Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 1081

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

ANUNCIO do 14 de decembro de 2015, da Xerencia de Planificación e Administración Xeral, polo que se fai pública a formalización do contrato do expediente de contratación 2015000393.

1. Entidade adxudicadora: Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

2. Obxecto do contrato: servizo de auditoría financeira do ente público Compañía de Radio-Televisión de Galicia e a súa sociedade, Televisión de Galicia, S.A., para os exercicios 2015, 2016 e 2017.

3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o remate dos traballos de auditoría do último exercicio que cómpre revisar.

4. Tramitación: ordinaria.

5. Procedemento: aberto.

6. Orzamento base de licitación: 135.000 euros sen IVE.

7. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 13 de xullo de 2015.

8. Data da adxudicación: 5 de outubro de 2015.

9. Data da formalización do contrato: 14 de outubro de 2015.

10. Contratista: Pricewaterhousecoopers Auditores, S.L.

11. Importe de adxudicación: 110.902 euros sen IVE.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2015

Miguel Rodríguez Barrio
Director xerente de Planificación e Administración Xeral