Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1486

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Resolución do 23 de decembro de 2015 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2016.

O 30 de decembro de 2015 publicouse no DOG a Resolución do 23 de decembro de 2015 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa destinadas a particulares, e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2016. Xunto coa citada resolución non se fixeron públicos os anexos, polo que cómpre agora publicalos.

En consecuencia co anteriormente exposto, en exercicio das facultades que me confire o artigo 8 da Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia (DOG núm. 61, do 30 de marzo)

ACORDO:

Primeiro. Facer públicos os anexos da Resolución do 23 de decembro de 2015 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa destinadas a particulares, e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2016.

Segundo. Modificar a data para presentar as solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras que figura no artigo 3 da resolución, prazo de quince (15) días que conta a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG.

Terceiro. Procede facer a seguinte corrección de erros no artigo 6.3 das bases reguladoras:

Onde di: «Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos neste artigo e que o soliciten no prazo que se indica no artigo 4 desta resolución, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.».

Debe dicir: «Poderán adquirir a condición de entidades colaboradoras aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos neste artigo e que o soliciten no prazo que se indica no artigo 3 desta resolución, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia».

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO X
Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega)
e a entidade colaboradora ............. para a xestión das axudas para proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa cofinanciados con fondos Feader no marco
do PDR de Galicia 2014-2020

Santiago de Compostela, ... de ... de ...

Dunha parte, o director do Inega, en virtude das facultades do seu cargo e das que lle foron conferidas en virtude das atribucións que lle confire o artigo 8 da Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia (DOG núm. 61, do 30 de marzo), e polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de marzo de 1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares, publicado mediante a Resolución do 8 de abril de 1991, da Consellería de Economía e Facenda.

Da outra parte ................................................................., con NIF ................., que actúa en nome e representación da entidade .............................................................................. con NIF/CIF ................., debidamente facultado para subscribir este convenio,

Expoñen:

I. Que o Inega acordou realizar unha selección de entidades colaboradoras para o programa de axudas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, estas entidades colaboradoras actuarán de ligazón entre o Inega e os beneficiarios das axudas que se convoquen para proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables mediante a instalación de equipamentos que utilicen biomasa como combustible para o quentamento dun fluído.

II. Que ambas as dúas partes consideran que, por razóns de eficacia na xestión e co fin de conseguir unha mellor prestación de servizos aos beneficiarios das axudas, e de conformidade cos artigos 9 e 13 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acordan subscribir o presente convenio de colaboración, de conformidade coas seguintes estipulacións:

Primeira. Obxecto da colaboración

O obxecto deste convenio consiste en establecer un marco de colaboración entre o Inega e a entidade ............................................................................................... de acordo coa Resolución do ... de ... de 2015, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, destinadas a particulares, e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2016. (Diario Oficial de Galicia número ..., do ... de ... de ...).

Segunda. Entidade colaboradora

A entidade ............................................................................................ é unha entidade colaboradora que cumpre co establecido nos artigos 6 e 7 das bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, destinadas a particulares, e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e pola que se convocan para o ano 2016 (códigos de procedemento IN421-IN421G) (en diante bases reguladoras do axudas), que acredita o cumprimento dos requisitos e as condicións de solvencia económica e técnica previstas na mencionada orde.

Terceira. Prazo de duración

Este convenio terá vixencia ata o 15 de decembro de 2016.

Cuarta. Obrigas da entidade colaboradora

A entidade colaboradora obrígase, ademais do establecido no artigo 6 das bases reguladoras das axudas, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao seguinte:

  • Asumir a tramitación e xestión ante o Inega das axudas dos beneficiarios.
  • Comprobar e certificar o cumprimento das condicións ou requisitos establecidos nas bases reguladoras para que os solicitantes obteñan a condición de beneficiario, así como a idoneidade da documentación que se lles exixe para a percepción da subvención.
  • Presentar as solicitudes das axudas dos beneficiarios e a documentación xustificativa do desenvolvemento das actuacións tal e como se recolle nas bases reguladoras.
  • Comunicarlle ao Inega calquera variación que se produza nos datos inicialmente indicados para adherirse a este convenio, garantindo a confidencialidade dos datos fornecidos.
  • Cumprir as normas sobre confidencialidade de datos, concretamente a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e as normas que as desenvolvan.
  • Reintegrar as cantidades percibidas no suposto de incumprimento dos requisitos e das obrigas establecidas para a concesión da subvención e, en todo caso, nos supostos regulados no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Estar sometida ás actuacións de comprobación e control previstas na letra d) do artigo 12 da mencionada Lei 9/2007.
  • Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.
  • Someterse ás acutacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.
  • Cumprir as medidas en materia de información e comunicación sobre o apoio procedente dos fondos Feader, recollidas no anexo XII, número 2 do Regulamento 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
  • Cando unha operación se financie no marco do Feader, a entidade colaboradora asegurarase que as partes que interveñen na operación foron informadas do dito financiamento e fará constar claramente na súa publicidade ou na información que xere en relación co proxecto subvencionado, que foi seleccionado no marco do PDR Galicia cofinanciado polo Feader.
  • Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda outorgada durante un período de cinco anos desde a súa concesión, e deberán restituír as cantidades percibidas nos casos en que concorra causa de reintegro.

Quinta. Compromisos da entidade colaboradora

Ademais dos compromisos establecidos no artigo 6 das bases reguladoras das axudas, a entidade colaboradora comprométese a:

  • Coñecer o contido das bases reguladoras destas axudas e deste convenio e cumprir cos requisitos establecidos neles.
  • Que ten o domicilio social ou centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Que posúe a solvencia técnica e económica segundo o establecido no artigo 6 da resolución.
  • Que consente expresamente a utilización de medios electrónicos na comunicación entre as entidades colaboradoras e o Inega segundo o establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, así como no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
  • Que non está incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de entidade colaboradora recollidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Que comunicará ao Inega calquera variación que poida ocorrer nos datos recollidos nos documentos presentados.
  • Que autoriza o órgano xestor para que solicite a información necesaria en relación co NIF da entidade colaboradora. De non dar a autorización para a comprobación mencionada, deberá presentar copia do NIF da entidade colaboradora (non do representante legal).
  • Que autoriza o órgano xestor para que solicite a información necesaria para coñecer se o solicitante da adhesión está ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría da Seguridade Social e coa Facenda da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. De non dar a autorización para a comprobación mencionada anteriormente, deberá presentar certificación xustificativa de estar ao día coas súas obrigas cos organismos sinalados anteriormente.

Sexta. Obrigas do Inega

O Inega obrígase a pagar á entidade colaboradora a cantidade correspondente por cada proxecto concedido na fesolución das axudas con cargo á cantidade inicial destinada na convocatoria de axuda.

Sétima. Xustificación dos requisitos dos beneficiarios

A xustificación polos beneficiarios das condicións establecidas para o outorgamento das subvencións correspondentes realizarase no momento da solicitude.

A entidade colaboradora está obrigada a requirirlles aos beneficiarios a documentación establecida nas bases reguladoras das axudas, así como a comprobar esta e a gardar a mencionada documentación durante un período de cinco anos desde a concesión da axuda.

Oitava. Rexistro especial de operacións

A entidade colaboradora, para facilitar a xustificación da subvención e a comprobación do cumprimento das condicións establecidas nas bases reguladoras das axudas, levará un rexistro especial das operacións que se realicen dentro de cada convocatoria de axudas, que estará a disposición do Inega e demais órganos fiscalizadores da Comunidade Autónoma de Galicia, do Estado e da Comunidade Europea.

Neste rexistro gardarase unha copia da documentación xustificativa das operacións rexistradas, así como da documentación que lle entreguen os beneficiarios.

Novena. Requisitos da entidade e dos beneficiarios

Os requisitos que debe cumprir e facer cumprir a entidade colaboradora nas diferentes fases do procedemento de xestión das subvencións son os que se especifican nos artigos 6 e seguintes das bases reguladoras das axudas.

Décima. Xustificación das subvencións

Os beneficiarios xustificarán as subvencións, a través da entidade colaboradora, nos prazos e na forma prevista no artigo 18 das bases reguladoras das axudas.

Décimo primeira. Causas de resolución

Son causas de resolución deste convenio entre o Inega e a entidade colaboradora o incumprimento total ou parcial dalgunha das estipulacións contidas nas súas cláusulas, no articulado das bases reguladoras das axudas, sen prexuízo da tramitación dos compromisos adquiridos con anterioridade sobre expedientes en curso, así como a falsidade ou inexactitude nos datos e documentos presentados polas entidades colaboradoras.

Décimo segunda. Incumprimento

Se no curso das verificacións que realizará o Inega, se detectase que a entidade colaboradora incumpre algunha das condicións establecidas na normativa de aplicación, resolverase a adhesión, o que implicará a perda dos beneficios e, de ser o caso, decretarase a obriga de que lle reintegren ao Inega as cantidades obtidas indebidamente cos xuros legais que correspondan, sen prexuízo das accións legais e sancións que correspondan.

Cando se realicen descontos por parte do establecemento adherido en concepto de axuda obxecto deste programa a titulares dunha solicitude e se comprobase posteriormente por parte do Inega que non se cumpriron as condicións establecidas para recibir a mencionada axuda por parte dos beneficiarios ou, de ser o caso, se comprobase que houbo incumprimentos pola entidade colaboradora, a entidade asumirá os mencionados descontos, e non poderá reclamalos ao Inega.

Ademais, o incumprimento por parte da entidade colaboradora adherida consistente en aprazar o pagamento da axuda ao cliente final ata despois de que o Inega llo ingrese, en lugar de descontalo no momento do pagamento, suporá o incumprimento das bases reguladoras coas consecuencias previstas nesta cláusula.

Décimo terceira. Natureza administrativa

Este convenio ten natureza administrativa e considérase incluído no artigo 4.1.d) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, polo que queda fóra do ámbito da súa aplicación, sen prexuízo da aplicación dos principios e criterios desta lei para resolver as dúbidas e lagoas que puidesen presentarse. Rexerase polas súas propias cláusulas e, supletoriamente, polas normas xerais do dereito administrativo. As dúbidas que poidan xurdir en relación coa interpretación e cumprimento do convenio resolveranse de común acordo, sen prexuízo da competencia da orde xurisdicional contencioso-administrativo.

Décimo cuarta. Normativa reguladora especial

Para todo o non previsto neste convenio, observarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de marzo de 1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares; na Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega; Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos; Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, así como no resto das normas xerais do procedemento administrativo.

Na medida en que as subvencións concedidas ao abeiro das bases reguladoras para proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa están cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, este convenio rexerase, entre outras, polas seguintes normas da UE:

Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobado pola Decisión da Comisión XXXX.

Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005.

Regulamento (CE) nº 1974/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader, modificado polos regulamentos (CE) nº 1175/2008, do 27 de novembro; 363/2009, do 4 de maio; 482/2009, do 8 de xuño; 108/2010, do 8 de febreiro e 679/2011, do 14 de xullo, da Comisión.

Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade.

Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar os gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (BOE núm. 1, do 1 de xaneiro de 2010).

(Sinatura)

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Inega

(Sinatura)

Pola entidade colaboradora ....................................

Representante legal de ...........................................

A entidade colaboradora remitirá dúas copias do convenio asinado polo representante legal. O convenio de colaboración asinado polo director do Inega remitiráselle á entidade colaboradora unha vez resolta a solicitude de adhesión.