Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2016 Páx. 1359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións, Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, para a contratación do servizo de transporte de cadáveres que requiran a práctica de autopsias, necropsias e probas de investigación forense para realizar polo Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), dependente da Administración de xustiza en Galicia (11 lotes).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica 981 54 62 28 e información de índole administrativa 981 54 45 17/981 54 42 59.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correo electrónico:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es ou rafael.juanatey.mayan@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23840

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: 2016-SEXU 01 a 11/EM.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de transporte de cadáveres que requiran a práctica de autopsias, necropsias e probas de investigación forense para realizar polo Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), dependente da Administración de xustiza en Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: once.

Lote 1: área territorial correspondente á dirección do Imelga en Santiago de Compostela.

Lote 2: área territorial correspondente á subdirección do Imelga na Coruña.

Lote 3: área territorial correspondente á subdirección do Imelga en Ferrol.

Lote 4: área territorial correspondente á subdirección do Imelga en Lugo, área da capital.

Lote 5: área territorial correspondente á subdirección do Imelga en Lugo, área de Burela.

Lote 6: área territorial correspondente á subdirección do Imelga en Lugo, área de Monforte de Lemos.

Lote 7: área territorial correspondente á subdirección do Imelga en Ourense, área da capital.

Lote 8: área territorial correspondente á subdirección do Imelga en Ourense, área Valdeorras.

Lote 9: área territorial correspondente á subdirección do Imelga en Ourense, área de Verín.

Lote 10: área territorial correspondente á subdirección do Imelga en Pontevedra.

Lote 11: área territorial correspondente á subdirección do Imelga en Vigo.

d) Lugar de execución: en cada unha das áreas indicadas no punto anterior.

e) Prazo de execución: o indicado na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 33940000-1. Equipamentos e material para o transporte e depósito de cadáveres. 33970000-0. Equipamentos e material para cadáveres. 33972000-4. Bolsas para cadáveres.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na epígrafe J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 693.000,00 € (IVE excluído), incluídas as posibles prórrogas e modificacións.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 330.000,00 €.

Importe total: 399.300,00 €. Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1. Importe neto: 53.333,87 €. Total: 64.533,98 €.

Lote 2. Importe neto: 59.279,19 €. Total: 71.727,82 €.

Lote 3. Importe neto: 13.793,40 €. Total: 16.690,02 €.

Lote 4. Importe neto: 37.699,08 €. Total: 45.615,89 €.

Lote 5. Importe neto: 9.176,87 €. Total: 11.104,01 €.

Lote 6. Importe neto: 10.960,60 €. Total: 13.262,32 €.

Lote 7. Importe neto: 19.276,58 €. Total: 23.324,66 €.

Lote 8. Importe neto: 3.239,41 €. Total: 3.919,69 €.

Lote 9. Importe neto: 1.309,08 €. Total: 1.583,99 €.

Lote 10. Importe neto: 60.660,42 €. Total: 73.399,11 €.

Lote 11. Importe neto: 61.271,50 €. Total: 74.138,51 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE incluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na epígrafe c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar o acto público ás 12.15 horas do décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Pública e Xustiza