización de predicións.

– Interese pola meteoroloxía e pola previsión das situacións meteorolóxicas como elemento de eficacia e seguridade na realización de actividades e coñecemento do contorno natural.

• Mapas do tempo: interpretación de mapas, datos meteorolóxicos, predicións, avisos de fenómenos adversos e datos sinópticos obtidos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

• Riscos asociados aos fenómenos atmosféricos e medidas preventivas. Actuación en caso de tempestades, néboa ou vento.

4. Xestiona actividades de condución por itinerarios ecuestres, seleccionando os recursos materiais e humanos necesarios, aplicando os procedementos de obtención, tratamento e arquivamento da información, e aplicando técnicas básicas de control orzamentario.

• Fontes de información. Identificación da información necesaria para o deseño de itinerarios. Localización das fontes de información. Técnicas ou procedementos de obtención de información: navegadores da internet.

• Técnicas de arquivamento da información. Confidencialidade de datos.

• Loxística das actividades de condución a cabalo: transporte de materiais, cabalos e viaxeiros/as. Características do medio de transporte. Aloxamento e manutención: características e custos.

• Recursos humanos e medios materiais nas actividades de condución por itinerarios ecuestres.

• Calidade do servizo prestado: conceptos básicos de calidade de prestación de servizos; características do servizo; criterios de valoración; métodos de control da calidade do servizo.

• Orzamento da actividade: recursos necesarios, selección de provedores/as, accións promocionais, control orzamentario.

5. Resolve situacións de emerxencia en actividades de condución por itinerarios ecuestres, describindo e analizando as medidas preventivas e executando procedementos de axuda e rescate.

• Prevención nas actividades de condución por itinerarios ecuestres. Funcións do persoal técnico. Medidas preventivas.

• Equipos de apoio: función e composición.

• Equipamentos e material de seguridade.

• Situación de emerxencia.

– Servizos de rescate. Protocolos de comunicación co servizo de rescate.

– Normas de comportamento en situacións de emerxencia segundo o lugar e as condicións. Procedementos de actuación.

– Protocolos de actuación. Control das persoas usuarias. Control dos animais.

• Plan de evacuación.

• Material de primeiros auxilios nas actividades de condución por itinerarios ecuestres.

Módulo específico de ensino deportivo: Medio natural

Código: MED-HITE214

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Colabora na elaboración e na difusión de plans de protección e educación ambiental, analizando as características xeográficas, xeolóxicas e biolóxicas da zona.

a) Describíronse as características xeolóxicas e paisaxísticas das zonas dun suposto de percorrido.

b) Identificáronse as posibles zonas de interese desde o punto de vista xeolóxico e paisaxístico, dun suposto de itinerario ecuestre.

c) Explicáronse as características da flora e da fauna dun suposto práctico, e indicáronse os lugares onde se poden localizar especies vexetais e animais representativas do contorno.

d) Describíronse as características e as funcións no ambiente das árbores e das plantas específicas da zona.

e) Explicáronse as características dos métodos que se utilizan para o acondicionamento de zonas de paso e de observación do medio.

f) Deseñáronse itinerarios de natureza ou sendeiros ecolóxicos e elaboráronse esbozos de percorridos e fichas descritivas sobre zonas de interese.

g) Describíronse os posibles riscos da actividade para co ambiente e propuxéronse as medidas para os evitar.

h) Elaboráronse as pautas de comportamento que deben seguir as persoas usuarias, en relación co respecto polo ambiente.

i) Relacionáronse os medios materiais necesarios para o cumprimento das normas de respecto ambiental.

j) Confeccionáronse os materiais informativos sobre as normas de coidado e protección do contorno.

k) Xustificouse a importancia do respecto ás normas ambientais para a sustentación e a salvagarda das condicións do itinerario ecuestre.

2. Completa o programa de actividades do itinerario ecuestre, identificando as fontes de información e analizando as características socioeconómicas, culturais e gastronómicas do lugar de realización do percorrido.

a) Identificáronse as fontes de información sobre a gastronomía e os servizos de restauración.

b) Localizouse a información sobre as manifestacións culturais autóctonas e os produtos artesanais e de alimentación.

c) Relacionáronse as manifestacións culturais autóctonas e os produtos artesanais e de alimentación como elementos de promoción do ecoturismo e do agroturismo.

d) Determinouse a influencia do turismo ecuestre no desenvolvemento do sector turístico e no desenvolvemento rural da zona.

e) Enumeráronse as localizacións culturais que se achan nun itinerario ecuestre proposto.

f) Recolleuse información sobre a gastronomía propia da zona onde se realiza un suposto de itinerario ecuestre.

g) Valorouse a importancia de completar o itinerario ecuestre con actividades complementarias de carácter cultural.

3. Analiza a viabilidade ambiental do itinerario ecuestre e identifica a normativa relacionada coas prácticas de actividades no medio natural e a protección ambiental, que aplica na preparación de itinerarios.

a) Enumeráronse os tipos de espazos naturais protexidos e explicáronse as súas características.

b) Explicouse a lexislación en relación cos espazos naturais e coas prácticas deportivas ecuestres suxeitas a regulación normativa.

c) Describíronse as causas que poden limitar ou restrinxir o uso e a explotación comercial do medio natural.

d) Describíronse as funcións e as responsabilidades do/da guía e das persoas usuarias en relación co respecto polo ambiente dos espazos naturais.

e) Describiuse o procedemento para a autorización da explotación comercial.

f) Describiuse o procedemento de homologación dunha ruta ecuestre con respecto polo ambiente e pola protección dos espazos naturais.

g) Enumeráronse os tipos e explicáronse as características dos espazos naturais que percorre un suposto onde se identifica o percorrido e o lugar de estadía nocturna.

h) Enumeráronse as institucións reguladoras do acceso, da circulación de cabalos e do control da estadía nocturna que afectan o percorrido dun suposto práctico.

i) Describíronse os procedementos de solicitude do permiso de acceso e circulación, con indicación do organismo en que se xestiona cada documento, o tempo e a forma requirida.

j) Identificáronse as normas que regulan a estadía nocturna no medio natural.

k) Elaborouse o protocolo de conduta durante a estadía nocturna no medio natural.

4. Concreta os aspectos paisaxísticos, biolóxicos, culturais, gastronómicos e fáunicos do proxecto de itinerario ecuestre, elaborando o caderno do/da viaxeiro/a.

a) Determináronse as características que debe cumprir o deseño do caderno do/da viaxeiro/a dun itinerario ecuestre.

b) Determináronse o tipo e as características das actividades con valor paisaxístico, biolóxico e cultural que completan o caderno do/da viaxeiro/a.

c) Confeccionouse material informativo de procura e localización de información xeográfica, xeolóxica e paisaxística.

d) Valorouse a importancia de informar no caderno do/da viaxeiro/a sobre as especies da fauna autóctona e especies protexidas, con xustificación da súa importancia no contorno e da súa función no ciclo da vida.

e) Identificáronse as características históricas do tipo de vía pola cal discorre un suposto de itinerario ecuestre.

f) Elaboráronse a información e as actividades sobre fauna e flora, zonas de interese cultural, paisaxes e vistas panorámicas, e natureza do terreo, do caderno do/da viaxeiro/a dun suposto de itinerario.

g) Valorouse a importancia de completar o itinerario ecuestre con actividades que potencien os seus valores paisaxísticos e ambientais.

Contidos básicos

1. Colabora na elaboración e na difusión de plans de protección e educación ambiental, analizando as características xeográficas, xeolóxicas e biolóxicas da zona.

• Medio de montaña e a súa caracterización ecolóxica.

• Xeografía, clima, flora e fauna das zonas de turismo ecuestre. Características paisaxísticas máis salientables.

• Ecosistemas tipo. Espazos naturais protexidos. Especies máis comúns. Especies protexidas.

• Zonas de interese no ámbito comarcal e rexional.

• Turismo no medio natural: turismo deportivo, ecoturismo, agroturismo e turismo rural.

• Impacto ambiental das prácticas deportivas de condución no medio natural.

• Protocolos de actuación no contorno natural.

2. Completa o programa de actividades do itinerario ecuestre, identificando as fontes de información e analizando as características socioeconómicas, culturais e gastronómicas do lugar de realización do percorrido.

• Turismo como factor de desenvolvemento do contorno rural.

• Procedementos de procura e localización de información gastronómica e turística.

• Gastronomía mediterránea.

• Tipos de localizacións culturais.

• Aspectos antropolóxicos e socioculturais autóctonos das zonas de turismo ecuestre.

3. Analiza a viabilidade ambiental do itinerario ecuestre e identifica a normativa relacionada coas prácticas de actividades no medio natural e a protección ambiental, que aplica na preparación de itinerarios.

• Lexislación e normativa de espazos naturais e da súa utilización.

• Lexislación estatal e autonómica de acceso e estadía nocturna. Normas de comportamento.

• Autorización administrativa de acceso e estadía nocturna.

• Responsabilidade civil como organizador/a e guía por itinerarios a cabalo.

• Funcións e responsabilidades do/da guía e das persoas usuarias.

• Regulación de actividades deportivas en zonas naturais de protección.

4. Concreta os aspectos paisaxísticos, biolóxicos, culturais, gastronómicos e fáunicos do proxecto de itinerario ecuestre, elaborando o caderno do/da viaxeiro/a.

• Caderno do/da viaxeiro/a: características e criterios de elaboración.

– Actividades complementarias nos itinerarios ecuestres: tipos e características.

– Tipos de rutas: gastronómica, cultural, biolóxica, paisaxística ou de especies animais.

• Calzadas romanas: tipos. Vías ibéricas.

• Educación ambiental: obxectivos, actividades, recursos e metodoloxía; fomento de actitudes cara ao ambiente.

Módulo específico de ensino deportivo: Formación práctica

Código: MED-HITE215

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Identifica a estrutura organizativa e o funcionamento do centro hípico de prácticas en relación coa súa oferta de actividades de tecnificación deportiva, perfeccionamento técnico nas disciplinas hípicas de raid e trec, ou guía por itinerarios ecuestres e as súas actividades de xestión, aplicando os procedementos e os protocolos de seguridade na práctica.

a) Identificáronse as relacións do centro hípico de prácticas coa federación hípica territorial e a Real Federación Hípica Española.

b) Identificáronse a estrutura organizativa e o funcionamento das áreas do centro hípico de prácticas.

c) Identificáronse as relacións xerárquicas dentro do centro hípico de prácticas.

d) Identificouse a oferta de actividades vinculadas á tecnificación deportiva, ao perfeccionamento técnico nas disciplinas de raid e trec, e á guía de persoas usuarias por itinerarios ecuestres.

e) Identificáronse as vías de financiamento económico utilizadas polo centro hípico de prácticas.

2. Actúa con autonomía, iniciativa e responsabilidade no posto de traballo, demostrando comportamento ético, habilidades persoais de comunicación, traballo en equipo e respecto polo ambiente, aplicando os procedementos establecidos polo centro hípico de prácticas.

a) Identificáronse os requirimentos actitudinais do posto de traballo.

b) Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas e responsabilizouse do traballo asignado.

c) Demostrouse compromiso co traballo ben feito e coa calidade do servizo, así como respecto polos procedementos e polos principios propios do club hípico.

d) Demostrouse capacidade de traballo en equipo e respecto pola xerarquía establecida no club hípico.

e) Establecéronse unha comunicación e unha relación eficaces co persoal técnico responsable da actividade e coas persoas integrantes do equipo, e mantívose un trato fluído e correcto.

f) Coordinouse co resto do equipo e informou de calquera cambio, necesidade salientable ou imprevista na actividade.

3. Controla a seguridade na práctica de tecnificación deportiva en raid, trec ou turismo ecuestre, supervisando as instalacións e os medios utilizados, interpretando a normativa e aplicando os procedementos e os protocolos de acordo con ela e coas instrucións establecidas.

a) Identificáronse os aspectos básicos de seguridade, plans de emerxencia e evacuación das instalacións deportivas do centro hípico de prácticas, e a súa adecuación á normativa de aplicación.

b) Identificáronse as normas de aplicación á seguridade das instalacións deportivas do centro hípico de prácticas na aplicación da tecnificación deportiva, ao perfeccionamento técnico nas disciplinas de raid e trec, e á guía de persoas usuarias por itinerarios ecuestres.

c) Aplicáronse medidas de sinalización de seguridade, de protección contra actos antisociais e de violencia do deporte, e os plans de emerxencia e evacuación da instalación deportiva de hípica, seguindo as instrucións e as normas establecidas.

d) Actuouse atendendo á seguridade persoal, a do equipamento de traballo e a das persoas usuarias, consonte a normativa e os protocolos establecidos no centro hípico de prácticas.

e) Aplicáronse ou utilizáronse os equipamentos de prevención de riscos laborais propios da tecnificación deportiva, o perfeccionamento técnico nas disciplinas de raid e trec e de guía de persoas usuarias por itinerarios ecuestres.

f) Aplicáronse os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais, en relación coas actividades, as competicións e os eventos da iniciación deportiva en raid e trec, e guía de persoas usuarias por itinerarios ecuestres.

g) Identificáronse e aplicáronse as medidas de protección ambiental da instalación deportiva de hípica e a súa adecuación á normativa.

h) Mantívose unha actitude clara de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas.

i) Identificáronse e concretáronse as medidas, os medios e os equipamentos de seguridade propios da actividade de condución dun grupo por itinerarios a cabalo.

j) Identificáronse e concretáronse os equipamentos e os medios propios para a práctica da tecnificación na modalidade de raid e trec.

4. Organiza, acompaña e dirixe os/as xinetes na súa participación en actividades, competicións e outros eventos de tecnificación deportiva nas disciplinas de raid e trec e condución por itinerarios ecuestres, transmitindo actitudes e valores persoais e sociais propios da ética deportiva (respecto polas demais persoas, polo contorno e polo propio corpo, xogo limpo e traballo en equipo).

a) Realizouse a inscrición dos binomios xinetes-cabalo ou equipos nunha competición de tecnificación hípica na modalidade de raid ou trec, e de concentracións de grupos a cabalo para rutas ecuestres, de acordo con normas e protocolos establecidos.

b) Realizáronse as operacións de xestión do seguro de accidente e actividade dos/das xinetes e dos cabalos que participan nunha competición hípica nas disciplinas de raid e trec, e de xinetes e persoas usuarias e cabalos que participan nunha actividade de turismo ecuestre, de acordo coas instrucións e as normas recibidas.

c) Recoñeceuse e xustificouse a responsabilidade do persoal técnico nos desprazamentos dos/das xinetes seleccionados/as para asistir a unha competición hípica de raid e trec, e durante a condución e o acompañamento por itinerarios ecuestres.

d) Elaborouse o plan de viaxe dos binomios que participan nunha competición de tecnificación hípica nas disciplinas de raid e trec ou nas concentracións para rutas ecuestres, aplicando as instrucións e os procedementos establecidos.

e) Comprobouse a cobertura legal dos binomios durante a súa participación na competición e dos/das xinetes e as persoas usuarias e os cabalos no grupo de rutas ecuestres, de acordo coa normativa establecida.

f) Informouse o/a xinete acerca das características da competición, e o grupo ecuestre sobre a ruta que cumpra seguir, interpretando a documentación sobre esta.

g) Aplicáronse procedementos de reclamación nunha competición de tecnificación hípica en raid e trec, aplicando as normas e os protocolos establecidos.

h) Aplicáronse os criterios de valoración da execución técnico-táctica do binomio, utilizando técnicas e procedementos de observación adecuadas ao nivel de tecnificación hípica nas disciplinas de raid e trec, e turismo ecuestre.

i) Trasladáronselle ao/á xinete as instrucións técnicas e tácticas durante a competición de tecnificación deportiva na modalidade de raid e trec, tendo en conta as características da competición e do binomio.

j) Acompañouse os/as xinetes nas competicións e nas rutas ecuestres, aplicando os procedementos e seguindo as instrucións e as normas establecidas.

k) Velouse polo respecto aos valores do xogo limpo e á saúde persoal e das demais persoas durante a participación na competición de tecnificación deportiva nas disciplinas hípicas de raid e trec, e na condución de grupos a cabalo, aplicando os procedementos axeitados e respectando as normas establecidas.

5. Adapta e concreta os programas, e dirixe as sesións de adestramento básico e de perfeccionamento técnico nas disciplinas hípicas de raid e trec, e turismo ecuestre, interpretando a información recibida, aplicando as técnicas e os procedementos de acordo coas instrucións e coas normas establecidas, e colaborando na aplicación de técnicas de detección de talentos.

a) Identificáronse e seleccionáronse os medios e os recursos necesarios para o desenvolvemento da actividade formativa de tecnificación e perfeccionamento técnico nas disciplinas hípicas de raid e trec, e turismo ecuestre.

b) Recibiuse o/a xinete seguindo o protocolo establecido e identificáronse as súas demandas e as súas necesidades.

c) Aplicáronse técnicas e protocolos de valoración técnica e da condición motriz propios do/da xinete e do cabalo do nivel de tecnificación deportiva nas disciplinas hípicas de raid e trec e do/da xinete ou da persoa usuaria e do cabalo na condución de grupos a cabalo, valorando o seu estado inicial, o grao de consecución dos obxectivos propostos e os erros cometidos.

d) Identificáronse e seleccionáronse os obxectivos técnicos e de preparación da condición motriz do/da xinete e do cabalo a partir da programación de referencia do centro hípico de prácticas.

e) Aplicáronse protocolos de control e cuantificación da carga de adestramento do cabalo e do binomio nas sesións de adestramento básico e perfeccionamento técnico nas disciplinas hípicas de raid e trec.

f) Colaborouse na aplicación de técnicas de detección de talentos propias das disciplinas hípicas de raid e trec.

g) Establecéronse as condicións de seguridade necesarias na tecnificación hípica de raid, trec e turismo ecuestre, interpretando as instrucións ou as normas, e aplicando os procedementos establecidos.

h) Elaborouse un ciclo de preparación completa dun binomio xinete-cabalo ou grupo de binomios a partir da programación de referencia do centro hípico, que concrete os obxectivos de preparación e/ou competición, os medios de adestramento, os instrumentos de control, a carga de traballo e a súa dinámica durante o ciclo, e os métodos e as sesións de adestramento, adecuándose ás características do binomio e aos medios de adestramento existentes.

i) Explicáronse os contidos da sesión de adestramento básico e perfeccionamento técnico na modalidade de raid e trec, seguindo as técnicas e os protocolos establecidos de xeito claro e motivador.

j) Dirixiuse a sesión de adestramento básico e perfeccionamento técnico, solucionando as continxencias existentes, aplicando técnicas de dinámica de grupos e de motivación axeitadas ao/á xinete de raid e trec, e ao grupo de xinetes e persoas usuarias dunha ruta de turismo ecuestre.

6. Organiza sesións de iniciación á equitación para persoas con discapacidade, aplicando recursos que fomenten a súa participación en función das súas limitacións.

a) Valorouse a importancia de atender as características únicas da persoa con discapacidade previamente á realización da práctica da equitación.

b) Orientáronse as persoas con discapacidade cara ás prácticas das disciplinas hípicas máis axeitadas en cada caso.

c) Determináronse as axudas técnicas e as medidas de seguridade específicas segundo os tipos de discapacidade e as características da práctica ecuestre.

d) Establecéronse as principais orientacións metodolóxicas con relación á comunicación e á participación na tarefa das persoas con discapacidade.

e) Aplicáronse procedementos de adaptación ou modificación das tarefas e dos xogos favorecendo a participación, a satisfacción e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica da equitación.

f) Identificáronse as principais limitacións cara á práctica provocadas pola falta de accesibilidade nas instalacións e espazos deportivos no centro hípico de prácticas.

g) Examináronse as limitacións orixinadas pola falta de acceso á información da oferta deportiva de hípica e a difusión da práctica no centro hípico de prácticas.

h) Propiciouse unha actitude positiva cara á inclusión por parte de compañeiros/as, persoal técnico, familias e institucións cara á práctica deportiva de hípica das persoas con discapacidade.

7. Coordina o proceso de iniciación deportiva en raid, trec e turismo ecuestre, elaborando as programacións de referencia e analizando a estrutura da escola de iniciación deportiva en hípica, aplicando as técnicas e os procedementos axeitados.

a) Identificáronse a estrutura e as funcións do centro hípico para a iniciación en raid, trec e turismo ecuestre no centro deportivo de prácticas.

b) Realizáronse funcións e aplicáronse protocolos de coordinación do persoal técnico deportivo en equitación do ciclo inicial para a iniciación hípica en disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre no centro deportivo de prácticas.

c) Identificáronse as necesidades materiais e humanas do centro hípico para a iniciación na modalidade hípica de raid, trec e turismo ecuestre, do centro hípico de prácticas.

d) Identificáronse os estándares técnicos do programa de iniciación hípica en raid, trec e turismo ecuestre, do centro hípico de prácticas.

e) Elaborouse un programa de iniciación deportiva en raid, trec e turismo ecuestre de acordo coas características do grupo e do contorno, e a programación do centro hípico de prácticas.

8. Amestra e adestra o cabalo na etapa de tecnificación hípica nas disciplinas de raid, trec e turismo ecuestre, interpretando a programación de referencia e aplicando as técnicas e os procedementos específicos.

a) Identificáronse os procedementos, as técnicas básicas e os materiais necesarios para o mantemento, o coidado e o manexo de animais.

b) Identificáronse e seleccionáronse os medios e os recursos necesarios para o amestramento básico e o adestramento do cabalo para as disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

c) Aplicáronse técnicas e protocolos de valoración da conformación, da condición física e motriz e da técnica do cabalo correspondente do nivel de tecnificación hípica nas disciplinas de raid, trec e turismo ecuestre, valorando o seu estado inicial, o grao de consecución dos obxectivos propostos e os erros cometidos.

d) Identificáronse e seleccionáronse os obxectivos técnicos e de adestramento dos cabalos a partir da programación de referencia do centro hípico de prácticas.

e) Colaborouse na aplicación de técnicas de detección de cabalos de deporte para as disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

f) Aplicáronse os procedementos de amestramento básico e adestramento específico propio das disciplinas de raid, trec e turismo ecuestre tendo en conta os valores de práctica saudable, respecto e coidado do animal.

9. Deseña percorridos de raid e trec e itinerarios de rutas de turismo ecuestre, e dirixe actividades de guía de xinetes por itinerarios ecuestres, identificando as condicións e os medios necesarios, aplicando as técnicas e os procedementos específicos, e respectando os protocolos de seguridade e a normativa ambiental.

a) Identificáronse as características dos percorridos e dos trazados de trec, os trazados de raid e os itinerarios e as rutas de turismo ecuestre que utiliza o centro hípico de prácticas, recoñecendo o nivel de dificultade, o nivel das persoas usuarias, os medios necesarios, os itinerarios alternativos e as posibles zonas de reunión.

b) Determinouse a dificultade técnica dos percorridos e dos trazados de trec, dos trazados de raid e dos itinerarios e as rutas de turismo ecuestre, así como as técnicas necesarias de superación.

c) Determináronse os riscos dun percorrido e trazado de trec, dun trazado de raid e dun itinerario e unha ruta de turismo ecuestre, así como as técnicas necesarias para a súa axeitada xestión.

d) Identificáronse as características ambientais que deben cumprir os itinerarios de raid, trec e turismo ecuestre utilizados polo centro hípico de prácticas, así como a súa normativa de protección.

e) Analizáronse e elaboráronse percorridos e trazados de trec e de raid, e itinerarios e rutas de turismo ecuestre, así como as súas actividades complementarias, en función das características da zona e dos obxectivos do centro hípico de prácticas.

f) Aplicáronse protocolos e técnicas de revisión dos percorridos de raid, trec e itinerarios de turismo ecuestre utilizados polo centro hípico de prácticas.

g) Guiouse un grupo de xinetes ou persoas usuarias por un itinerario de turismo ecuestre, aplicando as técnicas específicas e respectando as normas e os procedementos de seguridade establecidos polo centro deportivo de prácticas.

h) Dirixíronse as actividades de animación dun itinerario de turismo ecuestre, aplicando as técnicas específicas, de acordo cos protocolos establecidos polo centro deportivo de prácticas.

10. Colabora na organización de actividades e competicións de tecnificación deportiva en raid e trec, e turismo ecuestre, interpretando instrucións e normas relacionadas, identificando e preparando os medios necesarios e aplicando os procedementos establecidos.

a) Identificouse o calendario de actividades, eventos e competicións de iniciación ou tecnificación deportiva en raid e trec, e turismo ecuestre do centro deportivo de prácticas.

b) Seleccionouse a información necesaria na organización dun evento ou unha competición de iniciación ou tecnificación deportiva en raid e trec, e turismo ecuestre do centro deportivo de prácticas.

c) Realizáronse operacións de xestión e organización dos espazos, dos materiais e dos recursos humanos dun evento ou dunha competición de iniciación ou tecnificación deportiva en raid e trec, e turismo ecuestre do centro hípico de prácticas.

d) Aplicáronse técnicas de recollida de información sobre os aspectos organizativos e loxísticos dun evento ou dunha competición de iniciación ou tecnificación deportiva en raid e trec, e turismo ecuestre do centro hípico de prácticas.

e) Realizáronse operacións de distribución, situación, aloxamento e circulación das persoas participantes e do público asistente a un evento ou unha competición de iniciación ou tecnificación hípica en raid e trec, e turismo ecuestre do centro hípico de prácticas.

f) Realizáronse operacións de apoio administrativo á organización dun evento ou dunha competición de iniciación ou tecnificación hípica en raid e trec, e turismo ecuestre do centro hípico de prácticas.

g) Elaboráronse os documentos informativos dun evento ou dunha competición de iniciación ou tecnificación hípica en raid e trec, e turismo ecuestre do centro hípico de prácticas.

ANEXO V
Proporción profesorado/alumnado

Proporción

profesorado/alumnado

Bloque específico do ciclo inicial de grao medio en Hípica

MED-HIHI102. Transporte e mantemento físico do cabalo pé a terra.

1/15

MED-HIHI103. Hipoloxía.

1/15

MED-HIHI104. Metodoloxía do ensino da hípica.

1/15

MED-HIHI105. Acompañamento por itinerarios a cabalo.

1/15

MED-HIHI106. Eventos hípicos.

1/30

Bloque específico do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo

MED-HIHI202. Ensinanza e tecnificación hípica.

1/15

MED-HIHI203. Bases do adestramento deportivo do cabalo.

1/15

MED-HIHI204. Preparación física do/da xinete.

1/15

MED-HIHI205. Paraecuestre.

1/10

MED-HIHI206. Organización de eventos hípicos.

1/30

MED-HISD207. Perfeccionamento técnico en salto.

1/15

MED-HISD208. Perfeccionamento técnico en doma.

1/15

MED-HISD209. Perfeccionamento técnico en concurso completo.

1/15

Bloque específico do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

MED-HIHI202. Ensinanza e tecnificación hípica.

1/15

MED-HIHI203. Bases do adestramento deportivo do cabalo.

1/15

MED-HIHI204. Preparación física do/da xinete.

1/15

MED-HIHI205. Paraecuestre.

1/10

MED-HIHI206. Organización de eventos hípicos.

1/15

MED-HITE211. Perfeccionamento técnico en raid.

1/15

MED-HITE212. Perfeccionamento técnico en trec.

1/15

MED-HITE213. Organización de itinerarios ecuestres.

1/15

MED-HITE214. Medio natural.

1/30

ANEXO VI
Acceso ao módulo de formación práctica

Acceso ao módulo de formación práctica

Módulos que cómpre superar

MED-HIHI107. Formación práctica.

Do bloque común do ciclo inicial:

• MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

• MED-C102. Primeiros auxilios.

Do bloque específico:

• MED-HIHI102. Transporte e mantemento físico do cabalo pé a terra.

• MED-HIHI103. Hipoloxía.

• MED-HIHI104. Metodoloxía do ensino da hípica.

MED-HISD210. Formación práctica.

Do bloque común do ciclo final:

• MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

• MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Do bloque específico:

• MED-HIHI202. Ensinanza e tecnificación hípica.

• MED-HIHI203. Bases do adestramento deportivo do cabalo.

MED-HITE215. Formación práctica.

Do bloque común do ciclo final:

• MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

• MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Do bloque específico:

• MED-HIHI202. Ensinanza e tecnificación hípica.

• MED-HIHI203. Bases do adestramento deportivo do cabalo.

ANEXO VII-A
Espazos e equipamentos mínimos do ciclo inicial

Espazos: ciclo inicial

Espazo formativo

Superficie - m2

30 alumnos/as

Superficie - m2

20 alumnos/as

Módulo de ensino deportivo

Aula polivalente.

60 m2

40 m2

Módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo inicial.

Ximnasio.

120 m2

90 m2

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Espazo formativo

Módulo de ensino deportivo

Pista exterior cercada cun mínimo de 4.000 m2.

Espazo libre en campo para un percorrido de cross duns 2.000 metros de lonxitude.

Espazo acondicionado para traballos á corda.

Instalacións básicas para estabulación e manexo dun mínimo de 30 cabalos, que constarán de corte individual ou valos de separación para cada cabalo, local para selas e gornicións, almacén de pensos, zona de estabulación e manexo dun mínimo de 30 cabalos.

MED-HIHI102. Transporte e mantemento físico do cabalo pé a terra.

MED-HIHI104. Metodoloxía do ensino da hípica.

MED-HIHI105. Acompañamento por itinerarios a cabalo.

MED-HIHI106. Eventos hípicos.

Equipamentos: ciclo inicial

Equipamento da aula polivalente

Módulo de ensino deportivo

Equipamentos audiovisuais. Canón de proxección.

Computadores instalados en rede con conexión á internet.

Software específico.

Módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo inicial.

Equipamento do ximnasio

Módulo de ensino deportivo

Manequíns de primeiros auxilios (persoa adulta e bebé).

Material de inmobilización e mobilización.

Material de cura.

Desfibrilador externo semiautomático.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Material deportivo adaptado.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Equipamento

Módulo de ensino deportivo

Mínimo dun cabalo por alumno/a con aptitude suficiente para o desenvolvemento dos módulos.

Equipamentos específicos completos para os cabalos nas diferentes disciplinas.

Xogo de obstáculos.

Materiais para a construción de obstáculos de cross.

MED-HIHI102. Transporte e mantemento físico do cabalo pé a terra.

MED-HIHI104. Metodoloxía do ensino da hípica.

MED-HIHI105. Acompañamento por itinerarios a cabalo.

MED-HIHI106. Eventos hípicos.

Un camión de transporte de cabalos.

Un remolque ou furgoneta, como mínimo, de transporte de cabalos.

Material de protección para desprazamentos (xogo de protectores de embarque, panos e vendas de descanso, protector de cola, campás, etc.).

MED-HIHI102. Transporte e mantemento físico do cabalo pé a terra.

Modelos anatómicos de cabalos.

Mostras dos compoñentes da dieta.

Báscula e material de medición.

Ferraduras e material de ferraxe.

Caixa de primeiros auxilios de gando cos medicamentos, as vacinas e os desparasitadores necesarios para a sesión.

MED-HIHI103. Hipoloxía.

Material de orientación (GPS e compases).

Material topográfico (mapas).

Material específico de actividades.

MED-HIHI105. Acompañamento por itinerarios a cabalo.

20 radioteléfonos de distinto tipo e sistemas para o mantemento, a almacenaxe e o transporte dos sistemas de comunicación.

MED-HIHI106. Eventos hípicos.

ANEXO VII-B
Espazos e equipamentos do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo

Espazos: ciclo final

Espazo formativo

Superficie - m2

30 alumnos/as

Superficie - m2

20 alumnos/as

Módulo de ensino deportivo

Aula polivalente.

60 m2

40 m2

Todos os módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo final.

Ximnasio.

120 m2

90 m2

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-HIHI204. Preparación física do/da xinete.

Pista polideportiva

44 x 22 metros

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Espazo formativo

Módulo de ensino deportivo

Pista exterior cercada dun mínimo de 4.000 m2.

Espazo libre en campo para un percorrido de cross duns 2.000 metros de lonxitude.

Espazo acondicionado para traballos á corda.

Instalacións básicas para estabulación e manexo dun mínimo de 30 cabalos, que constarán de corte individual ou valos de separación para cada cabalo, local para selas e gornicións, almacén de pensos, zona de estabulación e manexo dun mínimo de 30 cabalos.

MED-HIHI202. Ensinanza e tecnificación hípica.

MED-HIHI203. Bases do adestramento deportivo do cabalo.

MED-HIHI204. Preparación física do/da xinete.

MED-HIHI205. Paraecuestre.

MED-HIHI206. Organización de eventos hípicos.

MED-HISD207. Perfeccionamento técnico en salto.

MED-HISD208. Perfeccionamento técnico en doma.

MED-HISD209. Perfeccionamento técnico en concurso completo.

Equipamentos: ciclo final

Equipamento da aula polivalente

Módulo de ensino deportivo

Equipamentos audiovisuais. Canón de proxección.

Computadores instalados en rede con conexión a internet.

Software específico.

Todos os módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo final.

Equipamento do ximnasio

Módulo de ensino deportivo

Material deportivo adaptado.

Material ortopédico.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Material deportivo.

Bonecos desmembrados.

Láminas de anatomía.

Pulsímetros.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-HIHI204. Preparación física do/da xinete.

Equipamento

Módulo de ensino deportivo

Mínimo dun cabalo por alumno/a con aptitude suficiente para o desenvolvemento dos módulos.

Equipamentos específicos completos para os cabalos nas tres disciplinas.

Pista de doma; rectángulo de 60 x 20 coas súas letras identificativas.

Xogo completo de obstáculos para montar percorridos, cun mínimo de doce, coa súa numeración.

Mínimo de seis obstáculos fixos para o cross, e materiais para a construción de obstáculos.

MED-HIHI202. Ensinanza e tecnificación hípica.

MED-HIHI203. Bases do adestramento deportivo do cabalo.

MED-HIHI204. Preparación física do/da xinete.

MED-HIHI205. Paraecuestre.

MED-HIHI206. Organización de eventos hípicos.

MED-HISD207. Perfeccionamento técnico en salto.

MED-HISD208. Perfeccionamento técnico en doma.

MED-HISD209. Perfeccionamento técnico en concurso completo.

Esqueleto do cabalo.

Láminas de anatomía do cabalo.

Pulsímetros.

Atlas anatómico-biomecánicos interactivos (software).

MED-HIHI203. Bases do adestramento deportivo do cabalo.

Material ecuestre adaptado.

MED-HIHI205: Paraecuestre.

ANEXO VII-C
Espazos e equipamentos do ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

Espazos: ciclo final

Espazo formativo

Superficie - m2

30 alumnos/as

Superficie - m2

20 alumnos/as

Módulo de ensino deportivo

Aula polivalente.

60 m2

40 m2

Todos os módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo final.

Ximnasio.

120 m2

90 m2

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Pista polideportiva

44 x 22 metros

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Espazo formativo

Módulo de ensino deportivo

Pista exterior cercada dun mínimo de 4.000 m2.

Espazo libre en campo duns 2.000 metros de lonxitude.

Espazo acondicionado para traballos á corda.

Instalacións básicas para estabulación e manexo dun mínimo de trinta cabalos.

Acceso a sendas, camiños, canellas e vías pecuarias no medio natural.

MED-HITE211. Perfeccionamento técnico en raid.

MED-HITE212. Perfeccionamento técnico en trec.

MED-HITE213. Organización de itinerarios ecuestres.

MED-HITE214. Medio natural.

Equipamentos: ciclo final

Equipamento da aula polivalente

Módulo de ensino deportivo

Equipamentos audiovisuais. Canón de proxección.

Computadores instalados en rede con conexión a internet.

Software específico.

Todos os módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo final.

Equipamento do ximnasio

Módulo de ensino deportivo

Material deportivo adaptado.

Material ortopédico.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Material deportivo.

Bonecos desmembrados.

Láminas de anatomía.

Pulsímetros.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-HIHI204. Preparación física do/da xinete.

Equipamento

Módulo de ensino deportivo

Mínimo dun cabalo por alumno/a con aptitude suficiente para o desenvolvemento dos módulos.

Equipamentos específicos completos para os cabalos de resistencia, orientación e marchas.

Xogo completo de obstáculos naturais para percorridos de trec.

MED-HITE211. Perfeccionamento técnico en raid.

MED-HITE212. Perfeccionamento técnico en trec.

MED-HITE213. Organización de itinerarios ecuestres.

MED-HITE214. Medio natural.

Material de orientación (GPS e compases).

Radioteléfonos portátiles.

Material topográfico (mapas).

Material específico de actividades (primeiros auxilios, ferraxe de emerxencia e alforxas).

Material para acampar e de estadía nocturna.

Un camión de transporte de cabalos.

MED-HITE213. Organización de itinerarios ecuestres.

MED-HITE212. Perfeccionamento técnico en trec.

Equipamento

Módulo de ensino deportivo

Pulsímetros.

Fonendoscopios.

GPS, compás e mapas locais.

Mesa de debuxo e regras de escalas.

Mapas topográficos.

MED-HITE211. Perfeccionamento técnico en raid.

ANEXO VIII
Proba RAE-HIHI101, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas de ciclo inicial de grao medio en Hípica

1. Describe e realiza o manexo do gando equino en tempo e modo adecuados, segundo a súa idade, o seu uso e a súa condición, aplicando os métodos de restrición con seguridade e de forma que se alcancen os obxectivos establecidos.

a) Aproximouse ao cabalo no box ou paddock, con seguridade e seguindo os protocolos establecidos.

b) Colocouse axeitadamente a cabezada de corte e efectuouse un paseo do/da destro/a, todo iso con seguridade e seguindo o protocolo establecido.

c) Detectáronse os signos de boa e mala condición física e o estado de benestar do cabalo.

Proba asociada: proba práctica de manexo do cabalo.

• Achegarse ao cabalo no box ou paddock.

– Revisión do seu estado físico e anímico e do seu carácter.

– Colocación da cabezada de corte.

• Condución do cabalo do/da destro/a desde a zona de box á zona de exame, atándoo con nó de seguridade para a súa limpeza e para a colocación do equipamento de monta.

2. Realiza a limpeza e a hixiene do cabalo, aplicando as técnicas de limpeza, aseo e arranxo das crinas e da cola do cabalo.

a) Efectuáronse a limpeza e o aseo do cabalo con corrección, utilizando os utensilios acaídos e consonte os principios de hixiene do cabalo.

b) Executáronse as técnicas de arranxos capilares de crinas e cola, de acordo coas características capilares do cabalo.

c) Efectuouse a limpeza dun box (cama, comedeiro e bebedoiro) seguindo os protocolos establecidos e utilizando os materiais e as ferramentas da corte con seguridade.

Proba asociada: proba práctica de limpeza e acondicionamento do cabalo e do box.

• Efectúa a limpeza completa do cabalo.

• Arranxa a crina, a cola e o trenzado.

• Realiza a limpeza da cama e do box.

3. Selecciona, coloca e mantén os equipamentos para a monta, identifica as súas características e analiza as técnicas de colocación, aplicando as súas técnicas de limpeza.

a) Identificáronse as partes dos equipamentos de monta e traballo do cabalo.

b) Elixíronse os equipamentos máis adecuados consonte as características morfolóxicas e a disciplina que se vaia realizar.

c) Executáronse as secuencias de tarefas para adaptar, colocar, retirar e almacenar o equipamento no cabalo.

d) Identificáronse e solucionáronse as continxencias xurdidas na colocación do equipamento no cabalo.

e) Presentouse o cabalo ao/á destro/a co equipamento de montar, en condicións de seguridade.

f) Identificáronse as zonas do cabalo propensas a rozaduras e feridas provocadas polo rozamento dun equipamento inadecuado ou mal colocado, e aplicáronse as medidas necesarias.

g) Efectuouse a limpeza do equipamento completo dun cabalo cos materiais e os produtos de limpeza do equipamento axeitados.

Proba asociada: proba práctica de montaxe, colocación e limpeza do equipamento.

• Preséntanselle equipamentos (monturas, cabezadas, proteccións e martingadas) de polo menos tres tipos, todas desmontadas.

• Realiza a limpeza do material utilizado.

• Realiza a montaxe do equipamento.

• Realiza a colocación do equipamento de montar sobre o cabalo.

• Presenta o cabalo ao/á destro/a na pista con equipamento de montar.

• Realiza a retirada e a desmontaxe do equipamento.

4. Valora o comportamento do cabalo antes da monta, analizando e identificando as súas características físicas, o seu carácter e as súas aptitudes, así como as anomalías físicas máis importantes que limiten ou impidan a monta.

a) Describiuse o carácter do cabalo utilizado e as consecuencias para o seu manexo e a súa monta.

b) Describíronse procedementos prácticos de traballo pé a terra que poidan afondar na valoración do comportamento do cabalo durante a súa monta.

c) Identificáronse os sistemas de traballo previos á monta acordes co carácter e co temperamento do cabalo.

d) Describíronse os factores que determinan o estado físico e anímico do cabalo en movemento.

e) Identificáronse as reaccións que pode presentar o cabalo durante o momento de montar e desmontar.

Proba asociada: proba de valoración do cabalo antes da monta.

• Tras as probas prácticas de manexo do cabalo, de limpeza e acondicionamento do cabalo e do box, e de montaxe, colocación e limpeza do equipamento, responder oralmente ás preguntas do tribunal avaliador sobre o carácter, o estado físico e o comportamento do cabalo utilizado no box e durante a condución, a limpeza e a colocación do equipamento, así como durante os traballos pé a terra.

f) Describíronse os factores que determinan o estado físico e anímico do cabalo en movemento.

g) Describíronse as respostas do cabalo durante a súa monta que determinen actuacións compensatorias en montas posteriores.

h) Describíronse os factores ambientais e externos con incidencia no carácter do cabalo durante a súa monta.

Proba asociada: proba de valoración do cabalo durante a monta.

• Durante a realización da proba práctica de monta, responder oralmente ás preguntas do tribunal avaliador sobre os factores que inflúen no comportamento do cabalo durante a súa monta.

5. Monta a cabalo tanto en pista coma fóra dela, describe as técnicas básicas de equitación e executa os aires con eficacia, aplicando a técnica axeitada ou correcta.

a) Seleccionáronse as técnicas máis adecuadas en cada caso, para montar e desmontar do cabalo.

b) Realizáronse os protocolos de seguridade e a técnica correcta de montar e desmontar do cabalo.

c) Executáronse a posición e o asento correctos do/da aspirante no cabalo.

d) Executouse, durante o quecemento, o desprazamento aos tres aires, con e sen a axuda dos estribos, cunha posición e un asento correctos, con dominio técnico e seguridade.

e) Executáronse, na proba de doma, as técnicas correctas para se desprazar e evolucionar a cabalo aos tres aires, realizar paradas, transicións e figuras de picadeiro con soltura, corrección e eficacia, valorando posición e asento do/da xinete, emprego das axudas aos tres aires, en paradas e transicións, e actitude do cabalo sobre impulsión, cadencia, equilibrio, rectitude e corrección na execución.

f) Describíronse as axudas empregadas polo/pola aspirante durante a monta nos exercicios, e a súa finalidade.

g) Demostráronse o dominio e a técnica suficientes para superar a proba de saltos de obstáculos, ao aire de trote e galope, valorando a posición, o asento e o equilibrio do/da xinete, o emprego das axudas, a actitude do cabalo sobre a impulsión, a cadencia, o equilibrio, a rectitude, o punto de batida no salto e a corrección na execución.

h) Demostráronse o dominio e a técnica suficientes para superar o percorrido de cross ao aire de trote e galope, valorando a posición, o asento e o equilibrio do/da xinete, o emprego das axudas, a actitude do cabalo sobre a impulsión, a cadencia, o equilibrio, a rectitude, o punto de batida no salto e a corrección na execución.

i) Executáronse durante a proba práctica as respostas axeitadas para responder ás condutas inadecuadas do cabalo montado.

Proba asociada: proba práctica de monta.

• Presenta o cabalo do/da destro/a na pista con equipamento de montar.

• Sobe ao cabalo, utilizando polo menos dous procedementos.

• Realiza un quecemento individual aos tres aires, con e sen estribos.

• Realiza unha proba individual con evolucións en pista aos tres aires, con paradas, transicións e figuras de picadeiro.

• Executa unha proba de salto (tipo hunter) de oito obstáculos de diferentes tipos e cunha altura de 0,80 metros, aos aires de trote e galope intercalados.

• Executa un percorrido de cross de polo menos 1.000 metros de lonxitude e oito obstáculos cunha altura máxima na súa parte fixa de ata 0,80 metros, con dificultades técnicas do nivel de promoción.

j) Describíronse as técnicas para montar e desmontar do cabalo máis adecuadas a cada caso.

k) Describíronse a posición e o asento do/da xinete na cadeira.

l) Describíronse as axudas do/da xinete, o seu emprego, a combinación e a coordinación para obter as respostas requiridas no cabalo.

m) Describíronse os erros de aplicación das axudas máis frecuentes en cada caso.

Proba asociada: proba teórica sobre técnica de equitación.

• Responde mediante proba escrita sobre a técnica de equitación.

– Asento e posición.

– Axudas: acordos de axudas e aplicación.

– Aires do cabalo: definición e secuencias.

– Erros máis frecuentes na aplicación das axudas.

6. Identifica as características básicas da corte, e describe as técnicas e as normas básicas de execución e seguridade, os materiais e as instalacións de soporte para o traballo pé a terra, a monta e a limpeza do cabalo.

a) Definíronse os requisitos básicos de deseño das instalacións fundamentais dunha corte, e identificáronse e matizáronse os materiais óptimos para a seguridade e a comodidade dos cabalos.

b) Enumeráronse os materiais para camas.

c) Identificáronse os procedementos de condución e control do cabalo do/da destro/a.

d) Describíronse as técnicas de rapa e mantemento dos utensilios.

e) Describiuse a secuencia de tarefas que compoñen o manexo específico co cabalo previas á colocación do equipamento.

f) Enumeráronse as instalacións que se empregan para a monta do cabalo.

g) Relacionáronse as instalacións co traballo específico que se vaia realizar.

h) Describíronse, identificáronse e seleccionáronse os materiais de apoio para o traballo montado.

Proba asociada: proba teórica de preparación do cabalo, e materiais e instalacións para a monta.

• Responde mediante proba escrita sobre o manexo e os coidados do cabalo.

– Limpeza de cortes: tipos de camas.

– Limpeza do cabalo.

– Utensilios de limpeza do cabalo e das cortes.

– Trenzados e rapados.

– Equipamentos de montar: tipos. Embocaduras. Protectores. Rendas auxiliares.

– Instalacións deportivas, materiais e equipamentos de equitación.

• Responde mediante proba escrita sobre instalacións deportivas, materiais, equipamentos e técnicas de equitación.

Organización da proba para acreditar os requisitos de carácter específico.

1. Proba práctica.

1.1. Proba práctica de manexo do cabalo.

1.2. Proba práctica de limpeza e acondicionamento do cabalo e do box.

1.3. Proba práctica de montaxe, colocación e limpeza do equipamento.

1.4. Proba práctica de monta.

2. Proba oral.

2.1. Proba de valoración do cabalo antes da monta.

2.2. Proba de valoración do cabalo durante a monta.

3. Proba escrita.

3.1. Proba teórica sobre técnica de equitación.

3.2. Proba asociada: proba teórica de preparación do cabalo e materiais e instalacións para a monta.

Condicións básicas de realización da proba de carácter específico: espazos e equipamentos.

Espazos.

• Aula de 40 m2 a 60 m2.

• Pista de saltos dun mínimo de 1.600 m2.

• Espazo libre en campo para un percorrido duns 1.000 m.

Equipamentos.

• Mínimo dun cabalo cada dous/dúas aspirantes ao día con aptitude suficiente para realizar as probas.

• Equipamentos completos de varias especialidades.

• Xogo de obstáculos en pista para montar catro verticais e catro fondos e boleas.

• Mínimo de oito obstáculos, dos cales polo menos catro serán permanentes, montados na proba de cross.

ANEXO IX
Proba RAE-HISD-201, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas de ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo

1. Valora o percorrido de salto antes da monta, identificando o trazado e analizando as súas características e as de cada obstáculo que determinen as decisións técnicas para empregar durante a monta.

a) Identificáronse as características de cada salto de xeito illado.

b) Analizouse a orde de deseño do percorrido, con elección do trazado máis conveniente.

c) Identificáronse as distancias que separan os obstáculos que forman combinación e as rúas condicionadas.

Proba asociada: proba de valoración do percorrido de salto antes da monta.

• Tras as probas prácticas de inspección pé a terra do percorrido de saltos, responder oralmente ás preguntas do tribunal avaliador sobre a elección do trazado, as distancias entre obstáculos combinados e entre obstáculos que forman rúas condicionadas, e o número de pasos longos que pensa dar co seu cabalo entre eles.

2. Monta a cabalo en pista, co equipamento adecuado, executando os exercicios de salto ao aire de galope con eficacia e aplicando a técnica axeitada.

a) Elixiuse o equipamento adecuado para a realización da proba.

b) Executáronse a posición e o asento correctos do/da aspirante no cabalo.

c) Realizouse o quentamento axeitado do cabalo previo a unha proba de saltos.

d) Demostráronse o dominio e a técnica suficientes conducindo o cabalo polo trazado correcto con ritmo, cadencia, á man de galope adecuada, e con impulsión, equilibrio e rectitude.

e) Demostráronse o dominio e a técnica suficientes durante a acometida do obstáculo no punto correcto de batida, en perfecto equilibrio e acompañando o cabalo axeitadamente.

f) Demostráronse o dominio e a técnica suficientes na recepción do obstáculo, equilibrando o cabalo correctamente e retomando o ritmo e impulsión axeitada.

g) Executáronse durante a proba práctica as respostas axeitadas, controlando as condutas inadecuadas do cabalo montado.

Proba asociada: proba práctica de salto montado.

• Realiza a elección do equipamento de montar axeitado.

• Realiza o quentamento do cabalo montado aos tres aires.

• Executa unha proba de salto de 1,20 metros ao galope segundo o regulamento vixente da disciplina de saltos.

3. Monta a cabalo en pista, co equipamento adecuado, e executa os exercicios de doma aos tres aires con eficacia e aplicando a técnica axeitada.

a) Elixiuse o equipamento acaído para a realización da proba.

b) Executáronse a posición e o asento correctos do/da aspirante no cabalo.

c) Realizouse o quentamento adecuado do cabalo previo a unha proba de doma.

d) Demostráronse o dominio e a técnica suficientes para conducir o cabalo polo trazado correcto con regularidade, ritmo, soltura, flexibilidade, cadencia, contacto, impulsión, lixeireza, rectitude, submisión, equilibrio e reunión adecuados.

e) Demostráronse o dominio e a técnica suficientes para realizar e superar unha reprise de nivel 3 ou básico.

f) Executáronse durante a proba práctica as respostas adecuadas, controlando as condutas inadecuadas do cabalo montado.

Proba asociada: proba práctica de doma clásica, montado.

• Realiza a elección do equipamento de montar axeitado.

• Realiza o quentamento do cabalo montado aos tres aires.

• Executa unha proba de nivel 3 ou básico segundo o regulamento en vigor de doma, nunha pista de 60 x 20 metros.

4. Valora o percorrido de campo a través (cross) antes da monta, identificando o trazado e analizando as súas características e as de cada obstáculo que determinen as decisións técnicas que se deben empregar durante a monta.

a) Identificáronse as características de cada salto de xeito illado.

b) Analizouse a orde de deseño do percorrido elixindo o trazado máis conveniente.

c) Identificáronse as distancias que separan os obstáculos que forman combinación.

Proba asociada: proba de valoración do percorrido de campo a través (cross) antes da monta.

• Tras as probas prácticas de inspección pé a terra do percorrido de campo a través (cross), responder oralmente ás preguntas do tribunal avaliador sobre a elección do trazado, a forma e o aire máis conveniente de abordar cada obstáculo, as distancias entre obstáculos combinados e o número de pasos longos que pensa dar co seu cabalo entre eles.

5. Monta a cabalo nun percorrido de campo a través (cross), co equipamento e a vestimenta axeitados, e executa as evolucións e os exercicios de salto ao aire conveniente, con eficacia e aplicando a técnica axeitada.

a) Elixíronse o equipamento e a vestimenta adecuados para a realización da proba.

b) Executáronse a posición e o asento correctos do/da aspirante no cabalo.

c) Realizouse o quentamento axeitado do cabalo previo a unha proba de fondo de concurso nacional de completo (CNC).

d) Demostráronse o dominio e a técnica suficientes conducindo o cabalo polo trazado correcto con ritmo, cadencia, á man de galope axeitada, con impulsión, equilibrio e rectitude.

e) Demostráronse o dominio e a técnica suficientes mantendo o aire de galope de campo á velocidade requirida con seguridade.

f) Demostráronse o dominio e a técnica suficientes durante a acometida do obstáculo no punto correcto de batida, en perfecto equilibrio e acompañando o cabalo adecuadamente.

g) Demostráronse o dominio e a técnica suficientes na recepción do obstáculo, equilibrando o cabalo correctamente e retomando o ritmo e a impulsión axeitados.

h) Executáronse durante a proba práctica as respostas adecuadas para responder ás condutas inadecuadas do cabalo montado.

Proba asociada: proba práctica de fondo, montado.

• Realiza a elección do equipamento de montar e a vestimenta adecuados.

• Realiza o quentamento do cabalo montado aos tres aires.

• Executa unha proba de fondo de concurso nacional de completo, de categoría cero estrelas, cunha distancia de 1.500 metros, segundo o regulamento en vigor da disciplina de completo.

Organización da proba para acreditar os requisitos de carácter específico.

1. Proba oral.

1.1. Proba de valoración do percorrido de saltos antes da monta.

1.2. Proba de valoración do percorrido de campo a través (cross) antes da monta.

2. Proba práctica.

2.1. Proba práctica de salto, montado.

2.2. Proba práctica de doma clásica, montado.

2.3. Proba práctica de fondo, montado.

Condicións básicas de realización da proba de carácter específico: espazos e equipamentos.

Espazos.

• Aula de 40 m2 a 60 m2.

• Pista de doma mínima de 60 m x 20 m.

• Pista de saltos dun mínimo de 2.400 m2.

• Espazo libre en campo para un percorrido de cross duns 1.000 metros de lonxitude con obstáculos fixos.

Equipamentos.

• Mínimo dun cabalo cada dous/dúas aspirantes ao día con aptitude suficiente para realizar as probas.

• Letras identificativas para a pista de doma.

• Equipamentos completos de diferentes especialidades.

• Xogo de obstáculos en pista para montar cinco verticais e cinco fondos e boleas.

• Mínimo de seis obstáculos, dos cales polo menos catro serán permanentes, montados na proba de cross.

ANEXO X
Requisitos de titulación do profesorado dos módulos do bloque común dos ciclos inicial e final de grao medio, en centros públicos da consellería con competencias en materia de educación

Serán impartidas por quen posúa a especialidade que a seguir se detalla:

Ciclo inicial

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

Educación Física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Educación Física.

Procesos Sanitarios.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Procedementos Sanitarios e Asistenciais.

Profesores/as técnicos/as de formación profesional.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Educación Física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C104. Organización deportiva.

Educación Física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Ciclo final

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

Educación Física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Educación Física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Educación Física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

Educación Física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C205. Xénero e deporte.

Educación Física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

ANEXO XI

A. Requisitos de titulación do profesorado dos módulos do bloque específico dos ciclos inicial e final de grao medio, en centros públicos da consellería con competencias en materia de educación.

Serán impartidas por quen posúa a especialidade ou condición que a continuación se detalla:

Ciclo inicial

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-HIHI102. Transporte e mantemento físico do cabalo pé a terra.

Educación física con algún dos seguintes títulos:

• Técnico deportivo superior en Hípica.

• Técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HIHI103. Hipoloxía.

Educación física con algún dos seguintes títulos:

• Técnico deportivo superior en Hípica.

• Técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HIHI104. Metodoloxía do ensino da hípica.

Educación física con algún dos seguintes títulos:

• Técnico deportivo superior en Hípica.

• Técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HIHI105. Acompañamento por itinerarios a cabalo.

Educación física con algún dos seguintes títulos:

• Técnico deportivo superior en Hípica

• Técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HIHI106. Eventos hípicos.

Educación física con algún dos seguintes títulos:

• Técnico deportivo superior en Hípica.

• Técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HIHI107. Formación práctica.

Educación física con algún dos seguintes títulos:

• Técnico deportivo superior en Hípica.

• Técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

Ciclo final

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-HIHI202. Ensinanza e tecnificación hípica.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Hípica.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HIHI203. Bases do adestramento deportivo do cabalo.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Hípica.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HIHI204. Preparación física do/da xinete.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HIHI205. Paraecuestre.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Hípica.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HIHI206. Organización de eventos hípicos.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Hípica.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HISD207. Perfeccionamento técnico en salto.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Hípica.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HISD208. Perfeccionamento técnico en doma.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Hípica.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HISD209. Perfeccionamento técnico en concurso completo.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Hípica.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-HISD210. Formación práctica.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Hípica.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/ora especialista.

MED-HITE211. Perfeccionamento técnico en raid.

Educación física con algún dos seguintes títulos:

• Técnico deportivo superior en Hípica.

• Técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/ora especialista.

MED-HITE212. Perfeccionamento técnico en trec.

Educación física con algún dos seguintes títulos:

• Técnico deportivo superior en Hípica

• Técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/ora especialista.

MED-HITE213. Organización de itinerarios ecuestres.

Educación física con algún dos seguintes títulos:

• Técnico deportivo superior en Hípica.

• Técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/ora especialista.

MED-HITE214. Medio natural.

Educación física con algún dos seguintes títulos:

• Técnico deportivo superior en Hípica.

• Técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/ora especialista.

MED-HITE215. Formación práctica.

Educación física con algún dos seguintes títulos:

• Técnico deportivo superior en Hípica.

• Técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/ora especialista.

B. Condición de profesor ou profesora especialista en centros públicos da consellería con competencias en materia de educación: acreditación de experiencia docente ou actividade nos ámbitos deportivo e laboral.

Ciclos inicial e final

Módulos de ensino deportivo

Experiencia docente acreditable

Actividade nos ámbitos deportivo e laboral

MED-HIHI102. Transporte e mantemento físico do cabalo pé a terra.

MED-HIHI103. Hipoloxía.

MED-HIHI104. Metodoloxía do ensino da hípica.

MED-HIHI105. Acompañamento por itinerarios a cabalo.

MED-HIHI106. Eventos hípicos.

MED-HIHI107. Formación práctica.

Polo menos 100 horas de docencia acreditada en formación relacionada co módulo de adestradores/as no nivel 1, 2 ou 3 en Hípica nas formacións a que se refiren a disposición adicional quinta e a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, e a transitoria primeira dos reais decretos 1913/1997, do 19 de decembro, e 1363/2007, do 24 de outubro.

Polo menos dous anos de exercicio deportivo-laboral relacionado coas competencias profesionais do ciclo inicial, realizado nos catro anos inmediatamente anteriores ao nomeamento.

MED-HIHI202. Ensinanza e tecnificación hípica.

MED-HIHI203. Bases do adestramento deportivo do cabalo.

MED-HIHI204. Preparación física do/da xinete.

MED-HIHI205. Paraecuestre.

MED-HIHI206. Organización de eventos hípicos.

MED-HISD207. Perfeccionamento técnico en salto.

MED-HISD208. Perfeccionamento técnico en doma.

MED-HISD209. Perfeccionamento técnico en concurso completo.

MED-HITE211. Perfeccionamento técnico en raid.

MED-HITE212. Perfeccionamento técnico en trec.

MED-HITE213. Organización de itinerarios ecuestres.

MED-HITE214. Medio natural.

Polo menos 100 horas de docencia acreditada en formación relacionada co módulo de adestradores/as no nivel 2 ou 3 en Hípica nas formacións a que se refiren a disposición adicional quinta e a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, e a transitoria primeira dos reais decretos 1913/1997, do 19 de decembro, e 1363/2007, do 24 de outubro.

Polo menos dous anos de exercicio deportivo-laboral relacionado coas competencias profesionais dos ciclos finais, realizado nos catro anos inmediatamente anteriores ao nomeamento.

No caso das formacións a que se refire a disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, a Real Federación Hípica Española emitirá a correspondente certificación da experiencia docente en que consten as materias impartidas, o número de horas impartidas, a data do curso en que se impartiu a materia ou as materias, e a data da resolución de recoñecemento da formación por parte do Consello Superior de Deportes, xunto coa data de publicación no BOE.

No caso das formacións a que se refire a disposición transitoria primeira dos reais decretos 1913/1997 e 1363/2007, o órgano competente da comunidade autónoma que autorizase as formacións emitirá a correspondente certificación da experiencia docente en que consten as materias e o número de horas impartidas.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde se adquirise a devandita experiencia, en que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo de realización da actividade. No caso de traballadores/as por conta propia, exixirase a certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

A Real Federación Hípica Española emitirá a correspondente certificación da experiencia deportiva en que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade.

ANEXO XII
Requisitos de titulación do profesorado dos módulos de ensino deportivo dos ciclos inicial e final de grao medio, en centros privados e de titularidade pública de administracións distintas á consellería con competencias en materia de educación

Serán impartidos por quen acredite os títulos que a seguir se detallan ou os que fosen declarados equivalentes ou homologados para os efectos de docencia.

Módulos do bloque común: ciclo inicial e ciclo final

Ciclo inicial

Módulo común de ensino deportivo

Titulacións

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Psicoloxía.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en educación primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Medicina.

Diplomado/a ou graduado/a en Enfermaría.

Diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en educación primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

MED-C104. Organización deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Ciclo final

Módulo común de ensino deportivo

Titulacións

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Psicoloxía.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en educación primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Dereito.

MED-C205. Xénero e deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en educación primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

Módulos do bloque específico: ciclo inicial e ciclo final

Ciclo inicial

Módulo específico de ensino deportivo

Titulacións

MED-HIHI102. Transporte e mantemento físico do cabalo pé a terra.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

Técnico/a deportivo/a nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

MED-HIHI103. Hipoloxía.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

Técnico/a deportivo/a nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

Licenciado/a ou graduado/a en Veterinaria.

MED-HIHI104. Metodoloxía do ensino da hípica.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

Técnico/a deportivo/a nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

MED-HIHI105. Acompañamento por itinerarios a cabalo.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

Técnico/a deportivo/a nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

MED-HIHI106. Eventos hípicos.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

Técnico/a deportivo/a nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

MED-HIHI107. Formación práctica.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

Técnico/a deportivo/a nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

Ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo

Módulo específico de ensino deportivo

Titulacións

MED-HIHI202. Ensinanza e tecnificación hípica.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

MED-HIHI203. Bases do adestramento deportivo do cabalo.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

MED-HIHI204. Preparación física do/da xinete.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

MED-HIHI205. Paraecuestre.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

MED-HIHI206. Organización de eventos hípicos.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

MED-HISD207. Perfeccionamento técnico en salto.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

MED-HISD208. Perfeccionamento técnico en doma.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

MED-HISD209. Perfeccionamento técnico en concurso completo.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

MED-HISD210. Formación práctica.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

Ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

Módulo específico de ensino deportivo

Titulacións

MED-HITE211. Perfeccionamento técnico en raid.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

Técnico/a deportivo/a nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

MED-HITE212. Perfeccionamento técnico en trec.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

Técnico/a deportivo/a nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

MED-HITE213. Organización de itinerarios ecuestres.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

Técnico/a deportivo/a nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

MED-HITE214. Medio natural.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

Técnico/a deportivo/a nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

MED-HITE215. Formación práctica.

Técnico/a deportivo/a superior en Hípica.

Técnico/a deportivo/a nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

ANEXO XIII

A. Correspondencia dos módulos de ensino deportivo coas unidades de competencia para a súa acreditación.

Módulos de ensino deportivo superados

Unidades de competencia do CNCP acreditables

O módulo de:

• Proba RAE-HIHI101, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas do ciclo inicial de grao medio en Hípica.

Acredita a unidade de competencia de:

• UC1080_2: dominar as técnicas básicas de monta a cabalo.

Os módulos de:

• Proba RAE-HIHI101, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas do ciclo inicial de grao medio en Hípica.

• MED-HIHI102. Transporte e mantemento físico do cabalo pé a terra.

• MED-HIHI103. Hipoloxía.

• MED-HIHI107. Formación práctica.

Acreditan as unidades de competencia de:

• UC0719_2: alimentar e realizar o manexo xeral e os primeiros auxilios ao gando equino.

• UC0720_2: efectuar a hixiene, os coidados e o mantemento físico do gando equino.

Os módulos de:

• MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

• MED-HIHI104. Metodoloxía do ensino da hípica.

• MED-HIHI107. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

• UA7027_2: concretar, dirixir e dinamizar sesións secuenciadas de iniciación hípica e ecuestre.

Os módulos de:

• MED-HIHI104. Metodoloxía do ensino da hípica.

• MED-HIHI106. Eventos hípicos.

• MED-HIHI107. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

• UA7028_2: dinamizar accións de promoción e tutela aos/ás xinetes en eventos e competicións de iniciación hípica e ecuestre.

Os módulos de:

• MED-HIHI104. Metodoloxía do ensino da hípica.

• MED-HIHI105. Acompañamento por itinerarios a cabalo.

• MED-HIHI106. Eventos hípicos.

• MED-HIHI107. Formación práctica.

• MED-HITE213. Organización de itinerarios ecuestres.

Acreditan a unidade de competencia de:

• UC1081_2: guiar e dinamizar persoas por itinerarios a cabalo.

Os módulos de:

• MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

• MED-HIHI104. Metodoloxía do ensino da hípica.

• MED-HIHI205. Paraecuestre.

• MED-HITE213. Organización de itinerarios ecuestres.

• MED-HITE214. Medio natural.

• MED-HITE215. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

• UC1079_2: determinar e organizar itinerarios a cabalo por terreos variados.

Os módulos de:

• MED-C102. Primeiros auxilios.

• MED-HIHI107. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

• UC0272_2: asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

B. Correspondencia das unidades de competencia acreditadas cos módulos de ensino deportivo para a súa validación.

Unidades de competencia do CNCP acreditadas

Módulos de ensino deportivo validables

As unidades de competencia:

• UC1080_2: dominar as técnicas básicas de monta a cabalo.

• UC0719_2: alimentar e realizar o manexo xeral e os primeiros auxilios ao gando equino.

• UC0720_2: efectuar a hixiene, os coidados e o mantemento físico do gando equino.

Permiten a validación de:

• Proba RAE-HIHI101, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas do ciclo inicial de grao medio en Hípica.

As unidades de competencia:

• UC0719_2: alimentar e realizar o manexo xeral e os primeiros auxilios ao gando equino.

• UC0720_2: efectuar a hixiene, os coidados e o mantemento físico do gando equino.

Permiten a validación de:

• MED-HIHI102. Transporte e mantemento físico do cabalo pé a terra.

• MED-HIHI103. Hipoloxía.

As unidades de competencia:

• UA7027_2: concretar, dirixir e dinamizar sesións secuenciadas de iniciación hípica e ecuestre.

• UA7028_2: dinamizar accións de promoción e tutela aos/ás xinetes en eventos e competicións de iniciación hípica e ecuestre.

• UC1081_2: guiar e dinamizar persoas por itinerarios a cabalo.

Permiten a validación de:

• MED-HIHI104. Metodoloxía do ensino da hípica.

A unidade de competencia:

• UC1081_2: guiar e dinamizar persoas por itinerarios a cabalo.

Permite a validación de:

• MED-HIHI105. Acompañamento por itinerarios a cabalo.

As unidades de competencia:

• UA7028_2: dinamizar accións de promoción e tutela aos/ás xinetes en eventos e competicións de iniciación hípica e ecuestre.

• UC1081_2: guiar e dinamizar persoas por itinerarios a cabalo.

Permiten a validación de:

• MED-HIHI106. Eventos hípicos.

A unidade de competencia:

• UC1079_2: determinar e organizar itinerarios a cabalo por terreos variados.

Permiten a validación de:

• MED-HITE213. Organización de itinerarios ecuestres.

• MED-HITE214. Medio natural.

ANEXO XIV
Exención total ou parcial do módulo de formación práctica dos ciclos inicial e final

MED-HIHI107. Formación práctica

Experiencia no ámbito laboral ou deportivo

Exención parcial.

Exención total.

Duración: superior a 300 horas.

Actividade desenvolvida: experiencia relacionada coa competencia xeral do ciclo inicial de grao medio en Hípica e cos resultados de aprendizaxe do módulo de formación práctica.

Período de tempo que desenvolveu a actividade: dous anos anteriores á finalización do curso.

A exención parcial do módulo de formación práctica concederase para os resultados de aprendizaxe do módulo que sexan concordantes coa experiencia laboral ou deportiva acreditada.

A exención total do módulo de formación práctica poderase conceder cando exista unha completa concordancia da experiencia laboral ou deportiva acreditada coa totalidade dos resultados de aprendizaxe do correspondente módulo.

A Real Federación Hípica Española ou a autonómica correspondente, ou as entidades establecidas polas administracións educativas competentes emitirán a correspondente certificación da experiencia deportiva en que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde se adquirise a devandita experiencia en que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade. No caso de traballadores/as por conta propia, exixirase a certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

MED-HISD210. Formación práctica

Experiencia no ámbito laboral ou deportivo

Exención parcial.

Exención total.

Duración: superior a 400 horas.

Actividade desenvolvida: experiencia relacionada coa competencia xeral do ciclo final de grao medio en Salto, Doma e Concurso Completo e cos resultados de aprendizaxe do módulo de Formación práctica.

Período de tempo que desenvolveu a actividade: dous anos anteriores á finalización do curso.

A exención parcial do módulo de formación práctica concederase para os resultados de aprendizaxe do módulo que sexan concordantes coa experiencia laboral ou deportiva acreditada.

A exención total do módulo de formación práctica poderase conceder cando exista unha completa concordancia da experiencia laboral ou deportiva acreditada coa totalidade dos resultados de aprendizaxe do correspondente módulo.

A Real Federación Hípica Española ou a autonómica correspondente emitirán a correspondente certificación da experiencia deportiva en que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde se adquirise a devandita experiencia en que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade. No caso de traballadores/as por conta propia, exixirase a certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

MED-HITE215. Formación práctica

Experiencia no ámbito laboral ou deportivo

Exención parcial.

Exención total.

Duración: superior a 400 horas.

Actividade desenvolvida: experiencia relacionada coa competencia xeral do ciclo final de grao medio en Raid, Trec e Turismo Ecuestre e os resultados de aprendizaxe do módulo de formación práctica.

Período de tempo que desenvolveu a actividade: dous anos anteriores á finalización do curso.

A exención parcial do módulo de formación práctica concederase para os resultados de aprendizaxe do módulo que sexan concordantes coa experiencia laboral ou deportiva acreditada.

A exención total do módulo de formación práctica poderase conceder cando exista unha completa concordancia da experiencia laboral ou deportiva acreditada coa totalidade dos resultados de aprendizaxe do correspondente módulo.

A Real Federación Hípica Española ou a autonómica correspondente emitirán a correspondente certificación da experiencia deportiva na que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo no que se realizou a actividade.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde adquirise a devandita experiencia na que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo no que se realizou a actividade. No caso de traballadores/as por conta propia, esixirase a certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

ANEXO XV
Correspondencia formativa dos módulos de ensino deportivo coa experiencia docente

Ciclo inicial de grao medio en Hípica

Módulos de ensino deportivo

Experiencia docente

MED-HIHI102. Transporte e mantemento físico do cabalo pé a terra.

MED-HIHI103. Hipoloxía.

MED-HIHI104. Metodoloxía do ensino da hípica.

MED-HIHI105. Acompañamento por itinerarios a cabalo.

MED-HIHI106. Eventos hípicos.

Experiencia como profesor/a en materias relacionadas co correspondente módulo de ensino deportivo acreditable, realizadas de acordo co establecido na disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, e na disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

A experiencia deberá ser de, polo menos, o triplo das horas establecidas neste decreto para o módulo de ensino deportivo obxecto da correspondencia formativa.

Ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo

Módulos de ensino deportivo

Experiencia docente

MED-HIHI202. Ensinanza e tecnificación hípica.

MED-HIHI203. Bases do adestramento deportivo do cabalo.

MED-HIHI204. Preparación física do/da xinete.

MED-HIHI205. Paraecuestre.

MED-HIHI206. Organización de eventos hípicos.

MED-HISD207. Perfeccionamento técnico en salto.

MED-HISD208. Perfeccionamento técnico en doma.

MED-HISD209. Perfeccionamento técnico en concurso completo.

Experiencia como profesor/a en materias relacionadas co correspondente módulo de ensino deportivo acreditable, realizadas de acordo co establecido na disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, e na disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

A experiencia deberá ser de, polo menos, o triplo das horas establecidas neste decreto para o módulo de ensino deportivo obxecto da correspondencia formativa.

Ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

Módulos de ensino deportivo

Experiencia docente

MED-HIHI202. Ensinanza e tecnificación hípica.

MED-HIHI203. Bases do adestramento deportivo do cabalo.

MED-HIHI204. Preparación física do/da xinete.

MED-HIHI205. Paraecuestre.

MED-HIHI206. Organización de eventos hípicos.

MED-HITE211. Perfeccionamento técnico en raid.

MED-HITE212. Perfeccionamento técnico en trec.

MED-HITE213. Organización de itinerarios ecuestres.

MED-HITE214. Medio natural.

Experiencia como profesor/a en materias relacionadas co correspondente módulo de ensino deportivo acreditable, realizadas de acordo co establecido na disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, e na disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

A experiencia deberá ser de, polo menos, o triplo das horas establecidas neste decreto para o módulo de ensino deportivo obxecto da correspondencia formativa.

A experiencia docente acreditarase mediante certificado expedido pola comunidade autónoma que autorizou as devanditas formacións, en que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo en que esta se realizou.

ANEXO XVI
Correspondencia formativa dos módulos de ensino deportivo coa experiencia deportiva

Ciclo inicial de grao medio en Hípica

Módulos de ensino deportivo

Experiencia deportiva

MED-HIHI102. Transporte e mantemento físico do cabalo pé a terra.

Deportista de alto nivel en Hípica.

Deportista de alto rendemento en Hípica.

Compoñentes de seleccións hípicas españolas nas categorías absoluta e de mozos/as xinetes.

Ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e ciclo final de grao medio nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre

Módulos de ensino deportivo

Experiencia deportiva

MED-HISD207. Perfeccionamento técnico en salto.

MED-HISD208. Perfeccionamento técnico en doma.

MED-HISD209. Perfeccionamento técnico en concurso completo.

MED-HITE211. Perfeccionamento técnico en raid.

MED-HITE212. Perfeccionamento técnico en trec.

Xinete coa condición de deportista de alto nivel, por resultados obtidos na disciplina hípica correspondente ao módulo de ensino deportivo.

A condición de deportista de alto nivel ou alto rendemento acreditarase de acordo co establecido no Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento.

A experiencia deportiva en hípica acreditarase mediante certificado expedido pola Real Federación Hípica Española, en que consten os rendementos obtidos, a competición ou os eventos onde se obtiveran, e o período de tempo durante o cal se mantiveron.

ANEXO XVII
Formación a distancia

Grao medio

Ciclo inicial

Ciclo final

Módulos do bloque común

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

MED-C104. Organización deportiva.

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

MED-C205. Xénero e deporte.

Módulos do bloque específico

MED-HIHI102. Transporte e mantemento

físico do cabalo pé a terra.

MED-HIHI103. Hipoloxía.

MED-HIHI106. Eventos hípicos.

MED-HIHI202. Ensinanza e tecnificación hípica.

MED-HIHI203. Bases do adestramento deportivo do cabalo.

MED-HIHI204. Preparación física do/da xinete.

MED-HIHI205. Paraecuestre.

MED-HIHI206. Organización de eventos hípicos.

MED-HITE214. Medio natural.