Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2016 Páx. 1884

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (391/2014 RJ).

Tipo e número de recurso: RSU recurso suplicación 391/2014 RJ

Xulgado de orixe/autos: demanda 852/2009 Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrente: Talleres Grúas Estación, S.L.

Avogado: Bernardo Pensado Vázquez

Procurador: Ramón de Uña Piñeiro

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Granitos Montefaro, S.A., Construcciones Barrimao, S.L., María del Pilar Conde Rodríguez, Géneros de Punto Montoto, S.A.

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 391/2014 RJ desta sección, seguido por instancia de Talleres Grúas Estación, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Granitos Montefaro, S.A., Construcciones Barrimao, S.L., María del Pilar Conde Rodríguez, Géneros de Punto Montoto, S.A., sobre recarga de accidente, ditouse a seguinte resolución:

«Que debemos inadmitir o recurso de suplicación interposto por Talleres y Grúas Estación, S.L. contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, do 24 de setembro de 2013, en auto sobre recarga de prestacións, por falta de lexitimación para interpor recurso, sendo firme en consecuencia a citada resolución de instancia; impóñense á recorrente as custas do recurso, debendo aboar á letrada impugnante a cantidade de 550 euros en concepto de honorarios.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Granitos Montefaro, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de decembro de 2015

Letrada da Administración de xustiza