En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 10 da Orde do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2015, procédese á publicación dos adxudicatarios.
O obxecto da convocatoria son as axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos.
A finalidade da axuda son as actividades que teñan por obxecto ben a organización de fondos documentais ben a mellora dos locais de arquivo
Os beneficiarios son as universidades galegas, concellos e entidades sen fin de lucro de Galicia que figuran no anexo desta resolución.
Norma reguladora: Orde do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 55, do 23 de marzo).
Crédito orzamentario: setenta e sete mil setecentos corenta euros (77.740 €) con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015 nas seguintes aplicacións orzamentarias: 09.20.432A.744.4, 09.20.432A.760.0 e 09.20.432A.781.0.
Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación.
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2015
Anxo M. Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura
ANEXO
Relación de adxudicatarios e importe das axudas
Universidades |
||
Expediente |
Solicitante |
Contía da axuda |
2015/69 |
Universidade da Coruña |
4.926,62 € |
2015/70 |
Universidade de Santiago de Compostela |
4.800,00 € |
Concellos |
||
Expediente |
Solicitante |
Contía da axuda |
2015/11 |
Concello de Arzúa |
6.000,00 € |
2015/21 |
Concello de Ortigueira |
5.757,21 € |
2015/07 |
Concello de Bergondo |
5.947,50 € |
2015/29 |
Concello de Boimorto |
6.000,00 € |
2015/06 |
Concello de Porto do Son |
6.000,00 € |
Entidades sen fin de lucro |
||
Expediente |
Solicitante |
Contía da axuda |
2015/22 |
Fundación Uxío Novoneyra |
4.746,20 € |
2015/68 |
Fundación Isla Couto |
6.000,00 € |
2015/65 |
Fundación Rosalía de Castro |
4.000,00 € |
2015/64 |
Bispado Tui-Vigo |
6.000,00 € |
2015/66 |
Fundación Penzol |
6.000,00 € |
2015/167 |
Fundación Camilo José Cela |
3.253,80 € |