Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 1078

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de prestación do servizo de redacción e control da execución de plans de seguridade e proxectos técnicos das festas, dividido en dous lotes (expediente 2015/071).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Secretaría.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

iv) Teléfono: 981 69 14 78.

v) Telefax: 981 69 17 86.

vi) Correo electrónico: ana.linares@oroso.dicoruna.es

vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

viii) Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2015/071.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: servizos de redacción e control de execución de plans de seguridade e proxectos técnicos das festas do Concello de Oroso no ano 2016, dividido en dous lotes:

Lote 1: Festa da Xuventude.

Lote 2: Festa da Troita.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

d) Prazo de execución e prórroga: ver o artigo 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: ver o artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación.

a) Lote 1: Festa da Xuventude. Importe neto: 3.000 euros. IVE (21 %): 630 euros. Importe total: 3.630 euros.

b) Lote 2: Festa da Troita. Importe neto: 8.000 euros. IVE (21 %): 1.680 euros. Importe total: 9.680 euros.

5. Garantías exixidas: definitiva (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 11.000 euros.

7. Requisitos específicos do contratista: véxanse as cláusulas 3 e 4 do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro xeral do Concello.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 23 de decembro de 2015

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde